A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

REVOLTO DE PACTOS
Revolto de pactos cascados con vinagreta deconstruida parar repartición do poder.
Ingredientes: pactos duros. Quilo e medio de fariña de formigón quebradizo. Un bo feixe de deudas varias, acumuladas (o máis fácil de atopar). Douscentos gramos de avinagrados por quedar con dous palmos de narices, un bo puñado de votos destinados especialmente para deconstruir e finas herbas.
Os candidatos de Viveiro: Bernardo Fraga (BNG) e Melchor Roel (PSOE) puxéronse morados a bater os pactos. Estes alcanzaron o punto de neve cando, en cada briosa batida, intercambiábanse iso de «desnortado, dividido, enfrontado entre si, paralizado», ou «irresponsables e faltos de coherencia» e aquilo outro de «falta á verdade».
Unha vez conseguido o punto exacto de transformación, ou sexa, os pactos ben cascados, ambos os cocinillas engadíronlle a fariña de formigón mesturándoa con coidado, porque aínda que en aparencia a masa non hai quen a desligue, nos fogóns todo pode suceder.
A textura conseguida compensouse co puñado de avinagrados que lle daba o punto de tropezóns necesario para o prato en preparación. Os das contas tiñan como misión servir de guarnición exótica e os votos inservibles, estalaban en boca deixando un resaibo nostálxico pero extremadamente fino. De feito, o seu sabor non duraba nin un suspiro.
Os aprendices de chefs sentaron por fin á mesa a negociar que parte do prato comían primeiro.
Namentres, un camareiro con autoridade, extrañamente similar ao candidato dos Pouco Populares, serviu coidadosamente augardente da terra.

E trais reposar un pouco metérono no forno e de ali saeu o que saeu: En Obras, Servizos Públicos e Mar a dirixirá Fraga; Deportes, Comercio e Industria, Galdo;e Cultura, Turismo e Mocidade, Casas.
O PSOE quédase con Urbanismo, Facenda, Medio Rural, Servizos Sociais, Educación, Muller, Emigración, Policía Local- Seguridade Cidadá, Réxime Interno y Participación Cidadá. Sae gañando o BNG que excepto Servicios Sociais lévase o máis lucido do governo municipal.
Non me gusta a distribución que fixo o BNG das suas concellerias , eu non lle daria Obras e servicios públicos a Bernardo, por mor de o seu oficio e os compromisos e amizades, daríallo a Galdo, para Bernardo preferia Cultura , Deportes e Turismo e a Casas Chaves Comercio, Industria e Mocidade.
Tampouco me gusta que Servicios Sociais non teña unido a Xuventude. Pero vamos ser, por unha vez bos e xenerosos e darémoslles 100 dias antes de poñelos donde a boa e mala xestión os coloque.
Otero Regal

Comentarios (27) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-06-2011 09:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
27 Comentario(s)
1 Bueno é agora que?

Pregúntome porque os partidos políticos non forman á xente que levan nas suas listas para que logo poidan desempeñar as labouras que han de realizar, vendo o panorama de concelleiros que temos, da un pouco de medo pensar no que poden facer, entre inexperiencia e falla de preparación ufffff.
Non sei quen será o concellero de facenda, pero da medo so pensalo, vendo quen ocupa Cultura, Industria... un queda abraiado dos políticos que temos.
Oxalá sexan humildes e deixen traballar a quen sabe, interventor, secretario, e demáis funcionarios do Concello.
Supoño que é o que merecemos, ou non, ¿teremos algunha vez LISTAS ABERTAS?, supoño que non, pois eso non lles interesa os vividores da política, pois con este sistema poderíamos ter un PSOE sen ex PP e sen exPC-IU , un PP sen Aja... , Pero claro con listas abertas peligran os postiños de traballo, como o da nº#blgtk08# dous que xa ten cotizadiños así 8 anos de glo glo , e senón sempre nos queda a Diputación, ahora se Roel á Vicepresidente 60000€ que non está nada mal para a sua profesión ¿Cal é? e ademáis votará xa 8 aniños tamén a logo a retirarse. Menos mal que vineches o PSOE que no PC non se quita nada eh.
Haberá que colocar a algún máis por ahí, para que nos apañen unhos votiños, collan unha asociación de veciños etc etc. E ollo cos do BNG que xa demostraron que aproveitan ben o pouco tempo que botan no sillón, xa nos da un bo exemplo o SR. Quintana, que ben podería estar levando a camiña e así nos aforraba 8000€ a todos. Como cambia isto, imos a peor : Beiras catedrático de economía e profesor universitario con plaza(non coma a de zapatero) e Quintana enfermeiro e vividor da política.
Os que somos de esquerdas cada vez asquéanos máis ver como os que din representarnos fan o que durante anos criticamos.
Comentario por Un de esquerdas (13-06-2011 10:30)
2 Pódese dar 100 días, agás cando xa comenzan a mentir. Bernardo dixo ó longo da campaña que ía pedir unha auditoría das contas, e agora saen con que pedirán a auditoría DENDE O ANO 1998. Que se deixen de "contos" e presenten dunha puta vez "as contas". O urxente é saber cal é a situación do concello AGORA, coñecer en que situación económica nos atopamos.

Roel tivo 8 anos para revisar a situación anterior e cando se#blgtk08# lle pide que diga cal é a situación ACTUAL sae con que quere revisala dende fai 13 anos. O único motivo de facer isto e atrasar a auditoría e poñer atrancos a que os veciños coñezamos a verdade, e Bernardo traga con esta tomadura de pelo á cidadanía. Vese cos 1.600 euros que van cobrar ó mes os do BNG están ben invertido por Melchor, estes tragan con todo ... e non lles fixeron falla 100 días para empezar a baixar os pantalóns.
Comentario por Pouca seriedade (13-06-2011 11:06)
3 Estos do BNG están muy verdes, en tres meses Melchor e#blgtk08#l JEFE, o antes.
En cuatro años BNG 1 concejal.
Comentario por PACO (13-06-2011 11:34)
4
Non está de máis recordarlles a uns e a outros, máis a uns que a outros, que á hora de pactar e configurar os gobernos municipais, os veciños esixen xestión, xestión e xestión#blgtk08# e de resultas, emprego, emprego e emprego. Xustificar certos apoios post electorais en clave de esquerdas e dereitas soa a rancio. Majetes, a ver se vos enterais que estamos no 2011.
Comentario por Lupe (13-06-2011 11:45)
5 Todos poidemos ollar como Cesar Aja e outros candidatos visitaban a fabrica de Pigueiras en Escourido en plena campaña electoral, supoño eu que os donos son do PP e irian a pedirlle o voto a os cada vez menos empregados da firma.
Pero chegoume a orella a noticia de que o candidato do Bloque o Señor Bernardo Fraga , non temos fotografia, tamen visitou as instalacions de Regal Ceramicas en Xunqueira en#blgtk08# plena campaña e pideu o voto as traballadoas e ustede acompañaba a visita.
Supoño pois que vostede, que non e do Bloque, algo tera que ver co candidato.
Tamen pode ser que ningun outro candidato pedira visitar as suas instalacions, nada mais que o do BNG, enton ustede non ten nada que explicar.
Como ustede presume de democrata de toda a vida gustariame que aclarase este tema. gracias.
Comentario por Praza Maior (13-06-2011 11:54)
6 Consumouse o paripé, o show pangalaico, a trangallada alasante, a tratorada de 1906. Resulta difícil reprimir a gargallada ante semellantes encontros na terceira fase da Disco-tasca.

Dúas semanas de cañas na noite e charrascás polo día, de moita leria e ronchería, de teatriño do malo... dúas semanas facendo que a cousa ía ser moi complicada, cando do único que se estaba a falar era de a ver cantas adicacións exclusivas ou parciais imos ter cada ún.

Roel non tiña programa político; o de Bernardiño so é unha fantasmada NaZionalSocialista. Ámbolos dous finxiron se poñer repunantiños: "e ti moito te metes e ti moita me das, meu avó un tipo bravo dos que din Revolución" que diría a canción. Todo eran fungueirolos de pelota, porque xa estaban completamente dacordo desde o inicio en que millor non falar de programas, e entrar de cheo nas componendas persoais. Tratase dun traballo fino de paleadora, ou do que seña, pero os cartiños son os cartiños.

A verdadeira esquerda NaZional-Socialista adicase hoxendía a estes asuntos pecuniarios... Canto imos cobrar cada un, e pouco máis.¿Pra que falar de proxectos e programas se non hai un can? Esta tropa traballa coa ferralla.

