Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

LECTURAS NO VERÁN
Lectura recomendada: Hai alumnos que xa superaron as probas de lectura obrigada aos que lles recomendamos non obstante esta lectura:
O ceo dos afogados, Francisco Castro (Xerais).
Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 18-07-2013 08:49
# Ligazón permanente a este artigo
MODELO PROBAS DE SETEMBRO 2013
A continuación detallamos unha información para aqueles alumnos/as que teñen pendentes ben unha ou máis avaliacións e que deberán presentarse ás probas o día 3 de setembro ás 9 da mañá.

Para os alumnos/as que teñen pendentes 1ª,2ª e 3ª avaliacións:


TEMAS do Libro: Todos os temas e incluír Letras Galegas: Rosalía, Vidal Bolaño e o Himno galego
Prácticas: Xénero, número, colocación pronomes, verbos e análise sintáctica elemental CD, CI, CC, Suplemento, Atributo, Predicativo.




Para os alumnos/as que teñen pendentes a 2ª e a 3ª avaliacións:

TEMAS do Libro: (6-7-8-9-10-11-12 verbos-pronomes, incluír Letras Galegas: Rosalía, Vidal Bolaño e o Himno galego
Prácticas: Xénero, número, colocación pronomes, verbos e análise sintáctica elemental CD, CI, CC, Suplemento, Atributo, Predicativo.


Para os alumnos/as que teñen pendente a 2ª avaliación:

TEMAS do Libro: (6-7-8-9- verbos-pronomes e Rosalía.

Prácticas: Xénero, número, pronomes, verbos e análise sintáctica elemental CD, CI, CC. Oracións compostas por coordinación.


Para os alumnos/as que teñen pendentes lecturas obrigadas.

Destas lecturas fixemos probas de lectura das que, ademais de dar un prazo lóxico para ter lido o libro, repetimos ditas probas para darlles a oportunidade de rematar ditas lecturas. Tocará ler agora no verán e presentarse en setembro.

Lecturas obrigadas: Mortos de Ningures de Ledicia Costas e Pere Torabuela, Fantasmas de luz de Agustín Fernández Paz.
Destas lecturas deberá presentar un pequeno traballo de resumo (capítulo a capítulo).




PROBAS MODELO PARA SETEMBRO

A continuación colocamos aquí modelos de probas por avaliacións. Todas as probas de recuperación de setembro terán unha estrutura semellante ás que tivemos durante o curso nas distintas avaliacións.
No caso das probas dos libros de lectura, das que non colgamos probas, tamén seguirán os modelos realizados durante o curso que coñecen os alumnos/as implicados.

PROBA MODELO 1ª AVALIACIÓN

1. Define que son as interferencias lingüísticas e pon exemplos de interferencias(fonética, léxicas, morfosintáctica).
Atopa os castelanismos que haxa (márcaos) nos enunciados e escríbeos correctamente ao seu carón):
Todos os concexais fan o mesmo.
A tenda de muebles está demasiado alexada de onde vive a decoradora.
No colexio estivemos analizando os contos por párrafos.
Este ano aínda non nos pasaron as encuestas sobre o profesorado.
Tivemos que chamar ao fontaneiro para que amañase o grifo da cociña.
Déronnos para cenar dúas rodaxas de merluza con lechuga
.

2. OS NOMES DAS COUSAS: Indica se son verdadeiras (V) ou falsas (F) as seguintes afirmacións. E coloca o nome aos números da ilustración.
-A esposa do fillo con respecto aos pais deste é a conxuxe.
–A senectude é a derradeira etapa da vida dunha persoa.
–Calquera persoa con respecto ao seu padriño é un afillado.
–O xenro é o home da filla con respecto aos pais desta.
–O patrucio é o home máis vello da familia, xeralmente o pai cando xa é ancián.
–Do que aínda non naceu dise que é un neonato.
–A esposa do fillo con respecto aos pais deste é a nora.
–A vellez dunha persoa dise que é a súa lonxevidade.

3. LINGUA POR DENTRO: Escribe os seguintes tempos dos verbos:-os presentes INDICATIVO de: OBEDECER e DURMIR.
- pretéritos Indicativo de ANDAR / PARTIR
4. Escribe o artigo determinado esixido por cada un dos seguintes substantivos:
__ carraxe __ traxe __ ponte __ cume __ análise __ sinusite __ crise __ paréntese __ paxe __ friaxe __ nariz __ cárcere __ sangue __ sal __ leite __ garaxe __ romaxe __ hepatite __ diadema __ dor __ arte __ calor __ orde __ dote __ servidume __ costume __ marxe __ suor __ sinal __ orixe __ til
5. Pon en plural as seguintes palabras:
caracol __________ pombal __________ mércores __________ calacú __________ túnel __________ civil __________
xogador __________ noz __________ mandil __________cáliz __________ útil __________ anel __________ test __________
áxil __________ álbum __________ hindú________ bailarín __________val __________ xenial __________ dátil __________
funil __________ ruín _______ xabaril ______cruel __________ril __________ parasol __________esquí ________lapis __________
6. Completa os seguintes enunciados cun adxectivo do tipo indicado en cada caso.
Lavou as costas cun ___________________ [explicativo] estropallo.
Ollaba caer a _______________ [explicativo] chuvia que todo o cubría.
A ______________ [especificativo] herba enchía todo o terreo ata o horizonte.
O vento ___________________ [especificativo] acariñaba o seu cabelo.
-Completa coas partículas comparativas axeitadas.
Ten ___________ paciencia ___________ pensaba [superioridade]
Antes andaba ___________ vestido ___________ agora [superioridade]
Antía é ___________ riseira ___________ ti [superioridade]
Esta xente non é ___________ violenta ___________ me dixeron [igualdade]
Este libro non é ___________ aburrido ___________ parecía [igualdade]
É case ___________ rico ___________ el [igualdade]
7. O til diacrítico, define que significa e pon outros seis exemplos de uso de tíl diadrítico coa súa explicación.

8. LINGUA E SOCIEDADE. Redacta un dos dous temas explicando:
A) O Esplendor, decadencia e o Rexurdimento do galego.
B) O galego no século XX.

9. Redacta un texto explicando os conceptos de Substrato e Superestrato da lingua galega ( poñendo exemplos).

10. Define Toponimia e Antroponimia



PROBA MODELO 2ª AVALIACIÓN

OS NOMES DAS COUSAS: 1-A paisaxe do mar (relaciona números coas palabras que correspondan á ilustración)
A)1: B)1:
2: 2:
3: 3:
4: 4:
5: 5:
6: 6.
7: 7:
8: 8:
9: 9:
10:

2-Comenta por que é tan importante a tradición oral para a historia da nosa literatura, que ten que ver a tradición oral e que aportaron á mesma persoas como Sarmiento e Rosalía.
3- Tipos de frase escribe un exemplo de cada. Logo ANALIZA a seguinte as frases en forma de árbore:
En defensa da nosa lingua galega.
a casa branca da aldea.

4- A LINGUA POR DENTRO: Subliña os complementos directos e circunstanciais das seguintes oracións e indica que tipo de unidade desempeña a función de CD ou de CC.
–As galiñas levounas a raposa. – Os concelleiros non avisaron os veciños. – Nas festas de San Froilán comen moito polbo.
– Betanzos vive a independencia musical. –Os deportistas galegos teñen opcións claras para conseguir catro medallas.
– Rusia firma a paz con Xeorxia impulsada pola UE.
5-Define as oracións compostas por coordinación e exemplos dos distintos tipos.
6- Escribe oracións dos seguintes tipos: predicativa transitiva, outra intransitiva,
unha atributiva, outra reflexiva, unha recíproca e outra impersoal.
7-Conxuga: presente e pretérito de INDICATIVO de: IR, VER, SER, SUBIR.
8- Presente e pretérito de SUBXUNTIVO de: HABER, TER, ESTAR, OBEDECER

9 -LINGUA E SOCIEDADE. Que é una lingua minorizada? Comenta as gráficas ( trátase de gráficas que aparecen no libro de texto na páxina 101)


10- ESCRIBIR BEN : Completa con B ou V:
A miña moto ti__o unha a__aría a causa da forte chu__ia.
Unha multitude de __ol__oretas in__adía os campos próximos á casa.
O a__ogado ía no seu mara__illoso automó__il falando polo mó__il.
Miña a__oa le__a__a na _olsa dous paquetes de a__elás.
Mo__e ese sofá de _im _io que lle teño que pasar a _asoira ao chan do __estíbulo.




PROBA MODELO DA 3ª AVALIACIÓN
1- A LINGUA POR DENTRO:
EXPLICA: Colocación do pronome átono excepcións (pon exemplos). E logo coloca correctamente “te” ou “che”:
Quizá__faga ____ unha festa.
Xa ____ dixo ___ que non ____ quería.
____Recitou___ un fermoso poema .
Sempre ____estás ___ a rir de min.
Fernando veu para ____dar ____algo.
____Esperei___ máis de tres horas
Quen ___chamou____ hai dúas horas?

2- OS NOMES DAS COUSAS:
DEFINE OS SEGUINTES ESTADO DO CABELO:
LOIRO:
RUBIO:
ROXO:
ENGUEDELLADO:
MORENO:
TINGUIDO:
CRECHO:

3-A LINGUA POR DENTRO: Subliña os complementos directos,
indirecto e circunstanciais das seguintes oracións e
indica que tipo de unidade as desempeña o CD, CI ou CC.
- As castañas trouxollas o apalpadoiro.
– Os xogadores queixáronse da arbitraxe á federación.
– Nas clases de Física contan poucas cousas.
– Galicia non desexa un apagón dixital.
– A cantante andaluza ten falsas perspectivas de triunfar en Roma.
-Xosé asegura o aprobado no exame de Lingua mañá xoves.
5-Define Suplemento, Atributo e Predicativo
(pon un exemplo de cada).

6-CONXUGA OS SEGUINTES VERBOS:
Presente e Pretérito de INDICATIVO e SUBXUNTIVO de: IR, VER , SUBIR, VIR

7-LITERATURA: Redacta un texto sobre a vida e a obra de PAZ ANDRADE (10 -12 liñas)

8-ESCRIBIMOS BEN Completa CC, CT, C ou T, S ou X onde sexa preciso.
a__ión redu__ión fru__ífero o_Í_eno e_i_encia
inxe__ar di__ado distri__o e_a_erar e_tran_eiría
di__ionario condu__a di__adura e_pare_er e_tender
cole__ión infe__ión prospe__o le_icolo_ía e_trañar
obstru__ión produ__o fi__icio to_icolo_ía e_cavar
redu__o tradu__or reconstru__ión e_pu_o e_tremo




9-Localiza os seguintes recursos: metáfora, simil, anáfora, personificación,
aliteración, antítese e hipérbole. Que rima ten o texto de Rosalía:

Agora cabelos negros
máis tarde, cabelos brancos
agora dentes de prata,
mañán chavellos quebrados;.
hoxe fazulas de rosas
mañán de coiro enrugado.
(Rosalía)

Mira os avós,
antes eran máis grandes,
máis altos,
máis anchos…
pero devecen coma as follas sen zume…
e argallan historias
ó quentaren as mans
sobre a seda dos lumes.




O lobo! Os ollos o lombo do lobo!
Baixa o lobo polo ollo do bosco…

Morrerei eu fremosa no mar maior




10.Explica que significan as palabras subliñadas no himno, e localiza unha personificación no poema de E……………..
P………………. Localiza unha metáfora fundamental para a comprensión do mesmo. Quen fai as preguntas, quen as responde e a quen vai dirixida a resposta.

Que din os rumorosos
na costa verdescente
ao raio transparente
do prácido luar?
Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais só os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, onde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-07-2013 08:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal