A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

QUE DESGOBERNE O PARTIDO MAIS VOTADO?
Estes dias , por foros, blogs , prensa escrita e falada escoltase a sempiterna monserga de que ten que gobernar o partido mais votado nos concellos.
Cando non hai maioría absoluta , ceder Alcaldía como único criterio, ao partido máis votado, é unha vella reivindicación do bipartidismo. É unha OPA hostil ás minorías e se hoxe hai algo máis de pluralismo nos Concellos é precisamente- porque non conseguiron aplicar este criterio. Que,-por certo, nun sistema electoral a unha soa volta é profundamente inxusto.Mostrarei aquí as razons por o que estou en contra de esa monserga:
Na actualidade Os Concellos son os únicos en que o sistema electoral é practicamente proporcional , en 11 días hai que compor Gobernos municipais e introdúcese factores de imposible cumprimento, tanto polo tempo como pola incapacidade de resolver estes temas con acordos bilaterais.

Os acordos municipais deberían basearse nos proxectos, condicións e programas que afectan, fundamentalmente, ao seu ámbito. Con esixencias de información, transparencia , participación, loita contra a corrupción e ,por suposto, os contidos das políticas municipais.

Se do que se trata é de comprometerse coas reivindicacións propias e do movemento democracia Real xa, 15M, sería máis fácil sumarse ás Iniciativas Populares con propostas claras que garantisen a proporcionalidade así como outros elementos de participación e consulta cidadá ( listas abertas , compromisos de transparencia de partidos, modificacións para facilitar as Iniciativas Populares, refrendos ou consultas )

O máis transparente é explicar con claridade á cidadanía - en base ao programa municipal e con toda a batería de propostas, se se asumen acordos ou non e de que tipo : de goberno, de investidura ou puntuais. Todo pode ser lexítimo pero hai que explicalo e afrontar as decisións.

Non sei como finalizará este debate, pero ante situacións complicadas o mellor é ofrecer a máxima información e explicacións á cidadanía e aos votantes, saber interpretar o mellor posible a súa vontade e evitar que actuando por elevación acábese sen falar nin razoar cos veciños sobre o mellor para os seus Concellos e os seus barrios. Sobre melloras e compromisos na súa vida cotiá que é o que en definitiva trataron de decidir cos seus votos municipais e o que debería primar ante as decisións sobre a composición futura dos Concellos.
Comentarios (21) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-06-2011 09:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
21 Comentario(s)
1
O que as forzas políticas han de interpretar é a impugnación d a xente nas rúas e sumarse a iniciativas populares para cambiar a lei electoral e comprometendo tamén toda a transparecia nos partidos e institucións con modelos nos q os cidadáns teñan#blgtk08# voz e capacidade d intervir. . Paréceme mal que uns ou outros pretendar representar un movemento que hoxe x hoxe non confía na democracia nin nos partidos , para facelo -uns están en mellor sintonía que outros- hai que pór compromisos reais sobre a mesa ¡¡
Comentario por Ines (02-06-2011 11:18)
2 Pues coincido bastante con tu reflexión. Y, especialmente, me ha parecido muy interesante el último párrafo.

Todo lo que sea oscurantismo en las negociaciones contribuirá a crear confusión y decepción entre los ciudadanos.#blgtk08# Justo lo que se pretende, o se dice pretender, eliminar.

Al final dará la impresión que lo que se quiere es alcanzar sólo la poltrona o las migajas de las poltronas. Casos hay muchos para recordar.

saludos
Comentario por Chema (02-06-2011 11:19)
3 Todo isto e unha carallada, xa se sabe que están a facer o paripé,o alcalde vai ser Melchor Roel Rivas, mal que lle pese a Viveiro. O peor candidato de todos, o que mais voto e concelleiros perdeu, o que recolleu mais rechazo da cidadanía, perdendo case que 1.400 votos, será elexido alcalde polo apoio do BNG.

A ver que pensarán eses 800 votantes que abandonaron a Melchor para apoiar de novo ó BNG, ó ver que os seus votos van server para poñer de alcalde ó que eles rechazan,#blgtk08# ou de onde crees que sairon eses votos,meu? O resultado comprobarao o BNG en vindeiras eleccións.

Que o apoiaría Leal, por interés propio, estaba claro. Pero Bernardo podía facer algo de forza e pedir ó PSOE que polo menos cambiaran de candidato. Ó longo destes 4 anos, máis dunha vez se lle recordará a Bernardo que a Roel o puxo el de alcalde, e moitos votantes do BNG serán os primeiros en reprocharllo. E como xa dixo algún, Bernardo terá que dar contas do que faga Melchor.
Comentario por negociando (02-06-2011 12:22)
4 para que votamos si luego ellos h#blgtk08#acen lo que les sale del .......
Comentario por Madrid (02-06-2011 15:12)
5
Pactar: alude á acción de porse de acordo dúas ou máis persoas, comprometéndose cada unha das parte#blgtk08#s a cumprir os convenios acordados: Convir é porse de acordo dous ou máis persoas ou ser dun mesmo parecer.
Comentario por Roque Antonio (02-06-2011 15:16)
6 A día de hoxe, hai mái#blgtk08#s rumores que reunións
Comentario por Covas (02-06-2011 15:18)
7 Se puede pactar con t#blgtk08#odos menos con el PP.
Comentario por Luis (02-06-2011 15:20)
8 O que está claro é cos cidadáns diretamente non votamos pra que Roel fora o noso Alcalde... se o quixeramos dalcalde sería a forza máis votada, e polo que se ve, non o é.... il, todo un prodixio en matemáticas, di que non gañou ninguén, pero os resultados están ehí e il quedou de segundo.

