A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NIN TRAPOS NIN BANDEIRAS

BANDEIRAS
A Vexilología é o estudo das bandeiras no seu sentido máis amplo. É unha disciplina auxiliar da historia, aínda que hoxe en día enténdese tamén a súa relevancia como parte da semiótica. A palabra Vexilología vén do latín "vexillum", bandeira, e o grego "logos", coñecemento. Trátase dunha ciencia nova, desenvolvida principalmente a partir da segunda metade do Século XX.
Unha bandeira é unha peza de tea, normalmente rectangular, aínda que pode adoptar formas moi variadas, que se suxeita por un dos seus lados a unha hasta, ou se colga dunha driza. Utilízase para identificar ou representar a unha persoa, ou grupo de persoas. Tamén pode servir para transmitir sinais.

Na historia e na política españolas vimos moitos diálogos para besugos, é certo. Pero que no S. XXI, co que choveu, voltamos de novo a darnos navalladas dialéctico-vexilológicas, é o que menos esperaba, a verdade.

Os acenos de identidade da tribu deron pé a moito sangue na historia da humanidade. A lingua, a relixión, a nación, as bandeiras non valen unha pinga de sangue máis. Como moitos españois vivin nun entorno no que a democracia estaba tamén medrando, facéndose maior ó meu aredor. Aprendemos o valor da liberdade. Aprendemos o valor da igualdade, o respecto, a tolerancia, o diálogo, a resolución pacífica de conflitos, os límites da liberdade...

Os últimos anos foron descorazonadores. Eu cría que todos medraramos e que discusións de galgos ou podencos se quedaran atrais. Pero non. Uns continúan coa súa infantil guerra de bandeiras. E os outros seguen coa súa infantil guerra de bandeiras. A ver quen é máis traidor á seú pais . A ver quen o quere mais. A ver quen mexa máis alto.
Pero esto resumeo mellor o musico Marcel Duchamp cando canta: Unha bandeira non me representa, nin os heroes, nin a historia nin ningún dos símbolos que impón a patria, porque un país é só un contrato e os meus amigos son de todo o mundo. Nin lealdade nin agarimo nin orgullo, o meu sangue está chea de terra. Podo compartir saír ou entrar sen pertenecar a nada nin a ninguén porque os nomes son só palabras que aprendemos de memoria.
O meu único país é o meu corpo e non entra quen queira, eu non teño bandeiras na miña casa, porque eu non teño casa.
Otero Regal
Comentarios (14) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-09-2011 19:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
14 Comentario(s)
1 Durante muchos años he despreciado las banderas, todas las banderas. Creía que era un símbolo de racionalidad. En realidad exagero un poco; nunca me preocupó el asunto y siempre vi como una extravagancia abandonarse al rito de sus colores.

Sigo pensándolo, porque siempre estuve en contra de las fronteras; y las banderas, al fin y al cabo, son los símbolos de la autoridad de esas fronteras. #blgtk08#Identifican y ejercen el derecho de propiedad para comerciar, defenderse y atacar con o a otras fronteras.

Como ven, mi falta de aprecio a esos "trapos" (desprecio progre al uso) es tan romántico como poco riguroso. La realidad es demasiado compleja como para reducirla a esos parámetros, pero nací en un contexto franquista y crecí agredido por un símbolo que confundía con el propio régimen.
Comentario por Antonio R. (24-09-2011 09:10)
2 Banderas, abrigos donde naciones
cansadas, negras por falta de sueño, vivaquean,
banderas, ar#blgtk08#rugadas sábanas de héroes,
banderas, dejad ya de taparnos los ojos.

-Adam Zagajewski-
Comentario por Mighel (24-09-2011 09:13)
3 Pois que sorte que non teñas bandeiras nin casas. Debes ser dos poucos españoles que quedan sin estar alineados. Nestes tempos tan modernos e de tanta incultura xa caemos en pobrezas peores que as bandeiras. Mitade dos españoles son do Barcelona e a outra mitade do Real Madrid, midade son do PSOE e os outros do PP, #blgtk08#mitade son de Belen Esteban e os outros de Jesulín, Mitade van o Carrefour e os outros van a IKEA.
O criterio a independencia o rigor a defensa dos teus intereses, do teu pedreiro, do teu lugar, da tua parcela, da tua aldea son cousas pasadas, agora pasamos o dia entretenidos co canal+, coa TDT e co internet.
Comentario por sempre contigo (25-09-2011 01:37)
4
Grazas a deus que son moi poucas as persoas q opinan o deste articulo...Eu sei que do mesmo xeito habemos moitas xentes orgullosos da nosa patria...non só pola situacion que en#blgtk08#fronta o pais neste momento senón por todo o que pasou ,para chegar onde esta. Eu persoalmente cando escoito o himno nacional pónlleme a pel de galiña ,polo seu valor para cos españoes
Comentario por Carlos (26-09-2011 11:01)
5 Estou de acordo que o valor do ser human debe esta por encima de calquera cousa. Cando un valora o que ten, ámao#blgtk08#. Cando un ten mais dun ano de estar fora do pais e escoita o himno , eu chorei, porque amo e valoro o que teño.
Comentario por Miguel (26-09-2011 11:06)
6 Si realmente queremos ponerle fin a nuestros continuos problemas internacionales y sociales, debe#blgtk08#mos declarar a la Tierra y a todos sus recursos como patrimonio común de toda la gente del mundo.
Comentario por Rafa (26-09-2011 11:07)
7 Cansa iso de que a miña Patria é máis bonita que a túa.Deixémonos de dar a vara...onde haxa mulleres,un bo grolo e un bo traba#blgtk08#llo calquera chavalo esquécese de todo...e vive,porque o Mundo é mundo,non terra,e no fondo todos somos e queremos o mesmo,,,,
Comentario por Basanta (26-09-2011 11:09)
8 Yo no tengo bandera solo hago su#blgtk08#rcos,para sembrar corazones...!
Comentario por Koldo (26-09-2011 11:11)
9 Eu si teño bandeira branca con o rio Miño azul de esaquerda a dereita, teño patria, teño país. Eu senteime baixo unha árbore de carballo centenario, escoitei moitas veces a o cuco c#blgtk08#hamar a choiva, esa choiva que mantén a unha terra que nos deu tanto, teño un teixo na miña casa que a miña avoa con 86 anos cóidao e fálalle, como o fixo comigo durante tantos anos.
Comentario por Rias baixas (26-09-2011 15:06)
10 “toda xenofobia nace de un#blgtk08# nacionalismo exacerbado”
Comentario por Terox (26-09-2011 15:07)
11
A bandeira hai que usala para cousas positivas#blgtk08#? precisamente por iso é que hai que ter tanto coidado?
Comentario por Rua (26-09-2011 15:09)
12 Ao final eu penso que hai cousas que non teñen racionalidade, que non pode regular a lei nen a tradición. Ser dunha "nacionalidade" ou doutra é custión de sentimento e contra os sentimentos non hai quen poda, nen trapo, #blgtk08#nen lei, nen nada. O problema de todo é que ainda despois de centos de anos de suposta civilización non aprendemos a respeitar os sentimentos dos demais.
Por certo ¿qué tal por la France, Regal?
Un saúdo.
Comentario por A cruz da Campá (26-09-2011 23:00)
13 Yo no tengo color ni bandera, pero tengo preferencias y hogar. Color vs preferencias. Bandera vs hogar. Ni mis preferencias las marca un partido político, ni un equipo de fútbol, ni cualquier disyuntiva obligada que me ofrezca la TV, ni mi hogar lo marcan las líneas que aparecen en un mapa, ni los idiomas que pretenden obligarme a usar en perímetros predelimitados. Presumo de imparcialidad en colores y banderas, pero no deja de ser una falsa presunción. Sin ser gallego, me emociona escuchar en un estadio de fútbol como Balaídos, la Rianxeira. Siendo español me repugna escuchar en un estadio de fútbol como el Bernabeu, el himno de España, acompañado del oe, oe, oe…, como letra de fondo. Adoraba de pequeño en mi colegio (fuera de Galicia) escuchar, para entrar a clase, para volver del patio, e incluso para irme a casa, la Alborada Gallega. Cada vez que la escu#blgtk08#cho, pienso en mi colegio. Odio escuchar cualquier canción de los ochenta en un mitin del PP o del PSOE, haciéndola suya o reivindicando como logro propio cualquier época mejor. Me emocionó escuchar el himno de España cuando ganamos el mundial de fútbol. De hecho me emocionó ganarlo y me reivindique, como todos, como español. Los ejemplos futboleros son muy clarificantes, pues no dejan de demostrar que depende como se use la simbología, ésta puede ser revindicante de unos valores o, simplemente, repugnante. No, no creo que haya que rehuir de trapos y banderas. Simplemente saber usarlas para dignificar cosas de las que estamos orgullosos, sin ser excluyentes. Porque la exclusión es lo que marca la diferencia entre defender un símbolo, o querer hacerlo propio, único y mejor que el resto. Eso es lo que hace deleznables los trapos y las banderas.

Comentario por neutro (26-09-2011 23:52)
14 Hai moito "salvapatrías" que lle gosta envolversé na bandeira galega cando lle convén, pero logo traga con todo para aproveitarse económicamente. O señor Antón Veiga do BNG laíase de que o goberno dos seus socios na Deputación e en moitas alcadías galegas, non abrán o porto de Alumina ó tráfico e que Lugo non teña autoridade portuaría.

Podería engadir o señor Veiga, tan galeguista el, outra aldraxe que estamos a sofrir os mariñáns. O Instituto social de la Marina está en Lugo, a cen quilometros da costa, e os mariñeiros teñen que perder cartos e tempo en ir pasar os recoñecementos a Lugo, cando os poderían pasar en celeiro ou en Burela.

Se os señores do BNG negociaran os pactos en función dos intereses de Galicia e dos galegos, e non en levar cartos para o peto, non pedirían adicacións exclusivas, senon que Lugo #blgtk08#tivera autoridade portuaria, que o ISM viñese para a costa e que se abrise ó tráfico o porto de Alumina.

Defender a Galicia non é pasear a bandeira galega na chaqueta(cunha estreliña bermella), defender a Galica e esixir as cousas que son xustas e non permitir que nos discriminen. Lugo é a única provincia marítima sen autoridade portuaria. O BNG apoiou os presupostos de ZP do pasado ano, permitiu cos seus votos que o PSOE teña a deputación, e alcaldás coma as de Lugo e a de Viveiro ¿Por qué non aproveitou para esixir estas cousas? Porque o señor Veiga, o señor Bernardo Fraga e demais "compañeiros" so se preocuparon de amarrar adicacións exclusivas ben pagadas. Iso é o que lles interesou e agora,cos petiños cheos, seguen a pasear a bandeira de Galicia por todas partes e a dicir o moito que queren a nosa terra ¡vaia morro!
Comentario por Bandeira galega (27-09-2011 10:47)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal