A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

APRENDENDO A DECIR NON
Tiña pendente este articulito domingueiro dende fai tanto tempo¡ A cousa xurdeu, como casi sempre de unha conversa, donde saquei a conclusión de que un dos problemas que levo arrastrando dende fai 60 anos, menos un e o don da asertividad pero cunha carencia: non saber dicir que NON. É algo que teño asumido? ¡pero que quero cambiar! Hai días nos que é desesperante mirar o rededor. Moitas peticións de axuda, que estarías encantado de resolver, pero que requiren o seu tempo, un ben que escasea precisamente polo círculo vicioso no que me vexo inmerso. É certo que nos últimos anos fun mellorando e algunhas veces, medio de broma, ás veces medio en serio, matinei que tiña que facer un taller terapéutico en RegalXunqueira sobre isto “Aprendendo a decir non”a o que teria que acudir o 99% dos políticos da bisbarra, e si me apuran da provincia.

Puidese parecer que dicir que si a todo e a todos é positivo porque estamos contentando ás persoas coas que nos relacionamos. Pero igual obtemos o efecto contrario: frustración por acabar facendo algo que realmente non queriamos facer; non chegar a todo o comprometido, sumando xa que logo máis frustración e ofrecendo unha pésima imaxe .

As razóns desa parálise á hora de dicir que NON poden ser varias e hainas de todas as cores:

A culpabilidade, ese sentimento traizoeiro que che golpea onde máis doe: a conciencia. Simplemente queres axudar, pero non consideras que igual che estás facendo a ti un fraco favor. E isto acentúase aínda máis,por esa herdanza cultural de debernos aos demáis.
A incerteza de que se non aceptamos algo, non se nos presentarán futuras opcións (xa non nos volverán a chamar ou ofrecer algo).
Querer agradar e o medo a parecer un borde. Moitas veces comentei aquí que a nosa sociedade está infestada dun “borollismo” que en ocasións é ata afogante. Dámonos xabón ata límites insospeitados. Ninguén quere asumir o rol do “vinagre”. E máis cando as palabras quedan frías e as susceptibilidades están a flor de pel.
Que todo nos pareza atractivo. Entón temos un grave problema de xestión de prioridades e unha limitación inherente ao ser humano: os nosos días, como os dos demais, teñen 24 horas (nin un minuto máis, nin un minuto menos).

Se vos sentides identificados con algún dos puntos anteriormente expostos, vós tamén sodes da “Cofradía do SI”. Así que fagamos xuntos a terapia. Repetide comigo:
Gustaríame poder axudarche, pero resúltame imposible.
Non son a persoa máis apropiada para isto. Se queres, pódoche dar o nome de….
Agora mesmo non conto co tempo suficiente para levar a cabo iso e a min gústame comprometerme ao 100%?.
E sen dúbida, a miña favorita, “Encantaríame, pero non me apetece”.

Tras reler esto unhas cantas veces, deime conta que usei unha chea de veces a palabra NON. Será que xa estou aprendendo?.
Otero Regal
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-07-2011 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1
Dicir o que se pensa é bo pero persoalmente prefiro pensar o que digo, non polo meu senón por quen poida verse afectado polas miñas palabras? E é #blgtk08#que a lingua non hai quen poida controlala e fai máis dano que unha pistola cargada e apuntando, só superman pode porse diante de tal arma sen sufrir dano.
Comentario por Rosa (28-07-2011 15:25)
2 j q bueno! dos letras y#blgtk08# dificiles de decirrrr
Comentario por iñigo (28-07-2011 15:27)
3 El columnista estadounidense Johri Rosemond ha tenido un éxito resonante de hacer un llamado al “poder de los padres”. En sus “diez mandamientos”, que ilustran la naturaleza de las transformaciones en curso, sostienen que los niños tienen los siguientes derechos:

Escuchar decir a sus padres, por lo menos tres veces por día, una palabra esencial para la formación de su carácter: NO.

Descubrir precozmente en sus vidas que sus padres no estarán allí para hacerlos felices, sino para ofrecerles la oportunidad de aprender las habilidades que ellos –los niños- necesitarán para poder hacerse felices a sí mismos.

Protestar a voluntad sobre las decisiones de sus padres quienes, a su vez, tienen el derecho de restringir esas protestas a ciertas áreas de sus hogares.

Advertir precozmente que sus padres se preocupan mucho por ellos, pero que no viven pendientes de la opinión que, minuto a minuto, los hijos se forman sobre los padres

Escuchar a sus padres afirmar, en forma habitual y frecuente: “Porque yo lo digo”, porque es la verdad, toda la verdad y nada más que la verdad.

Compartir activamente la labor doméstica porque es una de las actividades más importantes a las que se puede dedicar un niño para construir el carácter.

Descubrir tempranamente en su vida que no son el #blgtk08#centro del universo, ni siquiera de la vida de sus familias o de sus padres, que no son peces grandes en una pecera pequeña, que no son el Mesías y que ni siquiera son, en el esquema general de las cosas, muy importantes – nadie lo es-, lo que permitirá evitar que se conviertan en criaturas insufribles.

Aprender a ser agradecidos por lo que reciben. Tienen derecho a recibir todo lo que realmente necesitan y muy poco de lo que simplemente quieren.

Aprender precozmente que la obediencia a la autoridad legítima no es optativa y que la desobediencia genera consecuencias.

Todos los niños tienen derecho de que sus padres los quieran tanto como para garantizar que ellos –los niños- puedan disfrutar de todos los derechos anteriores.

En esta cultura del “yo” lo que antes era un deber de los padres, cuidar a sus hijos y comprometerse con su educación, hoy está subordinado al derecho de esos adultos a su “desarrollo personal”. Por otra parte, en esta época de cómo igualitarismo los chicos gozan de una autonomía que ha convertido en tabúes la disciplina y el castigo. Parecería no advertirse que, para afrontar el mundo real, escenario de luchas y tropiezos, hay que enseñar a los hijos que no todo les resultará posible. Quien quiera preparar adultos para este mundo, debería estar dispuesto a asumir la incomodidad de decir muchos “no”.
Comentario por Koldo (28-07-2011 15:30)
4 Ao 99% dos políticos, non da bisbarra senon de todo o Estado, non é que non poidan ou non saiban dicir que no#blgtk08#n, en realidade "Encantarialles pero agora mesmo non poden" o que pasa é que non lles custa nada dicir que SI
Comentario por A cruz da Campá (28-07-2011 15:35)
5 Por fin chegaron as elecions a ostia que vai pegar a pila de mangantes e maleantes do psoe vai ser tangrande que non lles van chegar nin cos xenéricos de Feijoo nin cos de marca da Pa#blgtk08#jín, xa mo parecia sacar a enquisa do Manipula CIS dandolle recorte o manipulador e mentiroso e que estiveran calados cheirabame, bueno empeza a partida imos ver o que depara a festa
Comentario por gadafi en ereccciiiiiiooooonnnnnss (29-07-2011 19:17)
6 Xa empezan os do PP a comer o porco antes da matanza¡#blgtk08#¡¡¡ E pode que teñan un carallazo de moito San Dios.
Comentario por sociata (31-07-2011 21:19)
7 Despois aparecen os stres eses e outras p#blgtk08#atoloxias, e certo teremos que decir NON
Comentario por San Ciprian (03-08-2011 08:18)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal