Victoriano Taibo



O meu perfil
manxomou@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

FINALISTAS
O xoves, día 30 de agosto de 2012, reuniuse o xurado para deliberar sobre os 51 orixinais aspirantes a conseguir o V Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns.
Composto por Gonzalo Navaza, Marta Dacosta, Araceli Gonda, Carlos Negro e Miguel Anxo Mouriño, este último como secretario, o xurado acordou nomear finalistas os traballos presentados baixo os seguintes títulos, citados en orde de recepción:

Mensaxe para Siria
Distancias e Simetrías
Oso, mamá, si?

Na próxima semana darase a coñecer cal dos tres é o gañador desta convocatoria cuxo ciclo pecharase, presumiblemente, na primeira quincena de novembro coa celebración do acto de entrega do premio, dotado con 3000 €, unha estatua conmemorativa da autoría de Fino Lorenzo e a publicación do libro na colección Victoriano Taibo do IEM.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-08-2012 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
ORIXINAIS
Unha vez rematado o prazo de presentación de orixinais para o V Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns, reuniuse o xurado para recoller os poemarios participantes que superan en número o de anos anteriores cun total de 51 traballos; como esperamos que a calidade se manterá tamén no nivel que vén sendo habitual, augurámoslle ao xurado un difícil traballo de deliberación para escoller un gañador. Como se ve, este certame consolídase como un dos referentes de Galicia coa participación dos máis recoñecidos poetas actuais.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-08-2012 09:11
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador web