A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

COMEZA HOXE UN NOVO MANDATO SIN MOITA ALEGRIA....

Comeza hoxe un novo mandato dos concellos. E como estamos? Pois, como estabamos fai catro anos tal día como hoxe, e fai oito e fai doce.

O sorprendente é que non aprendan, crean que non temos memoria e volvan repetirnos os mesmos discursos, cando a experiencia debese achegar xa o suficiente coñecemento como para non estar nas mesmas, que non é outra que a incerteza, por mor da indisciplina de non poucos, en moitos consistorios. Constatación de que os sitios pequenos tenden ser infernos grandes e, en consecuencia, non hai fervenza que valla.

Falta moita coherencia programática ou ideolóxica. Aquí o que está en xogo é repartición de poder. Seica as maioría das institucións locais non se soportan sobre o carisma de líderes locais, moitos dos cales atesouran unha aquilatada historia de transhumancia por distintas siglas, que condicionan entendementos en función de aversións persoais Non dicimos que os acordos asínanos os partidos pero os alcanzan as persoas E non aceptamos que os personalismos veñen marcando de xeito decisivo a vida política de Viveiro desde o principio dos tempos Entón, por que volvemos ao mesmo?

A política axústase a realidades. Resultado, esta vez, como en todas as anteriores, non hai fervenza que valla. E sábeno, por máis que digan. Ademais, volvemos recordar que nesta terriña nosa, onde hai ríos, hai fervenzas, por onde se precipita a auga das choivas, creando fermosos saltos en forma de cola de cabalo. Xa que logo, menos postas en escena e menos golpes no peito. Os pactos axustaranse aos intereses de cada esquina. É o que tocou sempre e toca agora. Así se fai aquí.

Prima o pragmatismo, como non pode ser doutro xeito na política, e por este sacrosanto principio non importa a desnaturalización. O poder ben o merece.

Que como estamos? Pois, entendendo como normal que na toma de posesión todos fixeron votos pola estabilidade.

Estabilidade, bonita palabra, tan estraña neste Viveiro donde non soe ter sorte cos que o mandan e mangonean, con todo, hoxe máis necesaria que sempre para facer fronte aos difíciles tempos que corren.

Así estamos. Sen estrañarnos que as estratexias dalgúns se sustenten en romper aos outros para valerse dos indisciplinados ou alimentando pactos contra outro, baixo o argumento dunha suposta e necesaria rexeneración. ¡Como se os actores que hai no escenario non fosen os mesmos de sempre!

Como estaremos que nos afixemos a vivir na desconfianza e virando, permanentemente, a roda da sospeita.

O mellor de hoxe? Pois para min e en un Viveiro con débedas millonarias, a crítica situación económica do Concello o pacto prevé contratar unha auditoría da xestión municipal durante os últimos 23 anos, desde 1998, tamen sairan o desastre economico de Melchor e de Aja.
E o peor de hoxe? Constar que unha vez mais cousas tan importantes como a cultura e o turismo son calificadas como unha "maria" no reparto de papeis.
Otero Regal
Comentarios (14) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-06-2011 15:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
14 Comentario(s)
1 Son consecuentes, actualmente el PSOE está más#blgtk08# cerca del PP que de la izquierda ecologista.
Comentario por Vicente (11-06-2011 15:14)
2 Pois eu estou xubilado, con 41 anos de cotización, funcionario de carreira, cunhas oposicións bastantes duras e quédame pouco, moi pouco de soldo (que xa quixesen moitos). Con todo aos polí#blgtk08#ticos,como Cesar Aja e outros moitos case analfabetos, logo de poucos anos exercendo, quédalles o leite de xubilación, sen contar o que se levaron xa por diante. Confeso ser un INDIGNADO.
Comentario por Rogelio (12-06-2011 07:57)
3 Aja de "os Pouco Populares" sa mostra da sua mala baba e nin da o repiro dps 100 dias "Sobre el acuerdo PSOE-BNG que le cerró la posibilidad de gobernar por ser el más votado, Aja lo define como un «pacto de conveniencia, donde unos ceden lo que les pidan con tal de gobernar y otros montan ayuntami#blgtk08#entos paralelos, con despachos, supuesta autonomía y presupuesto, pero que en realidad se quedarán en nada, ya que esto es un engaño porque si no hay dinero, no hay nada que repartir y poco que hacer». Y, «a corto plazo», pronostica «conflictos» en el seno del bipartito", segun di La Voz de Galicia
Comentario por Otero Regal (12-06-2011 08:27)
4 Melchor Roel , que nin siquera fixo programa electoral en estas elecions adueñouse do "eslogan" do BNG "En medio de aplausos y vítores, Roel se dirigió a Fraga, sosteni#blgtk08#endo con enfásis: «Claro que hay futuro para Viveiro». Cerró la sesión anunciando que a partir de ahora «hay que rendir cuentas a los vecinos». Segun La Voz de Galicia
Comentario por Otero Regal (12-06-2011 08:29)
5 Bernardo do BNG dixo: "Aclamado por el público, el nacionalista Bernardo Fraga aceptó lo que le pedían y se puso en pie para agradecer la «enorme participación» en las elecciones, lo que permitió algo sobre lo que llamó la atención: su compañera Olaia Casas es la pr#blgtk08#imera concejala del BNG en el municipio."
Home, xa era hora, o PP xa tivo unha concellala muller fai 30 anos, o PSOE fai 8 e vosoutros que presumides que sodes de esquerdas e moitas mais cousas a tedes ahora, ti non tes a culpa...pero alguen a tera, digo eu.
Comentario por Otero Regal (12-06-2011 08:33)
6 Yo me mondo... Fraga hizo lo posible para que no gobernara e#blgtk08#l PP y ahora le pide apoyo y colaboración ¿cómo se come eso?
Comentario por Yo me mondo (12-06-2011 09:31)
7 Eu estou contento de que gobernen PSOE-BNG. Se gobernara o PP moitos estarían a estas horas revolvéndose as tripas.

Que disfruten #blgtk08#os votantes de esquerdas deste novo goberno, ao que lle desexo éxito, responsabilidade e seriedade para traballar por Viveiro, sen foder a naide.
Comentario por Andrés (12-06-2011 09:37)
8 A Olalla non o ten dificil Regal, si cumple o programa e crea dous patronatos ou fundacions como dixo na mesa redonda Bernardo, si se deixa aconsellar e non mangonear, para poder superar o que fixo Paco Luis e a Kachi, pouco fai falla e en turismo igual, si nunca #blgtk08#se fixo nada nin Cesar nin a Axudante de enfermeira, por pouco que faga, cha o pode facer ben, asi que espera un pouco e veremos, si non funciona repitiremos aquelo de Paco Luis "A CONCELLALA QUE A PERSEGUIA A CULTURA PERO ELA SEMPRE CORRIA MAIS" ou algo parecido.
Comentario por Picato (12-06-2011 11:29)
9 Xa pareces o de Consulado Garamanta en Viveiro con a extension dos post, recorda que o pouco si br#blgtk08#eve tres veces bó.
¿Non seras ti o de Consulado Garamanta en Viveiro? pero en plan anonimo.
Comentario por Covas (12-06-2011 11:32)
10 ¿Con pouca alegria? Como se nota que non fuche a toma de posesion, ali rifabanse os aplausos, a quen puxera mais, dos do bloque non quedou naide na casa e matabanse a berrar e a aplaudir e dos do PS#blgtk08#OE sector Rafaelito tamen aplaudian a toda mecha, algun tivo que ir a urxencias para que lle curaran as mans cheas de sangue de tanto aplaudir. Qiue facia eu ali? Pois eu traballando de xuntaletras.
Comentario por REPORTERO TRIBULETE (12-06-2011 11:36)
11 Esta lexislatura comeza con moita desilusión, non se espera nada bó desta tropa. Segue de alcalde o tipo mais vago, incompetente, sectario e inútil que pisou a alcaldía, apoiado por un partido que parecía aire novo e so buscou cartiños quentes para o seu peto con 800 euriños por cabeza. Porén, non se albisca nada bo nas#blgtk08# bancadas da oposición,desLEal que non se sabe que carallo pinta agora, nen tocou poder, nen chega para facer oposición. E Aja que soñaba con seguer chupando e fixo unha lista á sua imaxe e semellanza e logo do carallazo electoral nen sequera tivo collós para presentar candidatuta á alcalde.

Unha magoa!
Comentario por Desilusión (12-06-2011 11:52)
12 Por esto Melchor mudou de chaqueta e foise para o PSOE:
José Bono ha dicho este sábado que Izquierda Unida va a quedar reducida "a lo más sectario del Partido Comunista" y, además, sin disciplina porque "el caso que le hacen a Cayo Lara -ha añadido- es el mismo que hacen en mi pueblo a la Cipriana en los títeres". Se refería el presidente del Congreso#blgtk08# a las directrices dadas por Lara para no permitir que la derecha gobernara, si podía impedirlo. Un total de 45 municipios serán gobernados por un alcalde 'popular' gracias al apoyo de IU. A su vez, el PP ha respaldado a la formación izquierdista para que pueda regir en 15 consistorios, con lo que el pacto se habría fraguado en un total de 60 ayuntamientos.
Comentario por Basanta (12-06-2011 12:32)
13 Si no entiendo mal, los ciudadanos vamos a mantener a más de la mitad del nuevo gobierno de Viveiro, y Bernardo tiene la jeta de decir que no viven de la política. Con la crisis que hay y todos éstos a chupar de los ciudadanos:

Melchor-Diputación Provincial
María Loureiro-Dedicación exclusiva Bernardo-Media dedicación exclsuiva
Olalla -Media dedicación exclusiva
Covadonga-¿chollete en le Diputación?

#blgtk08# Si se confima que a Covadonda le van a buscar algún puestiño para cobrar del erario público, sea en le Diputación o en Viveiro. Tendríamos que de 9 concejales, cinco estarían chupando y viviendo de la política ¡Viva la izquierda!

No sé lo que entenderán esto tipos con lo de "austeridad" y lo de "reducción del gasto público". Bueno, la reducción de sueldos para los trabajadores, no para ellos, que para eso son sindicalistas.
Comentario por Vividores de la política (12-06-2011 18:35)
14 Tanto falar de ideoloxía e de gobernos de progreso,é o único do que falaron e de cantos cartos levaba cada un.Que magoa ver un rapaz tan novo coma Bernardo e que se tira así ós cartos.Si que tar#blgtk08#dou pouco en quitarse a careta.
Disque en novembro temos eleccións xerais,pois xa sabemos todos que votar ó BNG é votar a Zapatero, o BNG é o monaguillo do PSOE, véndense polas migallas.
Comentario por Alberto (13-06-2011 08:25)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal