Vilachá de Salvadur


Asociación Veciñal de Vilachá
Velaquí tedes o blog oficial da Asociación de Veciños de Vilachá (A Pobra do Brollón).

O meu perfil
vilachadesalvadur@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Tizón Herreros, alcalde de Monforte no 36, agochouse en Vilachá

Juan Tizón Herreros era o alcalde de Monforte de Lemos pola candidatura do Frente Popular en xullo de 1936. Militante do PSOE, traballou no ferrocarril,onde foi líder sindical, e chegou a Vicepresidente da Deputación de Lugo.

Cando Monforte pasa ao control franquista co inicio da guerra, comeza a fuxida de moitos republicanos cara os montes. Unha partida deles, entre os cales estaba Tizón Herreros, chega a Vilachá, onde aínda non subiran as tropas nacionais. O destino era Torbeo.

Estando na nosa parroquia, un chivatazo avisa aos fuxidos da subida da Garda Civil. Tizón Herreros agóchase entón detrás das adegas, na Abelaira, nunha cativa cova que fixo coa terra e follas. Non o descubriron.

Mais tivo que fuxir de novo cando volveron subir os falanxistas avisados da tobeira de Tizón Herreros. Desta volta é quen de escapar deica Salgueiros e alí meteuse no forno dunha casa. Salvou así a vida.

Despois, Tizón Herreros pasaría a Torbeo e dende alí, a través dos enlaces do Socorro Rojo, pasa a Portugal, concretamente a Oporto. É axudado por, entre outros, quen fora primeiro ministro portugués, Mário Soares. Traballaría para a rede de espionaxe de Inglaterra. Morreu e está soterrado no camposanto da cidade lusa.

Non tivo a mesma sorte o mestre de Vilachá de Salvadur no 1936, o tomiñés Juan Abramo Dios, que foi paseado en Abrence o 3 de setembro de 1936. unha historia que aínda lembran algúns dos nosos veciños.

Velaí logo un tristeiro retallo da nosa cativa historia.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-08-2010 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Novidades na fotogalería
Tras superar a resaca de tanta troula, viño e música, chegáronos as fotos de varios amigos e veciños. Así que velaí vos van, para mirar, comentar e lembrar a feita deste 2010.

Tamén deixamos aquí a ligazón que un amigo nos mandou con máis fotos da histórica xornada vitinícola!

Galería de fotos da feira do viño de Vilachá de Salvadur, 2010

O vindeiro ano, máis e mellor!!
Comentarios (3) - Categoría: Feira do Viño - Publicado o 10-05-2010 18:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
PROGRAMA DA FEIRA DO VIÑO DE VILACHÁ 2010

Comentarios (4) - Categoría: Feira do Viño - Publicado o 27-04-2010 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
FEIRA DO VIÑO 2010

Neste ano 2010 a Feira do Viño de Vilachá de Salvadur comeza o 1º de Maio e continúa no domingo 2 de maio.

Ide preparando as vosas gorxas, adecentando o ceo do padal e poñéndovos ao día porque esa fin de semana correra o viño deica o bandullo, pintaredes os beizos de morado e fartarédesvos de comer e bailar entre as adegas da Abelaira.

Non faltades porque logo de nada vale laiarse. Avisade aos vosos amigos, familia ou veciños; achegádevos a Vilachá na primeira fin de semana de maio para saborear os famosos caldos da ribeira do Sil.

Agardamos nestes días poder colocar o cartel da feira e anunciarvos os grupos que veñen tocar máis o pregoeiro.


Gaiteiros, tamborileiros, colleiteiros, veciños... todos á feira de Vilachá!
Comentarios (4) - Categoría: Feira do Viño - Publicado o 23-04-2010 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Xuntanza veciñal ordinaria


Para o derradeiro fin de semana do mes de febreiro, o sábado 27, a Asociación Veciñal de Vilachá de Salvadur convoca unha xuntanza ordinaria para tratar diferentes temas e abordar o ano que acaba de entrar.


Agardamos a asistencia da veciñanza e a súa participación activa.
Comentarios (0) - Categoría: Da asociación - Publicado o 27-01-2010 13:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O equipo de fútbol de Vilachá

Velaqui unha foto que nos enviou Ramiriño xa hai uns meses onde está o glorioso equipo de fúbtol de Vilachá do ano 1976.

O partido disputouse contra o Bascós, no lameiro do Sacana. O resultado final foi de empate a tres.

Por Vilachá xogaron: de esquerda a dereita os que están en pé son Carlos, Pedrito, Pepe, Pepón, Eduardo e Ramiro. Os que están de crequenas de esquerda a dereita son Jose, José, Pedro, Santiago e Jaime.

Animamos tamén a que se sigan enviando fotos antigas de Vilachá para colgar no noso blogue.

Aupa Vilachá!





Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-12-2009 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Novidades na fotogalería
Acabamos de recibir numerosas fotos de diversos actos que se fixeron en Vilachá (a malla e feira do viño) como fotos dos recunchos da parroquia e da ribeira do Sil.

Por iso creamos novas galerías: Abelaira-adegas e Ribeira do Sil.

Convidámosvos a botarlle un ollo, a que comentedes e a cal quen queira enviarnos fotos (que sería de agradecer) que o faga ao noso enderezo electrónico: vilachadesalvadur@gmail.com

Que vos presten!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-10-2009 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Xuntanza veciñal
Este sábado 12 de setembro celebrarase na Abelaira unha xuntanza da Asociación Veciñal de Vilachá, ás 20h.

Nesta xuntanza tratarase o tema da festa parroquial e a valoración. Tamén se dará paso á elección da nova directiva da asociación. A orde do día está aberta a outros puntos.

Polo interese e importancia que garda dita xuntanza, agardamos a vosa asistencia e participación.
Comentarios (0) - Categoría: Da asociación - Publicado o 07-09-2009 12:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Novidades na fotoblogoteca

Acabamos de renovar o blog parroquial con dúas novas galerías de fotos.


Unha recolle fotos do barrete de Trasmonte, tomandos días atrás, no mes da herba. A outra galería son fotos do Castrelado, onde existe uns restos ou vestixios castrenses e unhas moi boas vistas.


Queremos animar dende este blog á veciñanza a enviar fotos, ideas ou comentarios ao nosos enderezo electrónico (vilachadesalvadur@gmail.com) para renovar e enchar de contidos.


Cedo iniciaremos tamén unha recolleita de contos, lendas, coplas e cantares que nos son propios.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-07-2009 12:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Acordos adoptados trala xuntanza do 25 de xullo de 2009
Na xuntanza celebrada na Abelaira, á cal asistiron dez veciños, tomáronse as seguintes decisións a partir do único punto na orde do día: a festa parroquial.

1. Fixéronse as contas de ingresos e gastos para os dous días da festa. As contas están recollidas na acta da Asociación, para dispor da veciñanza.

2. Acordouse que o venres 7 haberá contra as 21h unha pancetada no Campo da Festa, que contará con crioulos e pan de Cea. Despois haberá un trío musical e no remate desta unha queimada popular.

3. O sábado 8 iniciarase cunha alborada, contra as 11h, dende Salgueiros até Trasmonte, para vir a Vilachá e rematar na Eirexa. A misa celebrarase ás 13h. Á noite actuará a orquestra e contarase cun barra para consumir.

Dende a Asociación Veciñal de Vilachá animámosvos a particpar e colaborar nas festas.
Comentarios (0) - Categoría: Da asociación - Publicado o 26-07-2009 16:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 [2]
© by Abertal