A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

HOXE A VOTAR
Chegouse a xornada de reflexión, día de eleccións e toca, suponse, aparcar a campaña. Claro que o lexislador non se propuxo mandar aos partidos que quiten os carteis, pancartas e bandeirolas publicitarias, como tampouco que os medios retiran da web o dito polos candidatos nestes quince días precedentes. Entón, que garantía real hai de que estes días de non campaña sexan de verdade?

Máis aínda: alguén garante que hoxe domingo, día da votación, un elector non poida acceder á información dos partidos? É tan sinxelo como que, entre nun buscador en Internet, teclee o nome deste ou aquel partido e se descargue o programa electoral ou o vídeo promocional dos seus candidatos.

Son estas algunhas das contradicións dunha normativa electoral que naceu nos tempos analóxicos, e que agora, no mundo 'virtual' no que nos movemos á velocidade dun clic, resulta en grao sumo obsoleta. Fai falta, xa que logo, unha lexislación 2.0. A ver se hai sorte para 2012

Sei que están tan fartos coma min. E non só dos políticos. Tamén de que as súas mensaxes ocupen moito máis espazo do que merecen nos medios de comunicación. E ata de tantas críticas a eses mesmos políticos, como a de quen subscribe. Pero fagan un último esforzo e aproveiten estas últimas horas antes de votar. Temos a tixola collida polo mango ata as 20 horas de hoxe domingo.

Saquen proveito do espellismo que se presenta cada catro anos e que converte ao cidadán máis humilde en persoa-obxecto de cobiza do aspirante ao poder. Sallan a pasear coas súas familias, sabedores de que as súas horas fugaces de protagonismo como cidadáns con dereito a facerse oír están a piques de reducirse á mínima expresión: desde o mesmo momento en que solten a papeleta na urna, no mellor do casos.

Dense un paseo pola avenida, o parque máis concorrido. Seguro que alí se atoparán co amplo sorriso de quen suspira polo seu apoio. E cando chegue ese momento, non se corten, porque posiblemente non volvan telos tan cerca como agora. E recórdenlles que pase o que pase, tanto se collen o bastón de mando, coma se quedan na oposición, quererán velos como nestes quince días de campaña, paseando ao seu lado pola rúa.
Otero Regal
Comentarios (12) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-05-2011 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
12 Comentario(s)
1
Os partidos políticos querían o monopolio da política e coar a xente. A democracia era isto, aínda que eles sigan ao seu.


Si gana por #blgtk08#maioría absoluta do PP debémoslla en gran parte ao PSOE. Que non culpe á xente que está cansada do sagastacanovismo. Reflexione antes de votar, cabaleiro, reflexione.
Comentario por Can de palleiro. (22-05-2011 11:15)
2
OPP como oposición de dereita?, cando o PSOE é a dereita. O PP é a#blgtk08# extrema dereita, só hai que ver o programa do PP , digno de nazis.
Comentario por Miguel (22-05-2011 16:02)
3 A crise, a corrupción e os ‘indignados’#blgtk08# fan que os partidos teman a abstención
Comentario por D.P. (22-05-2011 16:11)
4 Recorde Señor Otero Regal que o movemento de Democracia Real anima a non votar ningún dos dous partidos#blgtk08# maioritarios, PSOE e PP, feito que podería favorecer en Galicia a un partido de esquerdas, como o BNG.
Comentario por Maria (22-05-2011 16:13)
5
Posto que hoxe vivimos unha xornada especial para a democracia, mándeilles a os meus alumnos de ESO deberes de última hora. "Tedes que acompañar aos vosos pais/nais a votar, fixádevos moito en todo, en cada último detalle e se non entendedes algo, preguntarllo a quen sexa, ben pe#blgtk08#rsoas que estamos na mesas ou ben persoas ás que acompañades. Feito iso, quero que reflexionedes e escribades todo o que vos chamado a atención, o que aprendestes e que sentimentos se espertaron en vós: sorpresa, indiferenza, alegría ou calquera outra cousa.
Veremos maña o que pasa.
Comentario por Unha mestra (22-05-2011 20:02)
6
A verdade é que fai unhas cantas eleccións que non ía votar, pero esta vez, entre o #nolesvotes e as acampadas, volvéulleme a acender a lucecita #blgtk08#dos setenta e volvín a facelo.

Non se ata dinde chegará, pero me encanta que a xente móvase? ¡rexuvenéceme! ;-) .

Un abrazo.
Comentario por Xorxe (22-05-2011 20:04)
7
hoxe pódese palpar a esperanza. Non es o único que quere un cambio, non estás#blgtk08# só, o cambio é posible e é o que estamos pedindo.

P.S: Eu xa votei :)
Comentario por Pablo (22-05-2011 20:07)
8
No día de hoxe: ¡vo#blgtk08#ta unha loncha de chourizo!
Comentario por Acrata (22-05-2011 20:08)
9 Que nadie dude de la necesidad de Votar, de ir a las Urnas a decir lo que piensas, lo que dicta tu corazón tras meditar con la mente. Pros y contras confirman que somos una sociedad que, ALGUIEN debe dirigir, alguien aceptado por el pueblo para que labore para el pueblo. Hagamos, co n nuestro voto, que las utopías se conviertan en realidad, que el resultado de hoy nos conduzca a la Soc#blgtk08#iedad del futuro, con un Agora de discusión sana, en la que participe la ciudadanía . OJALÁ QUE EL DÍA 22 DE MAYO DE 2011 quede fijado en la história de nuestro país y del mundo. Que represente un Cambio de rumbo en Democrácia. Que a partir de mañana festejar haber conseguido una DEMOCRÁCIA REAL PARA TODOS SIN DISTINCIÓN. HAGAMOS LO IMPOSIBLE YA, SI QUEREMOS QUE EL FUTURO SEA NUESTRO.
Comentario por Madrid (22-05-2011 20:09)
10
Hoxe vótase ao alcalde de Viveiro para os vindeiros catro anos.

Non podo votar polo melenas , mangante, entendame falo de folgazan e desaliñado que responde por Melchor Roel Rivas (PSOE). De ser camareiro ou encargado do parking, deixaríalle boas, aínda que razoables, propinas. Iso si. Pero alcalde de VIVEIRO ese chaqueteiro retrógrado mascatrancas Definitivamente, non.

Non podo votar por ese fofo artefacto PEPERO que responde por Cesar Aja Mariño (PP). É un tipo que de atoparmo nun local de swingers, daríame a volta e escaparía á carreira. Non querería tocar nada antes tocado por ese baboso con ínfulas de «xerente». Ese ridículo bofe.

Non podo votar por Leal (IVI), un tipo que non é que sexa menos intelixente que o meu can, senón que tamén cede en agudeza a unha iguana que consent#blgtk08#ín (ou iso creo) o pasado outubro .
Non podo votar por Bernardiño de Celeiro (BNG). Ah, por Deus (ou similar), ¡non me pidan que o explique, que entrariamos nun debate sobre o calibre óptimo das balas! (As balas dialécticas, bobos e, ejem.)


Non podo votar en branco, como me chaman a facer hoxe moitos amigos en opción que me tentarón. Pero non voto para denunciar, que para denunciar xa escribo ou falo. Votar é outra cousa, porque un deses imbéciles descritos aí arriba vai ocupar a alcaldía de Viveiro durante os próximos catro anos e os outros tres imbéciles descritos compadrearán con el para foderme mellor. Peor, máis ben.

Hoxe domingo, vou votar. Faino ti tamén, oe. Fode ao que vai gañar; fode máis aos que van perder. Fódete a ti, sobre todo. ¡Fode!
Veremos si Regal publica esta xoia.
Comentario por Ferré (22-05-2011 20:35)
11 Eres bruxo? Pois a#blgtk08#certache o pleno.
Comentario por Covas (23-05-2011 07:38)
12 Cubrete as espaldas que tanto Aja como Melch#blgtk08#or iran a por ti con mais mala hostia ainda.
Comentario por Un amigo (23-05-2011 07:39)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal