A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

AHORA ..........A TRABALLAR E NON GANDULEAR.
Precedidas de campañas e propagandas de discutible utilidade, pasaron as eleccións, o nervioso reconto dos votos e os miles de comentarios sobre os resultados. Xa pasamos a fase de pactos e compoñendas para conseguir maiorías de goberno, xa quedaron fai uns días constituídas as corporacións municipais que haberán de rexer a vida cidadá por catro anos, e dentro de nada a deputación, en cuxo momento terían que cesar as loitas e confrontacións e porse todos a traballar, desde o goberno ou desde a oposición, pois para iso foron elixidos.

Ser investidos para un cargo é asumir a obrigación de servir á totalidade dos cidadáns do municipio, provincia ou autonomía, sen distinguir entre os dun partido ou outro, os que votaron ou os que non votaron e servilos con honradez, sen favoritismos nin discriminacións, con economía e transparencia.

Todos, maioría de goberno e oposición, teñen a ineludible obrigación de tomar decisións en interese de todos e nunca en beneficio de amigos, parentes ou compañeiros de partido. Calquera iniciativa, tanto do goberno como da oposición, debe ser considerada, estudada, debatida, sen rexeitala de antemán por ser formulada polos do partido contrario.

Nunca poden esquecer que non son propietarios senón administradores do diñeiro que reciben dos contribuíntes e que han de utilizalo con economía e absoluta transparencia. Non é admisible que os elixidos para servir ao pobo, vivan a costa do mesmo por encima do nivel medio dos demais.

No control do gasto a oposición ten un papel esencial e debe ter aberto sempre o acceso a toda a documentación económica sobre contratacións e gastos. A execución do orzamento e as contas de ingresos e gastos municipais, provinciais ou autonómicos, deberían ser publicadas cada mes para xeral coñecemento.

Hai gobernantes que resultan elixidos unha e outra vez, o cal pode ser o recoñecemento da sua valía ou o apego ao cargo sostido por unha rede clientelar. Para evitar calquera sospeita destas situacións sería convinte que ninguén puidese exercer un cargo máis de dúas lexislaturas, aínda que podería volver presentarse pasadas outras dúas.

Servir aos cidadáns esixe reducir ao mínimo as normas a impor, pero unha vez determinada a súa necesidade, facelas cumprir sen excepcións.

Aínda no mellor dos mundos posibles sempre haberá descontentos e críticas dos cidadáns cara aos seus gobernantes. Están no seu dereito de facelas e os criticados deberán examinalas con atención e rectificar cando cumpra.

Creo que todo isto podese levar á práctica se hai o desexo de facer as cousas ben sen necesidade de grandes cambios legais. Se, pola contra, existe realmente unha caste política parasitaria, disposta a gozar do poder, enriquecerse e favorecer aos amigos, parentes e partidarios, sería a sociedade enteira a que tería que desaloxala de todolos ámbitos de poder e non sería fácil.

Quizais a crise que padecemos nos axude a ver as cousas máis claras. Ademais de mostrar indignación contra o sistema, hai que traballar cada día para que evitar que se afunda e nos arrastre a todos.
Otero Regal
Comentarios (15) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-06-2011 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
15 Comentario(s)
1
Resulta que o can non era un chucho nin tocaba a frauta, senón que eran persoas que gritaban en silencio o seu estupefacción por unha democracia que non lles representaba. Son capaces de convocars#blgtk08#e para expresar o malestar dos sen voz, pero con consciencia do que queren: transparencia e honestidade á política, nunha sociedade onde o ser humano sexa a medida das cousas, non o mercado. É moito pedir?
Comentario por PERROFLAUTA (20-06-2011 14:49)
2 A ilustracion e xenial e resume moitas cousas, no meu concello un alcalde inculto e tres trepas metera#blgtk08#n no peto casi 8000 euros brutos cada mes , e somos catro gatos a o redor de 3000 persoas no concello.
Comentario por Vilacha (20-06-2011 14:52)
3
Home, aos cidadáns gustaríanos que alguén traballase dunha p vez, sexa quen sexa e de onde sexa.
Máis que nada para variar:
É #blgtk08#que as palabras son moi bonitas, pero por se soas e sen unha soa positiva acción que as acompañe só serven para distraer do silencio, pouco máis...
Comentario por Maria (20-06-2011 15:04)
4
Un politico traballar? sexa do PS#blgtk08#OE, do PP ou do BNG? ajjajajajajajajjajaja
Comentario por Xose (20-06-2011 15:05)
5
Primeiro debería definir o que é traballar, os políticos repíteno constantemente e moi poucos deles pegaron sequera un pau ao auga na súa vida; pero, probablemente crense que o seu traballo é o de terxiversar, enredar, dar gato por lebre, desinformar, recaudar, hai crise e imos apertarvos a#blgtk08#s clavijas, ... e de cando en vez repetir o bulo da democracia, dereitos humans, somos un dos primeiros países do mundo, a guerra pacificadora, ... mentres tanto vanse pegando a vida pai á nosa saúde. Este tipo de traballo xa o fan perfectamente ben todos e cada un deles, leven a etiqueta que sexa.
Comentario por Horacio (20-06-2011 15:08)
6
A esta xente súalle totalmente que haxa xente que non ten nin #blgtk08#para comer. Con que coman eles, xa é suficiente. ¡Viva a austeridade!
Comentario por Rosa (20-06-2011 18:42)
7
Este lixo que nos goberna, engánanos e endebédanos máis, e se non vede, en Viveiro entra o Bloque no goberno e e responsable de festas e saraos pois ten cultura e comercio e turismo.
Para empezar din #blgtk08#que van a facer a hortera herencia da Cachi ese antroido de Festa renacentista que costa a o noso herario unhos 20.000 euros, e tamen dicen que faran as festas de veran con a misma programacion que o ano pasado.....
Comentario por Praza Maior (20-06-2011 18:47)
8 En la generación mejor preparada de la historia de España tenemos la clase política de menos nivel de nuestra corta democracia. El problema radica en la profesionalización de la política.
La mayoria de los políticos se ded#blgtk08#ican a guardar su puesto de trabajo pues en general carecen de otro.Por eso cada vez es más dificil entrar en los partidos a no ser que no levantes demasiado la voz, pues si ven que puede peligrar su futuro personal estas fuera.
Comentario por juan (20-06-2011 19:05)
9 De acuerdo con el comentario 8. Hay que volver a una política de paso, de estar a lo sumo 8 años y luego fuera, a volver a hacer política desde la militancia.
Lo del alcalde de foz sería lo más normal, volver a su trabajo, esperemos que no se sea un gesto a la galería.
No me parece normal que el chico del BNG pretenda medrar en su profesión usando la política, imagínense un aparejador del PP de la empresa privada llevando obras, pero como es del BNG no pasa nada. Y tampoco me parece bien otros do#blgtk08#s sueldos a chicas que no les conocemos profesión, en el CV de la del PSOE ya tenemos : Experiencia profesional: 2008-2014 Concejala.
Así ocurre que la única dedicación exclusiva, que debiera ser para el Alcalde, es para la única chica de la lista sin profesión( y digo profesión, pues no es lo mismo ser lcdo en derecho que abogado).
En fin, aquí los mismos siguen chupando del bote,llamándose izquierda y progresismo, y cada vez están MÁS LEJOS DE LA IZQUIERDA que muchos aún llevamos por bandera.
Comentario por luis perez (21-06-2011 10:26)
10 O EQUIPO DE JOSÉ Mª GONZÁLEZ BARCIA REBAIXA NUN 7,5% A CANTIDADE ADICADA A SOLDOS, PASANDO DE 92.524 EUROS A 85.583#blgtk08# EUROS ANUAIS. TERÁN ADICACIÓNS EXCLUSIVAS O REXEDOR E OS CONCELLEIROS MANUEL FERNÁNDEZ VALLE E DIANA DURÁN GARCÍA.
Comentario por PAGA O POBO (22-06-2011 09:15)
11
Claro, e estamos como estamos grazas a todo ese compro#blgtk08#miso, esforzo, etc? Por moito menos botan á xente das empresas.
Comentario por V. (22-06-2011 09:20)
12 Nadie niega que trabajen, la #blgtk08#duda es para quien trabajan…
Comentario por Alcoa (22-06-2011 09:22)
13 A Aja y Roel son lo que se dice unos autenticos profesionales de la política.
30 años al servicio de Viveiro, toda una vida por Vive#blgtk08#iro.Y seguro que se cree que somos tontos.

Con Listas abierta a Aja y a Roel los votaria solo su familia y no toda.
Comentario por Perroflauta (22-06-2011 09:28)
14 Non hai que descalificar a política e aos polí#blgtk08#ticos, senón a quen non cumpren a súa función?
Comentario por Fuentes (22-06-2011 09:29)
15 Tanto Aja coma Roel son "caciques profesionais", levan 30 anos caciqueando en Viveiro e non queren deixalo. Os dous foron duramente castigados polos veciños nas pasadas eleccións, que amosaron que son "o pasado" e que os votantes queren renovación. Pero estes dous vellos caciques non se enteran ou non se queren enterar.

Roel perdeu 1.400 votos e para gobernar cedeu en todo que lle pedía o BNG, so con tal de seguir mangoneando. En vez de ter dignidade e dimitir, e darlle a alcaldía a outra persona mais nova, prefire seguer cuns socios que o humillaron públicamente, dicindo que o mellor para Viveiro sería que Roel se fora e deixara ata de ser concelleiro.

Melchor Roel con tal de ser alcalde, consinte en ter uns socios que dicen esas cousas sobre él. E o BNG para "tocar poder" elixe de alcalde a unha persona que non consideran boa para Viveiro, pero sí para os seus intere#blgtk08#ses. Hai que recoñecer que neso son igualiños, tapánse o nariz sobre o seu socio de goberno, a cambio de mandar.

Aja pola súa banda, logo de colleitar o peores resultados do PP en Viveiro dende fai 30 anos, segue no seu cargo e non asume a súa responsabilidade. Este home non ten vergoña. Perdeu unhas eleccións que o PP tiña gañadas con maioría absoluta, so por egoísmo e non se da por aludido ¿coñece o significado de "dimisión"? Nunca houbo un culpable mais claro dun fracaso electoral.

Aja, non so non dimiteu, senon que se nomea a si mesmo portavoz, e de viceportavoz pon a "ó fichaxe", ese "fenómeno" que descubriu él, porque o resto do pobo segue sen saber quen carallo é. Non me extrañaría que Aja pretenda poñer a este tipo coma o seu sucesor para poder seguer manexando el os fios, enton sí que xa sería o cumio do patetismo e o desastre mais absoluto do PP de Viveiro.
Comentario por Caciques profesionais (22-06-2011 11:16)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal