vieiros da mente


APEM CAMBRE
Blog d@s usuari@s do CRPL Os Chopos-Cambre da Asociación APEM (Asociación Pro Enfermos Mentais).

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

"A ilusión nunca se perde..."
Unha das últimas películas que vimos na nosa sesión semanal de videoforum,foi a de "El último gran mago",que retrata a peculiar vida dun dos grandes magos da nosa historia: Harry Houdini.
Este film, lémbrame que con frecuencia, na cidade que vivimos, podemos presenciar todo tipo de actos culturais,obras de teatro, concertos, danza, mostras de teatro,exposicións,conferencias, actos benéficos, contacontos etc. Soen estar organizados por organismos públicos, fundacións, asociacións ou empresas que contribúen coas súas diversas aportacións. Imos centrarnos na profesión que desempeñan os magos. Soen ser poucas ou escasas as súas aparicións, o seu labor é o de facer pasar ó publico un momento de asombro, admiración, conseguir provocar un sorriso ou facer estremecer.
Os magos utilizan todo tipo de trucos e moi dispares, xa que soen ser moi hábiles e misteriosos. Soen actuar en solitario, aínda que algúns levan acompañante ou equipo. O seu ámbito de traballo atópase en ruas concurridas, en prazas, parques, programas de televisión, ou aparecer en publicacións. As súas orixes son antiguas e a súa presencia consta en tódalas culturas.
Comentarios (1) - Categoría: O rincón do cine - Publicado o 25-02-2011 13:08
A dopaxe e o deporte
Durante o pasado ano 2010, catorce persoas foron detidas na maior redada contra o atletismo.
Entre elas, atopábanse atletas, representantes, adestradores e algúns dos nomes que marcaron a historia deste deporte español.
Como nomes sinalados, aparecen o de Marta Domínguez, Alberto García ou Manuel Pascua Piqueras.
Esta noticia aínda chega ós nosos días coa aparición dunha sanción imposta ó famoso ciclista Alberto Contador, quen, ó recorrer dita sanción, conseguiu que os organismos competentes lle levantaran a pena.
Pero isto, só lle serve a nivel nacional, xa que seguramente, no ámbito internacional, non o deixen participar en probas coma o Tour de Francia, porque os responsables desta proba non validarán a sentencia española.
Eu penso que a dopaxe no deporte é unha lacra, porque xoga coa saúde dos atletas é co espectáculo; o cal, vese desvirtuado, porque por culpa duns poucos que se venden, a xente cada vez cre menos no deporte de alta competición e sobre todo no ciclismo, salpicado nos derradeiros anos. Aínda que nunca o Tour de Francia descubrira un caso dun ciclista francés, tal vez porque non dispoñen dun ciclista que poida gañalo.Tamén destacar que o deporte de alto nivel non é deporte como tal, xa que para gañar, algúns caen no mundo da dopaxe para poder competir.

YAGO SUÁREZ BLANCO Y DIEGO TEMPRANO MAZÁS
Comentarios (3) - Categoría: Críticas de actualidade - Publicado o 25-02-2011 11:23
FUTBOL TOTAL
Comentarios (2) - Categoría: Campionato de fútbol FEAFES - Publicado o 21-02-2011 18:01
Partido APEM Coruña vs APEM Cambre
O resultado no partido do 14/2/11, foi un pouco enganoso, (10-6), xa que nós comezamos o partido nun horario no que non estamos acostumados a xogar e aparte diso, saímos na primeira parte bastante nerviosos, e por iso en cinco minutos metéronnos cinco goles; xa que eles teñen moita calidade e por iso os goles caeron un tras outro.
Sen embargo, na segunda metade pasóunos o medo escénico e xogamos moito mellor que na primeira parte, e proba diso é que na segunda parte, o partido estivo máis igualado, a pesar de que eles dispoñían dun equipo máis completo que o noso, e proba diso é que é un dos equipos favoritos para gañar o campionato. Nós pola nosa parte, como lles plantamos cara, voltamos contentos para as nosas casas, xa que se xogamos os partidos seguintes coma xogamos na segunda metade, imos facer sen dúbida un campionato meior que o do ano pasado.
Desde aquí, mandarlles un saúdo moi grande aos compañeiros de APEM Coruña e desexarlles que todo lles vaia ben nos seguintes partidos, excepto cando se enfrenten a nós, lóxicamente, jajaja.

DIEGO TEMPRANO MAZÁS
Comentarios (0) - Categoría: Campionato de fútbol FEAFES - Publicado o 18-02-2011 11:34
Partido APEM Cambre vs. APEM Carballo
O pasado martes día 8/2/2011, comezou a liga de fútbol sala, que engloba aos equipos de FEAFES e que está dividido en dúas ligas, norte e sur. Na liga norte, enfrontámonos cos compañeiros de Carballo.
O resultado foi o de menos, xa que eles tiñan poucos cambios, co cal, tiñan que facer un maior esforzo e desgaste físico fronte a nós. Desde aquí, dicirlles que non se sintan apenados por este resultado, xa que non todo é como comeza, senón como remata.
Tamén, non é o mesmo comezar o campionato xogando fora que na propia “casa”, xa que se xuntan os nervios tanto por isto, como polo feito de ser o primeiro partido.
Como di o refrán: “non hai árbore que o vento non teña sacudido”; e igual que lles pasou a eles, ocurriunos a nós moitas veces.
Tras estas líneas, mandámoslles unha forte aperta, e moito ánimo para que nos seguintes partidos non perdan a confianza!

DIEGO TEMPRANO MAZÁS
Comentarios (0) - Categoría: Campionato de fútbol FEAFES - Publicado o 18-02-2011 11:28
A película da semana: "Os Increíbles"
O pasado mércores, día 2/2/11 disfrutamos dunha divertida película de animación titulada “Os incribles”.
Nela narrábase a historia dunha familia de superheroes retirados que tiveron que voltar a tirar dos seus superpoderes e artimañas para protexer á humanidade das forzas dun novo malvado chamado “Síndrome”.
Nesta película aprendemos cómo a nosa colaboración, ás veces, pode ser útil. Participando, aportando o noso labor cós demáis, un xesto que serve de exemplo, pois todos podemos contribuir a lograr un mundo mellor e solidario; para as persoas que por moitas razóns ou diversas causas requiren axuda e non a teñen, e quedan expostas á marxinación.
Unha largometraxe moi premiada e realizada por un gran equipo de profesionais que serán recordados có paso dos anos polo seu labor.


JULIO SUÁREZ
Comentarios (0) - Categoría: O rincón do cine - Publicado o 11-02-2011 12:44
Comezando con ilusión ...
Dentro das actividades do centro,este ano comezamos baixo a "dirección artística" de Priscila,a nosa Educadora Social;unha obra de teatro.
Na obra que estamos a facer temos varios apartados nos cales a xente ten un papel que facer,moi divertido e entretido.Terá apartados como o dos cómicos ou o de cotilleos e moito máis.A xente que participa na obra está moi ilusionada no proxecto a facer para amosalo a todos vostedes.

SANTIAGO COLLAZO CAO
Comentarios (0) - Categoría: Taller de teatro - Publicado o 11-02-2011 11:09
© by Abertal