vieiros da mente


APEM CAMBRE
Blog d@s usuari@s do CRPL Os Chopos-Cambre da Asociación APEM (Asociación Pro Enfermos Mentais).

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PELÍCULA SEMANAL: "Granujas de medio pelo"
Esta é a historia dun pillabán catastrófico que ten unha vida que transcurre en delinquir, planea un atraco en compañía duns amigos.Un atraco preparado ó milímetro e casi perfecto, onde utilízase unha tenda de galletas para enmascarar o golpe ó banco. Como era de supoñer, o atraco acaba sendo un fiasco redondo, non así a tenda de galletas, que pola súa popularidad, fama e prestixio, vai de boca en boca polos cidadáns de toda a cidade.
Tralo fracaso do atraco ó banco, deciden que as galletas sexan a súa solución; un negocio que en pouco tempo convertirase nunha gran compañía e nun referente no mundo empresarial, pola súa rápida e enorme expansión.
As súas vidas pasan da nada ó luxo, ó derroche e a días de gloria. Introducidos na alta sociedade, a súa muller involúcrase en causas benéficas, donacións, galas e festas de sociedade; unhas actividades marcadas pola súa nula cultura e coñecementos. O seu afán de superación a leva a contratar a un asesor de imaxe e cultura para mellorar a súa situación.
Mentras, o seu home, que aborrece este tipo de vida, regresa ó pasado, un pasado onde delinquir e o feito de ser vulgar, fánno feliz.
Un día as súas vidas reciben un gran golpe: axentes da policía comunicánlle que se atopan na ruíña. Esta é producida pola falsedade dos seus contables, xa que os protagonistas deixáronno todo nas súas mans e estes estafáronlles.
Unha vez na rúa, a realidade os devolve ó punto de partida, unha historia que lles soe ocorrer a menudo...


JULIO SUÁREZ
Comentarios (0) - Categoría: O rincón do cine - Publicado o 13-05-2011 10:35
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal