A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

XENTE BOA DE A MARIÑA
Naide pode decir que non vivamos nunca terra donde se rinde culto os mortos, o simple feito de morrer xa e suficiente para que aqueles que durante a vida che negaron o pan e a sal se poñan ipso facto a botar salvas e vanaglorias do finado. De vivo nada de nada de morto a gloria e a posteridade, o exemplo mais clariño temolo co dia das letras galegas, o homenaxeado ten que estar morto e ben morto pois hasta dez anos despois de finado, cando os vermes deron boa conta das suas carnes non se lle pode adicar o dia das letras galegas.

Os tempos estan cambiando que decia o Dylan e e hora que nesta terra se empece a falar ben dos vivos mentres esten vivos, de esa forma daraselles un pulo para que sigan a facer cousas por a sua terra, despois de morto non temos nada que facer mais que poñerlle unha lapida ou dar nome a unha rua, soio de vivo e cando se pode axudar, dandolle a persoa merecedora un pequeño golpe na espalda e de paso animos para seguir a facer o ben.
Por eso Os Aventados fai 7 anos instaurarón, unhos premios anuales co nome de ARDELLE O EIXO para aquelas persoas, animales ou cousas do norte galego que se distinguiran pola sua lavor social, politica, artistica, deportiva, industruial, medioambiental e de conservación do patrimonio.
Tamen. O moismo tempo se crearón outros premios co nome de ARDELLE O CARRO adicados a aquela persoa, animal ou cousa que se distinguiran o cavo do ano pola sua nefasta xestion no ambito social, politico, artistico, deportivo, industrial, medioambiental e de conservación do patrimonio.
Mais tarde instauraronse outros galardons Toda unha vida, Aventado do ano e a A de calidade para establecementos hosteleiros da bisbarra
Os premios son en todos os casos unhas esculturas , medallas e placas de ceramica argalladas en REGAL CERAMICA, e non non levaran consigo ningunha gratificación economica nin lucrativa.
Este ano o premio “ARDELLE O EIXO” foi para EL HERALDO DE VIVEIRO. Polos seus 100 anos de existencia. Por ser un nexo de unión de moitos mariñans emigrados e o seu lugar de orixe, o transcorrer cotián dun pobo galego, como diría o seu alma mater e gran escritor costumbrista Ramón Canosa, tamén queremos compartir este premio cas ducias de escritores, xornalistas , historiadores e veciños que cas suas colaboracións fixeron que EL HERALDO DE VIVEIRO chegara ós 100 anos …e que dure. O “ARDELLE O CARRO” para o O MAL EXEMPLO DE IÑAKI URDANGARIN, o TODA UNHA VIDA” para JUAN PUCHADES QUILIS, por o seu espiritu de axuda e promoción de novos valores a o longo da sua vida e porque a pesares do seu orixe Valenciano e hoxe un galego mais, un mindoniense de pro e un home bó e xeneroso. O distintivo “A” AVENTADOS DE CALIDADE A OS ESTABLECEMENTOS DE HOSTELERIA recaeu en “RESTAURANTE O BOAVISTA DE CELEIRO”, “ RESTAURANTE O SIXTO DE CORDIDO-FOZ”, e “RESTAURANTE O VALECO DE MONDOÑEDO” e o AVENTADO DE HONRRA Acordase por nanumidade conceder a distinción de AVENTADO DE HONRRA a D. FRANCISCO RIVERA CASAS.
Otero Regal
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-03-2012 10:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 A política en Viveiro ten un problema cada vez máis evidente, que se chama Aja e Roel... e polo que se ve, agora tamén Vernardo.

Hoxe na prensa temos un exemplo... Aja di que Bernardo ten un traballo coma aparellador que é incompatible co cargo político. Pero Aja queda a medio camiño da súa denuncia, porque Aja só denuncia o que lle interesa.

O verdadeiramente escandaloso, do que Aja non di nada, é que Bernardo seña no concello xefe do seu xefe coma aparellador; explicome...

Bernardo traballa para o xenro de Nito, coñecido por Santi Meitín que é arquitecto e ten un estudio privado. Este é ao mesmo tempo o arquitecto dun plan de excelencia turística que xa non existe, pero ehí segue, cobrando unha pasta no concello. Bernardo é xefe de Santi no concello, e Santi é xefe de Bernardo fora do concello.

¿É isto presentable? ¿Porqué Aja non di nada disto? ¿É que pode ser compatible que un arquitecto que traballa no concello, teña adem#blgtk08#áis un estudio privado onde fai traballos para xente que recibe axudas públicas do concello? ¿Pode Bernardo ser xefe no concello do seu xefe fora do concello? ¿Non cheira que fede todo isto, e Aja non di nada? ¿Pode o propio Aja, como di Bernardo, ser concelleiro do PP e Delegado de TRAGSA en Galicia, unha empresa pública que traballa moito para os concellos?
¿Non está absolutamente podre a política en Vivero?

Amigo Regal, ehí tes materia dabondo pra un artigo... resposta a esas preguntas. Dalles caña a estes vergoñentos que o único que fan é que os cidadáns pasen cada vez máis da política e dos políticos. Eu non vou volver votar en Viveiro ate que entre verdadeiro aire fresco neses partidos cheos de xente aproveitada e interesada.... por su posto que Aja e Roel os primeiros que se tiñan queir indo....e Bernardiño elixir... e o xenro de Nito que alguen explique que pinta nun concello arruinao, se Viveiro xa ten un arquitecto municipal.

Saudos cordiais.
Comentario por Xurxo (21-03-2012 20:36)
2 Noraboa a todos os premiados ,en expecial ao Heraldo por eses cen anos de vida,este é un bo xeito de seguir animando á xente da cultura.Hai poucas asociacións que fagan o que faceis vós,eu animaria aos concellos a que demostren mais interes pola cultura ,xa #blgtk08#que hai moito deixamento.
Parabens a vós Sito , Mosquera,e a toda a vosa directiva por facer esta boa lavor ,onde tedes moi en conta o traballo por e para Galicia,habria que nomearvos embaixadores da cultura galega.
Un saúdo.
Viveirense.
Comentario por Viveirense (22-03-2012 09:50)
3 Bravo polos Aventados. Importantísima é esa labor de que alguén destaque e premie aquelo que o merece na nosa comarca, ante #blgtk08#a carencia de cultura, sensibilidade e compromiso na maioría dos cidadáns e políticos que dirixen as nosas administracións.
Comentario por Sempre contigo (23-03-2012 02:46)
4 Xurxo estou contigo. Aja pasouse tres pueblos ó meter no Concello ós seus amiguiños, sen ningún tipo de examen nin preparación#blgtk08# na administración. Así funciona todo. O do xerno de Nito é un exemplo. Faltouche decir o que cobra, que máis dalgún fliparía.
Comentario por Ana (27-03-2012 17:53)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal