A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A ENQUISA "REFINITIVA " DE VIVEIRO
Pasado o día de pegada de carteis, sacamos a nosa encuesta particular, non íbamos a ser menos en A MALIÑA DE LUGO, blog mais veterano deste norte nordesio, que con o lema de AGUANTA E VENCERAS segue aquí ante ventos e tempestades.
Pois ben despois de unha rigurosa encuesta, preguntamos a o vento do nordeste, a os pinos da Gañidoira, a catro amigos e a doce enemigos, primos, cuñados e demais familia xa temos o resultado, eu non sei por que estes aprendices de politicos que queren seguir ou subir o machito de “mando en praza” da Praza Maior non nos fan caso e deixan de darnos a tabarra.

O efémero efecto, máis ben espellismo interesado, do sorpaso da presentacion das candidaturas mais perralleiras da historia da democracia en Viveiro serve para pouco mais que os comentarios de meson, cafeteria ou pub, “ Naquela levan a un que saeu nos papeis por un asunto de Internet, naquela outra levan a un borracho como seu pai, naquela outra vai un que exerce de miron nas prais en veran…..”.As renovacions de “mentirijillas”, pouco serven, ou sexa de nada, dos cabezas de lista ningun estrena candidatura, o do BNG xa foi de numero dous fai catro anos e os demais van de catro legislaturas a 5 ou 6 , asi que o de renovarse ou morrer aquí algunos queren morrer con as botas postas.
De pouco serve axitar axóuxeres polos mitins e facer soar a carraca de que o outro e o malo, cando a campá só tañe: malos, maliños e cagabandurrias sodes todos. ...

Acabada esta remollada Semana Santa de resurrección, volve a campaña e os socialistas de Melchor Roel a percorrer un camiño que só parece conducir ao calvario. As nosas sondaxes electorais son cada vez máis túzaras. A pregunta xa non está en quen gana senón en canto perde o PSOE. Por un bastante, dous ou tres concelleiros. Que a día de hoxe andan aí, no gume da navalla, de quedar en coiros vivos en canto a poder municipal refírese. Sen unha taifa onde reinar, sen unha ínsula que gobernar nin unha gorra que repartir á parroquia, que está que non lle chega a camisa ao corpo de onde vaise a irse asesorar. Xa nin teñen quen pegue os carteis.

A pantomima do PP decindo que ahora Aja vai a seguir prometendo un aeroporto na Insua, un campo de golf en San roque con casiñas tipo suizo e todo, un ponte colgante no Zembedo, unha lagos de auga doce na praia de Covas, un parque tematico nas minas da Silvarosa con teleférico dende a Praza Mayor, Unha gran superficie comercial no porto de Viveiro….., dende logo os anteproyectos xa os ten pagados de cando era o amo e señor de Viveiro. O miragre Aja desfaise ante o chuvieiro da realidade. Primeiro porque non había tal, segundo porque segue sendo igual que era de todo e en todo e terceiro porque a xente non é tan boba como para non entender que non e un Extraterrestre senón o alcalde que sufrimos durante mais de 20 anos.

Malos son os agoiros pero encima non lles queda pólvora. O mantra do pérfido inimigo está gastado, o suposto recambio é en realidade o útil máis antigo da casa e a escusa final de que o noso mal é de moitos ten resposta no sabio devandito popular de que é consolo de bobos. E nin iso.

Por Lodeiro e por os locais do Pombo da travesia deseñaron un enxuague con Bernardo uns e con Leal os outros investidos de mariscal de campaña, supón xenial estratexia.

Todos eles saen a dez titulares por día pero queda medio mes escaso para que, disipada a fumareda de estóurelas artilleiras, compróbese cal é a infantería que domina o campo de batalla. Os plans e as contas de ROEL, AJA, BERNARDO e LEAL e de todo o sanedrín que hoxe piden o noso voto poden ter ese día o valor dos da Leiteira.
AQUÍ A NOSA ENQUISA DE ESTA SEMAN
A unica e verdadeira, (nin a da deputacion, nin a de rua do PP teñen nin puta idea)

PP: 7-8
PSOE: 5-6
IVI: 2-3
BNG: 2-3
Seguiremos preguntando e seguiremos poñendo datos, aquí non temos limite, nin censura, asi que unhos dias antes sacaremos os guios….e, recorden, lenos cada post mais 2000 persoas…¿Sorpresa? Xa o creo queridiños politicos, por certo non se vos ocurra ir a ver o director-a como en outras ocasions para que me boten ou censuren, aquí o director son eu, si home si Otero Regal.
Comentarios (20) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-05-2011 10:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
20 Comentario(s)
1 A miña aposta:
PP: 8
PSOE#blgtk08#:6
BNG: 2
IVI: 1.
Comentario por Covas (07-05-2011 12:48)
2 2000 letores de media por post, esta moi ben, algunhos periodicos da zoa non teñen tantos.#blgtk08#r /> Esto e moi bon para que os politicos entendan que os tempos estan cambiando, e moito.
Comentario por Rosa (07-05-2011 12:50)
3 Gustoume a mostra da enquisa e coa mesma base fixen unha en Foz, pois eu en Viveiro non teño grandes intereses... bueno a verdade é que en Foz tampouco, pero xa que estou #blgtk08#censado nesa "cidade", só de pensar en Foz como cidade dame a risa. Bueno pois vai a aposta por Foz: Perden todos (PSOE, PP e BNG) un concellal e eses tres gañaos UNIFOZ.
Comentario por A cruz da Campá (07-05-2011 23:40)
4 Moi bon o escrito, teslles autentica enquina, pero con retranca, saquei copia e onte o enseñei a hora dos viños,a xente escarallase,menos mal q#blgtk08#ue ainda queda xente con sentido do humor por aqui.
Eu tamen poño a miña inquisa:
PP: 7
PSOE:6
BNG: 3
IVI: 1
Comentario por (08-05-2011 09:15)
5 ¡Increíble! ¡Me ha encantado! Se pued#blgtk08#e decir más alto, pero no más claro
Comentario por Aida Vega (08-05-2011 09:21)
6
Ata que os políticos non se sometan á total transparencia, económica, patrimonia#blgtk08#l, relacional, compromisal, etc, etc, a sociadad non quere saber moito sobre mamoncetes.
Comentario por Manolo (08-05-2011 10:20)
7 Solo Dios puede salvar a Viveiro, votemos por Cesar #blgtk08#Aja ejemplo de una vida honrada sin mancha alguna .
Comentario por Beni (08-05-2011 19:33)
8 Antóllaseme que sería conveniente que volvesen gañar os de Roel....
máis que nada porque se gaña outro partido o único que vai herdar é ruí#blgtk08#na e débedas.
Con que ánimos preséntase un rival político ao goberno municipal sabendo que se gana terá as mans atadas ante tanto barullo?
Comentario por Pacola (08-05-2011 19:41)
9 Con todo respecto, para o que trata de xustificar a mala xestión, a ambición, a vinganza, o egoísmo, a prepotencia, reducíndoo todo á simple mirada aos veciños, para o meu entender é conformarse con pouco.
Non podemos esperar que se ao veciño vaille mal, iso repercutirá para ben en nós.
Por outra banda, dicir que o proxecto " Independente", fai tempo que deixou de funcionar e que na actualidade só vive no espírito daqueles que se deixaron embaucar por promesas baleiras nuns casos, e pola esperanza do cobro de servizos prestados doutros.
#blgtk08#/> Logo da festa, vaise vendo todo máis claro. Simplemente non había proxecto, aproveitaron o traballo que se deixaron a medias outros. malgastaron o pouco que quedaba. deron preferencia aos gastos en festas, antes que en resolver problemas endémicos do noso pobo.
Por outra banda a aqueles agoreiros que prognostican o triunfo do PP en xenerais , dicirlles que xa se verá. E no caso de que iso sucedese, desde logo non estariamos tan sos como agora.
Se se sabe onde quérese ir, aínda que o camiño sexa longo e dificultoso, ao final chegarase.
Comentario por Anonimo (08-05-2011 19:45)
10
Está bén dar a súa opinión e informar aos cidadáns do que un pensa que o outro está facendo, pero pareceme un acto de prepotencia falar dos problemas dun partido, só a traves de suposicións, estes argumentos desde a miña humilde opinión teñen mais de Aramis Fuster que de outra#blgtk08# cousa. Por que segundo os seus prestensiones e basandome tamén no que vostede comenta entre os seus círculos mais próximos, a súa máxima é a de tocar o carallo a todo dios. Non sei o que pasa en cada grupo político deste municipio pero se sei que por fin Viveiro ten o que nunca tivo.
Comentario por Alvarez (08-05-2011 19:48)
11 Pois eu opino que AJA:9 concell#blgtk08#eiros Roel: 5 BNG: 2 e IVI: 1
Comentario por Un do PP (09-05-2011 12:33)
12 Bueno, bueno alterase o galiñeiro......Alvarez ponse nervioso, pois recorde o dos allos, e xa son vastantes os mansos que pelotean e fan cola para pedir esmolas e apuntarse a aquelo de "QUE HAY DE LO MIO" Asi que por un que exista que co seu nome e apelido diga o que pensa tampouco e tanto....de todas formas neste blog, publicase todo os que din que AJA e un santo, os que din que#blgtk08# Melchor e o demo mesmo, os que din como ustede que "pero se sei que por fin Viveiro ten o que nunca tivo." e calquer outra opinion.
E unha magoa que o PSOE non soio non teña carteis postos por viveiro, catro e a caixa, si non tampouco quen lle vote unha man nos medios falando moi ben deles excepto reportaxes e publicidade pagada, e eso e cousa de catro dias.......
Comentario por Otero Regal (09-05-2011 12:41)
13 A REFINITIVA E ESTA:
BNG 5
PP 7
PSOE 4
IVI 1<#blgtk08#br /> Asi que por primeira vez teremos un alcalde do BLOQUE en Viveiro.
Comentario por Un Nacionalista (09-05-2011 12:43)
14 A absoluta desorientación do psoe de Viveiro, unido a falta de gancho do BNG e a que aos de IVI se lles ve vir co moita claridade, deixan o campo despexado pra que AJA gañe por maioría absoluta. Non serán os seus méritos os que o leven á alcaldía, senón o absoluto desastre que son o re#blgtk08#sto de opcións. Fixaivos tamén no cambio de liña da Voz de Galcia, toda unha premonición sobre o que vai pasar. Deixan de facerlle a pelota a Roel e comezan a facerlla a Aja... teñen clariño o que vai vir, e preparan o terreo.

PP 9
PSOE 5
BNG 2
IVI 1
Comentario por Pirixel, paraíso natural. (09-05-2011 13:06)
15 Estou de acordo coa análise de Regal,o PSOE de Viveiro anda desmoralizado. Os socialistas de Viveiro ven coma os fracasados de Esquerda Unida(Roel, Cal, Amor) aproveitanse das suas siglas e sen contar ca xente que traballou arreo polo PSOE. E mais agora, ca fichaxe da "lideresa" de CCOO que, debe ser a substituta de Amor coma "doberman" do grupo socialista(Cal so chega a"canciño ladrador"), pois o "talante" é o mesmo. Non debe haber socialistas competentes, que pescan sempre no caladoiro de EU ou de Comisións.
No PP non andan moito mellor, tentan repetir o "Cesarato" cunha banda de descoñecidos sen nengún mérito c#blgtk08#oñecido e marxinando ós seus propios afiliados en beneficio duns "paracaidistas" que lle será moi dificil a Aja explicar que carallo fan aí. Se na situación que hai no PSOE, non acadan a maioría absoluta, será o fracaso definitivo de Aja e a súa prepotencia. A abstención vai ser a grande inimiga do PP.

Con todos os defectos que se lle podan poñer, a lista do BNG é a única que que leva xente do partido e que vai defender as suás ideas. Non hai fichaxes extranos coma nos outros partidos e a xente que vai na lista é a que traballou polo BNG e, sobre todo, elexíronse en asamblea de afiliados, non por "dedazo" .
Comentario por Aja, Roel e o desprezo aos afiliados propios (09-05-2011 22:00)
16 ¿Sei que te cabreache con Gonzalez P... estooo con #blgtk08#Pentapolín que agora xa non participa no teu blog?
Comentario por Anonimo (09-05-2011 22:41)
17 Pois eu tamen son de Foz como A CRUZ DA CAMPA, vou dar a miña quiniela
#blgtk08#> PSOE.....5
PP.......5
BNG......2
INDEPENDENTES...1
Comentario por Foz (10-05-2011 15:19)
18 Outra quiniela para Viveiro.
PSOE: #blgtk08#5
PP:6
IVI. 3
BNG: 3
Comentario por Xose (10-05-2011 19:34)
19 E certo, este blog fai moito tempo que existe, despis saeu VIVEIRO DEBATE e despois VIVEIREANDO ahora ese de GARAMATA, e algunhos cerrarom e outros van a ralenti......este carallo de Regal segue dando caña caña y caña que decia cando tiña programa na COPE. Aqui deixo algo moi curioso do blog de AJA:
¿Que opinas de los blocs de política que están saliendo ahora a la luz en Viveiro? Me refiero al de Regal y al Viveireando, pero especialmente al Consulado Garamanta. ¿Cres que están jugando el papel que la prensa escrita no lleva a cabo en La Mariña?
Un saludo.
Fidel.
Re: Blogs de política vivariense

Mensaje CesarAja el Dom Abr 17, 2011 9:21 pm
Sí, creo que juegan un papel que no cubre la prensa escrita, pero es que opino que debe ser así, los medios de comunicación "oficiales" no buscan los mismos objetivos que un blog. No creo que los blogs suplan carencias de la prensa escrita en la Mariña.

El contenido de un blog expresa las opiniones o informaciones que su blogger quiere poner. De este modo la información de un blog no pasa por ningún filtro ni tiene porque estar contrastada como la información que se publica en un m#blgtk08#edio oficial.

Creo más bien que en algunos casos los blogs con opiniones sobre política vivariense vienen a completar un espacio que no puede ser ni debe ser cubierto por la prensa escrita. Son ámbitos diferentes.


En mi opinión es saludable que existan medios como internet que nos permitan expresarnos y comunicarnos con cualquier persona que visite nuestros blogs, no obstante insisto en que la información que aparece en internet no siempre está contrastada y es veraz por lo que hay que entenderla con reservas dependiendo de la fuente de que provenga.

Huelga decir que lo que yo escribo en mi blog es totalmente veraz pues no escribo sobre comentarios si no sobre cosas que he vivido en primera persona.

Muy interesante tu reflexión, un saludo.

Volver arriba

ali-babá


ali-babá
Invitado

Mensaje n°3

Blos de polítoca

Mensaje ali-babá el Vie Abr 29, 2011 5:18 pm
Dirás lo que uieras, pero todos hemos leido lo que has escrito en el bloc de Garamanta...

Volver arriba

luis
Comentario por ALI.Baba (10-05-2011 19:45)
20 Pois eu creo que sera asi
ROEL: 9
#blgtk08#/> AJA: 5
BERNARDO: 2
LEAL: 1
Comentario por Mari Luz (10-05-2011 19:46)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal