A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O SILENCIO E UNHA MAXIA DO DEMO (NCG) POR MANUEL RIVAS
O ARTICULO NON E MEU
Que mais quixera eu que facelo tan ben como MANUEL RIVAS en o seu blog "Novas de Kafka en Galicia" o pasado 07/10/2011 Eu secundo todo o que di, remitos a o meu "articuliño" en "A MARIÑA CRONICA3". Asi que sin que sexa unha costume , aqui queda o articulo do escritor da Costa da Morte.
Por que o esperanzador movemento de fusión Novacaixagalicia acabou sendo o caso Novakafkagalicia?

Non merece o caso de 'Novakafkagalicia' unha comisión de investigación no Parlamento?

Pasou o que pasou. E algo máis. A contaminación do ar por todo o fracasado, todo o podrecido

Que pasou? Dicía o clásico (Iglesias Corral): "Aquí pasou o que pasou". Pois non. Aquí pasou algo máis do que pasou.

A fusión das caixas en Galicia presentouse como unha oportunidade histórica. Ese facer da necesidade virtude. En tempo de crise, suma de bens e enerxías. A superación da paranoia bipolar, o estrabismo óptico, o proído dermagóxico e outras doenzas derivadas da confrontación norte-sur, da permanente doutrina do shock entre A Coruña e Vigo.

Malia todas as dificultades, esa semellaba a visión máis racional. A que mellor correspondía aos intereses de país. Nesa ollada podía haber moita inocencia. E cóntome entre os inocentes, e mesmo entre os parvos. Mais a inocencia ten un potencial creativo, mentres que o resaibo cínico adoita ser paralizante. Verbo disto hai unha reflexión nun libro que aquí se recomenda, as Conversaciones sobre música (editorial Acantilado, 2011), de Wilhelm Furtwängler, onde o mítico director de orquestra di: "Porque a inocencia, unha vez perdida, non pode recuperarse; os poderes realmente creativos só o son en estado de inocencia".

Se hai algo claro agora mesmo no caso Novakakfagalicia é que moita xente perdeu a inocencia que lle quedaba, esa inocencia equivalente a esperanza, mentres outros poucos se levaron os cartos. Están a levalos. É dicir. Produciuse non só un espolio económico, senón tamén dos minguados depósitos de inocencia-esperanza.

O escándalo das indemnizacións estoupou esta semana. Si, pasou o que pasou, pero desta vez pasou algo máis sobre o que cómpre investigar, debater e xulgar dalgún xeito, se non queremos asinar o derrube moral como sociedade democrática, e o desprestixio total dun autogoberno polo que houbo xente que deu a vida, xente que perdeu os dentes até as enxivas.

Detectar ese algo máis que pasou e que non sabemos é vital para reconstruír unha minima moralia e devolver unha confianza básica á vida pública.

Que pasou, que uso se deu dos depósitos dos centos de miles de galegos e galegas?

Que se fixo co froito laborioso de miles e miles de emigrantes, de mariñeiros, esfolando mundo adiante as mans e a vida?

Que futuro se preparou coas nóminas do sector público, coas pensións, cos aforros populares?

Agora sabemos que a resposta é nada. O proxecto era a cobiza. O peto persoal. O poder como propiedade. Un poder na sombra, a partillalo con outras poderosas sombras.

O que nos leva a outra pregunta malfadada, mais inevitábel: Quen manda de verdade en Galicia? Quen toma, á fin, as decisións cruciais? Quen di arre ou xo?

É unha pregunta que deben facerse os elixidos, todos os elixidos, como representantes do pobo. Por certo, non é o caso Novakafkagalicia merecente con urxencia dunha comisión de investigación no Parlamento de Galicia e de pescuda pola fiscalía Anticorrupción? Se o Parlamento autónomo non serve para isto, para que vai servir?

A sensación que existe na xente é a de ter perdido pasado e futuro a un tempo.

Certo que en todas partes hai cans descalzos. Mais o que pasou aquí coa fusión das caixas en poucos meses é tal estrago que faría sorrir por segunda vez a Apolo, el que só sorriu unha vez e foi cando falou da miseria humana. Todo isto ten que servir para abrir as fiestras no Castelo galego, para que saia o fedor histórico. A mestura tóxica que nos ten trabados.

A ampla autonomía, propia dunha nacionalidade histórica, debería ser xustamente un antídoto democrático fronte as cacicadas. Esa era a súa razón de ser. Unha maior confianza entre institucións e cidadáns. Unha sociedade máis aberta, con máis participación, e moita máis transparencia. Xa que se fala tanto de recortes, cómpre lembrar que a transparencia non costa cartos. O que arruína a un pobo é a ocultación.

K., o protagonista d'O castelo, ten de loitar para sobrevivir nunha atmosfera que se fai irrespirábel. Como é, que é o que pasa no aire para causar semellante afogo?

"O aire deste lugar non está libre de todo o frustrado e o xa madurado en demasía, que aí se mesturan de forma tan malsá". Quen así o describe é Walter Benjamin, o mellor pescudador sensorial da historia, no seu estudo sobre Franz Kafka.

Non perciben unha semellanza histórica no cheiro? A mestura de todo o frustrado e do que madurou de máis, do que podreceu. Frustración é podremia.

Poderiamos facer un relatorio de todo o frustrado e todo o podre. Mais o que ten o caso Novakafkagalicia é esa condición de ser a un tempo realidade frustrante e metáfora podre.

Pasou o que pasou e algo máis pasou. A mestura de frustración e podremia non chegaría tan lonxe sen o silencio.

Houbo silencios de todo tipo. Mais, en conxunto, un gran silencio. Con raras e algunhas veces valiosas e valentes excepcións. Dado o ambiente simbolicamente bélico entre Nórdicos e Suristas, houbo sen dúbida unha parte de silencio ben intencionada. Xa sabemos dos pirómanos profesionais e do éxito que teñen. Eses que encirran a xente, que levan décadas producindo odio entre A Coruña e Vigo, e logo aínda son loados e imitados.

-"É vostede da Coruña?", díxome un día un taxista vigués moi emprendedor, na época triunfal do vazquismo. "O que nos fai falta en Vigo é un alcalde como o que tedes vós. Un como Vázquez!"

-"É un artista! O ben que vos puxo os cornos!", respondín sen querer, aínda que o home entendeu a retranca.

O caso é que esoutro silencio pacificador, de laissez-faire, laissez-passer, foi contraproducente. Un silencio provinciano, que non facilitou unha saída operativa, imaxinativa, senón que se interpretou como permisiva indiferenza polo labor dos que tiñan a misión de fusionar e dar unha segunda vida, máis vizosa, á entidade financeira máis importante de Galicia. Aquí hai responsabilidades moi claras, mais tamén cómpre unha fonda autocrítica no noso mester de informar e opinar.

"O silencio é a maxia do demo", escribiu o existencialista Soren Kierkegaad. E engadía: "Canto máis profundo é o silencio, tanto máis terríbel e o demo". Así que pasou o que pasou. E algo máis do que pasou. A contaminación do ar por todo o fracasado, todo o podrecido.
Comentarios (12) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-10-2011 11:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
12 Comentario(s)
1
Que verguenza,sabe deus en cantas mais cousas#blgtk08# nos estan enganando nos estan desangrando xa abonda!
Comentario por Sonia (08-10-2011 21:42)
2
O goberno reflota con diñeiro publico non se exactamente a cantidade posiblemente unha burrada e mais para os tempos de recesion economica que sufrimos todos( os de sempre os trajadores e os parados )e como castigo aos cau#blgtk08#santes da quebra danlles unha liquidación millonaria e pensións vitalicias astronomicas en que pais vive o gobernador de banco de España,tambien se esta preparando a súa liquidación e a súa jubilacion " que viva a patente de corso"
Comentario por Daniel (08-10-2011 21:42)
3 Pero hay más responsables, como el presidente gallego, Núñez Feijóo, tan empeñado en tener una caja regional a su servicio #blgtk08#que forzó la unión de la desahuciada Caixa Galicia con Caixa Nova, provocando la quiebra del monstruo económico resultante.
Comentario por A. (08-10-2011 21:45)
4
Pero hai máis responsables, como o presidente galego, Núñez Feijóo, tan empeñado en ter unha caixa galega ao seu s#blgtk08#ervizo que forzou a unión da desafiuzada Caixa Galicia con Caixa Nova, provocando a quebra do monstro económico resultante.
Comentario por Rosalia (08-10-2011 22:24)
5 Es paradójico que el Estado le regale nuestro dinero a los bancos para que esos mismos ba#blgtk08#ncos puedan seguir quitándonos nuestra casa si no les damos más dinero. Estamos jodidos.
Comentario por Madrid (08-10-2011 22:26)
6
E aínda nos pregunta#blgtk08#mos que como veu esta crise?
Comentario por Covas (08-10-2011 22:28)
7 Hasta 2005, en Caixa Galicia era uso común invitar cada año a los consejeros y a sus familias a un viaje de lujo por el extranjero que se prolongaba entre cinco días y una semana. Estados Unidos, Alemania o Francia han estado entre los destinos de #blgtk08#este presente. Además, en los últimos años, con la excusa de analizar el terreno para estudiar la posibilidad de abrir alguna delegación internacional, ejecutivos de esta entidad han viajado a Brasil o Miami, sin que luego hayan materializado nada.
Comentario por Banqueiro (10-10-2011 07:58)
8 06. Novacaixagalicia. 4.000€ por un alquiler

Algunos altos cargos de la entidad tienen la casa pagada y no a un precio reducido ni de viviendas propiedad de la entidad. Uno de ellos recibe 4.000 euros al mes en concepto de "ayuda" para el alquiler de la vivienda. Y en algunos casos ni siquiera utilizan la casa que se supone que alquilan. Sólo en este caso, se trata de un gasto de 48.000 euros, que bien supera el sueldo de dos #blgtk08#empleados de ingreso reciente. Los consejeros tienen, además, derecho a utilizar bodegas de vinos propiedad de la entidad.
07. Caixa galicia. Propietaria de una isla

Caixa Galicia fue durante varios años propietaria de la pequeña isla de Sálvora, situada en la entrada de la ría de Arousa. La compró por 8,5 millones de euros y posteriormente traspasó su propiedad a la Xunta de Galicia y al Ministerio de Medio Ambiente.
Comentario por Señor X (10-10-2011 08:00)
9 Los tres máximos directivos de Novacaixagalicia se llevan 23 millones de euros de indemnización como premio por hundir la caja. Salen de sus despachos tan campantes, esquivando un agujero que ya nos ha costado 2.465 millones de euros: mil millones más de lo que se ahorró al congelar las pensiones. Comparado con el estropicio, su parte se queda en nada: es apenas el 1% del destrozo que nos dejan. ¿A qué espera la Fiscalía para actuar en el caso? ¿Dónde estaba mirando mientras tanto el gobernador del Banco de España, Miguel Ángel Fernández Ordóñez, siempre tan preocupado por la moderación salarial y por abaratar el coste del despido?

Sin embargo, el escándalo no está sólo en la irresponsabilidad de unos directivos que siempre ganan, incluso cuando su gestión quiebra la caja. También en estos indecentes salarios en unos bancos semipúblicos, con presidentes nombra#blgtk08#dos a dedo por los gobiernos autonómicos, y cuyas pérdidas estamos ahora pagando entre todos.

El ex director general de Novacaixagalicia se lleva 10,8 millones de indemnización: una persona con el sueldo medio en España (21.500 euros al año) tendría que trabajar cinco siglos para cobrar ese dinero; con el sueldo del presidente del Gobierno (78.185 euros) harían falta 138 años de trabajo.

Sin embargo, esta indemnización es de lo más normal cuando se compara con las retribuciones del resto de los directivos de las cajas. Entre los tres máximos responsables de Bankia, incluido Rodrigo Rato, se pueden llevar en un año 10,15 millones entre fijo y variable, a pesar de que Bankia también se ha acogido a las ayudas públicas del FROB. ¿Es ético que el mismo Estado que recorta los servicios sociales más básicos financie estos sueldos exorbitantes?
Comentario por Rscolar (10-10-2011 08:27)
10 Hai que darlles a elixir entre dúas cousas: carcel ou corda. Todo o demas é unha tomadura de pelo. Convértennos en escravos parvos.
E xa esta todo devandito. Non se pode dicir nada#blgtk08# mais en politica.
Eles róubannos até o alento e a palabra.
Chámano capitalismo, cando non chega nin a iso. É simplemente escravitude moderna.
SAÚDE MENTAL PARA TODOS
Comentario por (10-10-2011 08:34)
11 A economía e a política son profesións que foron acaparadas por psicópatas, xente sen alma nin empatía polos seus semellantes, xente sen ética nin límite na súa cobiza que operan á sombra das nosas vidas cotiás. Pásanse a testemuña uns a outros e ocultan#blgtk08# contas dunha obscenidad vergoñosa.
Temos unha ocasión única para borrarlles do panorama: os movementos cidadáns. É un punto de inflexión na historia moderna. Permítenolo o único instrumento que aínda (?) non controlan: as redes. É agora ou nunca.
Comentario por Barcia (10-10-2011 15:26)
12 Xa sabes que todos che imos a contestar que non é ético (menos os neoliberais); pero hai máis extravagancias e poderiamos esixir que se lles pague segundo producisen e #blgtk08#mesmo que se lles despida por incompetentes.
Hai que preguntar aos políticos quen son os que viviron e seguen vivindo por encima das súas posibilidades.
Comentario por Carmen (10-10-2011 15:29)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal