A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

SI VAS A PARIS PAPA….

É difícil enfrontarse ao papel en branco despois de alguns dias de asueto nos que, encima, pasou de todo. Os temas pendentes son demasiados para concentrarse e ser medianamente coherente. A saber: Temos un presidente galegon nacido en Santiago que xa non poderá pagar as súas vacacións en efectivo; un Goberno central que non cumpre as súas promesas na primeira semana na cadeira de brazos azul; un presidente autonómico, asi e como lle gusta chamarse, tremendo de medo á espera da que ven por Pedrafita abaixo, cargadiño de rebaixas, mas impostos, recortes e mais recortes, incluso esta pensando en adiantar as eleccións para afrontar a reelecion sin problemas, ahora que os outros están para o arrastre e pelexando entre eles; un Concello de Viveiro sen centro de mando, presupostos, proxetos e sentidiño común, xa o ven, si é posible ir a peor; unha Policía Municipal sen cabeza denunciando o concello polas horas extras, disque, feitas e non cobradas, contestando nos papeis a Cesar Aja, amigos que fomos; e subíronnos os impostos aos que conservamos a nómina a base de rezar o que lembramos. Nin misións, nin milagres, nin nada, unha crise é o mellor para devolver a fe e a beatería.
Todo isto en dúas semanas!. Como consolo quédame que hai cousas que nunca cambian: seguimos coa trapallada da ponte de Verxeles, coa Banda sin cobrar, falo da de música, a outra cobra puntualmente, sen Orzamentos do Concello de Viveiro, e xa van tres anos, eses que haberá que cambiar en marzo porque quedarán en papel mollado cando o Estado, que dirixe un señor que, din ,porque ninguén o viu, sobre todo cando hai malas noticias, ten barba, métanos o serruchazo, porque con tesoiras non lle vai a dar.
E a verdade é que nestes tempos estamos necesitados de líderes que nos infundan confianza e forza, non ratonciños campeiros que parecen que conseguen un posto porque pasaban casualmente por alí. Necesitamos creadores de oportunidades, non oportunistas.
Vistas asi as cousas, vou coller o macuto e vou dar unha volta por Paris, para ver si lles vendo algo aos Franceses e outros europeos varios, a pesar de que Nicolas Sarkozy dixo: "comprar en Francia non é unha palabrota. É un deber cívico". Socialistas, populares, de esquerdas ou de dereitas, a crise conseguiu por de acordo aos políticos franceses. Inmersos en período preelectoral, e á vista de que a crise ameaza con agravarse, todos converteron o "made in Francia" na seu lema de campaña. Á hora de facer a compra, os políticos non dubidan en sacar a bandeira tricolor e instan os seus compatriotas a que sigan o exemplo e miren a etiqueta. Xusto, xustiño como neste pais de vendepatrias……
Otero Regal
Comentarios (17) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-01-2012 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
17 Comentario(s)
1 Que panorama meu Deus!!!!

Con esta tropa de políticos que so saben sacarnos pouco a pouco ademais do poder adquisitivo o pouco optimismo que nos poida quedar.
Aquí fai falta que alguén día un pao na mesa, que isto remate xa, que se plantexe unha administración viable, é decir, menos concellos, fora deputacións, empresas públicas, duplicidade de soldos de políticos e altos cargos, alguen que sexa capaz de decirlle o seu amigo alcalde de turno dun concello de 600 habitantes, amigo esto rematou volve o teu traballo que aqui cunha oficina administrativa de atención os veciños chega. Que se fixen os soldos e número de dedicacións dos concellos que queden según o número de habitantes...
Que os paises como España, Italia, Portugal... se planten, que xa está ben, que se poñan plazos coherentes de compresión de de#blgtk08#ficits... para que se poida asegurar un investimento mínimo que nos día respiro.
Xa está ben de que nos segan sacando o sangue os que non temos culpa disto.Pero aqui xa non reacionamos, nen sequera protestamos de forma libre, non direxidos.
Alguén terá que ver a verdadeira situacións dos bancos, eses que nunca perden, que o que se lles deu non sexa a cambio de nada.
En fin, xa paro, pois esto da para escribir e escribir e a lo menos desahogarse. Ademais aqui non hai políticos de nivel que pensen no pais en non en si mesmos para sacar esto a diante pero pensando nos ciudadans. É moi facil falar con soldos de 6000€ o mes. Pero a xente non é parva, aunque esté resignada, e tamen fumos a Universidade, temos carreiras e masters aunque non gañemos 6000€ e temos coñecementos e criterios, aunque pensen que somos parvos.
Comentario por socialista (26-01-2012 10:08)
2 Boa viaxe. Hai anos que #blgtk08#só bebo champagne ja ja
Comentario por Foriato (26-01-2012 11:50)
3 Propongámonos comprar todos nuestros regalos a través de emprendedores: el artesano, el diseñador, comercio con clase, tiendas en tu ciudad. Hágamos que nuestro dinero llegue a personas comunes (que se esfuerzan por ofercer un producto exclusivo y no masivo)#blgtk08# y no a grandes multinacionales que cotizan en paraísos fiscales; y así, más personas tendrán trabajo

Qué mejor momento para apoyar el pequeño comercio que genera riqueza y empleo digno en tu ciudad. Copia y pegalo en tu muro...APOYEMOSLOS!!!!
Comentario por Madrid (27-01-2012 10:52)
4 Merca productos GALEGOS, #blgtk08#son moi bos contra o PARO
Comentario por Xose (27-01-2012 10:54)
5 La estrategia de apostar por los productos agrícolas de producción nacional ha sido desde siempre una práctica utilizada mayormente por Francia. Al parecer ahora Italia quiere seguir esta tendencia y recientemente ha sido rechazada una partida de manzanas ‘Fuji’ d#blgtk08#e gran calidad, alegando que la nueva política comercial de la distribución es la de poner a la venta fruta italiana. Desde el sector exportador y en especial Cooperativas, alertan de lo que parece ser un cambio de estrategia en las grandes superficies de este país.
Comentario por El Ventanuco (27-01-2012 10:56)
6 A elección de comprar, pola nosa banda, produtos que estean producidos ou fabricados en territorio Español, tanto#blgtk08# agrícolas, gandeiros ou de calquera outro sector, favorece a economía nacional, é dicir a economía de todos nós.
Comentario por Picato (27-01-2012 10:58)
7 Sólo podo decirchee que eto#blgtk08#u de acordo.Amadeo Moreno.
Comentario por Amadeo Moreno (27-01-2012 10:59)
8
Unha das poucas cousas que podemos facer os cidadáns do montón sen moito esforzo para contribuír a aumentar a riqueza do pais é comprar produtos españois. Se, xa llo da globalización, libre mercado e todas esas historias.

Agora veñen os peros, sendo realistas hai produtos que os de aqui non teñen nada que facer fronte aos de fóra. Pero hai outros moitos, alimentación, artesania.... que seguramente sendo de maior calidade os de aqui, acabamos comprando outros por comodidade/decimas no prezo.

Por exemplo, e lembrando a última crise, vas#blgtk08# a supermercado e atópaste pepino español e pepino holandés. Non é o mesmo produto, pero eu sempre pillo o español aínda que me custe mais quitarlle a pel que ao outro.

Agora ben, é ás veces complicado saber onde queda a riqueza con segun que produtos, que se deseñan en alemania, fabrícanse en chinesa, véndense en españa e o dono é francés...Complicado.

Poderiamos facer unha listaxe de marcas/empresas 100 españolas, ou que cren postos de traballo en españa? ou algunha forma de saber mirando a etiqueta dos produtos de onde son?

Comentario por Maria (27-01-2012 11:01)
9 No me considero un súper patriota y esto lo llevo haciendo muchísimos años.

También pago impuestos, pago facturas con IV#blgtk08#A, trabajo con seriedad.....etc, etc

Otros se hacen pajas con la bandera y el himno y se la suda muchas de estas cosas
Comentario por Mario (27-01-2012 11:03)
10 E mellor sen factura... para ser mais patriota como fan os empresa#blgtk08#rios eses que levan tirantes con bandeiras de España e votan ao PP
Comentario por Roxo (27-01-2012 11:04)
11 El problema que tienen mucho de los productos prestigiosos es que están fabricados con mano esclavista china (el gobierno chino obliga a trabajar a los presos y las multinacionales occidentales ultracapitalistas antiderechos humanos se aprovechan de ello).
Una famosa marca de trajes de chaqueta de alta costura produce por 30€ trajes que cuestan#blgtk08# 800€ el más barato con trucos sucios de mezclar tejidos de buena calidad con costuras o partes de mala calidad que pasan desapercibidas.
Lo peor de todo es la vulneración de los derechos humanos y la descapitalización humana de Europa y de España.

Comprar un producto español es ayudar a una familia y permitir un comercio justo.
Comentario por Miguel (28-01-2012 19:51)
12 O peor é que cada vez son máis as firmas que se van fóra de Europa a fabricar. Esclavismo hai en moitos lugares e en multitutud de formas, desde o que comentas dos presos chineses até as débedas perpetuas da India, pasando polos#blgtk08# traballadores que fan xornadas de 16 horas. Ao final, todo tradúcese en maiores beneficios para as multinacionais, limitación ou eliminación dos dereitos dos traballadores e beneficio nulo ou mesmo negativo para o consumidor...
Comentario por Rosa (28-01-2012 19:53)
13 “Hoy en día, poder fabricar en nuestro país y ofrecer productos con una relación precio/calidad correcta y fabricados en España es el mejor mensaje publicitario. Por #blgtk08#supuesto, nos sentimos orgullosos de hacerlo posible y poder decirlo bien alto y claro”.

Antonio Vicente, presidente y fundador de Panama Jack
Comentario por (28-01-2012 19:55)
14 Pues yo acabo de comprar un foc#blgtk08#us porque lo hacen en valencia
Comentario por Angela (28-01-2012 19:58)
15 Di que si, producto gallego c#blgtk08#on denominacion de orixen!!!
Comentario por Paco Pixiñas (28-01-2012 20:06)
16 lo bueno nunca es lo mas caro, prefiero mi bocata de#blgtk08# jamon y mi cerveza, que cualquier burger americano
Comentario por Koldo (28-01-2012 20:07)
17 pues claro que es bueno comprar productos de nuestra tierra,por ejemplo,digame alguien si es mejor comprar#blgtk08# hortaizas de portugal,italia o francia o comprarlas de España,yo no tengo duda.y asi en muchas mas cosas.
Comentario por (28-01-2012 20:11)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal