A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

QUEREMOS SABER DE QUE VIVEN, QUEN SON, E COMO CHEGARON A SER CANDIDATOS.
Coa queimazón que a cidadanía manifesta cara á clase política o camiño lévanos a un destino inopinable. E a historia repítese constantemente, estámolo vendo e vémolo cada vez que se produce unha convocatoria de comicios. Salvo honrosas excepcións que adoitan durar pouco no tempo, é o momento de mostrar as fauces, ese pistoletazo de saída para as guerrillas internas, cambadelas, trampas, bulos, maledicencias e outras repelentes e destrutivas armas observadas nas condutas dos que adoitan saír airosos levando consigo aos seus incondicionais servidores.

Desde os comezos da transición, os partidos políticos e os sindicatos, como instrumentos da democracia, foron creando unha estrutura reticular que se vai pechando ao redor de contados caciques locais ou provinciais que emulan o armazón das xerarquías superiores e a súa senectude. Os cidadáns decatámonos de como nesas contornos todo vaise volvendo rancio, non nos transmiten optimismo, seguridade, diques inamovibles, o que hoxe é doutrina de fe, mañá é un obstáculo.

O século XXI e as súas circunstancias presentounos un mostrario de políticos que se desdicen e contradinse, exercitan con sobranza o dereito a evolucionar e a prescindir da vontade popular, unha segunda Ilustración, “Todo para o pobo pero sen o pobo” e a medida que acrecentan o seu poder minguan os valores que albergan, están feitos á pelexa e padecen o secuestro dunha irrefreable ansiedade de poder, son vítimas xa da indignidade sumisa a un subidón adrenalínico irrefreable, é o que denominan “ter cintura política”, coma se fose unha calidade, con todo non se aperciben de que o que proxectan ao exterior é a sombra de “animais políticos”, conseguidores insensibles, totalmente desmemoriados e esquecidos de quen foron e en que lugar do camiño perderon aqueles nobres ideais, o seu combustible xuvenil primario e desinteresado convertido en garra que morre matando.

Se se quixese optimizar o labor político sería preciso esixir aos candidatos un curriculum persoal e profesional previo debidamente certificado, non de traballo no Partido e artificiosamente confeccionado, senón na súa vida particular, na súa capacitación profesional, na súa valía para conseguir e administrar o propio vil diñeiro, porque quen non é capaz de gañar para comer para si cos seus propios medios esperta susceptibilidades e receos á hora de encomendarlle a administración dos recursos alleos, máxime se son os diñeiros públicos e o interese de toda a sociedade.
Otero Regal

Comentarios (16) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-09-2011 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
16 Comentario(s)
1 Non sexas iluso Regal. O que para ti, e para a maioría da xente, é unha eiva, para os líderes políticos é unha virtude. A mediocridade dos que mandas nos partidos políticos, fai que se queran rodear dos mais incompetentes que atopen, para que non lles fagan sombra.

Xa se debateu aquí dabondo sobre as listas electorais de Viveiro, xente que non teñen preparación, nen experiencia, nen relevancia soc#blgtk08#ial, ou sexa mais mediocres e descoñecidos que o cabeza de lista. O mesmo se miras quen son os deputados autonómicos que temos na Mariña: Ismael Rego(PSOE) e Balseiro (PP) ¿Éstos que veñen sendo? ¿Que méritos teñen para ser os elexidos polos partido maioritarios? Pois so un, non ter preparación e servirse das amizades dentro do partido para medrar. Xusto o que ti criticas no blog ¡Así están as cousas na Mariña!
Comentario por Iluso (28-09-2011 17:50)
2 Señor Regal,un partido político é unha asociación de individuos unidos por ideais comúns e que perseguen como meta alcanzar o control do goberno para levar á práctica eses ideais. Son os encargados de presentar candidatos para ocupar os diferentes cargos políticos. Para iso, mobilizan o apoio electoral. Tamé#blgtk08#n organizan o labor lexislativo, articulan e agregan novos intereses e preferencias dos cidadáns. É esencial para estruturar o apoio político a determinados programas, intereses socioeconómicos e valores. Agrega as preferencias dos cidadáns, forma gobernos e establece acordos políticos no ámbito lexislativo
Comentario por Un politico (30-09-2011 09:14)
3
Directo ao asunto e claro, como sempre. Espero que as columnas que escribes sexan lidas tamén por quen son os principais responsables da situación actual. Os políticos en xeral demostraro#blgtk08#n que son incapaces de facer o traballo que din saber facer. Son o peor, nin sequera teñen nin puta idea do que significan as palabras que tanto utilizan, democracia, democracia, xustiza, baaaaa!
Comentario por San Froilan e mais o can. (30-09-2011 15:07)
4 Después de una campaña, una entrevista o un debate… al final nos quedamos con imágenes, con sensaciones, con impresiones generales de lo dijeron, de lo que hicieron pero sobre todo de lo que nos hicieron sentir. Para#blgtk08# bien o para mal. Por eso la clave pasa por la naturalidad. Solo con ella se transmite convicción y con esta credibilidad. Y solo a través de la credibilidad, confianza. Y sin confianza, no hay nada. Tampoco un voto.
Comentario por Alcoa (30-09-2011 15:10)
5
O profesionalismo político fai referencia ao individuo que vive non para a política, senón que dela. Desde os seus postulados ata hoxe vemos a sociólogos e historiadores buscando respostas que, creo, todos buscamos cando vemos parlamentarios lastres gañarse a vida á conta dos #blgtk08#impostos.

A o meu modo de entender e abrindo debate respecto diso, prefiro falar de "políticos de oficio" e non "de carreira". Un personaxe emanado das bases sociais que loitou pola súa xente, núcleo e integridade é moito máis útil, atractivo e realista para os votantes.
Comentario por Covas (30-09-2011 15:14)
6
A marabillosa paradoxo da política reside en que é o único terreo no que a total falta de experie#blgtk08#ncia considérase requisito laboral. Ou, á inversa, no que a ampla experiencia é citada como algo negativo.
Comentario por Rego (30-09-2011 15:17)
7 Alguen preguntoume recentemente: «É verdade que estades con case 5 millóns de parados? É verdade que non hai crédito para o pequeno e mediano empresario? É verdade que cada semana hai un novo caso de#blgtk08# corrupción política?» Ao que el, moi resignado, contestaba: «Pois si, é verdade». E o seu colega, coma se non entendese nada, facíalle esta última pregunta: «E non estades na rúa, como en Tunisia?»
Comentario por Rosa (30-09-2011 15:19)
8 es muy intersante lo que comentas, y es cierto, y frustrante, nuestro nivel de narcosis.

Eso sólo puede producir un efecto que ya está sucediendo: la desafección que todos sentimos por la política. Creo que el principal problema que tenemos es el de los partidos políticos, que son el mecanismo que permite perpetuar todos nuestros males y contra los que parece difícil actuar. Yo lo comentaba en mi post ‘No nos pasará’ (http://jorgesegado.com/2011/02/21/no-nos-pasara/). Creo que este problema acaba mal, pues esa tendencia no puede ser infinita. Y los partidos políticos no se enteran, porque están a otras ‘batalla#blgtk08#s’ (intrigas internas, etc.)

Miedo me da la llegada de quien sea capaz de canalizar todo ese descontento. En la historia del s. XX hay muy buenos ejemplos y terroríficas consecuencias en Europa.

Nuestro problema, finalmente, es moral, de valores. No tenemos la sociedad que han producido nuestros políticos: tenemos los políticos que nuestra sociedad ha producido. Hace ya mucho que hemos renunciado a la excelencia (no nos importa que nuestros dirigentes no tengan estudios, o estén imputados…) y como pensamos que nada es mejor que nada, acomodados en lo políticamente correcto, seguimos narcotizados.
Comentario por Enfadada. (30-09-2011 15:20)
9
Pois eu quizá teña unha explicación.
Quizá non sexan 5 millóns, se non bastantes menos. Dígoo isto con todo o respecto aos que si están realmente parados e pasándoas canutas.
E dígoo tamén sen pretender quitar nadiña de nada de responsabilidade por cada parado ao Goberno, Oposición, Sindicalistas de salón, Expertos do Pelotazo metidos a empresarios,?.
Quizá porque a economía mergullada cada vez é unha parte máis importante do tecido pro#blgtk08#dutivo deste país.
Quizá tragamos coa corrupción porque todos esperamos ter algún amigo/familiar concelleiro que nos solucione a vida.
Quizá porque non deixo de pensar que Arturo Perez Reverte ten toda a razón cando di:
?Sabedes quen é toda a gentuza das revistas do corazón, futbolistas supermillonarios pero xamais escoitades a ninguén como Saramago ou Chomsky ou outros mil intelectuais veraces e comprometidos cos vosos problemas sodes idiotas??
Comentario por Uxia (30-09-2011 15:22)
10 Pero ni aun así se ll#blgtk08#evará el gato al agua
Comentario por Beata (01-10-2011 13:13)
11 Quen con analfabetos funcionais dé#blgtk08#itase cagao amence e non hai máis.
Comentario por Maria (01-10-2011 13:15)
12
Necesito que o estado me de unha pensión vitalicia de 6.000#blgtk08#? ao mes actualizable anualmente. A que partido teño que afiliarme?
Comentario por Xustiño (01-10-2011 13:16)
13 Estas feito un a#blgtk08#narquista Regal.
Comentario por Un amigo (01-10-2011 13:18)
14 Nos están robando, y no sólo la soberanía. El futuro, la esperanza y la misma vida. Cómo mola que el gobierno sea, como antaño, la mano que perpetua y ejecuta. Como mola que todos los recortes, como decía el Sr. Navarro, estén siendo llevados a cabo por gobiernos (autonómicos y estatales) que en sus programas electorales no sólo no los anunciaban, sino que eran contrarios a los mismos.

Ellos, antisistema, rompieron el juego democrá#blgtk08#tico. Yo también, espero, como el Sr. Moore, ver en la cárcel y con las esposas, siendo juzgado, a todos esos seguidistas.Los directivos de CAIXA GALICIA Y CAIXA NOVA Nos roban todo y ellos se quedan desnudos.

Nos están robando, con las manos llenas, con cada recote, a cada segundo. Hay que acabar con esa mafia y extorsión, por internacional y grande que sean la organización de los huevos. Hay que ir a por ellos, con todas.
Comentario por Polilla (01-10-2011 13:20)
15 Todo o que anteriormente se comenta está moi ben e dinse grandes verdades, pero me quedo co que dice Uxía(nº9. Sempre está na nosa voluntade de cambiar a eses políticos que tanto criticamos, e hay moitas formas de arrimarse a outras opciós, reinvindicaciós, corrientes ou persoas cont#blgtk08#estarias, como por exemplo visitando a Regal na sua fabrica de facer arte, cultura e revolución. Hay personajes e ideales de sobra a quen seguir para cambiar algo, pero é mais fácil a vida desde do o acomodamento no que nos instalamos aborrecendo aos políticos que nos mismos votamos.
Comentario por Que asco de cidadanía! (01-10-2011 21:02)
16 Copio un comentario dun anónimo no consulado garamanta que me parece moi acertado e que comparto o 100%:

Yo me siento muy intrigado y desearía que alguien me explicara esto:
1º.- El Bloque es un partido de izquierdas ,nacionalista y marxista leninista que dice que nunca pactará con la derecha y que siempre defenderá los intereses de Galicia.
2º.- El PNV como sabemos es un partido nacionalista vasco de la derecha burguesa e industrial vasca.
3º.- CIU es un partido nacionalista catalán de rango de la derecha catalana.
4º.- El Bloque está unido y coaligado a estos dos partidos vasco y catalán bajo las siglas Galeuzca.
5º.- Los catalanes de CIU no quieren que se haga el AVE a Galicia pues dicen que es ruinoso,y que solo lo tenga Cataluña, Valencia, Andalucía y el País Vasco.
6º.- El misógino presidente catalán de CIU , nos insulta a los gallegos desde el parlamento catalán conque a nuestros niños no saben hablar castellano, cuando el que no se entiende es él ya que sólo habla catalán e ingés las dos lenguas que quiere que tenga Cataluña solamente.
7º.- El Bloque tan defensor como dice de Galicia ,no dice ni pio ni del AV#blgtk08#E ni de la ignorancia y atraso que tenemos respecto a Cataluña según el infumable Sr.Presidente de la Generalidad Catalana que no quiere que se malgaste el dinero aqui.
8º.- Tanto el PNV vasco como CIU ,sólo piden dinero para sus comunidades, Galicia es territorio comanche, dicen que somos la reserva natural de este pais.

Mis preguntas son: ¿Si en los estatutos del Bloque está en no pactar con la derecha, como pacta con estos dos, partidos de derecha por muy nacionalistas que sean, pues su nacionalismo solo lo aplican a Cataluña y al Pais Vasco, a Galicia ni las migas? ¿ Porque según dice el Bloque defiende los intereses de Galicia y deja que CIU nos pise descaradamente, les tienen miedo?, ¿Tambien quisiera saber realmente para que sirve Galeuzca, si aqui lo único que interesa es Cataluña y el Pais Vasco?
Hay Bloquiño Bloquiño pactais con todo el mundo , hasta con el PSOE de Zapatero que nos llevó a la ruina, eso si en las cortes como siempre Oposición pura y dura a Zapatero, amiguetes de CIU y PNV, enemigos confesos del PP,pero de que vais, espero que alguien me lo explique.

lunes 3 de octubre de 2011 17:29:00 GMT+02:00

Comentario por un calquera (04-10-2011 19:08)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal