A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

POIS..... FALEMOS DO LADRILLO
POIS FALEMOS DO LADRILLO
Cando día si e día tamen, os papeis falan do sucedido con a era do ladrillo en Barreiros, non perdamos de vista que a Lei 6/1998, de 13 de abril, sobre Réxime do Chan e Valoracións promovida polo goberno de Aznar, converteu España nun solar edificable esperarando conseguir, con iso, un drástico aumento da oferta de chan, o que, segundo asegurou o ministro e casi paisano Arias-Salgado, deberíase traducir a medio prazo nunha redución do prezo do chan e, xa que logo, da vivenda.
Velaquí o comezo da burbulla inmobiliaria, promocións disparatadas, a febre do ladrillo, agresións ambientais, a especulación e a oferta de emprego superlativa para man de obra non cualificada ou especializada en construción e accesorios. O que hoxe se traduce na maior parte dos millóns de parados.

Se á picada da burbulla engadimos a pésima administración e o malgaste dos recursos practicada sistematicamente por algúns gobernantes no que pomposamente denominan investimentos, atopámonos como agora estamos.

Aeroporto de Castelló, 151 millóns de euros, sen avións nin viaxeiros e un custo de mantemento duns 6 millóns de euros anuais, adornado cunha escultura en bronce de 24 metros e 300.000 euros de custo do ególatra Carlos Fabra.

No medio da encrucillada económica en que nos atopamos sae á luz que Renfe suprime o AVE manchego (Toledo-Albacete e Toledo-Cuenca), porque entre os dous transportan 16 (9 e 7) viaxeiros de media diaria e ten un custo de mantemento de 18.000 euros ao día.

En Castela e León, xa teñen aeroporto en Burgos, León, Salamanca e Valladolid, entre todos suman voos a 15 destinos e un total de 138.000 pasaxeiros entre xullo e agosto do pasado ano. A isto chámano desenvolvemento de infraestruturas na Comunidade Como saen as contas?
Aquí en Galicia temos tres universidades e catro campus para un poboacion de menos de tres millons de habitantes e baixando, tres aeroportos, Cidades de cultura e casas do mesmo sin xeito nin contidos…

Ningún político quere perder baza nin votos, e baixo a pretensión de lograr o mellor para os seus concidadáns ignora o interese xeral, encarga un estudo económico favorable e presiona a quen competa para saírse pola tangente con algunha macroinversión que a longo prazo resulta tomar o aspecto de malversación. É dicir, destinar fondos públicos a fins alleos á súa función, o que se atopa contemplado e penado como delito no Código Penal .

Pero volvemos de novo á capacidade de fiscalización, Quen valora se un investimento é oportuna? Tan só a decencia, a ética e o bo facer dun político-xestor íntegro e a intelixencia crítica dun cidadán informado. ?
Otero Regal
Comentarios (11) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-08-2011 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
11 Comentario(s)
1 Soy un promotor ladrillero en paro que vengo a hablar de lo mio.
"Crisis" viene del griego y significa "oportunidad". Así que me he reconvertido en "hejperto" aunque no me di cuenta de la burbuja hasta después del verano del 2007, cuando un banquero cabrón me jodió una operación que tenía ya cerrada.
Desde entonces#blgtk08# me como los mocos, así que mi amigo me ha fichado para que pueda seguir pagando la hipoteca y así mi mujer no me abandone.

Ah, por cierto...que la culpa es de todos. Los megapromotores sólo somos uno más.
Pero aquí todos somos culpables y estamos en el mismo barco y saldremos-de-esta-juntos y tal.
Comentario por EXPERTO (21-08-2011 17:45)
2
Con todo,Regal, eu si que creo que non foron precisamente os promotores os que se levaron nin a maior, nin a mellor parte do pastel.

Os promotores pequenos e medianos, e sen relacións comerciais especiais?que compraban o chan aos prezos astronómicos que tiña o mercado no seu día, construíron e sacaron os seus pisos á venda; non foron parte do problema, tan só operaban dentro da súa actividade asumindo os seus propios riscos e obtendo grandes beneficios (ou perdas), totalmente lícitos desde o meu punto de vista.

Algúns destes pequenos e medianos promotores de o norte de Lugo foron previsores e non se endebedaron a súa empresa con máis chan a partir de 2005, outros si o fixeron e fóronse á ruína ou estan a punto......

Pero eu creo que a estafa xeracional non foi debida a estes que operaban c#blgtk08#omo un máis no seu sector, senón a:

Os políticos independentemente da súa ideoloxía, tanto locais como nacionais ou supranacionales, que rifaban o prezo do chan a cambio de inxentes ingresos para eles mesmos e os seus partidos,
(os seus amigos construtores) (case todas as grandes inmobiliarias: (Reyal, Martinsa, Fadesa,? caciques locais en todas as C.C.A.A.)
Todas as entidades financeiras que multiplicaron os seus beneficios e polo tanto os seus bonus e incentivos, a expensas de crebar todo o sistema financeiro nacional
Todas aquelas institucións que deberon velar pola legalidade e tapáronse os ollos pondo probablemente a man: Policía, Xuíces, Fiscais, Banco de España
Todos os cómplices mediáticos que serviron como correa de transmisión desta estafa aínda a propósito de que todo tratábase dun soufflé
Comentario por DENDE RIBADEO (21-08-2011 17:49)
3 E seguen insistindo, isto non cambia. O ladrillo non é economia productiva, pero para que imos a invertir e desenrolar e afianzar o tecido productiv#blgtk08#o do pais (o que queda claro) non, é millor legalizar animaladas varias coma a de Barreiros, reducir o IVA para a vivenda, etc... ¡Deus! ¡qué Pais!
Comentario por A cruz da Campá (24-08-2011 23:27)
4 O de comprar a 20 vender a 100 e declarar 5 era A España ía Ben na politica dos Emprendedores subvencionados coa Axuda para as súas vivendas,primeiro p#blgtk08#aso que deu Feijo,para que as vivendas non baixasen os prezos. A Galicia Eterna en Crise soldos baixos,pensións baixas para "crear postos de traballo.
Comentario por Anxel (26-08-2011 14:55)
5 Aunque no esté tan claro para los no profesionales :Solo hay 1 regulación para el precio de la vivienda: EL MERCADO.Si los grandes constructore#blgtk08#s, buscachollos y negiciantes se ataron la entrepierna se su problema, solo el mercado pone precio.Paños calientes así son de Pepiños-idiotas.
Comentario por Don Mercado (26-08-2011 15:12)
6 YA ES EL COLMO .PERO COMO SE PUEDE ENTENDER QUE ESTA CRISIS SEA POR LA CONSTRUCCION SALVAJE DEL MALDITO LADRILLAZO .Y NOS ESTEN VENDIENDO OTRA VEZ LAS BUENAS AVETURANZAS DE LOS QUE SEA HAN QUEDADO CON LOS PISOS DE TODOS QUE SE DEJARON COMER EL COCO DE QUE CONPRASEN UN PISO POR QUE POR EL DINERO NO SERA LA BANCA LES DARIA LA HIPOECA QUE NECESITAS#blgtk08#EN INCLUSO PARA LOS MUBLES Y EL GEL CON EL QUE SE TENIAN QUE AVER LABAO LOS OJOS PARA VER QUE NADIE DA NADA GRATIS ,HAY PARDILLOS DE QUIEN SON LOS PISOS DE LA BANCA Y LA DEUDA DE QUIEN DEL PARDILLO .Y EL COLMO SERA QUE SEGUIRAN SALIENDO MAS PARDILLOS PARA HECER LA CAMA A LOS CAPITALISTAS QUE NOS HAN ENPOZOÑAO LA ECONOMIA CON EL MALDITO LADRILLO.
Comentario por Teresa (26-08-2011 15:12)
7
Este é o seu negocio onde os politicos, os promotores e os bancos son a mesma pers#blgtk08#oa, o ESPIRITU SANTO, esta detras deles viva o capitalismo de rapiña. pero que bobos somos.
Comentario por Boura-Boura (26-08-2011 15:14)
8
Que non caia ninguén en meterse nunha hipoteca por ter menos iva ,por que a hipoteca téñense que pagar e se non a pagas e vedes quen queda co piso. E das anomalias que presuntamente poidan saír nalgunhas construcións quen responde#blgtk08#ra se a construtora xa non existe . OLLO QUE O QUE NOS PODE ESPERAR PODE SER A RUÍNA CARACOLERA E Os QUE SE HAN FORRAO XA DESAPARECERON .E AH RECLAMAR Ao MESTRE ARMEIRO .O Quizas Ao GOBERNO OLLO CON ESO DAS DESAPARIONES DAS CONSTRUTORAS .
Comentario por Un de Barreiros (26-08-2011 15:15)
9 El ladrillo y la privatización ha hundido este país. Empezó con sus escarceos Gonzalez. Lo explotó el iluminado de Aznar, lo ha agotado#blgtk08# el incapaz de Zapatero y el próximo (puede que Rajoy) se ahogará en sus propias heces. Y para los ciudadanos sólo queda poner el culo.
Comentario por Viriato (26-08-2011 15:16)
10 La sustancia gris del país no da para más, lamentablemente. Queda much#blgtk08#a crisis y muy mala por delante. Malos tiempos http://www.xtremet.info
Comentario por Xtrement (26-08-2011 15:17)
11
Neste pais, o gran motor economico, sempre foi a construccion.O que sucede en todos ordénelos da vida que, cando algo se seborda,o trompazo é eno#blgtk08#rme.Se se construíu cunha orde e sen animo de realizar eses enormes pelotazos, outro seria o panorama.Os abusos páganse e, neste caso de grandisima xeito.
Comentario por Basanta (26-08-2011 15:18)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal