A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

E DECIAN QUE ERAN POBRES....
O Diario Oficial do Parlamento publicou este venres, tal e como fixo tamén o Diario Oficial de Galicia cos conselleiros, o patrimonio dos 75 deputados galegos. A maior parte deles teñen pisos, vivendas, fincas, accións e vehículos en propiedade.

Feijóo

Así, Feijóo declara que percibe 81.222,86 euros da Xunta, 97 euros en dividendos de Telefónica, 1.750 euros en intereses de depósitos bancarios e 10.800 en rendemento de arrendamentos inmobles. Declara ademais posuír dúas vivendas, unha en Madrid e outra en Vigo, un garaxe nesta cidade, e dúas leiras, unha rústica en Santiago e outra urbana en Moaña. Ten un depósito a prazo fixo de 113.000 euros e unha conta corrente de 24.477,35 euros. Ademais, dispón de 75 accións en Telefónica con 1.358 euros, un plan de pensións de 74.708,87 euros e un Citroën C Crosser de 2011.

En 2001 concedéuselle un préstamo hipotecario-vivenda por importe total de 270.000 euros dos que lle queda por pagar 99.031 euros. Núñez Feijóo é un dos deputados que máis tivo que pagar por IRPF, un total de 23.496,54 euros.

Pachi Vázquez

Pola súa banda, o líder do PSdeG, Pachi Vázquez, é propietario dunha vivenda unifamiliar en San Amaro desde 1984 e posúe tres leiras. Ten ademais catro locais comerciais no Carballiño e dispón dun piso con garaxe e dúas prazas máis de aparcadoiro.

Vazquez ten unha conta corrente de 13.604 euros e accións en Alecrindourado S.L. por valor de case 171.000 euros e en Sandulces S.L. por valor de 30.684, así como case 15.000 euros na clínica de fisioterapia Fisaude, S.L. Posúe un Mercedez Benz clase E, adquirido no 2009, e un Nissan Patrol, de 1994. A cantidade que pagou no último exercicio de IRPF foi 4.335 euros.

Carlos Aymerich

O líder do BNG na Cámara, Carlos Aymerich, dispón dun piso e unha praza de garaxe en Oleiros e unha conta corrente con 9.201,57 euros. Declara como percepcións netas de tipo salarial case 3.000 euros cos trienios como profesor universitario na Universidade da Coruña e ten contratada unha hipoteca coa Caixa por valor de 5.000 euros e un seguro de vida por valor de case 5.600 euros. Posúe un Renault Megane familiar do 2007 e un Mitsubishi Space do 2001.

Grandes patrimonios

Os deputados populares son, polo xeral, os que máis patrimonio declaran. Deste xeito, o ex alcalde de Curtis, o popular Dámaso López declara cobrar 57.170 euros como xente de atención primaria. Pagou 3.008 euros por IRPF pero declara ter oito pisos en Lugo (seis deles asegura que en herdanza), dous baixos e unha plaza de garaxe. Tamén ten seis fincas rústicas en Lugo. Ten depósitos por valor de 340.000 euros.

Tampouco queda atrás Antonio Ángel Fraga Sánchez, que posúe seis vivendas entre pisos e apartamentos, catro leiras, dúas prazas de garaxe e dous baixos comerciais, ademais de dúas contas de case 50.000 euros e dous coches. Este deputado declara 33.768 euros por dedicación exclusiva municipal e pagou 6.626 euros no último exercicio do IRPF.

Neste escalafón alto tamén se sitúa o popular Román Rodríguez que declara dúas vivendas (na Coruña e Pontevedra) e cinco leiras en Pontevedra. Pagou de IRPF case 7.000 euros. Ten unha conta de aforro con 25.000 euros e dous coches, un Volvo do 2005 e un Audi A4 do 2008.

O tamén conservador Agustín Baamonde declara dispor dun piso, unha casa e un solar en Lugo e de nove leiras de monte baixo, dous de pasteiro, tres de labradía, oito a monte e dous a pasteiro en Lugo. Tamén ten unha casa agraria en Lugo. Pagou 5.192 euros por IRPF, ten unha conta corrente con case 30.000 euros e un plan universal de avogacía de 61.642 euros.

Pola súa banda Marta Rodríguez-Vispo, do PPdeG, funcionaria e ex concelleira en Ourense, declara recibir 54.100 euros da Consellería de Sanidade e do Concello de Ourense, e pagou máis de 12.000 euros de IRPF. Posúe dous pisos en Ourense e dúas leiras en Pobra de Trives. Dispón de contas e depósitos por valor de máis de 60.000 euros e un coche Toyota Corolla do 2003.

Ex conselleiros

Teresa Táboas dispón de dúas vivendas, unha de 400 metros cadrados en Pontevedra e outra de 350 metros cadrados en Cidade de México. A ex conselleira é propietaria de solares urbanos, locais comerciais e gasolineiras en México froito dos negocios da súa famlia neste país. Tamén ten 210.000 euros en distintas contas e participacións en sociedades familiares en México por valor de 1,5 millóns de euros. Posúe 160.000 euros en Teresa Táboas Estudio de Arquitectura e dispón dun Porche Cayenne.

Tamén Suárez Canal dispón dun piso en Ourense, un estudio en Manzaneda, unha casa en Allariz e un apartamento con garaxe en Vigo. Pagou por IRPF 5.870 euros. Declara gañar por trienios 6.036 euros, ten 36.904 euros en contas e plans de aforro e un Volkswagen Passat do 2008.

O socialista e ex conselleiro José Luis Méndez Romeu declara un complemento de antigüedade de 2.400 euros. Pagou por IRPF case 6.000 euros. Ten unha vivenda na Coruña e conta cun plan de pensións de 56.000 euros e un automóbil do 2007.

A ex conselleira Carmen Gallego declara unha casa e ste fincas adquiridas por herdanza. Pagou 4.384 euros por IRPF e dispón dunha ocnta de aforro con máis de 14.500 euros e un Ford Mondeo do 2004. Declara deudas por valor de 36.000 euros.

Puy Fraga, Pilar Rojo e Abel Losada

Pola súa banda, o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy Fraga, declara trienios na Universidade de Santiago de Compostela por valor de 4.133 euros e a súa declaración da renda superou os 4.800 euros. Posúe unha vivenda unifamiliar adquirida en 1998, declara tres depósitos en conta e plan de pensións por valor de case 29.000 euros. Posúe un coche, un Renault Scenic do 2006, e unha moto de 1992.

Abel Losada, portavoz parlamentario do PSdeG, asegura percibir 3.081 euros da Universidade de Vigo, 1.231 euros como dividendos e 78 en concepto de juros. Dispón dun piso e tres prazas de garaxe en Pontevedra así como unha vivenda unifamiliar en Ourense. Losada pagou 5.667,10 euros por IRPF. Dispón de case medio millón de euros en contas de aforro, contas a prazos e plans de pensión e 155.452 en carteira de valores e 217.698 en fondos de investimento, ademais dun Citroën DS adquirido en setembro deste ano.

A presidenta da Cámara, Pilar Rojo, declarou un total de 83.232 euros, aínda que este montante non inclúe o salario que percibe como xefa do Lexislativo. Ten senllos pisos en Pontevedra e Madrid. Con todo, e ao igual que Feijóo, é unha das que máis pagou polo IRPF; 27.219,92 euros no último exercicio.

Os que menos declaran

Por outra banda, os nacionalistas Ana Belén Pontón e Bieito Lobeira e a socialista María Quintas Álvarez sitúanse entre algúns dos deputados que menos patrimonio declaran. Pontón non ten ningún piso ou leira en propiedade, aínda que pagou 3.500 euros por IRPF. Dispón de dous coches e unha conta de máis de 16.600 euros. Tampouco Quintas posúe vivenda ou leira da súa propiedade, aínda que dispón dun coche e contas e plan de pensión por valor de case 40.000 euros. Bieto Lobeira non declara nin pisos, nin leiras. Ten 35.000 euros en conta, un Ford Focus. Pagou case 5.000 euros por IRPF.

Pola súa banda, o número tres do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda pagou máis de 6.400 euros no seu último IRPF pero non dispón de vivendas nin fincas propias. Ten unha conta de 9.000 euros e un seguro de vida de 26.200 euros e un coche SSangyong do 2009.

Tamén o vicepresidente da Mesa, José Manuel Baltar, declara trienios por ter traballado no Departamento Territorial de Medio Rural de 3.680 euros. Ten unha moto Honda, un Wolkswagen Beetle e un BMW X5. Na conta corrente dispón de 37.468 euros. Non declara ningunha vivenda.
Esta informacion publicouna http://galiciaconfidencial.com/
Un dia de estes poñemos as contas dos catro diputados de A MARIÑA...
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-12-2011 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Nada novo baixo o sol. Os obreiros votando aos capitalistas salvaxes que van en contra dos seus dereitos e catro burgueses con Porche Cayenne loitando polas políticas sociai#blgtk08#s e a redistribución, e cada día son menos.Realmente a xente como Táboas beneficialle que gañe o PP. Senón fose así non habería tantas inxustizas económica. Nada novo vamos.
Comentario por Iria (10-12-2011 18:11)
2 Pois para min a critica a este tema, de habela, teria que vir non tanto do que teñen, senon de como o gañaron. E decir, se un/ha deputado/a ten moitos cartos ou propiedades (Ex. Taboas) porque as gañou co seu traballo, ou co traballo da súa familia, pois chapo por ela como administradora e traballadora (ao fin todos traballamos para gañar mais). Pero se un deputado/a ten menos, pero resulta que so foi capaz de gañalos con chupando de todos nos en d#blgtk08#istintos altos cargos políticos e outorgados a dedo, pois que se vaia ao mercado laboral e que tente sacarlle rendimento no seu traballo e deixe xa o posto. Cada vez creo mais nos feitos a si mesmos no traballo e logo dan o salto a política, que nos políticos profesionais que nunca deron un pau a auga (coñecemoslle a Feijoo algún traballo que non fora na administración pública e por enchufe). E quen dí Feijoo, di outros deputados do PSoe ou do BNG.
Comentario por Auga (10-12-2011 18:13)
3 O património de Feijoo nom é nada doutro mundo. O de Guerra Fernández já é outra cousa, mas na sociedade capitalista na que vivemos cumpriria felicitá-lo. Porém, o que realmente chama a atençom é o da conselheira de Fazenda. Ou oculta parte do seu património, aproveitando-se dos seus conhecimentos como inspectora de fazenda, ou é um autêntico desastre como administradora dos seu p#blgtk08#atrimónio. 77.865 - 39.158 = 38.707 €. Alguem de 48 anos, que já leva muitos anos cobrando soldos médios (nom os bonus dos banqueiros mas tampouco é mileurista) e tem só 38.707 € (bastante menos do que cobra num ano), nom é nem muito aforradora (já nom digamos poupinhá) nem muito austera. Ou seja muito pouco ajeitada para ser conselheira de Fazendo dum governo que se diz austero.
Comentario por Petapouco (11-12-2011 09:56)
4 Debe ser fodi...o para os do PP que o deputado neste caso deputada con maáis patrimonio sexa nacionalista. !! Ha ha !! Por fin a burguesia galega amosa sen vergonzas como o vasco ou o catalán o seu am#blgtk08#or ao país. Para todos eses que non teñen nada e están nas filas do PP renegando de donde veñen, Táboas convertese na dignidade porque sen lugar a dúbidas eralle mais fácil estar coa peperos. Parabéns
Comentario por Un do Bloque (12-12-2011 10:27)
5 Verguenza me da.
unos tanto y otros tan poco.

Me gustaria saber porque un politico tiene que cobrar esas cantidades innombrables,asi y de esta manera pueden tener estas grandes fortunas.
Decia el otro dia nuestro querido Pepiño Blanco que los politicos españoles se rebajaran el sueldo un 15%
,!!!imaginense!!con todo lo que ganan ni lo notan a la hora de cobrar,pero su comentario lo hacia porque los españoles exigiamos que se rebajaran el sueldo ya que ellos decian que todos nos tenemos que sacrificar y al sacrificarnos tantos los funcionarios como el resto de españoles ,de ahi su rebaja del 15% menos de sueldo,comparaba los sueldos de los politicos de la union europea que rebajaron el 5% y el 8% que los politicos españoles son los que menos cobran,al lado de los otros paises europeos ,pero lo que no dijo fue que los trabajos en esos paises a la hora de cobrar son muchisimo mas altos,lo que nos queda es emigrar para otros paises ,donde puedas ejercer un trabajo segun tus estudios o tu formacion ,y donde te la valoran por lo que eres ,no como aqui, en esta España de pandereta,aqui resulta que haces carrera y ejrces de barrendero,¿de que sirve estudiar carrera 5 años?¿con los gastos y sacrificios de una familia muchas de ellas humildes ,que lo que ganan lo gastan en estudiar a los hijos????resultado, la familia queda sin ahorros por gastarlo en estud#blgtk08#iar al hijo ,el hijo no tiene trabajo conforme la carrera que ha obtenido,¿¿¿¿que hacer???emigrar,seguir de barrendero,robar,tirarse al vicio,o CARGARSE EN TODOS LOS POLITICOS Y EN SUS SUELDOS,no serviria de nada ,pero que es una grave INJUSTICIA LO ES,no hay derecho a que un politico sin estudios como es PEPIÑO BLANCO,LARA MENDEZ,ROELIÑO DA 1906,Y UN ETC.....cobren estas cantidades sin merecerlo ,por no tener estudios ,por no saber ni enfilar una aguja¿¿de que van???a estos habia que pagarles en carnes de toro muerto,y sus sueldos emplearlos en la gente que no tiene trabajo con y sin estudios,o profesion,que con su trabajo hacen mas por el pais que estos INEPTOS, y aqui seguimos pagando estas sumas a quien NO DA NI GOLPE,ni Mentalmente ni FISICAMENTE.!!!!manda carallo!!!! nunca duden ,!!!!!!QUE ESPAÑA SIGUE LLENDO BIEN!!!¿¿¿ALGUIEN LO DUDA???.
PROBEEEEEEEE EU.
Sito ,me dolera saber los sueldos de algun-na politiquillo-lla de la mariña como ROELIÑO O LARA ETC..es dinero tirado !!pero jode!!!asi ganen 100 eur al mes ,es muchisimooooo para lo que hacen.Y los demas con carrera u oficio y sin trabajo.ya lo dice la cancion.

Se en Galiza traballasen
os que arruban o diñeiro
medraria pan na artesa
e millo no cabaceiro
Ai Amor, e millo no cabaceiro.

Pepe rio dos foles





Comentario por Pepe rio dos foles (12-12-2011 13:29)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal