Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Probas modelo para setembro
1ª AVALIACIÓN:

1-Etapas previas ao nacemento do galego (Substrato e superestrato).
2- O nacemento e o seu esplendor medieval.
3- A decadencia, os Séculos escuros e a ilustración.
4- Provincialismo e Rexurdimento do XIX cara ao Galeguismo de 1900.
5- O século XX e o galego.

*Podes escoller entre calquera das preguntas anteriores sobre a Historia da Lingua e
- Prexuízos Lingüísticos: Define e enuncia os principais prexuízos sobre o galego
6- GRAMÁTICA: De que xénero son: _ cárcere, _ arume, _ orixe, _ ponte, _ sebe, _ sede, _ sentinela, _ síndrome,
_ suor, _ viruxe _ berce, _ legume, _ costume, _ couce, _ cume, _ cuspe, _ diadema, _ dote, _ fel, _ friame, _ til, _ ubre _ alma, _ árbore, _ arte, _ auga, _ canle, _ calor, _ cor/color, dor /dolor, _ fronte, _ marxe, _ orde, _ labor, _ leite, _ lume, _ mel, _ nariz, _ pelame, _ riso, _ sal, _ sangue, _ sinal, _ sorriso, _ lume,

Constrúe o plural: cal: tal: fiel: cruel: animal: papel: civil: túnel: mísil: réptil: téxtil: amábel: agradábel: chuchamel: ollomol:
martes /lapis/ marroquí/ rei/ candil útil
7- Escribe o feminino das seguintes palabras:
Bailarín/ lacazán/ varón/ escritor/ refén/ humano/
intérprete/ estudante/ ancián/ aldeán/ paspán/ cidadán/ elefante/ sobriño/ Afgán / insán/ urbano/ lugués/

-Escribe o plural das seguintes palabras: control/zulú/aerosol/cartafol/oasis/dolmen
8-Conxugar os verbos Tempos do verbo en indicativo e subxuntivo e conxugar unha forma verbal de cada tempo do verbo andar:
9-LITERATURA: Os xéneros literarios. Tipos de narradores.
10-Analiza as seguintes frases: A casa de portas vermellas / Nestas praias tan luminosas.



2ª AVALIACIÓN

1-Léxico: define coas túas palabras: Paleolítico, Bifaces, Mesolítico, Neolítico, Idade de Bronce, Idade de Ferro, Cultura Castrexa (cuncheiro, fusaiolas, fíbulas, peites...), Romanización (ánfora, áncora, aras e estelas)
2-Expresión: Tipos de textos xornalísticos:
3- Gramática: Conxuga enteiros os verbos IR / DICIR
4- Pronomes: Substitúe o OD e OI polos pronomes átonos que correspondan:
Botei o sal ás lentellas.
Como non ensinaches os deberes aos profesores?
Latexaba o corazón ás rapazas na alborada
Teu pai mercou un piso para vós.
Saúda a Xurxo da miña parte.
Nunca mercarei unha bicicleta para ti.
5- Coloca nas seguintes oracións te/che (fíxate se son OD ou OI):
…..busquei …. o libro
Non …… lanzaron …. o balón.
…. esperei….. na rúa a que …. deran ….. o coche.
Sempre…. chegaron….. os cartos.
Quen ……dixo ….. que ….. quería …. ver….. onte?

6-Lingua e sociedade: A)Distingue normalización de normativización. B)Cadro do proceso de normativización ao longo do tempo:

7- O pergamino Vindel por que é un tesouro? Quen era Vindel? Que Martín Códax?

8. Explica cal destas cantigas é de amigo e os seus principais recursos:
Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo.
E , ai Deus!, se verrá cedo.

Ondas do mar levado,
se vistes meu amado,
E , ai Deus!, se verrá cedo.

Se vistes meu amigo,
o porque eu sospiro.
E , ai Deus!, se verrá cedo.

Se vistes meu amado,
o por que hei gran coidado.
E , ai Deus!, se verrá cedo.

-----------------------------------
Un tal home sei eu, ai ben tallada,
que por vós ten a sa morte chegada;
vede quen é, e seed’en nembrada:
eu, mia dona.
Un tal home sei eu que preto sente
de ssi morte chegada certamente;
vede quen é, e véñavos en mente:
eu, mia dona.
Un tal home sei eu; aquest’oide:
que por vós morr’e volo en partide,
vede quen é, e non xe vos obride:
eu, mia dona.



9- Rosalía de Castro: vida, obra e temáticas da súa produción en galego.


10- Elementos da estrutura narrativa na novela A Cova da Moura:
Tipo de narrador / personaxes / a historia (trama) e os tempos externos.



3ª AVALIACIÓN:

1- LÉXICO: Que é un xentilicio e un topónimos? Escribe sete topónimos de Marín e cinco xentilicios de Galicia:

LÉXICO DO MAR. Escribe o nome de 25 peixes e mariscos.
Sinónimos de:
xurelo, rabada, patagullo e rincha
2- Substitúe o OD e OI polos pronomes átonos que correspondan e colócaos correctamente:
Exemplo: Facía un poema para o seu amigo: Facía o (OD) + lle(OI)= Facíallo
Botei o sal ás lentellas.
Como non ensinaches os deberes aos profesores?
Latexaba o corazón ás rapazas na alborada
Teu pai mercou un piso para vós.
Saúda a Xurxo da miña parte.
Nunca mercarei unha bicicleta para ti.
Coloca só no oco onde corresponda nas seguintes oracións te/che (fíxate se son OD ou OI):
…..busquei …. o libro
Non …… lanzaron …. o balón.
…. esperei….. na rúa a que …. deran ….. o coche.
Sempre…. chegaron….. os cartos.
Quen ……dixo ….. que ….. quería …. ver….. onte?

4-Verbos irregulares CONXUGA o VERBO IR e SABER
5-LINGUA E SOCIEDADE: Explica as catro variedades da lingua.

6-LUSOFONÍA OU GALEGOFONÍA? Quen era Camoes?
7-LITERATURA: Define teatro, e explica a tipoloxia dun texto dramático.
Cales son os subxéneros teatrais, defíneos brevemente.
8- LETRAS GALEGAS 2018: Vida e obra de____________________________

9-EXPRESIÓN: A muller galega ao longo dos tempos: Comenta a situación da muller na Idade Media, no século de Rosalía, no século XX e nos nosos días. (mínimo 20 liñas)
10-PLAN LECTOR: Explica o papel da muller na novela Tras da sombra do Bruxo. (Mínimo 10 liñas)
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-07-2018 06:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal