A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O PROBLEMA DE DECIR MENTIRAS
Existe xente que con ela a vida é unha aventura, máis que nada porque nunca sabes o que vai pasar a media hora vista. Deixarlle pensar é un perigo porque pola mañá están a planificar unha viaxe a Nova Zelandia, cando odian os avións; a media mañá, despois de ler a prensa catastrofista, sentenzan que hai que aforrar e quedarnos quietiños en casa vivindo do noso; ao mediodía planean unha escapada ao sur que estan moi cansos; e pola noite... ningunha porque o calendario resístese.
Creo que o problema desta xentiña é que, máis que planear, soña en voz alta, pero o certo é que non fai dano a ninguén e como a “prima de risco” non depende deles, pódese permitir algúns luxos que outros para si quererían.

É o caso do Goberno de Viveiro. Esta semana a responsable, e un decir, da concelleria de facenda anunciou sen ruborizarse que a súa Área tiña os pagos dos seus provedores «100% ao día».ata 2007, excepto unha factura, É máis, a pesar de que xa sabían que o ICO non lles ía permitir pagar facturas que non tiveran no seu momento consignacion presupostaria , que non tiña un euro para pagar ás fac turas encargadas por o goberno de Roel, sin ter cartos nin orden para elo.

Pois ben, no meu poder teño dus facturitas, pequenas pero miñas a o igual que os cartos que se me adeudan do 2007 , coñezo a mais pequenos empresarios e autónomos que teñen mais e de maior cuantia. Aquí teriamos que pedir responsabilidades ¿E ou non un delito encargar algo para o que non tes cartos?, delito non será pero unha canallada si.
Recoñecemento de débeda e a correr. Encima os empresarios teñen que estar agradecidos porque o Goberno local lles conceda a oportunidade de que os intereses bancarios de préstamos que non deberían necesitar se coman os beneficios. De nada.

Neste Goberno municipal dixose e quedou escrito que o presuposto deste ano estaria en Setembro, que o de o proximo ano estaria antes de acabar o ano, que fariase unha auditoria ou polo menos clarificarian con luz e taquigrafos a situación das contas dos ultimos anos pero Roel ve como non lle saen as contas e pecha a billa. Hai que ver que rápido cambian as cousas nesta Concello de Viveiro.

O problema de dicir mentiras, ou cambiar de plans se queren porse politicamente eufemísticos, é que a fe, a credibilidade e a confianza afúndense. A mentira en política, é inaceptable, aínda que teña como obxectivo evitar o pánico. Os cidadáns non nos merecemos uns políticos que sentan libres de dicirnos unha cousa hoxe, antes das eleccións, e outra mañá, despois de votar. Que sempre teñan unha escusa para o cambio de rumbo no que son as nosas vidas, os nosos traballos e as nosas familias as que se arriscan.
Otero Regal
Comentarios (10) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-12-2011 18:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
10 Comentario(s)
1 Hai moitas cousas que cambiar, e tarde ou cedo nos chegará. Cecais o exemplo a seguir sexa Islandia, ainda que parece que está silenciandose. Veremos como saimos désta. O que sí e craro, é que a clase política ten moito que melhorar, unha suxerencia, sería que co#blgtk08#mo xestores, fosen responsables solidarios das súas decisións, que dende os partidos políticos facilitasen de antemán os CV´s dos candidatos para ver o sua "experiencia en cada, para valorar si queremos que o dueño da economia sexa fulano/a, en fín
Saúdos
Comentario por Fran García (07-12-2011 13:19)
2 Hai moitas cousas que cambiar, e tarde ou cedo nos chegará. Cecais o exemplo a seguir sexa Islandia, ainda que parece que está silenciandose. Veremos como saimos désta. O que sí e craro, é que a clase política ten moito que melhorar, unha suxerencia, sería que co#blgtk08#mo xestores, fosen responsables solidarios das súas decisións, que dende os partidos políticos facilitasen de antemán os CV´s dos candidatos para ver o sua "experiencia en cada, para valorar si queremos que o dueño da economia sexa fulano/a, en fín
Saúdos
Comentario por Fran García (07-12-2011 13:19)
3 Portugal: Ir a urgencias 20 euros, al centro de salud cinco

Son las "tasas mod#blgtk08#eradoras" de la sanidad pública en el país vecino. La medida entrará en vigor el próximo mes.
Comentario por Cuando las barbas..... (08-12-2011 08:37)
4 España, por unha banda, presenta niveis de endebedamento privado superiores ao 330% do PIB, e, por outro, o déficit orzamentario está sometido a un calendario de axustes moi duro, asumido tanto polo goberno en funcións co obxectivo de que se sitúe en 2013 por baixo do 3%.
Se o saneamento do sector financeiro faise sen tocar a acredores, a cargo dos contribuíntes, e ademais non se produce ningunha reestruturación da débeda de familias e empresas non financei#blgtk08#ras, aínda que sexa mediante un alongamento dos prazos de pago, o Estado só poderá lograr os obxectivos de déficit orzamentario, segundo o calendario fixado, a través de durísimos axustes.
Non temos moita experiencia sobre a vontade dos electores en tempos de paz de soportar anos de austeridade, crecementos económicos negativos, e aumento do desemprego, pero iso é o que se conseguirá, salvo que se opte por unha reestruturación da débeda, pública e privada.
Comentario por Xose (08-12-2011 08:40)
5 El Gobierno de Portugal ha aprobado en Consejo de Ministros ampliar la jornada laboral en el sector privado en media hora diaria durante los años 2012 y 2013 en el marco de las medidas de ajuste aplicadas por el Ejecutivo de Passos Coelho para cumplir con las exigencia#blgtk08#s del plan de rescate de 78.000 millones recibido por el país. El incremento de la jornada laboral podrá ser negociado entre los trabajadores y las empresas, de manera que pueda acumularse en dos horas y media extra a la semana o bien en un día más de trabajo al mes.
Comentario por Cuando las barbas.... (08-12-2011 08:44)
6 Dentro da campaña "devolvamos a confianza aos mercados", PP e PSOE están a escenificar un superbuen rolo no traspaso de poderes, e asegúrannos que Rajoy e Zapatero, ademais de facer manitas políticas na comida do día da Constitución, falan por teléfono todos os días un ratito, parece que con moi boa química. Non cremos que o romance vaia a maiores#blgtk08# e acaben fusionándose en partido único, un PPSOE, pero por agora todo son promesas de lealdade, e cantos á unidade e a superación de diferenzas para salvar España.
Aqui en Viveiro poderia pasar o mesmo que Roel e Aja, hermanados por o despilfarro, pactaran e con maioria absolutisima seguiran mangoneando e despilfarrando os cartos do pobo.
Comentario por Covas (08-12-2011 08:47)
7 Ala, currantes que fostes en masa a votar a o PP, mira que vou rir cando entredes no hospital con a colchoneta e o teper con a manduca, mirade, mirade:
El Gobierno gallego situó ayer en el centro del debate político una posible refinanciación del sistema sanitario dirigida a asegurar la g#blgtk08#ratuidad universal de las prestaciones básicas, como serían las consultas médicas o las intervenciones quirúrgicas, pero dejando abierta una puerta a la revisión de los servicios complementarios que no son estrictamente sanitarios, como las comidas, pernoctaciones de acompañantes o las duchas.
Comentario por H de Burela (08-12-2011 08:51)
8 En Viveiro as mentiras saen baratas. Entre unha oposiión remolona e dividid#blgtk08#a e unha prensa amaestrada e servil, Roel pode seguir mentindo impunemente.
Comentario por Mentireiros (09-12-2011 14:04)
9 Na línea do comentario 1, o problema é que de donde non hai non se pode sacar. Os gobernantes que temos no noso pobo terían serios problemas para acadar un emprego fora da política (sa#blgtk08#lvo casos contados, Cal é algún outro) nunha pequena empresa, sen embargo están ao fronte de Viveiro SA cun presuposto de 12 millóns de €.
Xa está ben de vividores da política.
Comentario por socialista (09-12-2011 15:36)
10 Esta ben , coincido con a mairia, do que deciis, pero ?Cando carallo , se vai acabar a "mani-obra" da Ponte de Feve?, cando voltará Nardito a contarnos a milonga de ..atense o proxeto. é o mesias de Melchor dimitir, denpois de de afirmar na sede do Psoe en Viveiro, ..si no se fai segun el proyecto, se exigiran responsabilidades, ¿A quen , a ti mesmo e mailo iluminado Santi, que#blgtk08# modificachedes o proxeto? xa vou enviaron a cesta de nadal, por deixar un terreo publico privatizado, por un "coñecido" particular, hay que acabar dunha vez con este insulto, e tamen saber ¿Que pasau pra non construir a rotonda no lugar que estaba a Fonte de Verxeles, que carallo estamos aguantando... manifestacións Xa, hay destapar a perola haber que se coceu eiqui.
Comentario por Indinado (22-12-2011 16:44)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal