O
Instituto de Estudos Miñoranos acaba de facer pública a convocatoria, correspondente ao ano 2011, do
IV Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns mediante unha
nota de prensa. Este certame vén sendo moi ben acollido polos poetas e pola crítica e está a producir obras de gran calidade e interese. Pódense ver
aquí as bases e unha breve biografía do persoeiro a quen se lle dedica o premio, e
aquí o cartel e díptico creados para a ocasión.