Eu fun un pardiño, pensei que Bernardiño ía #blgtk08#ser un tipo coherente co dano que xa lle fixo o PSOe ao BNG, e que polo menos ían deixar a Roel en minoría moi minoritaria... pero non, Bernardiño é un valente toleirán, un tipo ousado e temerario, que vai comprobar de primeira man coma a historia escrébese pra non repetir os mesmos erros. E se non fas caso das lecións da historia, turras contra o mundo e razoas de arrecú, pois terás que aprender as lecións polas bravas.

Bernardo Fraga non soubo esperar o seu momento. Roel vaino merendar con pataquiñas. Bernardiño non é nin ten a bagaxe i experiencia de Paco Líos. Bernardo é corpulento, pero en política non ten peso algún... moita dependencia asamblearia pra un number one forxado no arreocabo, na máxima "leite para os bravos e bosta pra o patrón", ou na mínima "eu artista non son, só quero subversión", en resumo, na carallada pangalaica interminábel e universal.

Viveiro comeza o terceiro cuatrienio de escuridade e tristura progre, nas maos dos que viven na ensoñación identitaria. O PP, que non soubo escoller ben a un candidato que evitara o que se nos ven por riba, tamén ten moita culpa.

Na camioneta a toda mecha, imos diretos pra cuneta. Que Deus nos colla ben confesados...Amén Jesús.



Comentario por Xurxo Pena (13-06-2011 11:54)
7 Señor Otero Regal , esta ustede a ser insultado grabemente no blog de o seu amigo "Consulado Garamanta en Viveiro" por un anonimo#blgtk08# que tenlle tirria de abondo.
Non lle de cancha a ese blog e menos para que o traten como un pelexo cada vez que comenta.
Comentario por Un amigo (13-06-2011 11:57)
8 Resumiendo: Que en el ejercicio de la libertad, cada uno vota a quien le de la gana. Y luego a respetar lo que haya elegido la mayoría. Y que los partidos que han sufrido desc#blgtk08#alabro o varapalo, que tomen nota.
Todo eso dicho con la maestría de nuestro bloguero Otero Regal. Y estoy de acuerdo en todo.
Un saludo, compañero.
Eva.
Comentario por Eva (13-06-2011 12:24)
9 O caso é seguir repartindo habitáculos para os seus#blgtk08# posaderas. O demais dálles igual, non se preocupe.
Comentario por Chao (13-06-2011 12:25)
10 Sinto noxo, votei polo BNG para cambiar as cousas en Viveiro e vexo que no pacto non se falou de facer unha política en clave de país, nen de esquerdas,#blgtk08#senon de amarrar os cartos e de canto cobraría cada un.Ca crise que hai e dalle cas adicacións exclusivas,eiquí todos a facerse políticos profesionais.
Comentario por Ti tamén, Bernardo? (13-06-2011 12:41)
11 Una pregunta a Bernardo del BNG.

Vamos a ver, 4 años de bipartito, 4 años del PSOE , es decir 8 años de Alcalde Melchor Roel. Podría expliarme para que pide una Auditoría? ¿Porqué no le pide las cuentas a su socio de gobierno?

Y ya se ve c#blgtk08#omo Bernardo no le da para empezar a Roel, y ya piden una Auditoría desde 1998, pues no se van a Auditar solo los 8 años del PSOE. ¿Por cierto, no han tenido tiempo en 8 años de ver cómo están las cuentas?.

