Victoriano Taibo



O meu perfil
manxomou@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

GAÑADORA
O xurado do V Premio de Poesía Victoriano - Entidade Local de Morgadáns, tal e como consta na acta correspondente, acordou declarar gañadora da convocatoria deste ano o poemario Distancias e Simetrías, do que é autora Mª Concepción Álvarez Lebredo. O premio, dotado con 3000 €, escultura conmemorativa da autoría de Fino Lorenzo e publicación do libro polo IEM na colección Victoriano Taibo, será entregado no transcurso dun acto cultural que se celebrará na Escola de Guillufe de Morgadáns, sede do Premio, no mes de novembro. Querémoslles dar os máis sinceros parabéns á gañadora, por acadar este galardón que goza xa dun innegable prestixio que transcende o ámbito de Galicia, e aos promotores, que fomentan de forma efectiva a creatividade poética nos máis altos niveis do sistema literario galego.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-09-2012 19:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador web