A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

MEMORIA HISTERICA
MEMORIA HISTERICA

En Galicia somos moi dados as romerías, que esencialmente consisten en carretar aos santos dun sitio a outro, ben polos arredores da igrexa ou capela onde están o resto do ano, ou dunha igrexa a capela donde se celebra a romería, como no caso do Obispo Santo de Foz, que peregrina cada ano dende San Martiño ao alto de Marzan, tamén caracterizanos aos habitantes “endémicos” da bisbarra como camiñantes impenitentes, en busca de remedio para os males físicos e espirituais, por aquí quen mais , quen menos foi ofrecido a San Andrés de Teixido, xa saben aquelo de quen no vai de vivo vai de morto en forma de bicho, San Antonio da Rigueira, a Peregrina de Cordido, San Campio de Fazouro, A Virxen de Villaoril, Nosa Señora do Conforto, Os Remedios de Mondoñedo, San Cosmiño da Montaña….
Quizais, por influencia desta antiga tradición, a nosa vida social e aconfesional tende a repetir este xeito de cambiar as cousas de sitio, de aquí para acola, de acola para outro lado…, volvo a facer de notario do recordo e poño como exemplo o do Casón, o asunto xurdeu ala pola Costa da Morte, un barco cargado con bidóns encallou e empezou e facer ruido, o pobo colleu o peregrinaxe e o contido do barco tamén, primeiro a terra, despois a Parga e acabou no peirao da factoria de Inespal en Xove-San Cibrao, e armouse a marimorena, ou mellor dito a “Histeria colectiva”, os políticos con poder, que por aquí casi sempre foron de dereitas, e acababan de perder o poder na Xunta, La xe e o tripartito cortaban o bacalao, dixeron “Agora e a nosa…”e puxeronse a manifestarse, berrar, a esquerda como casi sempre, segue a ser mais critica cos seus que a dereita mesma, os sindicatos puxeronlles un trapo roxo para que turraran e turraron, saiu beneficiada, como sempre a gran empresa que cos cartos do seguro remozou a factoria e logo vendeuna a Alcoa por catro perras, daqueles lodos veñes estos zorros, expediente e expulsión de sindicalistas….dos bidóns que un bo dia desapareceron da bisbarra, nunca nada se soubo…..
E agora ven a segunda parte, que é a mais interesante….estos dias volve a exercer a autoridade competente, e un decir, a ancestral costume do romaxe…un barco procedente da Europa dos cartos vai de viaxe cargado de 15-15-15, un abono, por certo moi utilizado e coñecido nestas latitudes, onde se emporcalla con el todo vexetal que se precie dende as patacas, pasando polos prados e acabando nos eucaliptos, e o abono de marras empeza a fermentar, por certo un e fillo de Anxela de Regal que vendia este tipo de abono para a zoa do centro da bisbarra, e recorda moi ben como en moitas ocasións os sacos de 15-15-15 empezaban a quentarse si levaban moito tempo no almacen, e meu pai tiña que ventilalos ou incluso valeiralos, pois ben, sae fume e calor das bodegas, comunicanllo as autoridades marítimas e empezan a mover o barquiño de aquí para acola, e seguindo coa costume tradicional a oposición de dereitas e algun tonto útil da esquerda empeza a alarmar….e armase a miremorena, que si vamos morrer, que si traenos soio a merda…….. o PP aproveita que as eleccións municipais estan a volta da esquina…..hasta que en eso que Chove e acabouse a rabia e esta a punto de acabarse a romeria e o divertimento.
O que quero clarexar para os que promoven esta histeria colectiva é que O popular 15-15-15 do saco vermello empregase en Galicia en cantidades millonarias de kilos, para todo tipo de cultivo, sin control ningún, e como estrágase nun mínimo do 50% nada máis votalo na terra por mor das primeiras choivas, provoca a eutrofización de regueiros e lagoas, modalidade de contaminación que xa supón un problema grave de saúde ambiental nalgunhas, comarcas galegas. Tamén é sabido é que os fertilizantes NPK aumentan a cantidade das producións, aínda que resultan pésimos á hora de achegar calidades nutritivas e gustativas aos alimentos vexetais e animais. Por se non abondase, estes abonos favorecen o ataque de pragas e doenzas nos cultivos, e maior dependencia doutros agroquímicos de procedencia máis preocupante e, como non, transportados en buques mercantes que bordean as nosas costas. Finalmente, os fertilizantes NPK está a producir un dano difícil de correxir en canto á perda de fertilidade e degradación dos nosos solos, que son un ben prezado e de difícil rexeneración no tempo.
Asi que todos nos poñemos moi gallitos cando sucede o do Ostedijk e non decimos nada cando aquí e agora se verten miles de quilos , cada ano deses productos químicos, sen control, que no caso de Viveiro, nun 50% acaban no rio Landro, de donde se colle a auga para consumo, e o resto acaba na ría e logo no mar, afectando gravemente ao consumo human, ¿O sucedido poderase chamar ignorancia ou manipulación intencionada?



Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-02-2007 10:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 El barco se trajo, a la zona al Este de Estaca de Bares que está protegida de los vientos no sólo según las prediccion#blgtk08#es meteorológicas ....esa fue una razon cientifica para traerlo aqui...y lo demas pura demagogia e ignorancia
Comentario por Un capitan de la mercante (26-02-2007 09:51)
2 de momento las autoridades nunca mais gestionaron la averia de un barco mandandolo 6 dias contra un temporal para hundirlo y consi#blgtk08#guiendo el mayor desastre ecologico de Spain. Asfaltaron mas de 1000 km. de costa.Hasta los franceses se acordaron de nosotros...
Comentario por juventud (26-02-2007 09:53)
3 Regal.....se te #blgtk08#ve el plumero...
Comentario por seteveelplumero (26-02-2007 09:54)
4 Encantados estaban mais de un e mais de dous .....
e poñendo velas a todas las virxenes q#blgtk08#ue coñecen para que o dichoso barco rompase en dous e poder decir VOSOUTROS MAIS .............
Comentario por covas (26-02-2007 09:56)
5 El barco tenía escapes de humo tóxico en la proa ( parte delantera ) y, al viajar hacia el Sur se llanaba del gas al tiempo que se recalentaba la carga, por lo que se le cambió la dirección hacia el Norte.
En su periplo por la costa atlántica gallega no se acercó a ningun puerto sino que se mantuvo alejado y se llevó a la ría de Viveiro en la costa cantábrica gallega, donde por otra parte, hoy s#blgtk08#e espera temporal.
Dicho esto, si se tuviera la intención de acercar el barco a puerto, sería grave que no se hubiera hecho ya en otros puertos más indicados y más próximos como el de Cee o el puerto exterior de Ferrol .
Si por el contrario, lo que se pretende es, controlar los escapes de gas lejos de puerto, la decisión podría ser correcta al encontrarse al abrigo de los vientos del Sur
Comentario por un piloto (26-02-2007 09:58)
6 El barco ha sido conducido a un lugar en el cual el viento no se dirija a tierra, para evitar que los gases irri#blgtk08#tantes (no venenosos, como algunos decían), se dirijan a tierra. En función de ésto, se ha desplazado el buque.
Comentario por marinero de gorra (26-02-2007 10:00)
7 Estoy anonadado de la cantidad de conocimientos empíricos (o debería decir Pírricos), que emanan de algunos comentarios.
Parece ser que algunos se alegrarían de que pasase algo gra#blgtk08#ve, para poder atacar a los Gobiernos de España y de la Xunta de Galicia, simplemente porque no "mandan los suyos", que como está demostrado, lo hicieron mucho mejor en lo del "Prestige".
Comentario por foz (26-02-2007 10:01)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal