A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

HIXIENE DEMOCRATICA

Os políticos pola súa proxección, pola súa condición de responsables dos fondos públicos, por ser elixidos para representar a soberanía popular, non deberian esquecer xamais que son referentes morais e iso, gústelles ou non, obriga, por canto o son para ben e para mal.

Con todo, á vista do desencanto que aniña nos cidadáns cara a eles, da galopante perda de credibilidade que padecen, da cada vez máis arraigada convicción de que de pouco serven para resolver os importantes problemas económicos que aburan á maioría e que a indecencia non poucas veces se enseñorea entre eles, evidénciase que a referencia moral que proxectan é ben pouco edificante, o cal, desde un punto de vista de hixiene democrática, é certamente preocupante por canto a desafección, o desapego ao berro de «Que se vaian todos!», anima aos máis involucionistas.

E se a isto unimos o descontento polos sucesivos recortes que aumentan as diferenzas sociais, coma se dunha espiral viciosa se trata , e se ademais a este sombrío panorama engadímoslle a falta de futuro, o horizonte que se albisca non é certamente plácido, por máis que polo momento o medo e a resignación lograsen que a maioría asuma o discurso que di que veñen anos, numerosos, de penalidades para pagar os excesos cometidos.

Pero, tal e como andan as cousas, tal e como galopa a crise social, tal e como medran os perigos, tal e como se seguen comportando moitos deses que debían ser exemplares referentes morais, empeñados, con todo, en andar de rifa en rifa, fixádevos na Mariña nos últimos días, que a ninguén estrañe que a protesta que até agora só salpicou algúns puntos acabe popularizandose.

Por iso, falando deste norte galego á cabeza do paro e a pobreza, con diferenza con respecto á media, neste tempo azul escuro, case negro, resulta desolador comprobar como o debate político céntrase nun “sacate tu e poñome eu” no que non importa perder as formas e no que se constata que poden máis as manobras orquestrais en favor dos intereses partidarios que o interese xeral.

Cando máis que nunca se precisa a cooperación e solidariedade institucional, seguimos nas mesmas, na casquería política. Practíquese aquí ou veña de Santiago ou Madrid.
Otero Regal


Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-02-2012 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 El magistrado Miguel Colmenero, ponente en el juicio de las escuchas Gürtel que concluyó con la sentencia de inhabilitación por prevaricación del juez Baltasar Garzón, figura desde el año 2007 en la dirección de un foro de la Fide junto a abogados defensores de personas #blgtk08#imputadas en el año 2009, precisamente en el sumario del caso Gürtel. Además, alguno de los despachos a los que pertenecen estos letrados figuran como patrocinadores de los foros organizados por esta Fundación y, por tanto, del que dirige el magistrado Miguel Colmenero.
Comentario por ZZZ (17-02-2012 15:41)
2 El plan es hacer lo que se tenga que hacer, caiga quien ten#blgtk08#ga que caer (asalariados medios y pequeños y desalariados)
Comentario por Madrid (17-02-2012 15:43)
3 Canta razón ten hoxe Jesús Cal na su plática en La Voz de Galicia. Aja tiña que calar dunha vez e deixar a política municipal. Xa fixo e desfixo dabondo. Agora que ten carguiño en Santiago, a ver se marcha de eiquí... e tras di#blgtk08#l, non estaría mal que tamén se adicara a outra cousa Roel. Ámbolos dous non benefician nada a este pobo.

Cal acerta co seu razoamento. Quen destrozou urbanísticamente estte pobo, non pode dar lecións a ninguén.
Comentario por CarAjadas (18-02-2012 19:15)
4 #blgtk08#
Comentario por S (27-02-2012 09:44)
5 Espero que no PSOE de Viveiro se vaia recuperando o sentido común e o#blgtk08# próximo candidato que presente á Alcaldía sexa JESÚS FERNÁNDEZ CAL.
Comentario por socialista (27-02-2012 09:45)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal