A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

BORRÓN E CONTA NOVA
Supoño que algunha vez ficaremos tocando fondo. Non creo que esa “pinga malaya” das catastróficas noticias económicas vaia a durar toda a vida. O venres, por exemplo, dinnos desde todas partes que foi unha das xornadas máis negras da nosa economía. A EPA anunciou unha arrepiante subida das cifras do paro á que se une a destrución de miles de postos de traballo, Standard & Poors séguenos rebaixando e os egrexios economistas que nos visitan vaticinan que non atoparemos saída por ningunha parte. Vale. Non imos deixar de recoñecer o que estamos a ver a diario nas rúas e no drama que viven moitos amigos e familiares; pero que nos digan dunha vez que xa estamos no chanzo máis baixo, case ás portas do abismo, do inferno. Se aínda podemos seguir caendo é que non chegamos ao subsolo. Para construír hai que destruír primeiro o que estaba mal asentado. Aos poucos lograremos refacer todo este barullo, pero nunca o faremos desde o medo ou seguindo nesa caída case diaria que nos ten colgados no baleiro. Cando eu fago unha escultura ou deseño unha nova peza no meu obradoiro e chegas a un punto de non retorno porque te quedas sen argumentos cribles para facer unha boa obra, o mellor é que o desfagas todo e empezes de novo outra obra que se adoita acabar parecendo pouco ao fracasado.
Aquí sucede o mesmo. Non vexo a maneira de reescribir ou corrixir o que está mal estruturado desde o principio. Non vale que che digan que corrixas un día os verbos, outro os adxectivos e máis tarde o nome dos personaxes. Borrón e conta nova, que diría un contable dos de antes, daqueles que manexaban os números sabendo que eran tanxibles e reais, e non especulacións nin entelequias parecidas a o conto da leiteira, que non teñen base nin fundamento. Iso si, esas contas non as poden seguir facendo os que nos levaron a este desastre. Non arranxarán nada porque non saben arranxalo. Recortarán por onde poidan para manterse cobrando o que cobran e vivindo onde viven e, sobre toto arapañando o que arrapañan. Urxe un novo argumento e uns novos personaxes. Xa estou farto duns tipos que están todo o día anunciando a chegada do lobo para que sigamos quietos e deixémoslles apoltronados, viaxando en primeira clase ou cazando elefantes, mentres Xan Pobo todo vestido de branco esta a caer por o barranco.
Otero Regal

Comentarios (11) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-05-2012 15:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
11 Comentario(s)
1 Topicazo tras topicazo. As túas prédicas son demasiado previsiveis. Vela palla no ollo alleo, pero non vela viga diante dos teus ollos. Os meus, os da progredume sos os vos... os outros, os da dereita son os malos malísimos.
Nembargantes foron os teus os que por segunda vez en vinte anos levaron a este país ao record histórico de paro. Foron os teus os que arruinaron este país con mediocres que se adicaron a gastalos cartos en subvencións aos homosexuais de Burundi, condoarlle a débeda a Bolivia, ou reirlle as gracias á Kitchner e ao gorila rojo; foron os teus os da LOGSE ese fenomenal sistema educativo que tan#blgtk08#to ben lle está a facer á nosa xuventude (¡¡¡menuda cultura do esforzo que teñen os raparigos!!!)

Mentras os teus arruina España, chegan os malos malísimos da dereita a poñer un pouco de cordura, e se poñen a facer o que fan no resto de europa: non gastar máis do que se ingresa. Non despilfarrar os cartos dos impostos da xente en caralladas variaS. Falar do esforzo na educación, non dar becas aos que suspendan, decir que non se pode estar eternamente na universidade, que hai que traballar en definitiva.

Seicas eres moi teimudo, pero un pouco de obxectividade non te viría mal, para variar.
Comentario por sociomiseria, non gracias (02-05-2012 19:51)
2 Hombre aunque hay demasiadas complicidades, no son todos lo mismo. Los dos partidos #blgtk08#mayoritarios se llevan la palma siendo tan, pero que tan iguales (que no sus bases)
Comentario por Angel (05-05-2012 09:39)
3 A quen perdoarías ti?
? aos que queren acalar a voz da xustiza, polas promesas incumpridas e as mentiras institucionalizadas.
? aos que pretenden silenciar, o discurso crítico que desmantela a fraude antidemocrática.
? os que queren substituír os dereitos á saúde, a educación e o emprego pola vida na miseria.
? os que promoven cercenar a liberdade de expresión coa coacción de normas propias dunha ditadura.
? os que intentan, con falacias, substituír o proveito colectivo polo fin de lucro, o público polo privado, o interese xeral polas plusvalías dunha minoría.
? aos políticos que amparan que bens esenciais para a vida como a auga, a educación e a saúde estean en mans de empresas con ánimo de lucro.
? as grandes empresas, eléctricas, de telecomunicacións, á banca -cuxos capitais teñen moito en común-, pola fraude sistemática aos cidadáns e ao#blgtk08# saqueo das arcas públicas.
? aos poderes públicos, pola cantidade de nenos, anciáns e familias enteiras sen fogar cunha existencia miserable.
? aos culpables dunha lei electoral antidemocrática confeccionada para a alternancia do poder dos que non cuestionan este sistema que produce enormes desigualdades sociais.
? a hipocrisía da Igrexa, o seu boato e falta de sensibilidade cara aos verdadeiros males deste mundo e o seu cohabitación cos poderosos.
? aos lobbies químico-farmacéuticos cuxo máximo negocio é manter enfermos, non curalos, porque para eles cada enfermidade é un negocio millonario.
? aos malfeitores que se enriquecen a costa do sufrimento de seres humanos.
? ao goberno de España de antidemocrático, por atentar contra as liberdades e o interese xeral dos cidadáns, os dereitos constitucionais e os dereitos humanos e esixo a súa dimisión.
Comentario por Rosa (05-05-2012 09:40)
4
A ou comentario numero 1: Pois que non ande tan sobrado, que igual que foi o goberno que en menos días cambiou mais leis (para mal, cas#blgtk08#e todas) e esnaquizou mais a un país, pode ser o que mais rápido caia, cando esa maioría absoluta (só política) do 44% empécelle a dar as costas
Comentario por Covas (05-05-2012 09:42)
5
E dálle que che pego...o problema de españa son a metade #blgtk08#dos españois, ese 50% da xente que vota aos nosos señores feudais
Comentario por Rias Baixas (05-05-2012 09:43)
6 Estoy completamente de acuerdo con este artículo. Las políticas económicas de este Gobierno no van a solucionar la crisis económicas, sólo van a generar una redistribución de la riqueza a fa#blgtk08#vor de los intereses económicos que representa el PP, y estos son ajenos al 99% de la población.
Al respecto ver: histoclio.blogspot.com.es/2012/04/los-pecados-capitales-y-chivos.html
Comentario por ELIOV (05-05-2012 09:44)
7 Es fácil acusar sin ofrecer ni una sola solución a la situación crítica en la que estamos. Prefiero pagar 8 euros en medicinas a que m#blgtk08#e cierren el servicio de urgencias por falta de financiación y presupuesto a la vuela de un año. Yo no acuso porque eso es lo fácil.
Comentario por Uno del PP (05-05-2012 09:45)
8 Yo acuso de antidemocráticos a los que dicen que el Gobierno de España es antidemocrático. ¿Que esta democracia es muy defitaria? Estoy seguro de ello, como también lo estoy de #blgtk08#que hay una parte de la población que no acepta los resultados de las urnas y acusa de antidemocráticos a los gobernantes cuando no son los suyos... ya lo hemos visto antes...
Comentario por Viva España (05-05-2012 09:45)
9 Señor Regal: Bla, bla, bla, yo acuso y protesto alzando las manos al aire esperando que la divina paloma baje del cielo y los juzgue por mi.

Porque lo de#blgtk08# coger el toro por los cuernos y meterse en política para intentar cambiar las cosas como que no, que eso es muy cansado e igual me critican, no Señor Otero Regal.....
Comentario por Chilindrin (05-05-2012 09:47)
10 Cando se goberna para os investidores financeiros, para arrasar o planeta e aos seres que vivimos nel en lugar de para o pobo, eu tamén acuso aos gobernos do mundo e das Nacións Unidas de anti-democráticos, de incumprir os seus Principios máis básicos, e polo tanto, temos lexitimidade para crear un goberno paralelo mundial, b#blgtk08#aseado en votacións por Internet no que elixamos aos nosos representantes de entre os mellores sabios, artistas e científicos, e que estas sexan as verdadeiras Nacións Unidas que gobernen na Terra, que nós cremos hardware libre, banca libre, enerxía, libre, telecomunicacións e informativos libres... o software xa o temos :-).
Comentario por Picato (05-05-2012 09:48)
11 Regal, serías un bo candidato do PSOE en Viveiro. ¿Nunca o meditaches?, ¿Crees#blgtk08# que terías apoios para medirte a Roel?
Pdta. A lo menos terias xa un
Comentario por Socialista (07-05-2012 18:37)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal