vieiros da mente


APEM CAMBRE
Blog d@s usuari@s do CRPL Os Chopos-Cambre da Asociación APEM (Asociación Pro Enfermos Mentais).

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Comentarios (0) - Categoría: Taller de teatro - Publicado o 21-10-2011 13:54
O SHOW DEBE CONTINUAR
Onte estivemos a facer a obra de teatro que tiñamos pendente ca nosa compania de [APEM SHOW].
Foi curta e divertida e participaron todo-los os usuarios, dirixida por Priscila a nosa cordinadora,na sua homenaxe coma despedida. A obra foi moi boa e a xente pasouno moi ben, houbo comilona que foi aportada por todo-los os usuarios de Apem,serviu coma despedida ata que voltemos das vacacions de veran.

Estamos pensando nas seguintes representacións de teatro,a volta das vacacions. A representación que fixeron foi un éxito entre a xente e emocionante a nosa monitora Priscila sufriu unha gran emocion pola sua despedida,todos nos despedimos dela e lle deseamos o mellor para ela e que sempre leve o mellor de nos, o mellor recordo de todos nos. Esperemos que a aproxima representación sea tan boa coma esta e que o pasemos tan ben,os actores o fixeron moi ben e nalgunha que outra cousa tiveron que improvisares,a colaboración da xente fixo que a obra e os actores se sinteran arroupados,iso foi o mellor para todos e para todas,desde APEM CON MOITISIMO CARIÑO E MOITO AFECTO UN FORTE ABRAZO PARA PRISCILA.

SANTI,JOSE RAMON,JULIO
Comentarios (2) - Categoría: Taller de teatro - Publicado o 29-07-2011 12:13
Comezando con ilusión ...
Dentro das actividades do centro,este ano comezamos baixo a "dirección artística" de Priscila,a nosa Educadora Social;unha obra de teatro.
Na obra que estamos a facer temos varios apartados nos cales a xente ten un papel que facer,moi divertido e entretido.Terá apartados como o dos cómicos ou o de cotilleos e moito máis.A xente que participa na obra está moi ilusionada no proxecto a facer para amosalo a todos vostedes.

SANTIAGO COLLAZO CAO
Comentarios (0) - Categoría: Taller de teatro - Publicado o 11-02-2011 11:09
© by Abertal