vidrodez



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

RSS 2.0



EN FONTAO E NA ABELLA
Todo comezou en xuntármonos na taberna Casavella da Abella de Frades(?).Alí chegamos Ricardo Abuín, Avelino Pousa e mais eu. De seguida apareceron Macame e Bernardo Maiz. Logo xa un a un, a filla de Ponte, a neta, Mero, Mini, Manolo, o Pallas, Francisco Díaz Pan, irmán de Manuel Díaz Pan, morto canda Ponte e mais canda Manuel Rodríguez Álvarez, o asturiano. Os tres repousan en terra sagra de Abella.Tamén veu alguén de Ordes.
Cando chegamos a Fontao, ao saído da casa onde Ponte estaba acubillado, dende onde gabeou polos leiros adiante, a xunto tres cipreses lle meteron o primeiro tiro no brazo dereito, que xa tivo que cargar o subfusil cos dentes, pois alí todos nos envolvemos de emoción e de silencio respectuoso de solidariedade e de lealdade aos homes mortos, defensores da libertade, guerrilleiros e non " bandoleiros". Gerrilleiros defensores da liberdade como así os define a nai de Manuel Díaz Pan dediante do " caimán, aquel " primera " da garda civil que lle reprochou á pobre muller o ter un fillo así, bandoleiro ( e ela que non, que era guerrilleiro, amante e defensor da liberdade). Pois alí falamos logo da música da gaita do Pallas e o compás do tamboril de Manolo, Mero, Abuín, eu David e Mini.Os demáis atenderon con silencio de compañía e acordo. Despois fomos ao cemiterio da Abella e alí logo do toque do Pallas, falou Avelino Pousa ( que canto está a meter na cabeza e reelaborar, que boa falta lle facía). Rematamos co Himno Galego e coas palabras de Francisco Díaz Pan e algunha emenda da filla de Ponte. Eles dous faláronnos de como meteran alí en terra sagra aos tres mártires libertadores de Galiza e da humanidade. Benia todos e a todas que coma eles deixaron sangue como semente de liberdade. Que iso se multiplique. Amen.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-04-2006 17:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A MANUEL PONTE PEDREIRA
Hoxe, día 21 de abril, fanse xustamente cincuenta e nove anos do asasinato de Ponte da Abella, guerrilleiro exemplar, moralidade altísima, político absoluto, comunista humanista, non podería ser outra cousa.
Temos que activar a memoria nosa colectiva, a da nazón galega, a do pobo do galego en Galiza, e así dar testemuña real da nosa identidade. Sendo e estando.
Velaí que hoxe na Abella de Mesía, en Fontao, recobraremos os suspiros da vida de Ponte, tamén os dos seus compañeiros, Manuel Díaz Pan e un compoñeiro asturiano ( do cal o seu nome sábeo Xosé Neira Vilas). Tamén, da man de Manolo o acordeonista da Quenlla, poderemos saber o punto exacto onde caeu de morte, asasinado, vendimado, paseoado, Camilo Díaz Valiño, pais de Isaac Díaz Pardo.
Hoxe alí estaremos entre outros, Mini, concelleiro do BNG en Boimorto, membro da Quenlla,Mero de Xanceda ( tamén da Quenlla), Manolo ( o acordeonista da Quenlla), Raul ( O Pallas, gaiteiro nacional de certo, sen punteiros de máis), o rapaz de 92 anos Avelino Pousa, Lucho do Peto, Ricardo Abuín, vello loitador comunista e moitos máis, pero en especial a neta de Manuel Ponte. Non sei se a súa filla ( que me gustaría).
Ano da memoria para sempre. Para sabermos de nós e así ter propostas de futuro, intuitivas, de certezas, de esperanzas.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-04-2006 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal