Vilariño



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

Carlos Negro
O bardo das idades regresa tarde á casa
é dos que nunca petan cos cotenos á porta
é dos que pegan un berro e unha épica patada
(a patada etílica de estilo masculino)

o bardo usa o seu puño de ferro
o puño de ferro cargado nos bares
o puño que sempre peta na muller
(a costela edénica o repouso do guerreiro)

catorce denuncias na comisaría
catorce impresos impregnados de sangue

a policía atende amable a muller
a policía viste uniforme de home


os homes non choran pero violan
os homes píllanas entre os pinos a soas


Opinión persoal:

Este poema fala dos maltratadores e dos violadores.Na miña opinión está ben que o crease porque hai moitas persoas que se sinten identificadas con iso.
Comentarios (0) - Categoría: cousas da aula - Publicado o 02-06-2009 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Far West - Carlos Negro
Foi concibido como un libro social, que plasma a historia do que podería ser Galicia, a pesar de que xoga co mito das películas do oeste.

Far-west vén sendo Galicia e os galegos os apaches que intentan resistir fronte ó "home branco".

Comentarios (0) - Categoría: cousas da aula - Publicado o 26-05-2009 10:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Modesto Fraga Moure


Modesto Fraga Moure

Poema-AQUEL VERÁN DIXECHES QUE ME AMABAS


AQUEL VERÁN DIXECHES QUE ME AMABAS.

Non era amor, mais ti falabas delo.
Falábasme do amor do noso selo
e que era a min soamente a quen buscabas.
Aquel verán dixeches que me amabas.
Que ansiabas de entre o amor o máis sinxelo:
percorrer cos teus beizos o meu pelo
e tocarme coma só ti me tocabas.
Aquel verán dixeches que me amabas.
Que non tiveras antes quen te amara,
nin quen te amara tanto ti tiveras.
Aquel verán dixeches que me amabas.
Dixeches que deixándome perderas
o día en que pra sempre te marchabas.


VIDA E OBRA

Modesto Fraga Moure é un escritor galego nado en Fisterra o 27 de febreiro de 1974. Ten colaborado cos seus poemas en numerosos libros colectivos, como A poesía é o gran milagre do mundo (PEN Clube de Galicia), Mar por medio (Toxosoutos), El mundo al otro lado (Universidad de Salamanca), 25 anos de poesía galega (Biblioteca Galega 120- La Voz de Galicia) ou De mar e vento (Espiral Maior). Ademais, textos seus aparecen espallados en revistas literarias diversas (Dorna, A Xanela, Feros Corvos). Na actualidade realiza estudos de Filoloxía Galega na USC. Forma parte da AELG e do PEN Clube de Galicia, e foi membro fundador do Batallón Literario da Costa da Morte e do Consello editorial da colección de poesía Letras de Cal.

OBRAS

Do amor salgado (Fundación O Grelo-Amigos de Galicia, 1997). Gañador do IV Premio de Poesía da Fundación O Grelo-Amigos de Galicia.
Mar de ausencias (Bauprés editores, 1999)
Ese estraño silencio (Follas Novas Edicións, 2002).
Derrotas con raíces (Sotelo Blanco, 2007).
Mar de ausencias (Follas Novas Edicións, 2009.

A MIÑA OPINIÓN:

Paréceme un poema moi interesante porque fala dos sentimentos do autor.
Comentarios (0) - Categoría: cousas da aula - Publicado o 26-05-2009 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Problemas veciñais
Vou facer un documental sobre os problemas entre os veciños.

Hai aldeas nas que uns veciños dan problemas aos outros e iso fai que teñan unha difícil convivencia e iso provoca que tamèn lle afecte aos outros veciños.

Moitos deles evitan cruzarse cos outros anque teñan que dar unha volta máis longa ou voltar outra vez para a casa e non saìr.

No meu documental entrevistaría a todos os veciños e preguntaríalle que lle parece o que está pasando.

Tamén porìa fotos da aldea ao empezar e ao rematar o documental e entre esas fotos a entrevista aos veciños.

Compraría todo o material necesario coma:unha cámara,un coche para transladarnos dun lugar a outro e comida e bebida para todos.

No documental habería un director,unha persoa grabando coa cámara e máis eu.

Ao rematar o documental colgaríao en internet e no xornal do Deza.
Comentarios (0) - Categoría: cousas da aula - Publicado o 04-11-2008 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
porta



Christian Jimènez Bundo. Nacido o dìa 2 de Xulio de 1988 en Barcelona(Barna).Ten 20 anos.

Sacou ò mercado 3 discos:"No es cuestiòn de edades"no ano 2006,"No hai truco"no ano 2007,e "En boca de tantos" no ano 2008.

Odia a màquina e o reggaeton. Aos 9 anos comezou a escribir rap en vez de xogar cos amigos. E aos 12 anos non quixo sacar temas porque era moi pequeno, e despòis dun tempo publicouno en internet, e aì foi onde conseguiu a fama.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-10-2008 14:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Maltrato



O maltrato dase sobre todo en homes que son ciumentos. O màis normal e que se dea en homes pero hai casos nos que tamèn se dà en mulleres,pero case nunca.

Hai mulleres que non se atreven a denuncialo pero hai outras que si se atreven. Nalgùns casos os homes non lle fan caso à lei e acuden xunto da muller e màtana ou como è pouco comùn maltràtana.

Dànse casos nos que hai maltrato en nenos como se pode apreciar na foto,isto è debido a que os nenos non se poden defender coma as persoas maioes.

Os nenos maltratados non se atreven a decirllo às sùas nais por medo a que lles faga o mesmo que lle fixo a eles.
Comentarios (0) - Categoría: cousas da aula - Publicado o 14-10-2008 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
pousarse


Un teixugo estaba durmindo na estrada,
habìa un teixugo morto,
estaba tirado na estrada,
era tarde.
Ole frente à cuneta,
eu non daba creto
estaba tirado.


O blog de Maria
Comentarios (0) - Categoría: cousas da aula - Publicado o 06-10-2008 14:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal