vieiros da mente


APEM CAMBRE
Blog d@s usuari@s do CRPL Os Chopos-Cambre da Asociación APEM (Asociación Pro Enfermos Mentais).

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Boas xente!!
Vou estrear esta sección de música comentándovos os meus gustos musicais, a ver qué vos parecen...

A mí gústanme todo tipo de xéneros musicais; en especial, todo aquelo que compón o gran Xoaquín Sabina, que é o meu artista favorito.

Tamén gústame moito Michael Jackson, El canto del Loco, Estopa ou Sergio Dalma.
Como vedes, realmente escoito case tódolo que me poñan.

Gustaríame coñecer as vosas opinións sobre grupos ou cantantes, e así poder descubrir a novos artistas que me poidesen interesar.

Moitas gracias!

Un saúdo!

YAGO SUÁREZ BLANCO
Comentarios (1) - Categoría: Musiqueando - Publicado o 27-05-2011 13:22
"Toma el dinero y corre"
Nesta peli falamos dun personaxe gafado e lamentablemente sen oficio, a súa vida transcorre intentando en ser alguén e as súas visitas ao cárcere.
Sen sorte, pasa unha mocedade tratando de ser músico,xogador de billar,etc.Pero os seus intentos sempre se desvanecen e acaba no máis rapido, que é robar.
O seu currículum como delincuente é nefasto,sendo o faimerrir do barrio,ve pasar os anos sen porvir,vivindo ó día e sempre gafado.
Entre roubo e roubo coñece a unha moza da que se namora,e vai ser a primeira e única muller da súa vida.Unha relación que vai tirando para diante a trancas e barrancas,citas,cenas,paseos e o cárcere van fortalecendo a relación.Esta, acaba en matrimonio e cun fillo.
O seu intento por ser un honrado marido nunca chega a ser realidade,pois a súa nula experiencia cérralle as portas ó seu sono,sendo o seu único recurso roubar e de novo ó carcere.
Atracos,fugas, fuxir dun estado a outro,de cidade en cidad, sempre escapando convírteno no delincuente máis popular do pais.


JULIO SUÁREZ
Comentarios (2) - Categoría: O rincón do cine - Publicado o 27-05-2011 11:16
"A monxa vengativa..."
Este é un relato que sitúase na segunda guerra mundial.
Resulta que nun pobo do redor, nunha igrexa do mesmo,estaban escondidos uns aldeáns para que varios militares non lles colleran.
Pero aínda así, cando estaban a piques de collelos, escaparon por un túnel que tiñan para cando sucedese algo polo estilo, primeiro levar ós nenos e as mulleres, e logo, homes que estivesen feridos.
Pero non esperaban que chegasen e que empezasen a bombardear-lo pobo. Morreu toda a xente que foi polo túnel: monxas,nenos,mulleres e homes.
Desde aquela din que hai unha monxa que tomou venganza polo mal que lle fixeron estes militares a aquelas persoas.
O túnel daba a un castro situado detrás do colexio de Cambre.
Pero ¿Será verdade este relato? ¿Qué lles pasaría pola cabeza a eses homes para faceres iso...?
Son cousas que non teñen explicación e que non son normais.
Tende coidado cando anoiteza porque din que dita monxa a media noite aparécese cun gabillo esperando a súa seguinte victima...

SANTI COLLAZO
Comentarios (1) - Categoría: Contos Desde a Cripta... - Publicado o 20-05-2011 11:24
"Caminando hacia la esperanza..."
Estoy solo, dentro de multitudes colmadas ante sus tierras, su encanto, su forma de ver las cosas ante la vida, la verdad es que en este momento estoy lúcido, fugaz, listo para ser encarcelado de nuevo en una tumba cristalina que no se puede tocar. Pero ahora estoy arrimándome a la gente sin tapujos, sin gloria pero también sin derrota, haciendo que mi imaginación fluya y vuele hasta donde el hombre nunca llegó.
Sólo quiero vivir y que este instante dure para siempre; me siento a pensar y pienso por qué la lluvia me hace sentir tan bien, como si las gotas fueran mis compañeras en tiempos de soledad, como si el sol llegara a mis huesos para sentir su vitalidad y como la luna, que siempre esta ahí acompañándome, charlando conmigo como si fuéramos dos enamorados que no nos podemos tocar ni abrazar, pero que yo creo que podemos sentir lo que siente cada uno cuando está solo. Pienso en muchas cosas...¿o en realidad no pienso nada? No lo sé, ¿cuál es mi forma de pensar...? ¿puede ser cuadrada, triangular, llevar pantalón vaquero...? ¿puede tener medición? ¿puede explicarse científicamente? ¿puede ser fruto de mi imaginación? ¿puedo pensar lo que estoy pensando al pensar que pienso, entonces el pensamiento que hago al pensar viene iniciado de lo que veo, oigo, toco, respiro y saboreo...? O sea, que viene iniciado por lo sentidos, y si no es así, no sé. En realidad, yo creo que no se puede explicar la forma de pensar de cada uno.
Se oyen pasos, vienen a por mí y me dicen: "Ahí tienes la LIBERTAD, lo lograste, lograste que por fin se hiciera realidad, sólo tienes que entrar por esa puerta y serás libre"
Cruzo la puerta y me invade una sensación que nunca había tenido antes,es difícil de explicar, es como si lo que antes sentía se deshiciera y lo que siento ahora eran todos mis sueños, que ya casi no tenían esperanza, hechos realidad; aunque ahora me doy cuenta de lo que significaban esos sueños en realidad para mí.
Pero la verdad es que esos pasos nunca los oí, no vinieron a por mí, ni me regalaron la libertad. Quizás la libertad está en mí y no la sé soltar, para que se me presente, y podamos estar siempre juntos o quizás sólo la encontraré luchando más de lo que ya lucho y la CONSIGA, o tal vez no necesite luchar y sólo esperar, pero a mí no me gusta esperar, así que seguiré luchando como pueda y algún día la encontraré...

ANONIMUS
Comentarios (2) - Categoría: Rincón literario - Publicado o 13-05-2011 13:50
O misterioso Mago Negro...
Hai unha historia que se contaba e dicían os anciáns...
En Irlanda había un mago oscuro que facía maxia negra, e que tiña unha mansión onde está o lago Ness ,na beira de enfrente. A vexetación do redor estaba morta pola maxia e a bruxería,a xente tiña medo ó pasar pola mansión,o mago era coñecido e facia orxías,festas e consumía drogas.
A xente que ía por ali, dicía que no aire notábase algo estrano, que non sabían ben como definilo.
Despois de que morrera o mago,a casa vendeuse ó famoso guitarrista e fundador do grupo "Led Zeppelin",Jimmy Page. A xente di que estaba obsesionado co mago e que poñía as suas roupas,porque así notaba a súa presencia. Tamén escoitábanse cantos coma de ritos ou algo parecido.
Os animais que pasaban por alí escorrentaban polo medo que daba aquel sitio,din que hai un pasadizo no que se pode ir ó interior da mansión. Houbo xente que entrou e que dicía que escoitaba a persoas que parecía que andaban arrastrando ferro,cascabeis e xemidos e choros de nenos,din que alí morreu xente facendo ritos e todo tipo de cousas misteriosas...

SANTI COLLAZO
Comentarios (0) - Categoría: Contos Desde a Cripta... - Publicado o 13-05-2011 11:18
PELÍCULA SEMANAL: "Granujas de medio pelo"
Esta é a historia dun pillabán catastrófico que ten unha vida que transcurre en delinquir, planea un atraco en compañía duns amigos.Un atraco preparado ó milímetro e casi perfecto, onde utilízase unha tenda de galletas para enmascarar o golpe ó banco. Como era de supoñer, o atraco acaba sendo un fiasco redondo, non así a tenda de galletas, que pola súa popularidad, fama e prestixio, vai de boca en boca polos cidadáns de toda a cidade.
Tralo fracaso do atraco ó banco, deciden que as galletas sexan a súa solución; un negocio que en pouco tempo convertirase nunha gran compañía e nun referente no mundo empresarial, pola súa rápida e enorme expansión.
As súas vidas pasan da nada ó luxo, ó derroche e a días de gloria. Introducidos na alta sociedade, a súa muller involúcrase en causas benéficas, donacións, galas e festas de sociedade; unhas actividades marcadas pola súa nula cultura e coñecementos. O seu afán de superación a leva a contratar a un asesor de imaxe e cultura para mellorar a súa situación.
Mentras, o seu home, que aborrece este tipo de vida, regresa ó pasado, un pasado onde delinquir e o feito de ser vulgar, fánno feliz.
Un día as súas vidas reciben un gran golpe: axentes da policía comunicánlle que se atopan na ruíña. Esta é producida pola falsedade dos seus contables, xa que os protagonistas deixáronno todo nas súas mans e estes estafáronlles.
Unha vez na rúa, a realidade os devolve ó punto de partida, unha historia que lles soe ocorrer a menudo...


JULIO SUÁREZ
Comentarios (0) - Categoría: O rincón do cine - Publicado o 13-05-2011 10:35
Ameliè...:)
Amelie é unha rapaza que tras pasar unha infancia perseguida pola desgracia, logra sobrepoñerse e consigue levar unha vida aceptable. A súa tarefa de camarera nunha cafetería sérvelle para facer amigos e ir levando unha vida sen agobios. Querida por todo o barrio ve pasar os días entre a cafetería, a súa casa, e as visitas ó seu querido pai . Rapaza de ocurrencias un pouco peculiares e raras, sempre pensando nos demáis trata de axudar a aqueles que a arrodean nos propósitos que non son capaces de conseguir. Un día de rutina pola cidade, coñece a un xoven do que se enamora ,a súa timidez e discreción fan de ese encontro unha historia de amor, que a leva a indagar na vida dese xoven.
Namorada, vai entablando amizade co xoven escondendo a súa identidade. No medio de tanto xogo, ó final, os dous logran coñecerse e dan comezo a súa fermosa historia de amor.


JULIO SUÁREZ
Comentarios (4) - Categoría: O rincón do cine - Publicado o 06-05-2011 12:55
As luces misteriosas...
Hai unha historia que conta unhas anécdotas dunhas nenas que unha noite estaban durmindo, eran irmás, e a pequena espertóuse pola noite por unhas luces que lle despertaron. Levantouse e foi mirar o que era, e a irmá maior despertouse, preocupóuse e saiu a buscala.
Viron un disco voando e que tocou o chan. O día seguinte pola mañá, foron a mirar onde viran o disco voador, o chan estaba como queimado, chamaron o seu pai e lle explicaron o que pasara pola noite. O pai non o cria e pensaba que fora un sono das nenas.
Ós dous días volveron ver as luces e foron ó mesmo sitio do outro dia, abriuse como unha porta e baixaron uns seres brillantes dun cor dourado, estes seres absorberon ás nenas, que quedarón dúrmidas dentro do disco. Ó día seguinte, espertaron nas súas camas, llo dixeron ós seus pais e lles ensinaron o sitio onde pasou todo, pero non se explicaban o que era, cando ían a almorzar viron que a comida estaba desfeita e que non valía para comer; entón, chamaron ás autoridades para que investigasen o que ocurriu aquela noite. Só elas o sabían…


Un saúdo blogadictos ó terror………

SANTIAGO COLLAZO
Comentarios (2) - Categoría: Contos Desde a Cripta... - Publicado o 06-05-2011 11:25
© by Abertal