|
|
|
|
| A COUSA VAI COMO VAI E MAL |
|
| Fai graza ver como os señores da dereita(ona) deste meu Estado andan interferindo na marcha de propostas progresistas ( de progreso) e logo cando as buscan atópanas porque non entenden nada ou pouco ( mellor nada). Van a Catalunya e predicar e recollen o que recollen non porque os incite Zapatero senón que é porque o pobo catalá é así coa súa diferenza e coa súa identidade. Buscar culpabeis noutro sítio é innecesario e resulta como enlousar de pedra de gran ao deserto. Non hai color amiguiños. En Catalunya son como son e máis nada. Querer vender aire non fai comungar aos catalás con rodas de fume ( nin de muíño), que non, quenon é así e tampouco tenten, señores da dereita, meterlla por onde non é e culpabilizar a Zapatero ou aos " sociatas". Un pobo que cre en si é coma este do que falamos tal cal, neste caso catalá. Non anda con medias tintas e logo amaña, se pode, as súas cousas entre os da casa. Os de fóra poden vir se traen pero se queren sacar algo...mal de mal ou peor. O pobo catalá camiña ao seu andar, como ve e pode, como se fai posibel, pero dende si e así o fixo sempre e sempre deu na cara coa súa diferenza, cousa que ninguén lle discute ( non coma outros que discute e discute e non chega a case que nada polo de non incomodar, polo de non caer mal, polo de non escaravellar na ferida súa e non na do outro).Velaí cousas que asustan a dereita ( que lle dan nos privilexios de antes, aqueles de dicir cando e como e agora non lle é). Velaí o intento da pacificación de Euskadi ( a de todo o Estado) e maila re-definición dos Estatutos, os novos horizontes aos que nos dirixir.Eles morren de medo por teren parado tanto ( ao que lle chamaron "prudencia ") e agora perden o tren e están a punto de poñerse fóra da estación para parecer e non para ser que para iso hai que ter o que hai que ter e non sacar para frear. A cousa vaise a mellor norte e eles andan de punta por achatar os puntos cardinais, por pechar os mapas e as ideas, as liberdades, as determinacións.Eles que anden, pero que non interfiran. Poden intervir que é a súa obriga pero non dicir aquilo ( ou pensalo) do que facía un mozo desfilando, que levaba mal o paso, e o xefe díxolle que o cambiase pero el arremeteu e declarou: " que o cambie a compañía que eu...vou ben". Pois iso é o que eses señores queren, que cambiemos nós a cambio de que eles sigan coma sempre. Non,pois non.Que non. |
|
|
|
|
| O DEZASETE DE XUÑO, O 17...O DEZASETE... |
|
| O dezasete de xuño no muiño do Rañego de Vilalba en Lugo chmados pola Fundación Manuel María e pola Xermolos de Guitiriz celebraremos o nomeamento de CHAIREGO DE HONRA para o poeta do mar, sima-cima, BERNARDINO GRAÑA, Villar como lle chamaba Manuel María. Velaí unha noticia doce como as cereixas e os amorodos, chea de esperanza como a uva tinta femia de espadeiro. Tod@s debemos estar content@s. Felices. Bernardino, xunto con Carme e Denís, tamén Iria, aló en Cangas do Morrazo irredento significa para @s galeg@s un referente de coherencia, de ser e de estar na nación, de identidade nosa, que xa nin que dicir ten o merecido de tal nomeamento por parte dos Chairegos. O día dezase debese estar alí no Rañego toda a maior cidadanía que se proclama galega de nación e de pobo. Tod@s no Rañego de Vilalba. E mantémolo con afán pois Bernardino encarna a discreción, a humildade e a ética precisa para que a literatura nosa, en especial a poesía, signifique un territorio significativo e por máis digamos que unha bandeira que levarmos a peito aberto, decididos e fachendosos. Barnardino constrúese como un significadísimo representante activo e vivo da nosa aurea poética, da nosa elite das letras e na Lingua. Non sei como somos quen de telo fóra da RAG. Non o sei e póñome de punta soamente con pensalo. este meus país ás veces ten cada cousa que merecería unhas azoutas boas nas nádegas para que soubese, avivase, que ten a responsabilidade de valorar homes e mulleres que o deron, que odan, todo por que a nosa estrela liberadora teña aceite e brillo, limpeza cristaíña, para proclamarse merecente de lealdade patria.Alguén debe dicilo e sei que hai moitos dispostos a tal cousa. Bernardino Graña, o que viviu na rúa do Lazareto e agora faino na de Castroviejo en Cangas,debe ocupar o seu escano en Tabernas, na Coruña, na RAG. Estamos diante dunha débeda que xa tardamos o seu en lle facer pagamento. Non alonguemos máis as cousas que poden quedarnos nas mans e por riba poñérsenos a cara de parvos e alguén han de pedirnos responsabilidades por non facer o debido - poñer a Bernardino na Academia - cando tiña que ser e oportunamente. Estamos fartos de que non chova agusto de todos, pero se por riba o fai a destempo... O dezasete podería ser un bo día para termos en conta esta petición que é un berro de deber. O deber que se ten de nomear membro da RAG a Bernardino Graña. Imos ver...oxalá por unha vez e por algo tan importante cheguemos aínda que sexa un algo tarde. Do retraso aínda podemos dar desculpa. Imos ver... |
|
|
|
|
| E SEGUIMOS NELA |
|
| Non queren. está claro que así están ben, viven ben,chupan ben,subvenciónanse mellor e o discurso pega,entra,nas sensibilidades puras e nas outras ( nestas mellor, seguro que si, onde ETA xa está a perpetuidade condeada faga o que faga a partir de xa, faga o que faga, diga o que diga, proclame o que proclame, todo o que veña do seu entorno é para lle negar atención, para silenciar, non sexa que o discurso teña que poñerse acorde coa situación e cos tempos, pois aquí e agora, no estado Español e nas nacionalidades e comunidades, están a pasar cousas, xorden novas voces e propostas e negalas é " mexar fóra do testo".Dende aló polos anos sesenta e antes en que ETA xorde e actúa até hoxe, nestes tempos, a cousa non é a mesma, a situación tampouco e todos reflexionamos coa necesidade de que o asunto acabe, pero sen aldraxes e si con diálogo de construcción de convivencia e non soamente de cohabitación.Temos que nos molla r todo, comprender todos, e así non quedará nada ao dispor do azar, do chou, de xalundes.Adiante coa actitude aberta, plural e disposta, para chegar a acordos de execución posible e no tempo. Non todo ten que ser no momento, agora xa. Hai que dar marxes de logros dos que ninguén se pode arrogar dar ou acadar, pois serán os tempos e os pobos deste Estado, de Europa e do Mundo, quen marquen as realidades que queremos sostibles e melloradas no pensar e nos proxectos dos que desexamos traxectos con velocidades de equilibrio sen forzar nada a cambio de algo que ao mellor non é verdade. Teñamos esperanza, e non a de quen espera, no proceso e xa que logo participemos con ánimo, con ilusión, de facer xustiza ( ás víctimas moi especialmenet, pois o pago delas foi alto), de facer paz, paz...paz ( con xustiza)...paz. De lograla canto antes e sen ter que mirar para atrás por se alguén exerce traizón ou ao lado por se alguén se quixese aproveitar de mala fe da boa intención de tantos que xenerosamente dialogaron para sermos todos unitariamente, canto antes mellor, felices na convivencia absolutamente democrática dos pobos deste Estado Español e que amorosamente todos debemos construír e non soamente cos cinco minutos de democracia que son o tempo de votar. Paz... pois así PAZ nos pobos, dos pobos, para os pobos, para as nacións e para os estados...PAZ. |
|
|
|
|
| POR ESE CAMIÑO VAN MOI MAL |
|
| Penso que dende calquera pobo ou nación do Estado Español, calquera cidadán, gusta de pacificar España ( no tocante en especial ao que se lle di " terrorismo de ETA"). Aí ao parecer todos os de a pé e non señoritos de pepe ou terras e montes e urbanizacións ou outras actividades diversas de natureza diversa, eses parece que non andan polo labor de pacificar e si polo de VENCER e que os demáis se rindan, mesmo llelo pidan como pregándoo de maneira e dirección de inferior (ETA) a superior ( eles, que se nomean en arrogancia e exclusiva VÍCTIMAS, comose non houbese outras e máis de máis...). Pois non. Con amezas de deixalo, con avisos de pura intransixencia e de dubidosa caracterización democrática, con contidos de apocalípse, facendo que ver que sen eles non haberá nunca nada e que mesmo como se cabreen imosver...así van mal. Penso que se quedaron fóra dos tempos e así levan moi mal o progreso e o futuro que debemos desexar para os nosos netos. Recordo os meus tempos de vivir en Euskadi, en Beasaín ao lado de Orditzia, e que tempos... ( era polo 78-79). E queren estes que sempre andiveron ao abrigo de todo, con privilexios absolutos, marcar as cartas e facer as normas, para unha rendición canto máis vexatoria mellor ( chea de vinganzas e agresividades) sen falaren de xustiza e arreglo social, acordo e conclusión cívica. Mal e moi mal con estas poses e situacións, que mesmo se fixeron a foto con El Rey para que vísemos ( e el) que teñen o como facer ben as cousas a respecto de Euskadi e moi especialmente ( Cataluya incluída e sobre todo ERC) con ETA e iso que eles lle din o seu entorno. Mal...imos mal... e veremos, cousas veremos...Mal... así imos mal e debemos collernos das mans, e dos corazóns, das intelixencias e dos afectos, das identidades, e poñerno a traballar en clave de diálogo para construír e sen buscar rendidos, sen vencer e si convencendo ( e convencéndonos cada día máis). A tod@s nos atinxe facelo en clave de " poder civil" e non como resultas dunha guerra na que de seguir así, moi especial os que agora andan a desacordo, todos imos ser perdedores e non debería ser. Non debería... |
|
|
|
|
| LUGARES NECESARIOS |
|
Estamos nuns momentos decisivos para que o futuro do noso Estado colla o necesario e preciso norte que nos conduza á satisfacción e á verdadeira convivencia. Tratar de ver ou facer outra cousa que non sexa iso, moi en especial a convivencia, é mellor que nos dea por estar quietos, pois alomenos non se perderá máis tempo, que abofé que xa non é pouco o que levamos investido en prosmeiradas, cabreos, caneos ou iso de parece, pero non... Basta pois.
Decisión de vez, a coller a cousa por onde é debido ( que aínda así...). Estamos, repito, nos mellores momentos de poñernos a dialogar ( Estado-nacionalidades- que son parte constitutiva del mesmo - e moi en especial, sen deixar a outras necesidades, dialogar con ETA, pois iso implica decididamente construír DEMOCRACÍA para futuro e non un freo de quedar para cando o sol pinte de mellor, que por moita ilusión case que direi que non ha facelo mellor do que agora se presenta). E digo dialogar dende a visión clara do que se entende por España e por Estado Español, amáis de expresar con claridade absoluta como se quere unitariamente a tempos que veñan ese Estado e así expoñer con claridade o que se pretende, tanto por uns, como por outros, e moi en especial, que é moi importante, escoitar con intencións positivas os plantexamentos de ETA consontes á articulación do propio Estado constituído sobre baseamentos nacionais plurais de feito e de proxecto ( ou non?), pois o resto ha ser barallar sen inciar o xogo ou ese pao que vai e vén sen dar onde debe e para o que debe.Diálogo, debate, sen ver a derrotados, nin a rendidos, sen facer que o outro bique o chan da entrega sen condicións, pois ETA ( equivocada ou non) creu no que fixo. Non foi o dos seus membros un xogo de super-mans con pistolas de conto ou de aventuras ( aínda que para moitos o fose iso, esa "heroicidade" de "gudaris" ao seu modo que se fai sen que pase nada a cambio, así de simple, pero non... o asunto foi outra cousa e debemos reflexionar sobre iso comprensivamente, ETA non foi literalmente, como se quere dicir, unha simple banda de malfeitores, no seu existir houbo e hai máis e traballan con máis vimbios, xa que logo non xoguemos a calquera lixeireza, non...). Unha vez máis ao meu ver faise preciso un programa de intencións e de obxectivos para ilos cumprindo no máis que se poida sen perder de vista que o Estado Español non se reduce, que sendo importante, á única negociación do Goberno con ETA. Hai máis e máis hai que intervir nese entendemento que a TODOS ( repito A TODOS) nos atinxe, ocupa e preocupa...que quede claro. |
|
|
|
|
| EN FONTAO E NA ABELLA |
|
Todo comezou en xuntármonos na taberna Casavella da Abella de Frades(?).Alí chegamos Ricardo Abuín, Avelino Pousa e mais eu. De seguida apareceron Macame e Bernardo Maiz. Logo xa un a un, a filla de Ponte, a neta, Mero, Mini, Manolo, o Pallas, Francisco Díaz Pan, irmán de Manuel Díaz Pan, morto canda Ponte e mais canda Manuel Rodríguez Álvarez, o asturiano. Os tres repousan en terra sagra de Abella.Tamén veu alguén de Ordes.
Cando chegamos a Fontao, ao saído da casa onde Ponte estaba acubillado, dende onde gabeou polos leiros adiante, a xunto tres cipreses lle meteron o primeiro tiro no brazo dereito, que xa tivo que cargar o subfusil cos dentes, pois alí todos nos envolvemos de emoción e de silencio respectuoso de solidariedade e de lealdade aos homes mortos, defensores da libertade, guerrilleiros e non " bandoleiros". Gerrilleiros defensores da liberdade como así os define a nai de Manuel Díaz Pan dediante do " caimán, aquel " primera " da garda civil que lle reprochou á pobre muller o ter un fillo así, bandoleiro ( e ela que non, que era guerrilleiro, amante e defensor da liberdade). Pois alí falamos logo da música da gaita do Pallas e o compás do tamboril de Manolo, Mero, Abuín, eu David e Mini.Os demáis atenderon con silencio de compañía e acordo. Despois fomos ao cemiterio da Abella e alí logo do toque do Pallas, falou Avelino Pousa ( que canto está a meter na cabeza e reelaborar, que boa falta lle facía). Rematamos co Himno Galego e coas palabras de Francisco Díaz Pan e algunha emenda da filla de Ponte. Eles dous faláronnos de como meteran alí en terra sagra aos tres mártires libertadores de Galiza e da humanidade. Benia todos e a todas que coma eles deixaron sangue como semente de liberdade. Que iso se multiplique. Amen. |
|
|
|
|
| A MANUEL PONTE PEDREIRA |
|
Hoxe, día 21 de abril, fanse xustamente cincuenta e nove anos do asasinato de Ponte da Abella, guerrilleiro exemplar, moralidade altísima, político absoluto, comunista humanista, non podería ser outra cousa.
Temos que activar a memoria nosa colectiva, a da nazón galega, a do pobo do galego en Galiza, e así dar testemuña real da nosa identidade. Sendo e estando.
Velaí que hoxe na Abella de Mesía, en Fontao, recobraremos os suspiros da vida de Ponte, tamén os dos seus compañeiros, Manuel Díaz Pan e un compoñeiro asturiano ( do cal o seu nome sábeo Xosé Neira Vilas). Tamén, da man de Manolo o acordeonista da Quenlla, poderemos saber o punto exacto onde caeu de morte, asasinado, vendimado, paseoado, Camilo Díaz Valiño, pais de Isaac Díaz Pardo.
Hoxe alí estaremos entre outros, Mini, concelleiro do BNG en Boimorto, membro da Quenlla,Mero de Xanceda ( tamén da Quenlla), Manolo ( o acordeonista da Quenlla), Raul ( O Pallas, gaiteiro nacional de certo, sen punteiros de máis), o rapaz de 92 anos Avelino Pousa, Lucho do Peto, Ricardo Abuín, vello loitador comunista e moitos máis, pero en especial a neta de Manuel Ponte. Non sei se a súa filla ( que me gustaría).
Ano da memoria para sempre. Para sabermos de nós e así ter propostas de futuro, intuitivas, de certezas, de esperanzas. |
|
|
|
|
|