vieiros da mente


APEM CAMBRE
Blog d@s usuari@s do CRPL Os Chopos-Cambre da Asociación APEM (Asociación Pro Enfermos Mentais).

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

FESTA NADAL 2010 !!!
O xoves 23 de decembro do pasado ano 2010, víspera de noiteboa, tivo lugar no noso centro unha divertida festa de Nadal.
Nela participamos todos e todas realizando diversas actividades e xogos, cunha gran merendola de fondo que incluía creacións reposteiras de todos nós.
O rei da festa foi indiscutiblemente un karaoke facilitado por unha das nosas compañeiras,que amenizou a velada e convidou a tódolos mozos e mozas a cantar.
Tamén realizóuse unha tómbola coa que conseguimos que tódolos participantes levaran un regalo para as súas casas.
Para sorpresa de todos nós, apareceu pola porta o mismísimo Papa Noel!!
El foi o encargado de repartir unhas postais navideñas feitas artesanalmente polos propios rapaces que recibiron con moita ilusión con motivo da dinámica do "amigo invisible".
Nesta festa disfrutamos todos ó grande e serviu como unha boa entrada ás festas do nadal que nos esperaban.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-01-2011 11:16
© by Abertal