Os cidadáns votamos pra que Aja sexa Alcalde en minoría, e pra que teña que negociar todo.... pra que voltemos a ver ao Aja dos seus primeiros e mellores tempos.

Roel e Bernardo van facer un apaño pra que non se cumpla a vontade popular. Bernardo vai desprezar a 800 tipos que volven ao BNG fuxindo de Roel porque viron que non vale coma Alcalde, e vai Bernardíño e en agradecemento, e vailles dicir que se non queren caldo, velaí lles van sete tazas... tomade, amiguiños, tomade outros catro anos de Roel pra que o disfrutedes.

Eu espero que Bernardo non seña un cobardica e que se vai apoiar a Roel que entre no goberno con il e se faiga esí corresponsábel de tódalas trapalladas que vai facer o Grande Timonel do Landro, d#blgtk08#as que aínda non sabemos nada, porque non apresentou programa eleitoral. Se Bernardo o inviste dalcalde e se vai á oposición, será un trangalleiro de moito carallo e os viciños xa llo recordaremos en tódalas convocatorias eleitorias que se nos poñan por diante.

Roel trouxo oito anos de carallada universal... tanta festa rachada, obstrue os raciocinios políticos dalgús, e pasa o que pasa. Il e moitos máis embriagáronse de festa ata que se lles enturbiou a mente.Viveiro é a esmorgada interminábel e todo vale pra que a cousa rache con tódolos records habidos e por haber. Tampouco para a cachola desa esquerda trasnoitada. Argallan todo o que poden pra que se non hai outro remedio, eles gobernen sí ou sí. Eiquí, pouco ten quen gañe as eleizóns, mentres non seña por maioría absoluta, alí están eles pra que non gobernen os gañadores.

Ao PP no fondo estalle ben por non seren capaces de presentar outro candidato, e esí terían a tal momento maioría absoluta, e nós libres dese pesadelo chamado Melchor Roel.
Amén Jesús.
Comentario por Xurxo Pena (02-06-2011 17:50)
9 A Paco líos, grande divulgador de chismes, contos e faladurías, parece que lle fode ter competencia. No seu último post do seu blog viveireando, queisaxe ama#blgtk08#rgamente de tanto ruxe ruxe. Probe, os imperios do monopolio pasaron á historia. Él xa só é un máis. Se quere selo único e inigualábel, que se veña pra Cuba.
Comentario por Fidel Castro (02-06-2011 18:20)
10 cambiar de candidato?
creo que apuntais en eq#blgtk08#uivocada dirección vuestros intereres partidistas,,,
Comentario por zorro veloz (02-06-2011 19:17)
11 Bueno carallo, ta todo cantado O BNG apoia o PSOE coma sempre, digamos que o PSOE e un rapas que vai o baile quente e coin ganas de foguete, e si no liga sabe que ten o remedio no BNG
que sempre estarádisposto#blgtk08# a abrirselle de pernas e deixalo facer O PSOE non ten presa xa vira o BNG ainda que se faga a mojigata está doente por irse co PSOE

TRANQUI MELCHOR IMOSLLE BOTAR OUTRA 1906 E ESPERAR QUE VAIAN VINDO.
Comentario por gadafi (02-06-2011 19:34)
12 A Paco Luis ahora disfrazado de travesti en VIVEIREANDO pareceulle moi mal que Bernardo acudira a mesa redon#blgtk08#da en Regal Xunqueira, pois dende aqui, como lector e asiduo de este blog recomendolle moito allo..........
Comentario por Covas (02-06-2011 19:49)
13 Pactos e máis pactos, inimigos irreconciliabeis rematan por ser os máis amigos do mundo mundial. Eu penso qu#blgtk08#e fagan o que fagan só van gañar eles, asi as cousas que fagan o que lles pete, que pa nos vai chover igual.
Comentario por A cruz da Campá (02-06-2011 23:59)
14 De acuerdo con el artículo. Lo primero LISTAS ABIERTAS YA, si yo quiero votar a un partido por mi ideología lo que no es tolerables es que me impongan a las personas.

Hago una reflexión , si no hay listas abiertas se entiende que el voto es para el partido, pero si luego un concejal se va de éste se va al grupo mismo como si el acta fue#blgtk08#se propia.El ejemplo claro lo tuvimos en el PP en la pasada legislatura. Los votantes del PP votan al partido pues no se pueden votar a personas, luego los que salen son propietarios del acta, no es esto una incongruencia?.
Solo trato de poner un ejemplo, no lo tomen por el lado de partidismo político.

LISTAS ABIERTAS YAAAAAAAAA
Comentario por juan (03-06-2011 11:05)
15 Volto con a quiniela dos pactos a tres:
BNG. Conelleria de Cultura e Educación
Concelleria de Servicios Sociais
Concelleria de Turismo,Industria e Comercio
IVI: Concelleria de Facenda
Concelleria de deportes
PSOE: Concelleria de chanchu#blgtk08#llos tamen chamada de chanchullos varios.
Concelleria de Muller e xuventude
Concelleria do medio ruaral e Medio Ambiente
Concelleria de Interior (Policia)
Concelleria de Obras e servicios
e calquer outra ocurrencia que teñan.
Comentario por Otero Regal (03-06-2011 11:19)
16 O "Zorro veloz" e o trasfuga que puxeron como secretario de organizacion no PSOE, parella da concellala trasfuga que eran do PP, e comian no Nito con o AJa e ben falando de#blgtk08# socialismo este trepa, que ademais no seu traballo conseguido por Aja en Vestas e un chibato e firmalle as baixas a sua muller, vaia etica esta tropa que rodea a o Melchor.
Comentario por Socialista. (03-06-2011 13:31)
17 Sobor do comentario 15.

Na quiniela que fas deíxase patente que o maís necesario, e do que se carece na coalición PSOE_BNG, é un concelleiro de facenda solvente, por iso sempre miramos a Leal, pois ninguén máis parece axeitado para ese cargo.
#blgtk08#/> Vendo as lista lo PSOE a único persoa que creo que podería ocupar esa concexalía e a rapaza Verónica , pero como é costumbre aquí os que valen nos levan, e se os levan é pa que non saían. Por iso o máis democrático e útil para un pobo son as listas abertas.
Comentario por Un de exquerdas (03-06-2011 16:06)
18 Sobor do comentario 15.

Na quiniela que fas deíxase patente que o maís necesario, e do que se carece na coalición PSOE_BNG, é un concelleiro de facenda solvente, por iso sempre miramos a Leal, pois ninguén máis parece axeitado para ese cargo.
#blgtk08#/> Vendo as lista lo PSOE a único persoa que creo que podería ocupar esa concexalía e a rapaza Verónica , pero como é costumbre aquí os que valen nos levan, e se os levan é pa que non saían. Por iso o máis democrático e útil para un pobo son as listas abertas.
Comentario por Un de exquerdas (03-06-2011 16:07)
19 bueno! y ahora sé supone que hay que hacer una quiniela en torno a quien se esconde detrás de que cada pseudónimo?
creo que las cabezas pensantes presentes deberían dedicar el tiempo a otra cosa en este blog y no a intentar adivinar la identidad de los blogeros..., cosa, por cierto, que es inútil, porque desmienta o confirme ese apunte quinielístico todo quedará en agua de borrajas... porque sus majestades no aceptan una corriente ideológic#blgtk08#a "diferente" o por lo menos que no cuadra con sus posturas claramente definidas e intentan ofenderme...o no soy yo? o sí? .., no se dan cuenta que carece de sentido y no se centran en lo importante... ? ay! comentario 16 de Socialista.! donde vamos a parar? y ahora que? otra quiniela y otro ataque? seré mujer y hombre?..
por favor! intentemos hablar de algo serio como estuvimos (por lo menos alguno) haciendo hasta ahora.
Sin acritud.
Comentario por zorro veloz (03-06-2011 19:17)
20 19.

Simplemente indicar respecto a las corrientes ideológicas que supongo que las habrá de todo tipo, pero el tenerla no debe de llevarnos a actuar cual rebaños de obejas.
El que habla es militante socialista de carnet desde los 20 años, pero no me impide critiacar o comentar lo que no veo bien aunque lo haga mi partido, así como puedo no sentirme re#blgtk08#presentado por este grupo de EX que dirigen ahora el Psoe en Viveiro, pero eso no hace que haya renunciado a mi ideología, pues esta no es propiedad de nadie.
Deberían de no tener la mala costumbre de que cuando se critica a algún partido que se dice de izqdas ya nos califiquen como de derechas , y es curioso que lo haga muchas veces quienes han saltado de acera.
Comentario por tolerancia (06-06-2011 10:41)
21 Gobierno de Concentración.

Dada la complicada situación financiera del Concello de Viveiro, se anuncia gobierno de concentración donde estarán representados todos los partidos de municipio a excepción de IVI.
Los 9 cocejales de este gobierno de concentración serán:

1. Melchor: IU-PC
2. M Loureiro: PSOE
3.#blgtk08# Cal: IU
4. Isabel: PP
5. Carlos: PSOE
6. Covadonga: IU-PC
7. Bernardo: BNG
8. Olaya: BNG
9. Manuel: BNG

Por tanto gobernarán juntos para sacar el Concello adelante, BNG-PSOE-IU/PC-PP.

Por número de representantes el alcalde saldrá del binomio IU-BNG

Xuntos Por Viveiro.
Comentario por Eduardo - Gobierno de Concentración (06-06-2011 12:41)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal