A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

UN CONSELLO PARA OS NOVOS E VELLOS ALCALDES DE A MARIÑA
Agora que ainda estamos neses tan cacareados 100 dias dos novos e vellos gobernos municipais de A Mariña, está craro que nalgúns lugares a cortesía politica non existe ou teñena moi ben escondida entre as pernas, como sucede en Viveiro con o PP, e bó recordar algo que fai tempo escoitei da boca dun politólogo que resume perfectamente o estado da questión respecto da participación dos cidadáns nas tarefas de goberno. A frase é clara e definitoria: Non hai bo goberno sen bos cidadáns.

Pois ben, seguindo o ronsel d a frasecita encontrei un estudo Alberto ,encontrei un estudo, serio e ben fundamentado, no que analizaron as percepcións dos habitantes de 3 concellos sobre os seus gobernos e a conclusión é realmente interesante: Canto máis aberto é un goberno municipal, máis felices son os seus cidadáns e máis se implican na tarefa de goberno.

Esta terrible frase de Rousseau: Os ingleses crense libres, pero equivocanse , porque só o son durante as eleccións dos membros do Parlamento; desde que estas terminan volven ser escravos, non son ninguén. E no curto tempo da súa liberdade o uso que dela fan ben merece que a perdan?.
Precisamente no momento en que a democracia triunfou como o menos malo dos sistemas existentes e, xa que logo, como o único aceptable, os habitantes da maior parte das democracias actuais sentimos algo desta desazón roussoniana. Enrique Dans escribe que todos os partidos emiten unha mesma mensaxe electoral: “Unha vez que teño o teu voto, xa teño todo o que quería de ti. Agora, cálate e non molestes cabestro”.

Vendéusenos a democracia liberal como a única forma de democracia, pero estáse atopando con moi serios problemas de lexitimación, os cales non proceden tanto da súa incapacidade de producir desenvolvemento canto da inadecuación das súas institucións e prácticas aos anhelos e valores de gran parte da cidadanía do noso tempo.


A democracia liberal propón un goberno representativo que se lexitima pola súa capacidade para xerar dereitos civís, económicos e sociais dirixidos ao pobo, pero sen o pobo. Os cidadáns tomamos o rol de consumidores de servizos públicos, o que nos garante certo benestar e un grao de liberdade consistente en non sufrir as interferencias dos outros. O concepto de liberdade é, pois, puramente negativo e consiste en evitar trabas. Por outra banda, preténdese manter separadas as esferas do privado, onde os individuos exercen a súa liberdade, e do público, que se deixa en mans dos representantes políticos.

Neste réxime dáse por feito que un certo grao de corrupción é inherente á xestión dos bens públicos, pero que a renovación dos equipos de goberno pola vía electoral provoca algo así como unha periódica limpeza xeral. Os mellores dos políticos orientan a súa función a prover aos cidadáns-consumidores dos servizos que demandan, baixo o lema "give people what they want", e sorpréndense cando descobren que, a pesar de facer o que a xente quere, a lexitimidade decae. A democracia liberal fomenta unha cidadanía irresponsable e insatisfeita.

Un na sua infinita inocencia recomendaria a estes politicos de A Mariña unha alternativa a esta forma de funcionar que chamaria republicanismo cívico,unha alternativa democrática ao actual paradigma dominante. En esencia, consiste en fiar as liberdades e os dereitos dos cidadáns, non á actuación dos profesionais da política, senón á virtude cívica dos propios cidadáns, que se comportan como axentes políticos activos.

Os republicanos son portadores dun patriotismo cívico distinto ao patriotismo constitucional dos liberais. Este patriotismo cívico non se conforma co respecto á legalidade, esixe sobre todo amor á polis e a súa demostración mediante a práctica das virtudes públicas que só pode facerse na política. A separación entre o público e o privado deixa de ser estanca e considérase que unha vida privada non pode ser digna sen exercer unha vida pública digna.

O republicanismo cívico (non confundir co partido republicano estadounidense). A política constrúese como un saber práctico que emerxe da interacción e as pequenas contribucións de moitas persoas, sen pretensións de verdade absoluta, cun espírito experimentalista e adaptativo, onde tan importante como os resultados é a aprendizaxe que se produce polo camiño.

Moitos consideran unha utopía calquera formulación deste tipo porque desconfían da sociedade na que viven. Algúns dirán que se trata de boas ideas para aplicar en Suíza ou en Dinamarca, pero que nunca comarca latina a picaresca vai incorporada no código xenético. Os que así opinan non coñeceron, ou esqueceron, outra realidade. Quen recordamos como era a vida nalgúns pobos de aquí mesmo, non fai tantos anos, sabemos que os pais ou os avós destes pesimistas coñeceron formas de organización social moito máis integradas e máis responsables. Esas formas perduraron durante séculos, mentres que o actual sistema urbano, liberal e irresponsabilizado, apenas leva dúas xeracións de dominio.

É boa verdade que non existirá un bo goberno sen uns bos cidadáns, como que non existirán bos cidadáns sen un bo goberno. Apréndese a exercer a cidadanía cando se adquiren responsabilidades na toma de decisións, e vaise lexitimando o goberno a medida que a toma de decisións déixase en mans de quen ven afectados por elas. É un círculo virtuoso no que nos temonos que meter. Sen comportamentos cívicos, non hai boa Administración que resista. A construción dunha ética cívica de inspiración republicana e dunha ética política e funcionarial que beba nas mesmas fontes constitúe unha tarefa intelectual e política sen dúbida estimulante.

Eu sigo pensando que a lista de valores que propuxen no seu día pode ser adecuada para ir configurando esa ética cívica, das Administracións, dos servidores públicos e dos cidadáns. Non porque sexa a lista perfecta, senón porque a considero o bastante retadora como para que poida provocar un debate quente. Teño tamén algunhas esperanzas de que avancemos na dirección correcta. Tal vez non haxa que esperar a que nos xubilemos e substitúanos unha nova xeración máis evolucionada.
Otero Regal


Comentarios (18) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-07-2011 14:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
18 Comentario(s)
1 Hoxe teño o previlexio de escomenzar algunha aclaracion os comentarios (MUI INTERESANTES) que acabo de ler , permiteme compañeiro Sito profundizar un pouquiño mais no seguinte : A republica non é un sistema politico, a republica é unha forma de civilizacion e cultura sociopolitica, a monarquia é un anacronismo histórico , e de pouco vale tirar a monarquia abaixo, si a sociedade , non asume a republica como cultura civicopolitica , se non a enchoupan de valores republicans , e sin democracia participativa , non hai democracia posibel, e menos nos tempos en que vivimos. Os partidos politicos convirtense en aparatos , e as camaras de represent#blgtk08#antes ( como decia o mestre Beiras , no parlamento) convirtense en " camaras de gas ", e cando dices de ter esperanza de avanzar na direccion correcta , deixame decirche que eso require unha nova cultura orientada a practicar unha serie de valores, Fraternidade, igualdade,democracia horizontal, cooperacion etc. nuha sociedade mais socializadora , sendo este valor un proceso anivel individual, un proceso de constante aprendizaxe na convivencia e co seu entorno , como podes imaxinar ..... de largo recorrido. Esto que comento son ideas que saco das leccions do catedratico e gran mestre Beiras ( que procuro tomar boa nota cando o escoito)Saude.
Comentario por xose manuel (22-07-2011 22:47)
2 Otro chanchullo del Paraños y de Roel
http://www.lavozd#blgtk08#egalicia.es/amarina/2011/07/22/0003_201107X22C1992.htm
Comentario por viveiro (22-07-2011 23:20)
3 Ou non entendo o comenta#blgtk08#rio que fai o número 2.
Comentario por Gustavo (23-07-2011 09:56)
4 Creo que la mayor de las desgracias es que todo esto se viera venir y la sociedad hayamos permitido que pase.

Sin embargo, no es momento de arrepentirse de lo pasado, hay que empezar a luchar por construir ese discurso otra vez, el discurso de que la política ha de servir para construir el mundo, no para intereses partidistas o clientelares de nadie. Un dis#blgtk08#curso donde se piense globalmente y se persiga el objetivo de que todo esto hay que cambiarlo a nivel mundial y la lucha es por un mundo mejor (aunque esto es difícil cuando a nivel local la gente está sufriendo más que nunca).

Muchas gracias por tus artículos, mucho ánimo y a seguir luchando de la manera que sea. Ojalá pueda verte.

¡Saludos!
Comentario por Madrid (23-07-2011 16:02)
5
Que o sistema electoral español é inxusto e necesita ser reformado é algo que vén denunciando desde fai moito. O actual sistema beneficia aos partidos nacionalistas que, con menos votos conseguen máis escanos? algo que non ten sentido.

Pero esta petición, é a primeira vez que a vexo, pois piden unha ?reforma da lei electoral, para que os votos en branco conten e sexanlles adxudicados escanos coma se dun partido tratásese. Estes escano#blgtk08#s quedasen vacantes e sen ocupar, co fin de poder desaloxar á clase política das súas cadeiras de brazos se os electores así o desexan. Tendo en conta que a miúdo se ve un terzo das cortes baleiro polo absentismo das súas señorías, pretendemos que polo menos non nos custe diñeiro ese terzo desocupado; ademas de dotar á cidadanía dun método de castigo mais directo e eficiente ante o saqueo permanente que sofren as arcas públicas, por parte da clase dirixente.
Comentario por Pepe (23-07-2011 16:05)
6 "Oración Fúnebre de Pericles"
El discurso de Pericles a los atenienses tal y como recoge Tucidides, es una de las descripciones más vivas y emocionantes de la democracia. Al leerlo nos damos cuenta de que hace más de dos milenios ya había seres humanos luchando por las ideas de la libertad, justicia e igualdad, pero sobre todo en esta lucha participaba todo el pueblo. Era el verdadero demoscratos, gobierno del pueblo.

Pero hay algo aún más profundo en el discurso en honor a las victimas de la guerra, lo importante son las personas. Atenas era grande por sus gentes, por el respeto entre individuos, por el orgullo que cada uno de sus ciudadanos sentía, no por ser atenienses, sino por lo que ello significaba, ser individuos completos y activos. La grandeza de Atenas era, que todo ciudadano podía participar directamente #blgtk08#en la adopción de las decisiones públicas con sus opiniones y sus votos, lo que potenciaba su identificación con los proyectos colectivos y el uso de la razón como forma para discutir y enfrentarse a los problemas. Esa forma de gobierno permitía a los atenienses considerarse auténticamente iguales entre si y ser lideres y héroes en potencia, lo que les impulsaba a tener un alto concepto de su propia dignidad y de su importancia como individuos. Posiblemente debido a todo ello se produjo en Atenas uno de los avances más espectaculares en la historia de la humanidad , con aportaciones artísticas, intelectuales y culturales auténticamente revolucionarias y cuya influencia todavía hoy casi 2500 años después , tienen un enorme peso en nuestra manera de ver el mundo.

Fuente: Tucídides Historia de La Guerra del Peloponeso, II, 40.
Comentario por PENENE (23-07-2011 16:07)
7 ¿Cómo permiten sus votantes que se les falte así el respeto”

Lo per#blgtk08#miten porque en el fondo quieren ser corruptos como los políticos a los que votan.
Comentario por kOLDO (23-07-2011 16:09)
8 Pues está bien #blgtk08#claro número 3
Comentario por viveiro (24-07-2011 23:42)
9 A xente non loitou contra unha ditadura para conseguir liberdade de expresión ou de reunión ou para votar cada catro anos, que iso non son máis que ferramentas. Ferramentas para conseguir xustiza social.
Pon iso como obxectivo político e como paradigma de democracia; mentres, claro que melloramos (¡só faltaba), pero seguimos sometidos a unha d#blgtk08#itadura que igualmente se apropia do noso esforzo
Eu non creo que o meu avó estivese satisfeito hoxe co conseguido ata agora. Seguro que seguiría loitando contra as imposicións ditatoriais e contra a inxustiza social. Case seguro.
O doloroso é contra quen temos tamén que loitar agora. Pero é o que aprendemos e o que seguiremos facendo.
Comentario por Xeronimo (25-07-2011 10:16)
10 Sigo crendo que TODOS os partidos seguen dando paus de cego; cada un segun a súa forma de actuar/pensar. Por unha banda o PSOE ?ás caladas?, con campaña de puñalada baixo a mesa, pero bo, tendo en conta que están no gopbierno é o que toca; por outra banda o PP co seu proceder mediocre ao que nos ten afeito, e falto da máis mínima coherencia, cun ?quéroche e aprecio?, cuano pensaban que era un movemento digamos que ?fugaz?, e agora que ven que o tema pódeselles pór en contra, pois un ?vermellos trasnoitados e ese longo etc???#blgtk08#..despues estan os demais demais partidos, que aínda que quizais nun segundo plano, estan igualmente PERDIDOS!!!!!??.PAUS DE CEGO É O QUE DAN!!!??..isto espero que non quede en movemento!!!?..espero, do mesmo xeito que moitos, que sexa o inicio dunha revolución, diferente polo seu carácter traquilo E COHERENTE, será por ?os nenos elegantes e muyyyy formados que están de malo leite??que estamos fartos (por non dicir algo máis forte) da manipulación á que ?a masa? está sometida???.e da VIDA HIPOTECADA que nos queda por diante?
Comentario por Rosa (25-07-2011 10:17)
11 o naufraxio da esquerda resúmense na pugna entre a esquerda e a pouca resistencia demostrada, deixouse avasallar pola violencia verbal da ultr#blgtk08#aderecha. a esquerda está como acojonda. leva tempo acovardada. cada dia é peor e cada dia os insultos son maiores, xa todo parécenos normal.
Comentario por Covas (25-07-2011 10:18)
12
Que estamoa xa muuu fartos, hosztia de tanto palurdo político finxindo como roubar mellor, e esconder a man.
Estamos fartos de soportar os seus enganos, os seus soldos millonarios á conta de roubarnos os nosos sol#blgtk08#dos, o noso traballo, e a nosa dignidade.
Teño xa máis de 50 anos, e estou moi farto dos falsos demócratas, destes políticos estafadores que sigen chupando, e jodiendonos. Acabar. A por eles ! Á carcel !
Rebelión !
Comentario por Gustavo (25-07-2011 10:19)
13 O mundo dividese en dous: os indignados e os indignos. Estes indignos coár#blgtk08#onse polas rendixas de todos os postos politicos e medios de comunicación.
Comentario por D.Carlos (25-07-2011 10:20)
14
A ver, pregunta:

A vostede gústalle que lle rouben?

-PosssSI
-PosssNO
-Só os meus, que#blgtk08# para iso lles voto
-Home? é que iso é o normal, mirusshté
-Se son onvres de vihen e bendío a Igrexa?
-É polo noso ben
Comentario por Maria (25-07-2011 10:21)
15 He vuelto de mis vacaciones, amigo Sito, con las pilas cargadas, y un tema candente: CORRUPCIÓN LABORAL. Lo de Camps es nada comparado con esto.

#blgtk08# http://consuladogaramantaenviveiro.blogspot.com/2011/07/los-despidos-improcedentes-de-melchor.html

Espero tus comentarios. Un saludo, amigo.
Comentario por Pentapolín del Arremangado Brazo, Rey de los Garam (25-07-2011 10:28)
16 Mi mas GRANDE ENHORABUENA,Alfonso otero Regal,por quedar FINALISTA del premio NACIONAL DE ARTESANIA 2011,creo que hay pocos o eres el unico que ha defendido y defiende la cultura en la mariña de la manera que tu lo haces,aun con la desatencion de la concejala de cultura p.s-o.e y su venerado alcalde.
Esto queda para la historia cultural de la mariña ,y sobre todo a estos indignos-as del psoe ,les has dado una mas de tus lecciones,con tu empeño ,tu arte y tu manera de saber llevar la cultura gallega mediante el arte y no dejandote amedrentar,por estos politicos de la villa ,cada dia estoy mas convencida de que no te merecen,para ser un señor ,no basta con decirlo,HAY QUE DEMOSTRARLO y por la parte que te corresponde no hay lugar a duda,pero ellos siguen demostrando que son unos"ig....tes y trepas".
Estoy muy orgullosa de tu persona, dia a dia demuestras lo que eres,un luchador ,un libre pensador y#blgtk08# un trabajador nato,que si tienes lo que tienes ,es por tu esfuerzo y tu empeño en hacer lo que te gusta trasmitiendo tu arte ,mas alla de las fronteras.
Con todos los respetos al poeta Miguel Hernandez ,creo,se equivoco,al menos contigo ,cuando definia al gallego en (vientos del pueblo me llevan)Tu puedes ser de lluvia por tu tierra ,pero no asi de calma,eres GALLEGO ,DE ALMA,FIRMEZA Y CASTA,labrado como la tierra y airoso como las alas.
Se que no te gusta que te dediquen bellas frases o palabras,las o los que te conocemos sabemos que quieres aparentar dureza"igual ",por defensa,pero ... no es asi,eres una persona muy noble,sentida y con grandes valores,todo lo que te diga es poco.
Repito,enhorabuena y sigue ahi,en tu lucha ,asi llegas a donde llegas dando un gran ejemplo de gallego,artista y bellisima persona.
!!!ya quisieran otros!!!!

Peninsula de la Paz
Comentario por peninsula de la paz (25-07-2011 11:45)
17 http://blogs.que.es/vivencias/post#blgtk08#s

viva la politica
Comentario por xose (26-07-2011 22:17)
18 Seguimas ca teima dos últimos anos. Un alcalde que so se adica a insultar e andar de troula, que pensa que o seu traballo consiste e beber cervexa e deixarse ver en festas e procesións. Hoxe leo na prensa as novas doutros concellos limítrofes(de muy distinto cor político), e falan de proxectos para mellorar o comercio con bonificaíóns(Burela), do que van invertir en obras (Lourenza e Mondoñedo) de regatas e festas (Ribadeo) ¿E que temos de Viveiro no xornal de hoxe, 27 de xullo de 2011)? LIOS XUDICIAIS E CAS PROPIAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E PROBLEMAS PARA PAGAR AS DÉBEDAS. Se so fose hoxe non sería demasiado grave(un mal día tenno calquera) pero dende que Roel está de alcalde, isto é o habitual.

Estou triste e canso de ver como Viveiro se afunde día tras día; cada ve#blgtk08#z que somos noticia é porque faltan cartos da caixa, porque alguén denunciou ó concello, porque perderon outra subvención por non presentar a documentación a tempo(a vagancia segue instalada no concello e Bernardo non fai nada), polos insultos que se intercambian Aja e Roel, por problemas con Portos ou outra administración, porque as débedas se acumulan etc. Dende fai anos, en Viveiro non hai unha boa nova para os cidadás, cada vez temos menos servizos, as empresas elixen outros concellos para instalarse (Ribadeo cómenos as papas), non hai apenas actividade cultural nen deportiva, o mentireiro de Roel prometeu centos de inversións e proxectos e non levou a cabo nin un só. E aquí seguimos durmidos e pasando de todo, mentres consentimos que esta tropa de vagos arruine o noso concello.
Comentario por Viveiro afúndese (27-07-2011 09:32)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal