A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DO TUTE ÁS ELECCIÓNS

Todo o que sei de xogos de mesa e de cartas débollo á un veciño do lugar de Demoroi na miña aldea deNois, o señor Vicente de Blanco. O tute, a brisca, as damas, a oca e o parchís forman parte do legado que me deixou este gran home de ollos transparentes. A el débolle longas noites en vela e algún que outro suspenso. Auténticas leccións de vida. Grazas.

Con todo, nin o señor Vicente nin nadie que coñeza na miña corta vida nos xogos do azar eran pouco amigos de perder. A ninguén lle rendía tanto un catro no parchís como a el. As súas fichas movíanse debuxando fermosos círculos que hipnotizaban a inxenus e respectuosos para ficar seis postos máis aló do punto inicial, sete se no horizonte había un seguro ou unha deliciosa ficha inimiga.

Polo menos, sabía gañar e endulzaba as derrotas infantís con caramelos de anís e o desquite. A tarde era moza nos tempos sen videoxogos portátiles.

Porque iso, saber gañar, é moi difícil. Disimular a euforia, a satisfacción de facer pequenas trampas sen consecuencias é máis complicado do que parece, e un sinal de clase.

E por estas terras do nordeste temos a toda unha “tropa” que con feitos e desfeitos demostrou que non sabe gañar. Pois con isto da vitoria, cargáronse a súa reputación de homes de diálogo, talante e presunta mesura, en apenas unhas semanas, e pasado pouco tempo foron desfascendo o que fixeran ben ou mal os seus predecesores, os que perderon, sin contemplacións, con alevosia e nocturnidade.
Vivimos nunha sociedade moi competitiva na que todos queren gañar e triunfar con rapidez, esquecéndonos en ocasións da importancia de saber competir, poñendo límites, sendo xustos e honestos. Debemos saber actuar tanto na vitoria como na derrota e comportarnos sempre con respecto cara aos nosos rivais.
Por eso non estaria nada mal que os cidadans de a pé, os que por lei, e moitas veces non por gusto, temos que limitar a nosza laboura política a depositar unha papeleta, cada catro anos en un furadiño da urna de metacrilato, pidiramos responsabilidades a quenes non saben gañar nin perder neste mundo proceloso das eleccións.
Otero Regal
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-11-2011 19:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 RUBALCABA QUIERE acabar con los privilegios de la iglesia no les quiere dar ni un euro…llevan los curas un mes pidiendo en voto para el PP…como siempre si…pero esta vez mas rabiosos.
las nucleares las quiere ir cerrando e ir a energias limpias, creara una oficina contra el fraude fiscal, que aunque se hayas recuperado 10 mil millones en el ultimo año, quedan 80 mil millones por rescatar…Imponer a los b#blgtk08#ancos un impuesto para crear empleo, imponer impuestos a los ricos y grabdes fortunas para educacion y sanidad…mejor leetelo si te interesa claro…lo tienes en la web
yo votare psoe votare rubalcaba o entra el fascismo, botella, figar, espe, gallardom mato, pons, montoro,soraya, figar de ministra de educacion y cultura…y tengo un crio de 11 y no voy a permitir eso…si con mi voto puedo evitarlo..saludos.
Comentario por Azur (10-11-2011 19:41)
2 Eu creo que o importante é conseguir que o PP non teña unha maioría absoluta, para poder facerlle oposición desde o parlamento polo menos. Iso é vital, porque senón terán todo o poder para facer o que lles plazca. O rodete será imparable, e de confirmar#blgtk08#se a encuenta do CIS, a segunda lexislatura de Aznar será unha broma co que nos espera. Á parte de que Marihuano nunca se caracterizou por ter moitos collóns, e vanlle a manexar todos os da TDT Party como lles da gana. Dá auténtico pavor só de pensalo.
Comentario por COVAS (10-11-2011 19:43)
3 Te dejo, amigo Afonso, algo que creo que te interesará a ti...


#blgtk08#> http://consuladogaramantaenviveiro.blogspot.com/2011/11/cosas-inexplicables.html
Comentario por Pentapolín del Arremangado Brazo, Rey de los Garam (12-11-2011 15:43)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal