Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

DE CARA ÁS PROBAS DE SETEMBRO
Para os alumnos/as coa 1ª, 2ª e 3ª avaliacións pendentes deben traballar cos seguintes temas do Libro: (1, 2, 4, 6,7, 9, 10 e 11) incluír Letras Galegas: Lois Pereiro e Himno (información neste mesmo blog de 2º eso).

Prácticas: Xénero, número, pronomes, verbos e análise sintáctica elemental CD, CI, CC, Suplemento, Atributo, Predicativo.

Lectura non obrigatoria, pero si recomendada: O ceo dos afogados,de Francisco Castro (Xerais).

Máis abaixo colgaremos un modelo de proba de exame.

Para os alumnos/as coa 2ª e 3ª avaliacións pendentes deben traballar cos seguintes temas do Libro: ( 6,7, 9, 10 e 11) incluír Letras Galegas: Lois Pereiro e Himno (información na páx. Web no propio blog de 2º eso).

Prácticas: Xénero, número, pronomes, verbos e análise sintáctica elemental CD, CI, CC, Suplemento, Atributo, predicativo.

Lectura non obrigatoria, pero si recomendada: O ceo dos afogados,de Francisco Castro (Xerais).

Máis abaixo colgaremos un modelo de proba de exame.


Para os alumnos/as coa 3ª avaliación pendente deben traballar cos seguintes temas do Libro: 8, 9,10 ,11, 12 incluír Letras Galegas: Lois Pereiro e Himno (información na páx. Web no blog de 2º eso).

Prácticas: Xénero, número, pronomes, verbos e análise sintáctica elemental CD, CI, CC, Suplemento, Atributo, predicativo.

Lectura non obrigatoria, pero si recomendada: O ceo dos afogados,de Francisco Castro (Xerais).

Máis abaixo colgaremos un modelo de proba de exame.

MODELOS DE EXAME de SETEMBRO:

PARA 1ª Avaliación:


1- COMPRENSIÓN LECTORA/ LINGUA E SOCIEDADE : Enche os ocos coas palabras que correspondan:
Na prehistoria están as raíces da nosa identidade: Os primeiros habitantes de Galicia eran de orixe_____________e logo contra o 800 antes de Cristo chegarían aquí tribos de¬¬_____, unha das grandes familias indoeuropeas. Ambos deixaron a súa pegada no galego, son o___________ da nosa lingua.
Antes do galego, GALLAECIA: Os_________ chegan ao noso territorio cara o 131 a.C.. Esta terra tiña unha cultura prerromana que chamamos castrexa. Eles establecen unha división provincial na península dándolle o nome de Gallaecia a un territorio maior da actual __________, que chega polo sur ata o río Douro e polo leste ata Cantabria. O ______ substituíu as linguas dos anteriores poboadores e será a base sobre a que nacerá o galego.
GALICIA, o 1º reino medieval de Europa: Coa chegada dos _________, un pobo xermánico, baixo o seu dominio consolídase un reino independente que levará o mesmo nome e seguirá falando latín con certos aportes denominados de ____________ de orixe xermánica.
Nace o galego e as peregrinacións a Compostela: No século_____ o idioma que fala este reino de Gallaecia diferénciase claramente do que se fala noutros puntos da península, xa non é latín. Polo sur da península os________ fanse fortes, pero van ter escasa presenza no norte. Descóbrese o sepulcro de_____________ en Compostela. Aínda que se fala o________ o primeiro documento escrito non aparece ata moito máis tarde, o ano 1228.
O esplendor medieval da nosa literatura: Nos séculos _______ o uso do________ xeneralízase mesmo na escrita e será entón cando aparecen as primeiras expresións literarias en forma de cantigas. O desenvolvemento da arte románica tamén será, en certa medida, unha consecuencia dos intercambios culturais do Camiño de__________. A lírica galaico-portuguesa será o referente literario de poetas de toda a península e unha das máis importantes de Europa. Ao longo destes séculos, a pesares da independencia de Portugal no 1128, existía unha mesma lingua ao norte e ao sur do Miño.
2- O NOME DAS COUSAS: Enumera 10 árbores de Galicia e pon os nomes e ademais indicar o léxico correspondente a algunha das ilustracións do libro dos temas desta avaliación.

3- O til diacrítico, defíne que significa e pon outros seis exemplos de uso de tíl diadrítico coa súa explicación.
4- LINGUA POR DENTRO: Escribe os seguintes tempos dos verbos:
-os presentes INDICATIVO de: OBEDECER e DURMIR.
- pretéritos Indicativo de ANDAR / PARTIR
5- Escribe o artigo determinado esixido por cada un dos seguintes substantivos:
__ cabotaxe __ mel __ ponte __ cume __ análise __ crise __ paréntese __ diabetes__ friaxe __ nariz __ cárcere __ sangue __ sal __ leite __ garaxe __ paxe __ romaxe __ hepatite __ diadema __ dor __ arte __ calor __ orde __ dote __ servidume __ costume __ sentinela __ marxe __ suor __ sinal __ orixe __ til
6- Pon en plural as seguintes palabras:
mol __________ imbécil __________ bocoi __________ sal __________ chuchamel __________ civil __________
doutor __________azul __________ difícil __________cáliz __________ útil __________ truel __________ clip __________
áxil __________ álbum __________ bailarín __________val __________ campión __________ dátil __________
funil __________ ruín _______ tren ______atún __________ril __________ parasol __________esquí ________tul __________

7- Completa os seguintes enunciados cun adxectivo do tipo indicado en cada caso.
Lavou as costas cun ___________________ [explicativo] estropallo.
Ollaba caer a _______________ [explicativo] chuvia que todo o cubría.
A ______________ [especificativo] herba enchía todo o terreo ata o horizonte.
O vento ___________________ [especificativo] acariñaba o seu cabelo.
-Completa coas partículas comparativas axeitadas.
Ten ___________ paciencia ___________ pensaba [superioridade]
Antes andaba ___________ vestido ___________ agora [superioridade]
Antía é ___________ riseira ___________ ti [superioridade]
Esta xente non é ___________ violenta ___________ me dixeron [igualdade]
Este libro non é ___________ aburrido ___________ parecía [igualdade]
É case ___________ rico ___________ el [igualdade]

8-LINGUA E SOCIEDADE: Que caracteriza ao ser humano fronte as restantes especies animais, segundo Castelao?
Que significa para un galego, segundo Vilar Ponte, ser “algo máis que un galego habitante” e ser “orixinal no universo”?

9-REDACTA UN TEXTO EXPLICANDO:
Os Séculos Escuros, o Rexurdimento e o galego no século XX.

10-REDACTA UN TEXTO EXPLICANDO:
As variedades xeográficas do galego.




PARA 2ª Avaliación:

1- -LINGUA E SOCIEDADE.
Corrixe os castelanismos
-O neno tomou moita leche e mantequilla.
-Ayer foi jueves e comín pescado.
-No colegio fixemos un exercicio de gallego.
- En un día hermoso de Enero, parecía primavera.

2-Comenta unha gráfica de sociolingüística como as que trae o libro na páxina 101.

Que é una lingua minorizada?

3-A LINGUA POR DENTRO: Coloca correctamente “te” ou “che”:
a) Quizais ___dea ____ mañá o meu teléfono.
b) Xa ____ teño ___ dito que non ____ quero ___ ver así vestido.
c) ____Contou___ cousas interesantísimas.
d) Sempre ____estás ___ a meter comigo.
e) Teño que ____dar ____unha boa noticia.
f) Dixo que ___ vira ____ onte.

4- Cales son as excepcións de colocación do
pronome átono diante do verbo (pon exemplos de cada caso).
5- Clasifica as seguintes oracións en simples (S) e compostas (C):
– Xulián veu este domingo en bicicleta.
– A panadeira deixoume só dous bolos e pagueille tres.
– Aos meus tíos non lles gustan nada os animais.
– Teño que pensar que vou facer de comer porque meu pai está a chegar.

ANALIZA a seguinte oración en forma de árbore:

O profesor anunciou que eu aprobaba o exame.

6- Indica se son substantivas, adverbiais ou adxectivas as seguintes oracións:
– Decidiron onde querían vivir.
– Abriron unha taberna onde tiña a librería o Toño.
– Mercou dous libros que eran moi vellos.
_ Dixo que a quería moito.
– Foino amañando sen poñer alá moito coidado.
– Chovía a chuzos cando nos deitamos.

7- LINGUA POR DENTRO: Define e explica con exemplos os distintos tipos de oracións compostas bipolares:

8- Define e explica as oracións compostas por coordinación e pon exemplos dos seus distintos tipos.
9- O SUBXUNTIVO: escribe o presente, pretérito : IR, VER, SER, HABER.

10- ESCRIBIR BEN : Completa con B ou V:
A miña moto ti__o unha a__aría a causa da forte chu__ia.
Unha multitude de __ol__oretas in__adía os campos próximos á casa.
O a__ogado ía no seu mara__illoso automó__il falando polo mó__il.
Miña a__oa le__a__a na _olsa dous paquetes de a__elás.
Mo__e ese sofá de _im _io que lle teño que pasar a _asoira ao chan do __estíbulo.





PARA 3ª Avaliación:
1-Identifica se teñen ou non complemento indirecto CI:.
– Regaloulles un coche aos fillos
– Tirou a pelota ao aire
– O meu avó está feito un mozo
– Contou aquela historia ao público da sala.
– O mestre leu o libro onte e dixo que era bo.
– Tiroulle a carpeta á irmá.
-Para Rafael Xosé reservaba as entradas.
-Coutoume un conto precioso.
2- OS NOMES DAS COUSAS: ( ademais dunha das ilustracións de calquera dos temas do libro pertencentes a esta avaliación)
DEFINE OS SEGUINTES ESTADOS DO CABELO:
LOIRO:
RUBIO:
ROXO:
ENGUEDELLADO:
MORENO:
TINGUIDO:
CRECHO:
3-A LINGUA POR DENTRO: Subliña os complementos directos e circunstanciais das seguintes oracións e indica que tipo de unidade desempeña a función de CD ou de CC.
- As castañas trouxoas o apalpadoiro.
– Os xogadores non avisaron os árbitros.
– Nas clases de Física contan poucas cousas.
– Galicia non desexa un apagón dixital.
– A cantante andaluza ten falsas perspectivas de triunfar en Roma.
-Xosé asegura o aprobado no exame de Lingua mañá xoves.
5-Define Suplemento, Atributo e Predicativo
(pon un exemplo de cada).

6-CONXUGA OS SEGUINTES VERBOS:
Presente e Pretérito de INDICATIVO e SUBXUNTIVO de: IR, VER ,SUBIR, VIR

7-LITERATURA: Redacta un texto sobre a vida e a obra de LOIS PEREIRO (10 -12 liñas).

8- ESCRIBIMOS BEN Completa CC, CT, C ou T, S ou X onde sexa preciso:
a__ión redu__ión
fru__ífero o_Í_eno e_i_encia
inxe__ar di__ado distri__o e_a_erar e_tran_eiría
di__ionario condu__a
di__adura e_pare_er e_tender
cole__ión infe__ión
prospe__o le_icolo_ía e_trañar
obstru__ión produ__o fi__icio to_icolo_ía e_cavar
redu__o tradu__or reconstru__ión e_pu_o e_tremo


9-Localizar en varios texto poéticos os seguintes recursos: metáfora, simil, anáfora, personificación,
aliteración, sinestesia, antítese e hipérbole.

Identificar nalgún dos textos a rima que ten:

10-Explica o contido do himno e que significan as palabras subliñadas no himno:

Que din os rumorosos
na costa verdescente
ao raio transparente
do prácido luar?
Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais só os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, onde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.

(Eduardo Pondal).



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-07-2011 13:49
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal