A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

QUE DICEN AS ASOCIACIONS VIVEIRENSES DE AHORA?
ASOCIACIONS VIVEIRENSES?
Que cantan os poetas andaluces de agora?
Que miran os poetas andaluces de agora?
Que senten os poetas andaluces de agora?
E o bo de Rafael Alberti quedou sen resposta, pois non entendía que o listón que deixaba a súa xeración era tan alto, tan infranqueable, que a alargada sombra da súa presenza escurecería, case un século despois. Eu vou extrapolar este feito a o Viveiro de hoxe en dia que esta amenazado por a sinrazón de centralizar media provincia dende Vilalva ata o norte de A Mariña en un só xuzgado, que vemos que cando faltan os cartos os primeiros en sufrilo somos nos, o craro exemplo e a via rapida San Ciprian- Viveiro parada dende casi un ano e sin noticias, que pouco a pouco o comercio minorista pasaas bravas por a competencia desleal das superficies comerciales, que a nosa promocion turistica brila por a sua ausencia… e digo eu: ¿Que Fan as asociacions viveirenses de agora?, Que miran asociacions viveirenses de agora?, ¿Que senten as asociacions viveirenses de agora?. Cando peligra sobremaneira o noso futuro, a o meu parecer adicanse a bailes de salon , a mirarse o ombligo e a facer tómbolas e similares.
Os xuzgados de primeira instancia de Viveiro foron loitados e reivindicados por a Asociaron de Comerciantes, Industriales e Autonomos de Viveiro (ACIAN), axudados por J.M. Cabarcos, que enton mandaba no goberno bipartito de Santiago, e Jose Manuel Arias Franco desviveuse por aquela e outras reinvindicacions para Viveiro e a el debeselle ese logro e outros moitos que outros filibusteros atribuinse. E na quela outras poboacions querian levar os xuzgados para si, e tiñan mais influencia e amigos que nos.
Viveiro non e un pobo reivindicativo, e certo e un pobo o que lle gusta mais suplicar, pedir e mendigar que reclamar o seu, pero o que esta a a suceder “mandalle o nabo”. Hoxe que existen asociacions e colectivos, con infraestructuras, xerentes, subencions e outras regalias non se escoita nada a favor de, por o menos manter o que temos neste concello que segue a ser a capital de unha ampla zona xeografica do norte galego, por tradición, historia e realidade, pero agora todo iso, aínda que se manteña a duras penas, parece unhas follas secassen vida.
E a cousa ven vindo como a realidade do cangrexo, a volta a o minifundismo asociativo, casco historico con pedreiros a o este e oeste, Covas…..divide e vencerás, di a realidade e aquí o resultado parece darnos a razón.
Aquí toda actividade social tende a ser encasillada nas marxes estreitas da empresa, a transacción comercial, o traballo remunerado e a subvención. Coma se fose un crime ser un veciño amateur. Ou coma se fose imprescindible dispor dun carné oficial e unha minuta legal para executar as cousas que pode facer calquera. Non sei se a culpa vén de arriba ou de abaixo. Probablemente veña de arriba e de abaixo.
Otero Regal
Comentarios (9) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-05-2012 09:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
9 Comentario(s)
1 Amigo Regal, as Asociacións que temos en Viveiro non son mais que prolongacións dos partidos políticos, normalmente do partido político que manda, polo tanto non se dedican a reivindicar senón a recibir favores e a calar.
Un contemplaba con asombro como en parroquias como Galdo, Vieiro etc se creaban Asociacións de Veciños para porse a disposición dos partidos gobernantes, é mais en algún caso se a Asociacón existente non era da co#blgtk08#r adecuada pois creábase outra, chagando o caso de ver parroquias con mais de unha Asociación de Veciños.
Noutras convídábase o alcalde de turno as celabracións que se facian para seguir fomentando o populismo e seguir coa campaña diaria.
Agora vemos como membros do goberno dirixen outras asociacións e mesmo incluénno no seu CV, polo tanto non sei que tipo de reinvindicaciósns queres que fagan, únicamente as que lles manden.
Comentario por Socialista (15-05-2012 10:49)
2 Regal, ¿darias o salto a política municipal coma candidato dun partido de#blgtk08# esquerdas? ¿do PSOE?

Seria bo que chegase xente como ti.
Comentario por Xoan (15-05-2012 12:33)
3 Olvidaxeste de decir que ti fuchas pres#blgtk08#idente desa asociacion da que falas...
Comentario por Praza Maior (15-05-2012 20:46)
4 Pois eso que dices. Est#blgtk08#an mirandose o ombligo.
Comentario por Covas (15-05-2012 20:47)
5 Interesante a pregunta do comentario 2.Esperamos resposta.
Por certo, parece que se cerrou o consulado gar#blgtk08#amanta, por iso ánimo Regal a seguir con este espacio pois non hai moitos sitios donde expresarse con liberdade.
Comentario por Paco López (16-05-2012 11:44)
6 As asociacións tanto de veciños, como culturais, deportivas... deberían de ser apolíticas, a min non me parece a#blgtk08#decuado que un membro do goberno municipal sexa directivo dunha asociación como pode ser o colectivo de Celeiro.
Comentario por Celeiro (16-05-2012 14:37)
7 Contesto a pregunta encol da miña vida politica:
Nunca soi decir que de esa maciñeira non comerei...cos voltas que da a vida....
Eu son afiliado do PSOE....pero non participo na vida local do partido, unha porque non me combidan, nunca me chega aviso con tempo e forma de ningunha xuntanza, si das que se fan en Lugo pero non en Viveiro.
Pero non me extraña nada con a tropa que ten a executiva local, ex trasfugas do PP, chaqueteiros, pelotas, analfabetos funcionais....vaia reprentacion de un partido de esquerdas en Viveiro...As#blgtk08#i que con esta calaña nin tolo iria a feira..
Un coñecese vastante ben...e cos anos...son mais , ainda se cave, intransixente con algunhas cousas.....estaria disposto a colaborar, como fixen moitas veces, con calquer alternativa, de esquerdas, eficiente, traballadora, con etica e estetica, o meu traballo que exerzo unhas 10 horas o dia me alexa de algunhas cousas e de certas responsabilifdades....pero o tempo faise, ideas sobran e ganas de dignificar a politica deste pobo donde vivo dende fai 35 anos tamen.....e o curriculun me remito....
Comentario por Otero Regal (19-05-2012 12:00)
8 Comentario 2 y 7

Regal, qué te parecería Cal como candidato del PSOE?.

Y el Sr. Mosquera?, ¿#blgtk08#Podría entrar en política municipal?

Qué opinas tu que lo coneces.

Enhorabuena por este blog
Comentario por luque (21-05-2012 22:23)
9 Volvo a contestar:
Cal como candidato?
Dos candidatos podibles dentro do que teñen, dende logo e o mellor, sempre que se rodee de xente con cabeciña, traballadora, eficiente e deixe na cuneta a trasfugas e xente desa que milita no "Que hai do meu"...Tamen teria de deixar de ir a o seu aire e aprender a delegar....

Pablo MOsquera na politica local?
Si os militantes do PSOE de CERVO#blgtk08# se deixaran de lerias, fobias e outras caralladas que os levaron a donde estan...
Mosquera xa seria candidato fai tempo...a sua maneira, eso si, pero con moita experiencia e trectoria politica e ganas de traballar e sobre todo pragmatismo....espero que volva a politica....pero non sei si el quere nin si o queren nestes clubs de alterne que son os partidos politicos da bisbarra.
¿queda todo contestado?
Comentario por Otero Regal (22-05-2012 09:52)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal