Victoriano Taibo



O meu perfil
manxomou@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

FINALISTAS
O xurado do II Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns reuniuse o día 31 de agosto de 2009 para deliberar sobre os orixinais que, nun total de 45, se presentaron este ano. A participación non só foi abundante senón tamén de gran calidade, como sinalaron unanimemente os membros do xurado que, nesta primeira reunión deliberatoria, decidiron seleccionar seis finalistas para, en breves días, elixir un deles como gañador deste certame. Os títulos das obras seleccionadas, relacionadas por orde de recepción dos orixinais, son os seguintes:

+ Road Movie
+ Antítese da Ruína
+ As crebas
+ Cuarto Minguante
+ Biografía da Multitude
+ República do Desacougo

O gañador, cuxo nome e obra faranse públicos en breve, recibirá o premio co que está dotado este certame (3000 € en metálico e unha peza escultórica de Fino Lorenzo) no transcurso dun acto que se celebrará na primeira metade de novembro, en cuxo momento será tamén presentado o libro gañador editado polo Instituto de Estudos Miñoranos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-09-2009 18:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal



Contador web