Víchelo, miráchelo!
ELENA GALLEGO CON 2º A e B FALANDO DE DRAGAL
Puidemos preguntarlle aspectos relacionados coa novela que nos intrigaban, aíndfa que algúns non foron de todo clarificados porque teñen que ver coa trama da segunda ou da terceira entrega, e claro se nos fixo unha constante invitación a lelas. Falounos ademais de cal era o seu método de traballo de como procuraba información e como dunha lenda ou un documento ela construía a ficción adaptándoa aos personaxes e ao fío condutor da saga que ela creou a priori. Dixo que era como un proceso á inversa de visualizar unha película e escribir o guión. Ela primeiro visualiza o que quere escribir na súa imaxinación e logo vai escribindo para darlle saída aos problemas que con anterioridade tiña en mente. ás veces isto resulta complicado ou complexo. Hai están os detalles como o dos morcegos e a relevancia dos seus excrementos na investigación policial que aparece na recta final da primeira parte de DRAGAL. Rematou asinando libros q a quen quixo nun contacto directo e próximo cos seus lectores a quen preguntaba que era o que máis lle gustara da súa novela.
INFORMACIÓN SOBRE DRAGAL
Propoñémonos facer desta lectura ademais unha reflexión práctica sobre os textos narrativos analizando a estrutura da novela e identificando en cadanseu capítulo os elementos da narración que presenta. Tamén seremos creativos e iremos realizando unha ilustración capítulo a capítulo.
Promete ser unha lectura entretida e instrutiva.
DRAGAL, LECTURA E NADAL
Propoñémonos facer desta lectura ademais unha reflexión práctica sobre os textos narrativos analizando a estrutura da novela e identificando en cadanseu capítulo os elementos da narración que presenta. Tamén seremos creativos e iremos realizando unha ilustración capítulo a capítulo.
Promete ser unha lectura entretida e instrutiva.
Comezamos polo resumo ou ARGUMENTO desta historia de intriga e aventura, de amizade e fantasía.
Hadrián atópase na clase de matemáticas nos minutos nos que a profesora reparte os exames mentres que sen que ninguén se dea conta na aula, dende a fachada da vella igrexa de San Pedro que se atopa fronte do centro do ensino o Dragal observa a situación. Dona Ermidas, a profesora, entrégalle o exame a Hadrián que curiosamente sacou un 10. O dragón dende a cornixa chíscalle un ollo. E a profesora que estivera preocupada polo rapaz que veu trasladado despois da morte do seu pai dille ao final da clase anímao a que siga así apa atopar o seu camiño. Un camiño misterioso que Hadrián agora sabía que se abrira séculos atrás.
O NARRADOR neste capítulo é unha voz externa ao relato en terceira persoa. É un narrador omnisciente que coñece o pasado o que pensan os personaxes (Hadrián ou Ermidas.
OS PERSONAXES: Parece haber un protagonista claro neste capítulo que é Hadrián e outro personaxe( se cadra o antagonista) misterioso denominado Dragal, aparecen os nomes de varios compañeiros de clase do rapaz: Mónica que parece coñecer a Hadrían porque ao final agarda por el, Miguel, Teresa, Antón… secundarios e tamén nun papel secundario , un tanto máis relevante que os anteriores neste capítulo, o de Dona Ermidas a profesora de matemáticas.
ESPAZO(s): a Aula que se atopa nun centro de ensino fronte a unha vella igrexa cuxa fachada vese dende a fiestra.
TEMPO(s): ( Aquí debemos distinguir entre o tempo relatado ( canto tempo se narra) e cómo se relata ese tempo e que chamamos o tempo do discurso. Este pode ser lineal se coincide co anterior ou descontinuo podendo ser mesmo unha retrospección (indo de adiante cara atrás).
O tempo relatado é o que podería durar aproximadamente unha sesión de clase de matemáticas na que se entregan uns exames.
O tempo do discurso que neste capítulo coincide co relatado porque é lineal comeza no principio e remata ao final da clase, aínda que hai referencias ao pasado de Hadrián e ao comezo do curso, non se chega a dar un salto a un tempo pasado, é unha pequena referencia.
MODOS DE DISCURSO (A autora pode escoller entre narración, descrición ou diálogo á hora de contar esta historia. Trátase de comentar en cada capítulo cal dos tres domina e cando se utiliza , se é que se usa calquera dos outros dous).
No 1º capítulo Dragal domina a narración de acontecementos, non hai descrición (unha liña describe o aspecto do exame de Hadrián) e o diálogo aparece cando dona Ermidas aos alumnos os exames e unha pequena conversa entre ela e o protagonista.
Lendas Vivas
Rexeita as copias...pero que imos celebrar Samaín ou Defuntos?
Despois de informarnos sobre o denominado Samaín veremos qué ten de tradicional ou de importado ou imposto pola cultura global. Sabemos que o interesante é ser orixinais, auténticos e non copias doutras culturas. Analicemos o Samaín, descartando de cheo o que claramente é alleo, o tan mediático e comercial Halloween.
Para chegar a definir a denominación máis axeitada para estas manifestacións culturais que se realizaban e que se están de novo impulsando nestes primeiros días de novembro, para preparar o debate aquí deixamos uns enlaces a vieiros da escola,e estoutro a cultura galega .
Na rede hai abertos debates semellantes, por exemplo, en Bretemas onde hai testemuñas moi interesantes como unha que fala do que se facía tradicionalmente na Illa de Arousa, lugar especialmente interesante no relacionado co culto aos mortos, parece ser que os rapaces ese día van pedir polos defuntiños. Noutro blog, ladrándolle á lúa, dáse esta opinión:
A pesar do que moitos pensan, o Samaín é unha festa que sempre se celebrou en Galicia aínda que non en todas partes con esta denominación. Para moitos será máis coñecida como o día das cabazas ou das caveiras. Parece ser que esta tradición foi espallada polos celtas, que celebraban a chegada do inverno e con el, o nacemento dun novo ano. Samaín vén a significar en gaélico "fin do verán".
Desde sempre, nas vilas e aldeas de Galicia, os rapaces deixaban nas encrucilladas as cabazas ou calacús cunha candea acesa no seu interior para asustar os camiñantes.
Hai outros como Méndez Ferrín que non aceptan esta orixe e sosteñen que se trata dunha manifestación do imperialismo estadounidense que impuxo o Halloween en todo o mundo, fronte aos que aceptan que efectivamente esta manifestación do día 1 de novembro veu dos EE.UU., pero nunha viaxe de volta, pois serían os emigrantes irlandeses os que levaran esa tradición a América durante o século XIX e principios do XX. Sexa como for, cada día se recupera en máis lugares a celebración do Samaín.
Desde o San Narciso pensamos que na procura da verdade debemos ser fieis en primeiro lugar ás denominacións propias como a de Tempo de Santos ou Defuntos. Logo cremos que debería estar tan presente ou máis que a palabra cabaza outra sdenominacións como calacús, sendo esta denominación a referida a unha cabaza de grandes dimensións e máis propia das hortas de Galicia que a laranxa valenciá que compramos no super.
OS BLOQUES DIALECTAIS DO GALEGO
Para a zona de Asturias do Eo-Navia:
Para a zona do Bierzo e as Portelas en León e Zamora:
Pola contra podemos ver outro dos fenómenos dilectais máis característicos: a gheada
Outro dos fenómenos do galego occidental é o seseo:
Panorama da historia da lingua
Comezamos o curso 2011-2012 na procura da verdade.
Xira ao redor da idea da educación da nosa identidade. Se o que nos fai humanos é precisamente a fala, exercer como tales humanos esixe vivir na procura de nós mesmos e manifestarnos como tal, de xeito auténtico ou verdadeiro. “Coñécete a ti mesmo” é unha fermosa e vella sentencia da antiga Grecia que podemos aplicar á hora de nos dispor a coñecer ese nós colectivo que se chama Galicia e que usa unha lingua que nos dá identidade no mundo, o galego.
Tomamos este texto como primeira lectura do curso e lectura central da Unidade 0. O debuxo que tes a túa dereita acompaña o seguinte texto.
CHEGOU DAS AMÉRICAS
(de “Cousas” A.D. R. Castelao)
Chegou das Américas un home rico e trouxo consigo un negriño cubano, coma quen trai unha mona, un papagaio, un fonógrafo... O negriño foi medrando na aldea, onde deprendeu a falar con enxebreza, a puntear muiñeiras, a botar aturuxos abrouxadores.
Un día morreu o home rico e Panchito trocou de amo para gana-lo pan. Co tempo fíxose mozo comprido, sen máis chatas que a súa coor... Aínda que era negro como o pote, tiña gracia dabondo para facerse querer de todos. Endomingado, con un caravel enriba da orella e unha ponla de malva na chaqueta, parescía talmente un mozo das festas.
Unha noite de estrelas xurdeu no seu maxín a idea de saír polo mundo á cata de riquezas. Tamén Panchito sinteu, como tódolos mozos da aldea, os anceios de emigrar. E unha mañán de moita tristura gabeou polas escaleiras dun trasatlántico.
Panchito ía camiño da Habana e os seus ollos mollados e brilantes esculcaban no mar as terras deixadas pola popa.
Nunha rúa da Habana o negro Panchito tropezou cun home da súa aldea e confesoulle saloucando:
—Ai, eu non me afago nesta terra de tanto sol; eu non me afago con esta xente. ¡Eu morro!
DE CARA ÁS PROBAS DE SETEMBRO
Prácticas:  Xénero, número, pronomes, verbos e análise sintáctica elemental CD, CI, CC, Suplemento, Atributo, Predicativo.
Lectura non obrigatoria, pero si recomendada: O ceo dos afogados,de Francisco Castro (Xerais).
Máis abaixo colgaremos un modelo de proba de exame.
Para os alumnos/as coa 2ª e 3ª avaliacións pendentes deben traballar cos seguintes temas do Libro:  ( 6,7, 9, 10 e 11) incluír Letras Galegas: Lois Pereiro e Himno (información na páx. Web no propio  blog de 2º eso).
Prácticas:  Xénero, número, pronomes, verbos e análise sintáctica elemental CD, CI, CC, Suplemento, Atributo, predicativo.
Lectura non obrigatoria, pero si recomendada: O ceo dos afogados,de Francisco Castro (Xerais).
Máis abaixo colgaremos un modelo de proba de exame.
Para os alumnos/as coa 3ª avaliación pendente deben traballar cos seguintes temas do Libro: 8, 9,10 ,11, 12  incluír Letras Galegas: Lois Pereiro e Himno (información na páx. Web no blog de 2º eso).
Prácticas:  Xénero, número, pronomes, verbos e análise sintáctica elemental CD, CI, CC, Suplemento, Atributo, predicativo.
Lectura non obrigatoria, pero si recomendada: O ceo dos afogados,de Francisco Castro (Xerais).
Máis abaixo colgaremos un modelo de proba de exame.
MODELOS DE EXAME de SETEMBRO:
PARA 1ª Avaliación:
1-	COMPRENSIÓN LECTORA/ LINGUA E SOCIEDADE : Enche os ocos coas palabras que correspondan:
Na prehistoria están as raíces da nosa identidade: Os primeiros habitantes de Galicia eran de orixe_____________e logo contra o 800 antes de Cristo chegarían aquí tribos de¬¬_____, unha das grandes familias indoeuropeas. Ambos deixaron a súa pegada no galego, son o___________ da nosa lingua.
Antes do galego, GALLAECIA: Os_________ chegan ao noso territorio cara o 131 a.C.. Esta terra tiña unha cultura prerromana que chamamos castrexa. Eles establecen unha división provincial na península dándolle o nome de Gallaecia a un territorio maior da actual __________,  que chega polo sur ata o río Douro e polo leste ata Cantabria. O ______ substituíu as linguas dos anteriores poboadores e será a base sobre a que nacerá o galego.
GALICIA, o 1º reino medieval de Europa: Coa chegada dos _________, un pobo xermánico, baixo o seu dominio consolídase un reino independente que levará o mesmo nome e seguirá falando latín con certos aportes denominados de ____________ de orixe xermánica.
Nace o galego e as peregrinacións a Compostela: No século_____ o idioma que fala este reino de Gallaecia diferénciase claramente do que se fala noutros puntos da península, xa non é latín. Polo sur da península os________ fanse fortes, pero van ter escasa presenza no norte. Descóbrese o sepulcro de_____________ en Compostela. Aínda que se fala o________ o primeiro documento escrito non aparece ata moito máis tarde, o ano 1228.
O esplendor medieval da nosa literatura: Nos séculos _______ o uso do________ xeneralízase mesmo na escrita e será entón cando aparecen as primeiras expresións literarias en forma de cantigas. O desenvolvemento da arte románica tamén será, en certa medida, unha consecuencia dos intercambios culturais do Camiño de__________. A lírica galaico-portuguesa será o referente literario de poetas de toda a península e unha das máis importantes de Europa. Ao longo destes séculos, a pesares da independencia de Portugal no 1128, existía unha mesma lingua ao norte e ao sur do Miño.
2-	O NOME DAS COUSAS: Enumera 10 árbores de Galicia e pon os nomes e ademais indicar o léxico correspondente a algunha das ilustracións do libro dos temas desta avaliación.
3-	O til diacrítico, defíne que significa e pon outros seis exemplos de uso de tíl diadrítico coa súa explicación.
4-	LINGUA POR DENTRO: Escribe os seguintes tempos dos verbos:
-os presentes INDICATIVO de: OBEDECER e DURMIR.
- pretéritos Indicativo de ANDAR / PARTIR
5-	Escribe o artigo determinado esixido por cada un dos seguintes substantivos:
__ cabotaxe 	__ mel 	       __ ponte          __ cume   __ análise 	__ crise 	     __ paréntese	__ diabetes__ friaxe 	                __ nariz         __ cárcere 	       __ sangue   __ sal   __ leite       __ garaxe 	__ paxe __ romaxe 	__ hepatite    __ diadema 	__ dor __ arte        __ calor       __ orde 	__ dote  __ servidume   __ costume     __ sentinela  __ marxe __ suor     __ sinal   __ orixe	__ til
6-	Pon en plural as seguintes palabras:
mol  __________	imbécil  __________	bocoi  __________ sal  __________	chuchamel  __________	civil  __________
doutor  __________azul  __________	difícil  __________cáliz  __________	útil  __________	truel  __________ clip  __________
áxil  __________	álbum  __________	bailarín  __________val  __________	campión  __________	dátil  __________
funil  __________	ruín  _______	tren  ______atún  __________ril  __________	parasol  __________esquí  ________tul  __________
7-	Completa os seguintes enunciados cun adxectivo do tipo indicado en cada caso.
Lavou as costas cun ___________________ [explicativo] estropallo.
Ollaba  caer a _______________ [explicativo] chuvia que todo o cubría.
A ______________ [especificativo] herba enchía todo o terreo ata o horizonte.
O vento ___________________ [especificativo] acariñaba o seu cabelo.
-Completa coas partículas comparativas axeitadas.
Ten ___________ paciencia ___________ pensaba [superioridade]
Antes andaba ___________ vestido ___________ agora [superioridade]
Antía é ___________ riseira ___________ ti [superioridade]
Esta xente non é ___________ violenta ___________ me dixeron [igualdade]
Este libro non é ___________ aburrido ___________ parecía [igualdade]
É case ___________ rico ___________ el [igualdade]
8-LINGUA E SOCIEDADE: Que caracteriza ao ser humano fronte as restantes especies animais, segundo Castelao?
Que significa para un galego, segundo Vilar Ponte, ser “algo máis que un galego habitante” e ser “orixinal no universo”?
9-REDACTA UN TEXTO EXPLICANDO:
Os Séculos Escuros, o Rexurdimento e o galego no século XX.
10-REDACTA UN TEXTO EXPLICANDO:
As variedades xeográficas do galego.
PARA 2ª Avaliación:
1- -LINGUA E SOCIEDADE.
Corrixe os castelanismos
-O neno tomou moita leche e mantequilla.
-Ayer foi jueves e comín pescado.
-No colegio fixemos un exercicio de gallego.
- En un día hermoso de Enero, parecía primavera.
2-Comenta unha gráfica de sociolingüística como as que trae o libro na páxina 101.
Que é una lingua minorizada?
3-A LINGUA POR DENTRO: Coloca correctamente “te” ou “che”:
a) Quizais ___dea ____ mañá o meu teléfono.
b) Xa ____ teño  ___ dito que non ____ quero ___ ver así vestido.
c) ____Contou___  cousas interesantísimas.
d) Sempre ____estás ___  a meter comigo.
e) Teño que ____dar ____unha boa noticia.
f)  Dixo que ___ vira ____  onte.
4- Cales son as excepcións de colocación do
pronome átono diante do verbo (pon exemplos de cada caso).
5-    	Clasifica as seguintes oracións en simples (S) e compostas (C):
–	Xulián veu este domingo en bicicleta.
–	A panadeira deixoume só dous bolos e pagueille tres.
–	Aos meus tíos non lles gustan nada os animais.
–	Teño que pensar que vou facer de comer porque meu pai está a chegar.
ANALIZA a seguinte oración en forma de árbore:
O profesor anunciou que eu aprobaba o exame.
6- 	Indica se son substantivas, adverbiais ou adxectivas as seguintes oracións:
–	Decidiron onde querían vivir.
–	Abriron unha taberna onde tiña a librería o Toño.
–	Mercou dous libros que eran moi vellos.
_	Dixo que a quería moito.
–	Foino amañando sen poñer alá moito coidado.
–	Chovía a chuzos cando nos deitamos.
7-   LINGUA POR DENTRO: Define e explica con exemplos os distintos tipos de oracións compostas bipolares:
8-	Define e explica as oracións compostas por coordinación e pon exemplos dos seus distintos tipos.
9-	O SUBXUNTIVO: escribe o presente, pretérito : IR, VER, SER, HABER.
10-	ESCRIBIR BEN : 	Completa con B ou V:
A  miña  moto  ti__o  unha  a__aría  a  causa  da  forte  chu__ia.
Unha  multitude  de  __ol__oretas  in__adía  os  campos  próximos  á  casa.
O  a__ogado  ía  no  seu  mara__illoso  automó__il  falando  polo  mó__il.
Miña  a__oa  le__a__a  na  _olsa  dous  paquetes  de  a__elás.
Mo__e  ese  sofá  de  _im _io  que  lle  teño  que  pasar  a  _asoira  ao  chan  do  __estíbulo.
PARA 3ª Avaliación:
1-Identifica se teñen ou non complemento indirecto CI:.
– Regaloulles un coche aos fillos
– Tirou a pelota ao aire
– O meu avó está feito un mozo
– Contou aquela historia ao público da sala.
– O mestre leu o libro onte e dixo que era bo.
– Tiroulle a carpeta á irmá.
-Para Rafael Xosé reservaba as entradas.
-Coutoume un conto precioso.
2-  OS NOMES DAS COUSAS: ( ademais dunha das ilustracións de calquera dos temas do libro pertencentes a esta avaliación)
DEFINE OS SEGUINTES ESTADOS DO CABELO:
LOIRO:
RUBIO:
ROXO:
ENGUEDELLADO:
MORENO:
TINGUIDO:
CRECHO:
3-A LINGUA POR DENTRO: Subliña os complementos directos e circunstanciais das seguintes oracións e indica que tipo de unidade desempeña a función de CD ou de CC.
-	As castañas trouxoas o apalpadoiro.
–	Os xogadores non avisaron os árbitros.
–	 Nas clases de Física contan poucas cousas.
–	Galicia  non desexa un apagón dixital.
–	A cantante andaluza ten falsas perspectivas de triunfar en Roma.
-Xosé  asegura o aprobado no exame de Lingua mañá xoves.
5-Define Suplemento, Atributo e Predicativo
(pon un exemplo de cada).
6-CONXUGA OS SEGUINTES VERBOS:
Presente e Pretérito de INDICATIVO e SUBXUNTIVO de: IR, VER ,SUBIR, VIR
7-LITERATURA: Redacta un texto sobre a vida e a obra de LOIS PEREIRO (10 -12 liñas).
8- ESCRIBIMOS BEN  Completa CC, CT, C ou T, S ou X onde sexa preciso:
a__ión		redu__ión
fru__ífero           o_Í_eno 	      e_i_encia
inxe__ar		di__ado		distri__o e_a_erar	      e_tran_eiría
di__ionario	condu__a
di__adura          e_pare_er	      e_tender
cole__ión	infe__ión
prospe__o         le_icolo_ía	      e_trañar
obstru__ión	produ__o	fi__icio	 to_icolo_ía          e_cavar
redu__o		tradu__or             reconstru__ión      e_pu_o	      e_tremo
9-Localizar en varios texto poéticos os seguintes recursos: metáfora, simil, anáfora, personificación,
aliteración, sinestesia, antítese e hipérbole.
Identificar nalgún dos textos a rima que ten:
10-Explica o contido do himno e que significan as palabras subliñadas no himno:
Que din os rumorosos
na costa verdescente
ao raio transparente
do prácido luar?
Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais só os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, onde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.
(Eduardo Pondal).
DESPERTA DO TEU SONO FOGAR DE BREOGÁN
Eduardo Pondal compuxo un logo poema de 10 estrofas no seu libro Queixumes do Pinos. Os galegos da Habana en 1907 procurando unha letra para o que sería o Himno de Galicia escolleron as catro primeiras estrofas deste poema ao que logo poría música Pascual Veiga.
Imos logo descubrir que é o que nos di o noso himno:
Que din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais só os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.
BOTEMOS LOGO UNHA OLLADA AO LÉXICO DO HIMNO:(exercicio de clase)
- os rumososos:
- luar:
- arume arpado:
- monótono fungar:
- cinguido:
- confín:
- castros:
- inxuria:
- rudo:
- encono:
- Breogán:
- arroubo:
- féridos:
- bardos:
- vaguedades:
- pregoa:
- redenzón:
- nazón:
POR QUE OS PINOS?