Te mean por encima y hay que decir que llueve.
Comentario por ¿Se piensan que somos tontos? (13-06-2011 14:40)
12 buuhhhh, buhhhhh, Mira#blgtk08# el resultadoooooo!!!!
Comentario por ZZ mata a todo bicho... (13-06-2011 14:58)
13 #blgtk08#
Comentario por Vaia (13-06-2011 15:16)
14 Galicia: El PP se hace con el 70% de las alcaldías, Franco hubiera firmado todo esto, Galicia fascista y España también ahora cuand#blgtk08#o se rian de vuestros hijos, cuando no tengáis sanidad para curaros y cuando os embargen por tener trabajos precarios...os jodeis.
Comentario por Cariño (13-06-2011 15:20)
15 Va a ser verdad que Valle-Inclán se murió demasiado pronto, como han dicho por aquí hace unos días.
Simpatizantes del PP, que por segunda vez en su historia ha resultado la lista más vo#blgtk08#tada en la isla de Arousa, insultan y agreden al edil del BNG por votar a favor del candidato del PSOE otorgándole la alcaldía. Después van a casa de sus familiares a corear "Franco, Franco".
Comentario por Cariño (13-06-2011 15:21)
16 Es triste que tuviese que venir la izquierda para empezar a cobrar todos de concello.
Aqui se trata debuscarse el pan en la política y nada más, así se entiende que cuando a las reunines de algún partido(PSOE viveiro por ejemplo) y hablas algo, ya dejas de contar y jamas te llaman para nada, aquí el que vale se frena, no vaya a ser que te saque el puesto.Esta gente entiende que la participación en política es buscarles votos, ir a las mesas y votarles, y dentro de 4 años te volvemos a llamar.
Aqui siempre son los mismos los ue van la diputación, los mismos los que cobran las exclusivas..., y que casualidad que casi nunca se les conoce otro trabajo. En fin, la gente de a pie debe de preocuparse de salir adelante y pasar de esta gente.
y ya #blgtk08#que estamos, una pregunta, Porqué cuando hacen obras, luego no arreglan igual las carreteras de las aldeas(vieiro...) que las de la Misericordia, magazos... donde es la general?. Pero que preguntas tengo si esto no le importa a nadie. Vds a cobrar.
Y como dice aqui un comentario, va el Bernardo y pide una Auditoría, cuando en los últimos 8 años ha estado gobernando su nuevo socio, QUE LE PIDA LAS CUENTAS, y el otro que es mucho más listo dice que harán una auditoría desde 1998, jajajjajajajajaja, es para mondarse de risa, ya puestos que la pida desde 1988. Qué tropa por dios.

En fin, encima sacamos a dos, bueno tres,Bernardo,Cal e Isabel, y me pregunto que preparación tiene el resto, es increible , ESTAMOS EN EL 2011, un poco de seriedad?
Comentario por Vaya izquierda (13-06-2011 15:38)
17 Xurxiño... moi atinado coma é normal en ti e coma comprobamos moitos día a día nas túas parolas no café. Es un home bravo, un mariñeiro rudo que plexa contra ve#blgtk08#nto e marea.

Nalgún tempo Bernardo tamén o parecía, pero ao final, cando un cheira poltrona, deixase ir e adaptase.

Unha mágoa.
Comentario por Luis F. (13-06-2011 18:58)
18
A medida que aumenta o número de lectores de A MALIÑA DE LUGO produciuse un aumento en comentarios co obxectivo de "linchar" ou calumniar e desacreditar a persoas sen probas. Moitas veces por intereses persoais ou políticos, non polo desexo #blgtk08#de informar. Este fenómeno non é único de A MALIÑA DE LUGO, nin da nosa, en outros blogs tamén tiveron que pór límite a estas prácticas.
Asi que traten de non insultar por insultar, expoñan as suas opinions, pero sin insultar.
gracias.
Comentario por Otero Regal (13-06-2011 19:22)
19 Para os que aqui falan de excesivo gasto de dous soldos de adicacion exclusiva no concello de Viveiro.
"O soldo de Rajoy: 51.000 euros como deputado, 149.000 do PP e 325.000 como rexistrador da propiedade "

Tomando como bos estes datos, Rajoy superaría en máis do #blgtk08#dobre os ingresos do presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, que cobra 78.185 euros, aínda que non é o que máis gaña dentro do PP, xa que o seu número dous, a política mellor pagada da democracia, recibe 240.000 euros anuais, de acordo coa declaración da súa renda de 2009.
Comentario por Andres (13-06-2011 19:27)
20 #blgtk08#
Comentario por Pentapolín del Arremangado Brazo, Rey de los Garam (13-06-2011 19:32)
21 Señor Otero Regal: Está siendo ustede moi insultado en mi bló. Hame de dar toda la cancha que ustede quiera. Cancha, canchucha y orella con bien pimento picante.

A Regal hace muchos años que lo conozco, que él me conoce. Que nos conocemos, nos tratamos, y opinamos diferente en muchas cosas. Un campo en concreto es la política. Pero en muchas otras coincidimos. Si Regal viene por mi blog, es porque lo invito y lo aprecio, aunque muchas veces piense muy diferente a mi. Es un hombre con el que se puede hablar, debatir, e incluso no llegar a ningún punto de acuerdo, pero así aprendo. Conste que muchos más comentarios recibo contra él. Comentarios que no paso. Digamos que paso los "lights".

Si está siendo insultado, no es por mi. Sé que es león que puede bien defenderse. A pesar de lo que muchos quisieran. Y si no llega él, otros estamos que cortaremos por lo sano a la primera boqueada de Sito.

Y ustede, señor advertidor, tan amigo de Sito, véngase también, y opine —si quiere, claro está—. No me venga con cuentos de «¡Ai, o qui lli dixo!» que somos todos grandiños para escandalizarnos con gilipolleces de cuatro desesperados. ¿O no?

Si me permites, querido Sito, voy a pensar un poco acerca del pacto, y ya verás como sacamos algo en limpio. En primer lugar, no me creo que Bernardo haya seguido las directrices de Melchor, y que todo haya sido una pantomima. De todos es sabido que Melchor no da un duro a cuatro pesetas, y menos a tres. Probablemente Melchor haya propuesto lo mismo que hace ocho años. Y el Bloque no estaba dispuesto a pechar con las migajas. Entonces (hace ocho años) el concejal de obras era Docampo, buen hombre. El BNG venía a controlar lo mismo que ahora.

No podemos decir que el BNG haya apretado a Melchor, ni viceversa, porque los dos quieren gobierno. Y cuando los dos adolecen del mismo mal ¿quien es el que contagia a quien? Pero sí que tenemos que tener en cuenta lo que he dicho en varias ocasiones: Melchor Roel es un maestro de ardides, capitán embustero, y sabe gramática parda para engañar a toda una universidad. Eso es así y no hay quien lo niegue. Lo que pasa es que ya llevamos muchos unos 8 años de desengaños continuados, y sabemos de qué va el rollo. Pero en Bernardo se junta el hambre con el apetito, y claro, al gobierno no puede decir que no. Pero puede decírselo al PP, por el simple hecho de que, si no lo hace así, se va del partido en el que espera medrar, y por la puerta grande, a hombros, y teniente alcalde.

La forma en la que llegaron al acuerdo es horrenda. A lo callado, en mesones o tabernas. O restaurantes de categoría, es lo mismo. Han llegado a acuerdos secretos, con conversaciones misteriosas. Todo muy oscuro y muy opaco. ¡Vendrán, amigos, los año#blgtk08#s en los que alardearemos de "transparencia"! ¡Llegarán los años en los que querramos "meridiana claridad"! Yo no creo ya en ellos. Si algo podrían tener de honrados, con esa negociación, todo se ha ido por el retrete. Nadie sabe, a ciencia cierta, qué ha salido de tal reunión. Nadie sabe los pactos secretos, los acuerdos velados, a los que han llegado. Lo que sí sé es que en ningún papeliño que hayan firmado de puño y letra estará la siguiente frase, de Melchor a Bernardo (que largo se me hace el nombre. Le llamaré Nardo):

"Mi buen cogobernante Nardo, no os ningunearé como hice con PacoLuís"

He ahí la clave del acuerdo, aunque el bloque se hubiese quedado únicamente con la concejalía de Chiripitifláutica social. El ninguneo. El ninguneo y el desprecio público que aparecerá en algún acto ya desde los comienzos del gobierno. Que se irá perpetuando poquito a poco, y creciendo, para que a mediados del segundo año triunfal de esta gente, se convierta en un desgarro institucional. ¿Dónde están aquellos años, en que juntos los dos, BNG y PSOE, enviaban por correo plaquitas de inauguración de contenedores soterrados a la Consellería de Medioambiente? —por cierto, que siguen inutilizados porque "no había camión para usarlos" pero el PSOE poco ha que, en el gobierno, hizo unos cuantos más ¿cómo se come eso?— Pues os diré donde van aquellos maravillosos años: EN EL CARAJO. Así de claro.

El ninguneo se perpetrará en actos públicos, que todos veamos. Esperad al segundo año de gobierno, y mirad las fiestas en la plaza ¿No os acordáis cuando Pacoluís protestó muy públicamente porque en la Mostra no lo llamaron al palco, con lo que él sabe de bailes típicos? No digo que eso vaya a suceder —o sí, quien sabe— y me creo lo que entonces se le explicó a Pacoluís, también públicamente. Lo que sucederá es que será Melchor Roel, "el Malo", quien haga las de Caín para que el BNG no se coma ni una rosca. Ni dos, ni tres.

Para castrar el caballo, hay que tenerlo bien agarrado. De momento agarra Melchor, y Bernardo se deja agarrar pensando que le tratarán bien. Cuando le caigan al suelo los "cojones políticos" y su "virilidad político-institucional" esté en entredicho, todos miraremos con estupor lo que verdaderamente una mayoría no deseó en este pueblo: seguir gobernados por una única persona.

