A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CO DIÑEIRO DE TODOS
A Realidade e terca e evidente: resulta imposible acceder a determinados servizos e produtos imprescindibles sen a intermediación dunha entidade financeira. O cobro da nómina, o pago de xestións e facturas de todo tipo, o depósito dos aforros son servizos que requiren dun sistema financeiro ao uso.

Desde a crise “subprime” de 2007 non só en EEUU senón no resto do mundo os Estados tiveron que investir grandes sumas de diñeiro en sacar do buraco a centos de entidades financeiras ao obxecto de evitar un colapso xeneralizado da súa economía. E o que te rondarei morena, xa que voltamos o conto da “boapipa”, coa inminente recapitalización de bancos europeos que se aveciña polo problema da débeda grega.

E a pesar desa dramática situación, os banqueiros de todo o mundo seguen cobrando soldos desorbitados e levándose indemnizacións millonarias cando abandonan as entidades. Por estos lares da nordesia, hai poucos días coñeceuse que o “Frob” destinou 7.500 millóns de euros a reestruturar as caixas de aforros (proceso que levou a nacinalización de tres delas Novacaixagalicia, Catalunya Caixa e Unicaja) tras a pésima xestión desenvolvida polos seus xestores con inapropiados investimentos no ladrillo e despilfarros a barullo. E eses datos coñecéronse á vez que os escándalos e abusos dalgúns directivos de entidades como Novacaixagalicia. E iso en momentos nos que a banca española atopase en pleno período de adelgazamento de persoas e de oficinas para impor un modelo racional ao seu negocio.

Na rúa, o sentimento é unánime: os xestores das caixas con problemas financeiros, os supervisores bancarios como o Banco de España e os políticos que estaban representados nelas , deberían ser xulgados e responder os erros e a falta de celo profesional durante estes últimos anos.
Si, como ocorreu en Islandia, os tribunais de todo o mundo, os Estados e os organismos reguladores non fan caer todo o peso da lei sobre banqueiros e xestores de entidades privadas, públicas e semipúblicas para que paguen polos seus parte de culpa na crise económica corremos o risco de que esta desfeita volta a suceder.
Recordo aquí o final da “Cantata de Santa Maria de Iquique” : “Ustedes que ya escucharon la historia que se contó no sigan allí sentados pensando que ya paso no basta solo el recuerdo el canto no bastara no basta solo el lamento miremos la realidad quizás mañana o pasado o bien en un tiempo mas la historia que han escuchado de nuevo sucederá”
Otero Regal
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-10-2011 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 È unha auténti#blgtk08#ca vergoña...
Comentario por Andrés (20-10-2011 13:34)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal