A MALIÑA DE LUGO


BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mais seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada unhos cantos dias, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL, vivo en Xunqueira un barrio de Viveiro, aqui teñen a sua casa. www.oteroregal.com

O meu perfil
ceramica@oteroregal.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A MONSERGA DE MONSEÑOR
Lin fai unhas semanas que un Bispo da igrexa Católica Apostólica e romana dicía que “España está enferma porque os mozos aspiran a traballar no sector público e que somos unha sociedade subsidiada.”

E un que leva unha semana ben jodido, tirado na cama cunha gripe desas cunha “cepa” cunha mala leite de moito San Dios, aproveito para dirixirme ao Monseñor, ou Eminencia ou a súa Santidade, vostede perdoarame pero estou frouxo en protocolo eclesiástico.

Di vostede que España está enferma. E esta vez non falou do divorcio, nin do aborto, nin da homosexualidade, nin deses asuntos que sempre lle traen a vostedes de cabeza nas longas noites de inverno. Nin sequera se referiu a eses descoidos que teñen nas súas filas día si e día tamén, metendo a man nun cepillo ou nun raparigo. Dixo vostede que está enferma porque os mozos aspiran a traballar no sector público e que somos unha sociedade subsidiada.

Isto dío un señor que é o encargado dun gremio que non fabrica marionetas de trapo, nin fermosa cerámica, nin mobles de deseño, nin lavadoras ecolóxicas, nin sequera cociña brazos de xitano como as monxas de convento de aquí o lado. É vostede unha especie de tertuliano, como Belen Esteban, Rahola ou como Kiko Matamoros, coa diferenza de que o seu soldo non depende da audiencia senón da achega que fai o Estado, un estado aconfesional, se se me permite dicilo. De maneira que un subsidiado critica os subsidios, coma se Belén Esteban criticase o mal gusto ou coma se Tío Gilito criticase o capitalismo.

Eminencia, eu non son un subsidiado deses. E o que é peor, nunca o quixen ser. Adícome a facer cerámica, antes servín copas, comidas e moitas mais cousas pero sempre quixen crear cousas e ensinar o pouco que sei. E aínda que a vostede lle pareza estraño, non só me encanta o meu traballo, senón que me sinto útil. Quizais me engane a min mesmo, pero son dos que cre que as sociedades progresan se están ben formadas. Ata, mire Santidade se son iluso, ata me creo que canto máis preparados estean os mozos, máis espírito crítico desenvolverán, máis libres serán e máis sentido terá iso que chamamos democracia.

Dirame vostede que a educación tampouco debe subsidiarse, que cada pau aguante a súa vela, e que quen queira ser listo que llo pague. De feito, vostedes teñen unha rede de centros privados, nos que instrúen aos seus fieis nas súas parafilias particulares. Se existen escolas de magos, escolas de tarot, cursos de barra americana ou clases de mus, non serei eu quen critique as escolas relixiosas nas que por certo fun alumno algunha vez. Pero aínda que vostede non se deu conta, porque é o que teñen os oropeles e o poder, que lle fan perder o contacto coa realidade, hai moitas persoas que non poden acceder a unha educación privada. E fai xa uns cantos anos, sería na época da desamortización de Mendizábal para que se faga unha idea, aquí decidimos que a educación era universal, e que iamos intentar crear unha sociedade de igualdade de oportunidades. E que non iamos someter ás persoas á tiranía do berce, esa que funcionaba tan ben no século XVI, na que o destino estaba marcado no momento en que nacías.

E hai países que llo creron de verdade. Neses países, un mestre é alguén querido e respectado. Hai países que saben que todo depende de que os mellores, os máis capacitados, os máis preparados, os máis traballadores, decidan dedicarse á cousa pública e transmitir aos demais o que intentan saber. Hai países (onde ademais fai moito frío) onde o futuro depende de que os mellores queiran ser traballadores públicos, e dedicarse a ensinar. Que é, fíxese vostede, exactamente o contrario do que vostede opina.

E agora imaxinemos un país onde os mellores licenciados en dereito deciden ser bos xuíces ou bos avogados de oficio, onde os mellores licenciados en medicina deciden ser médicos en centros públicos, onde os mellores, os máis preparados, son responsables de centros penais, ou asistentes sociais, ou xestores da seguridade viaria, ou que se eu, arquitectos municipais… Xa ve, o que para vostede é unha enfermidade, para a min é un síntoma de saúde, e isto ocórreme case sempre que vostedes cualifican algo de enfermo ou anormal. Relativismo, chámano vostedes.

Non se preocupe. Non é vostede o único. Hai unha ofensiva imparable, nos medios, nos faladoiros, nas escolas de negocio, nos partidos políticos e ata nas setas satánicas, contra a res pública. España vai mal porque hai moitos traballadores públicos (funcionarios chámanos vostedes, aínda que moitos non o sexan), e a única cura é limpar o país de vagos e maleantes mestres, médicos, avogados, asistentes sociais, e demais parasitos. Co transfondo da crise, os de sempre están desmantelando os servizos sociais, mestre a mestre, escola a escola, hospital a hospital. E están gañando a batalla dos discursos, co mantra do vago funcionario. De feito, vostedes sempre foron a coartada ideolóxica dos de arriba. E, por iso, Monseñor, recitan no púlpito as mesmas homilías que lemos nalgunhas revistas de negocios. A mesma monserga.

Otero Regal
PD: Este articuliño, esta publicado tamen en CRONICA 3 A MARIÑA.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-03-2012 13:54
# Ligazón permanente a este artigo
TEMPOS DE GALIÑAS E PAUS
A miña avoa Maria tíñalle medo a calquera que leva unha arma colgada do cinto. Dicía que ter unha pistola, ou unha porra, ao alcance das súas mans, transforma aos homes, converténdoos en pouco máis que bestas primitivas a mercé dos seus ancestrais impulsos máis violentos. Aínda recordo, case con nostalxia, que se nalgunha das súas escasas idas e vindas, atopábase cun membro dalgún corpo de seguridade do estado, mirábao con desconfianza, de esguello, apertaba o paso e se podía, cruzaba de beirarrúa. Claro que a miña avoa viviu unha guerra cruenta e tan sen sentido como o son todas as guerras, unha postguerra de fame e enfrentamentos pola cor dunha bandeira e unha ditadura na que a maioría dos uniformes supuñan unha ameaza velada; ou non tan velada. Tanto medo lle daban, que cando empecei a ter concencia do que pasaba tremaba mesmo pola miña vida, creo eu. "Pero mira que es esaxerada, avoa", dicíalle eu, rindo.

Carga policial en Valencia

Porque para min, en cambio, un fill0 da democracia e a liberdade, dos dereitos do pobo e as vacas gordas, a policía fora sempre o que se supuña que debía ser: Unha entidade na que confiar, cuxa función principal consistía en protexer e axudar aos cidadáns honrados e composta por profesionais cabais aos que recorrer en caso de apuro.

Así que cal sería a miña sorpresa, señores meus, cando o outro día presencio, non en vivo, pero case en directo, e grazas á tecnoloxía punteira que ofrece Internet e o seu acceso a vídeos que acaban de ser filmados, como un grupo de membros do até entón respectado corpo da Policía Nacional cargaba sen piedade contra un puñado de raparigos, menores todos, de aspecto inofensivo e actitude pacífica, que se manifestaba ás portas do seu instituto para reivindicar os seus dereitos, nunha cidade calquera da xeografía española. Atónita, contemplei o seu comportamento covarde e brutal, un comportamento que obtivo como resultado as máis terribles expresións de pavor, algún regueiro de sangue e unha chea de detencións e retencións ilegais daqueles mozos que aínda aprenden a loitar polo que cren que lles corresponde, mentres me dicía a min mesma que non podía ser certo, que aquelas imaxes non podían ser recollidas na España contemporánea, nunha España que eu cría moderna e civilizada, con todo e a pesar de todo.

"Váiselles a caer o pelo", pensei, convencido de que aquel acto desmesurado e sen parangón durante o últimos corenta anos tería consecuencias graves para todos os seus responsables. Pero cal sería a miña sorpresa cando ao día seguinte leo na prensa que a delegada do goberno restara importancia ao asunto e aprobado a actuación policial de marras con argumentos tan peregrinos como que entre os manifestantes atopábanse "elementos subversivos", igualiño mesmo que na epoca de Franco, edespois cabreanse cando lles chamo netos de Franco, mentres que o xefe de policía daquela cidade cualificaba como inimigos ao catro raparigos que se manifestaron, probablemente por primeira e poida que por última vez nas súas curtas vidas.

Así estamos xa, señores. Botémonos a tremer.
Otero Regal
Comentarios (10) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-02-2012 13:50
# Ligazón permanente a este artigo
HIXIENE DEMOCRATICA

Os políticos pola súa proxección, pola súa condición de responsables dos fondos públicos, por ser elixidos para representar a soberanía popular, non deberian esquecer xamais que son referentes morais e iso, gústelles ou non, obriga, por canto o son para ben e para mal.

Con todo, á vista do desencanto que aniña nos cidadáns cara a eles, da galopante perda de credibilidade que padecen, da cada vez máis arraigada convicción de que de pouco serven para resolver os importantes problemas económicos que aburan á maioría e que a indecencia non poucas veces se enseñorea entre eles, evidénciase que a referencia moral que proxectan é ben pouco edificante, o cal, desde un punto de vista de hixiene democrática, é certamente preocupante por canto a desafección, o desapego ao berro de «Que se vaian todos!», anima aos máis involucionistas.

E se a isto unimos o descontento polos sucesivos recortes que aumentan as diferenzas sociais, coma se dunha espiral viciosa se trata , e se ademais a este sombrío panorama engadímoslle a falta de futuro, o horizonte que se albisca non é certamente plácido, por máis que polo momento o medo e a resignación lograsen que a maioría asuma o discurso que di que veñen anos, numerosos, de penalidades para pagar os excesos cometidos.

Pero, tal e como andan as cousas, tal e como galopa a crise social, tal e como medran os perigos, tal e como se seguen comportando moitos deses que debían ser exemplares referentes morais, empeñados, con todo, en andar de rifa en rifa, fixádevos na Mariña nos últimos días, que a ninguén estrañe que a protesta que até agora só salpicou algúns puntos acabe popularizandose.

Por iso, falando deste norte galego á cabeza do paro e a pobreza, con diferenza con respecto á media, neste tempo azul escuro, case negro, resulta desolador comprobar como o debate político céntrase nun “sacate tu e poñome eu” no que non importa perder as formas e no que se constata que poden máis as manobras orquestrais en favor dos intereses partidarios que o interese xeral.

Cando máis que nunca se precisa a cooperación e solidariedade institucional, seguimos nas mesmas, na casquería política. Practíquese aquí ou veña de Santiago ou Madrid.
Otero Regal


Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-02-2012 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
COMO CRIAR A UN FILLO DELINCUENTE.
Como criar un fillo delincuente (non falla)
O popular xuíz de menores de Granada, Emilio Calatayud, coñecido polas súas sentenzas educativas e orientadoras, publicou un libro 'Reflexiones dun xuíz de menores' (editorial Dauro) no que insere un 'Decálogo para formar un delincuente'. É moi interesante, e di así: Criar un fillo delincuente non é dificil....

Decálogo para formar un delincuente



Comece desde a infancia dando ao seu fillo todo o que pida. Así crecerá convencido de que o mundo enteiro perténcelle.
Non se preocupe pola súa educación ética ou espiritual. Espere a que alcance a maioría de idade para que poida decidir libremente.
Cando diga palabrotas, festéxellas. Isto animarao a facer cousas máis graciosas
Non lle rife nin lle diga que está mal algo do que fai. Podería crearlle complexos de culpabilidade
Recolla todo o que el deixa tirado: libros, zapatos, roupa, xoguetes. Así se afará a cargar a responsabilidade sobre os demais.
Déixelle ler todo o que caia nas súas mans. Coide de que os seus pratos, cubertos e vasos estean esterilizados, pero non de que a súa mente se encha de lixo.
Rifa a miúdo co seu cónxuxe en presenza do neno, así a el non lle doerá demasiado o día en que a familia, quizá pola súa propia conduta, quede esnaquizada para sempre.
Dele todo o diñeiro que queira gastar. Non vaia a sospeitar que para dispor do mesmo é necesario traballar.
Satisfaga todos os seus desexos, apetitos, comodidades e praceres. O sacrificio e a austeridade poderían producirlle frustracións.
Póñase do seu parte en calquera conflito que teña cos seus profesores e veciños. Pense que todos eles teñen prexuízos contra o seu fillo e que de verdade queren amolalo.


Calquera coincidencia coa actualidade da nosa sociedade NON é pura casualidade...
Comentarios (9) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-02-2012 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA VIVEIRESA A O FRENTE DE PARADORES
ANGELES ALARCO CANOSA, nieta de D. Ramon Canosa ERA DIRECTORA XERAL DE TURISMO DE ESPERANZA AGUIRRE e habitualmente veranea en Area donde seus pais teñen casa, antes faciao en Covas na casa de sua aboa.
El ministro Soria coloca a la exmujer de Rodrigo Rato al frente de Paradores

La exmujer de Rodrigo Rato, Gela Alarcó, fue nombrada en el Consejo de Ministros del viernes nueva presidenta de la red de Paradores del Estado. Ángela Alarcó Canosa se suma así a la larga nómina de fichajes que el Gobierno de Mariano Rajoy ha hecho procedentes del Ejecutivo regional madrileño de Esperanza Aguirre. Alarcó, a la que todo el mundo conoce como ‘Gela’, desempeñaba en la actualidad el cargo de directora general de Turismo de la Comunidad de Madrid.

El fichaje de Alarcó no ha sido comunicado aún al Consejo de Paradores y ni siquiera, según ha podido saber 'El Confidencial', ella lo ha comentado en la Comunidad. Las buenas relaciones del ministro de Industria, Comercio y Turismo, José Manuel Soria, con la presidenta madrileña Esperanza Aguirre, sin embargo, ha facilitado la elección de la ex del actual presidente de Bankia.

Alarcó, tras más de diez años de matrimonio y tres hijos en común, se separó de Rato. La confirmación oficial de la ruptura llegó cuando a la boda de Ana Aznar y Alejandro Agag en El Escorial en septiembre de 2002, Gela acudió a la iglesia junto al matrimonio Mayor Oreja y el entonces ministro de Economía lo hacía solo.

Gela Alarcó entró a formar parte del Gabinete de Esperanza Aguirre como asesora de la presidenta regional después de la separación. Posteriormente fue designada consejera delegada de la sociedad pública Turismo de Madrid, una de las empresas públicas de la Comunidad que el Gobierno regional decidió eliminar al concluir la pasada legislatura como consecuencia de la política de austeridad motivada por la crisis. Alarcó fue nombrada entonces directora general de Turismo, cargo que venía desempeñando en la actualidad.

La red de Paradores del Estado, con 93 establecimientos a lo largo de toda España, debe acometer su futuro inmediato abriendo las puertas a una privatización de la gestión, como ya advirtió el propio ministro. Distintos grupos hoteleros, como NH, se han mostrado interesados en concursas para hacerse cargo de la misma. El Ministerio de Industria ya advirtió que no estaba dispuesto a privatizar el conjunto de la red por la aportación que Paradores hace a la ‘marca España’ y su “influencia positiva” que debe tener en el futuro como reclamo para el turismo, sobre todo en Europa.
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-02-2012 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA XUSTICIA DE MERDA
Que vergoña, condénase aos que perseguen os crimes dos poderosos. Está a mandarse unha mensaxe inequívoca aos demais xuíces. Ollo con quen vos meteis! Para vomitar. Dan ganas de saír fuxindo deste país. Que xentuza!
As redes sociaes enchense de mensaxes de apoio a o maxistrado Baltasar Garzón

"Nin respeto nin acato"

PÚBLICO.ES Madrid 09/02/2012 14:18 Actualizado: 09/02/2012 14:56


El Supremo inhabilita once años a Garzón por el 'caso de las escuchas'

La inhabilitación once años al juez Baltasar Garzón por las escuchas de la trama Gürtel ha sido objeto de numerosas críticas nada más conocerse. El diputado de IU por Asturias, Gaspar Llamazares, ha sido de los primeros políticos en pronunciarse: "Condenan al juez Garzón a once años de inhabilitación. Un linchamiento y un escándalo que ni respeto ni acato".

Asimismo, ha anunciado que utilizará su portavocía en la comisión de Justicia del Congreso para denunciar "la injusticia". "Y esta es monstruosa", ha añadido. El también diputado de IU Alberto Garzón, se ha limitado a señalar que "la justicia está enferma".

El portavoz de Justicia del PSOE, Julio Villarubia, ha confirmado que a su partido no le gusta la condena. "No nos gusta ver que un juez con este perfil sea condenado por un delito tan grave y que curiosamente sea el primer condenado en esta trama de corrupción". No obstante, ha afirmado que acatan y respetan la sentencia ya que esa "es la grandeza del Estado de Derecho".

Otro diputado, el socialista Luis Tudanca, por su parte, ha recordado que mientras el expresident de la Generalitat valenciana, Francisco Camps, fue absuelto, "el juez que lo investiga condenado". "Creo que la justicia en nuestro país está herida de muerte", ha zanjado. Otro socialista, Pedro Zerolo, ha pedido "hoy más que nunca, apoyo a Garzón".

En la misma línea, el presidente de la Asociación para or la Recuperación de la Memoria Histórica, Emilio Silva, que esta semana declaró en el Supremo a petición de la defensa de Garzón en el juicio por tratar de investigar los crímenes del franquismo, ha definido esta condena al magistarado como una "nueva victoria del Estado de deshecho".

El cineasta Montxo Armendariz también se ha sumado a las palabras de rechazo a la condena. "Se empieza callando ante una situación de injusticia personal y se termina aceptando una ¿justicia? como la que tenemos", ha apuntado.

Comentarios (23) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-02-2012 15:08
# Ligazón permanente a este artigo
UN MUNDO DE ROUPA
A demostración efectiva de que nos últimos 50 anos vivimos en un mundo equivocado, confuso viciado, é analizar polo miudo en que gastamos os cartos que gañamos cada un de nos co suor da frente ou con calquen outra cousa.

A vestimenta, adornos e abalorios varios é unha parte do destino do noso erário, cada habitante do noso entorno merca ó ano unha cantidade inmensa de bragas, calzoncillos, camisas, camisetas, faldas, pantalóns de todos tipos e colores, calcetins, zapatos, zapatillas, adorniños varios para poñer en orellas, fuciño, pescozó e donde sexa que en cuestión de gustos e pareceres non temos nada escrito.
As grandes fortunas, por estes pagos, non se fixeron nin coa construcción, nin co transporte, nin ca especulación, fixeronse ca fabricación e venda do trapo, como no caso de ZARA onde o seu fundador e maior accionista e o home maís rico do estado español.
Organizacións como Caritas ou similares non saben que facer cas toneladas de roupa recollida para enviar o terceiro mundo, mundo que por certo axudamos a esnaquizar ca producción desaforada e sen ningún control, de algodón e outras materias primas e derivados do petróleo para poñernos mais trapos cada día.
Calquer fillo de veciño que se precie ten no seu armario maís roupa que toda a sua familia de fai 50anos tivo en toda a sua vida, e digo eu, esto fainos mais felices ou mais infelices que os nosos ancestros?. Eu diría que non somos mais felices, quizais disimulemos mellor con trapos e adornos a nosa figura física, pero sobre todo esta forma tan de mofarse actual teña unha definición mais acertada en aquel de que estamos féitos unhos novos ricos de moito fandango, estamos viviendo nunha sociedade de mercar e tirar, de aparentar, de moito fandango e poco diñeiro..........
Que irónica é a vida, gastamos moito diñeiro en roupa para pasar un bon ratiño.....e os mellares ratos da vida pasanse sen roupa .

Otero Regal

Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-02-2012 13:16
# Ligazón permanente a este artigo
SI PAGO QUERO ALGO A CAMBIO
SI PAGO QUERO ALGO A CAMBIO
De volta da capital de Sancozy atopeime a Viveiro revolto, alcalde e concelleiros voltan a ter problemas xudiciais por culpa do ladrillo mal posto e peor pagado, antes foi Cesar Aja, que librou por chiripa e bos abogados da queima e ahora e o seu sucesor na alcaldía Melchor Roel quen ten que estar declarando e xurando por Marx e o neno Xesus que el foi mais bo e xeneroso que o pan de trigo na posguerra.
Pois unha vez tomada nota destas “manganterias”, quero falar de outra cousa : Hai certo discurso recurrente que ten como obxectivo que a opinión pública sentase culpable de todo o que obtén do estado. O resumo é a recorrente frase de que “Hai que afacerse a que papa estado non nos saque as castañas do lume” ou similares. Neste sentido, e dado que todo o mundo mete as palabras sacrificio e austeridade en todos os discursos, estáse a criminalizar a todo aquel que defenda unha sanidade, educación ou xustiza gratuíta ahora que Rajois, Gallardons e Palacios anuncian a marimorena.

O problema é que todo aquel que rexeita o copago, non está necesariamente contra o copago, senón contra o repago, xa que se esquence que os impostos paganse por unha razón, son os cartos de Xan Povo os que pagan determinados servizos. Pois neste caso estamos ante o mesmo lio. Cando escoito segundo que discursos, parece que debería sentirme culpable por esperar algo do estado, (xa sexa sanidade, xa sexa estradas, justicia, educación, cultura); pero é que logo me acordo dalgún pequerrecho detalle.

E non é unha bobada; cando pago algo, (o que sexa), sempre espero algo a cambio. E nisto pódenme chamar de todo, pero cando pago no supermercado, espero viandas; da mesma forma, que no supermercado cando me dan viandas, esperan euros a cambio. Pois resulta que tras as contas do ano, atopeime coa sorpresa de que o maior gasto que tiven eu foi precisamente “impostor”; e isto que tan só contei o I.R.P.F. É dicir; eu non tiven nin un só gasto que superase en termos anuais o importe que destinei a pagar I.R.P.F. Por suposto, se a este concepto súmolle os pagos en IVE, imposto sobre hidrocarburos e outras trapalladas varias, o custo dispárase.

En definitiva, eu pago unha pasta ao cabo do ano; e supoño que non serei o único. E como en todo o que pago, espero algo a cambio. tanta tolemia é?. A fin e a contas é o que espera todo o mundo (normal), de todo o mundo. ou é que os bancos cando pagan un euro, non esperan nada a cambio?.
E isto normalmente considéroo unha estafa. Por agora, eu non me sinto culpable de ser estafado. No meu caso particular, tan só síntome idiota, impotente e un pouco encabuxado porque co que esta caendo, en galego castizo, sintome “cornudo e mallado” tendo ademais que dicir que “chove cando os de arriba mexan”.
Otero Regal

Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-01-2012 21:22
# Ligazón permanente a este artigo
SI VAS A PARIS PAPA….

É difícil enfrontarse ao papel en branco despois de alguns dias de asueto nos que, encima, pasou de todo. Os temas pendentes son demasiados para concentrarse e ser medianamente coherente. A saber: Temos un presidente galegon nacido en Santiago que xa non poderá pagar as súas vacacións en efectivo; un Goberno central que non cumpre as súas promesas na primeira semana na cadeira de brazos azul; un presidente autonómico, asi e como lle gusta chamarse, tremendo de medo á espera da que ven por Pedrafita abaixo, cargadiño de rebaixas, mas impostos, recortes e mais recortes, incluso esta pensando en adiantar as eleccións para afrontar a reelecion sin problemas, ahora que os outros están para o arrastre e pelexando entre eles; un Concello de Viveiro sen centro de mando, presupostos, proxetos e sentidiño común, xa o ven, si é posible ir a peor; unha Policía Municipal sen cabeza denunciando o concello polas horas extras, disque, feitas e non cobradas, contestando nos papeis a Cesar Aja, amigos que fomos; e subíronnos os impostos aos que conservamos a nómina a base de rezar o que lembramos. Nin misións, nin milagres, nin nada, unha crise é o mellor para devolver a fe e a beatería.
Todo isto en dúas semanas!. Como consolo quédame que hai cousas que nunca cambian: seguimos coa trapallada da ponte de Verxeles, coa Banda sin cobrar, falo da de música, a outra cobra puntualmente, sen Orzamentos do Concello de Viveiro, e xa van tres anos, eses que haberá que cambiar en marzo porque quedarán en papel mollado cando o Estado, que dirixe un señor que, din ,porque ninguén o viu, sobre todo cando hai malas noticias, ten barba, métanos o serruchazo, porque con tesoiras non lle vai a dar.
E a verdade é que nestes tempos estamos necesitados de líderes que nos infundan confianza e forza, non ratonciños campeiros que parecen que conseguen un posto porque pasaban casualmente por alí. Necesitamos creadores de oportunidades, non oportunistas.
Vistas asi as cousas, vou coller o macuto e vou dar unha volta por Paris, para ver si lles vendo algo aos Franceses e outros europeos varios, a pesar de que Nicolas Sarkozy dixo: "comprar en Francia non é unha palabrota. É un deber cívico". Socialistas, populares, de esquerdas ou de dereitas, a crise conseguiu por de acordo aos políticos franceses. Inmersos en período preelectoral, e á vista de que a crise ameaza con agravarse, todos converteron o "made in Francia" na seu lema de campaña. Á hora de facer a compra, os políticos non dubidan en sacar a bandeira tricolor e instan os seus compatriotas a que sigan o exemplo e miren a etiqueta. Xusto, xustiño como neste pais de vendepatrias……
Otero Regal
Comentarios (17) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-01-2012 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
SER FELIZ OU TER RAZÓN?

Os humans somos o animal máis absurdo que coñezo. Resulta que se supón que somos os únicos claramente conscientes das nosas limitacións, de nosa propia mortalidade e do efimero deste val de bágoas, pero ao mesmo tempo somos os máis creidos da nosa capacidade de cambio. E tomámonos tan en serio a nós mesmos que somos capaces de crear grandes conflitos de asuntos fundamentalmente nimios. Para que imos discutir se o podemos arranxar a hostias, que decia un da miña aldea sacado de un persoaxe de Gila.
Tomámonos tan en serio a nós mesmos que nos impomos tarefas imposibles coa intención de alcanzar obxectivos perfectamente prescindibles, e no proceso metémonos nunha roda ridícula de presión emocional e física que pon en serio risco o correcto funcionamento da máquina imperfecta que nos mantén unidos ao mundo.
Chamamos stress ao estado en que forzamos o paso ata que nos súa ata os entrecexos, e instalámonos aí con armas e bagaxes. Vivimos instalados nesa paraxe e parécenos o máis natural. Ata que descubrimos un día que o accesorio non déixache ver o fundamental, e que alguén nos roubou o mes de abril, como nos rouban o todo pola parte, o de todos polo de algúns.
Cerra Mon e satelites, Hermida chimpa a rua un cento de carpinteiros, pecha de ECAR de Mondoñedo como casi tosas as constructoras e promotoras, e outras como ALCOA xa ven pechando dende Asturias e Coruña e metendo medo, o mar esta en crisis, os pinos non os quere nadie nin a 18 euros a tonelada o eucalipto baixa, a ganderia co leite polo chan, o consumo baixa o 17% e con el cerran tendas e mercados, e o que rondarei morena…..
Para desfrutar da vida, un intre xogando cos teus fillos ou netos, outro lendo, tranquilidade, boa comida, música. Serenidade, algo dificil de atopar. Nesto que recordo algo que me dixeron fai un par de anos, Que prefires, ser feliz ou ter razón? Todos contestamos que ser felices, pero actuamos buscando sempre ter razón. Case sempre, ás veces actuamos como ese hamster feliz que dá voltas e voltas na roda para que lle dean o seu salario.. pero cando bota unha ollada á súa ao redor atópase sen liberdade e enxaulado.
Talvez non debamos aferrarnos a un abril que no lo rouban ou sinxelamente pasa, talvez debamos asumir que non só hai abrís, senón maios, xuños, temibles agostos e decembros...
Otero Regal
Comentarios (15) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-01-2012 07:13
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [4] [5] [6] 7 [8] [9] [10] ... [73]
© by Abertal