¿Recordais aquello de un hombre, una patria, un destino? Pues si con aquel de Ferrol era válido, aplicadlo en Viveiro, y veréis como cuadra:

Un hombre: Melchor.

Una patria: bueno, Viveiro... no se lo saca de la boca ni para tomarse sus 1906 —y eso que es de Mugardos—.

Un destino: el pozo donde nos han metido, y en el que nos hundimos todos los días un poco más.


Comentario por Pentapolín del Arremangado Brazo, Rey de los Garam (13-06-2011 20:35)
22 Andrés:
¿Non te das conta de que desacreditas mais a ZP e a sua tropa de inútiles? Se son certos os teus datos, Rojoy so cobra do Estado o 10 % dos seus ingresos, así que este home non está en política por cartos. E pode irse cando que#blgtk08#ira que ca sua profesión xa se forraría.
¿Que outro emprego ten ZP? ¿E Pepiño Blanco? ¿E Leyre Pajín? ¿E Bibiana Aido?

Levandoo a Viveiro ¿Onde ía cobrar Roel o que cobra, se fose bedel? ¿De que viviría Maria Loureiro?
Comentario por manolo (13-06-2011 20:49)
23 Andrés

A verdade que non sei que queres decir co teu comentario sobre Rajoy, o soldo do PP é cousa deles, o de rexixtrador non creo que o cobre se non exerce.
Por outra banda, non creo que a ese nivel todos va a vivir da política, Pajin:

- 6000 do PSOE
- 7500 como exsecretaria de cooperación
- 5000 como senadora territorial
- 6566 como ministra
- 3644 dietas

Isto é O MES: 28.710

E non compararemos a Pajín con Rajoy, pero non cr#blgtk08#eo que o tema sexa este, estamos a falar de política de concellos como o de Viveiro, de veciños que pasan de nada a ter un soldo por meterse na política, e sempre o fan aqueles que non se lles coñece traballo algún en un amplo número de casos, ¿porque non lle dan a a outro a exclusiva no PSOE estes 4 anos?. Ainda recordo cando o alcalde de Viveiro dicia que nunca iria de diputado pois todo o seu tempo seria para estar facendo política en Viveiro.
As cousas penso que son evidentes, pero os veciños tragamos con todo
Comentario por Paco (13-06-2011 22:24)
24 O peor de todo é o pouco optimismo que se respira o ver os 9 concelleiros que nos teñen que representar, vendo os seus perfis profesionais,salvo algún caso aislado como o de Cal quizais o propio Bernardo ainda que non está feito,un non se imaxina unha xestión de garantias de nada.
Penso que para levar este concello necesítase outro tipo de representantes con experiancia de xestión a nivel#blgtk08# económico/empresarial ,de un nivel artístico e cultural máis elevado etc. Para o tema da xestión, creo que a única lista solvente era a presentada por IVI, pero bueno esto é o que vimos de elexir.
Vds pensan que estas nove personas poderían estar cargo dunha empresa privada de 1000 traballadores?, pero sen embargo poden xestionar un concello de 16000 cidadans, en fin , así é a política.
Comentario por Pouco optimismo (14-06-2011 09:44)
25 ¡Que mala leite ten Aja!
No seu blog aparece a foto dunha visita do que entón chamaban "Caudillo" ou "Generalísimo", e en primeira fila, esperando para saludalo está un coñecido "socialista", ex-concelleiro do PSOE e pai dun concell#blgtk08#eiro socialista actual. E ata parece que está encantado de estar
alí ¿Berraría tamén o de "Franco,Franco, Franco"?
¡Manda carallo como viran a a chaqueta algúns! agora que diga iso de que é "socialista de toda a vida" Ja,ja,ja
Comentario por Aqueles franquistas (14-06-2011 10:54)
26 Pois eu fun a o blog de Aja e #blgtk08#ali non esta nada de Chamari.
Comentario por Anonimo (14-06-2011 11:04)
27 A foto de Franco e os seus fans viveirenses está nunha paxina de Facebook de Aja,perdoade pero n#blgtk08#on entendo nada destas cousas de internet, a min ensinaronma e pensei que iso era tamen un blog.
Comentario por Aqueles franquistas (14-06-2011 13:17)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal