Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

De cara a proba de setembro
LECTURAS:
Sobre as lecturas establecemos dous tipos. Para aqueles alumnos/as que non realizaron as lecturas obrigatorias durante o curso deben realizar un traballo (como se especifica na nota que se lles entregou coas notas). A lectura obrigatoria para estes alumnos é: Memorias dun neno labrego, de X. Neira Vilas.

As lecturas recomendadas son unha especie de traballo complementario que os alumnos/as aos que se lles indica poden realizar coa intención de sumar á nota da avaliación extraordinaria de setembro. A listaxe de libros é:
-Cando petan na porta pola noite, Xavier P. Docampo, Editorial Xerais.
-Os vellos non deben namorarse de A.D. R. Castelao, Editorial Galaxia.

Sobre calquera destas lecturas o traballo debe incluír un resumo por capítulo ou escenas e un vocabulario do capítulo ou escena na procura das palabras que non coñezamos.

Na proba de setembro incluiremos unha pregunta sobre a lectura.

MODELOS DE PROBAS:
Colocamos a continuación varios modelos de exame realizados durante o curso para orientar sobre a proba de setembro:

1ª Avaliación:

1- LÉXICO: Asocia cada número ao nome da parte da casa. Que diferenza hai entre bolo e bola.
2- GRAMÁTICA: Indica se os seguintes substantivos teñen xénero masculino ou feminino:
Traxe, correaxe, ponte, alcume, dose, hepatite, tose, arte, teitume, efe, árbore, costume, til, personaxe,

- Escribe o feminino das seguintes palabras:
Bailarín/lacazán/varón/escritor/refén/intérprete/estudante/ancián/aldeán/

cidadán/elefante/ /sobriño/ Afgán /insán/

-Escribe o plural das seguintes palabras:
Martes/lapis/marroquí/rei/candil/anís/pel/chuchamel/túnel/

control/zulú/aerosol/cartafol/oasis/dolmen

3- VERBOS: Enuncia os tempos de INDICATIVO E de SUBXUNTIVO de ANDAR ( pon un exemplo de cada tempo).
4- ORTOGRAFÍA: PON N/ Ñ ou /-/ anta. . . . .o/ veci. . . . .o/ esca. . . . .o/ mesqui. . . . .o/ casta…..a/pa….o/ ame….aza/ enga. . . . .ar/perso…a/ peregri. . . . .o /compo….ente/ aloumi. . . . .o/ pesta. . . . .a/caba. . . . .a/ do…azón/ conso….ante/ porci. . . . .o/ estorni. . . . .o/ pi. . . . .a/ ca. . . . .ón/ fre…o/ aboto…ar

5- HISTORIA DA LINGUA: Redacta un texto no que expliques: As raíces da lingua ata o seu nacemento.
6- Redacta un texto no que expliques: O galego na Idade Media.
7- Redacta un texto no que expliques: Os Séculos Escuros e o Rexurdimento.
8- Redacta un texto no que expliques: O galego no século XX.

9- LINGUA E SOCIEDADE: Define autoodio, lingua minorizada, lingua hexemónica, lingua minoritaria.
10- DEFINE LITERATURA ORAL E LITERATURA CULTA. Das estrofas seguintes cal é popular e cal é culta? Localiza recursos estilísticos nos seguintes versos:

2ª Avaliación:


1- Pon o nome as distintas profesións da ilustración.

2- Indica o nome de cada bloque dialectal e logo en cal deles se di: ghato, gato, zapato, sapato, lus, luz, pantalóns, pantalois, pantalós, tu, ti, irmao, irmán,...


3-ORTOGRAFÍA: B ou V explica o seu significado:
bago /vago, balor /valor, barro / varro, rebelar/ revelar, boa / voa
bos / vos ; bou / vou, bela / vela

Escribe S ou X:
E_cavar, e_pontáneo, e_ploradora, e_culcar, en_alzar, corni_a, e_tensión, e_tender, e_pectáculo, ar_ila, e_ceso

Explica a diferenza: esterno/ externo, laxo/ laso

4-GRAMÁTICA: CONXUGA: os tempos do Indicativo do verbo: HABER e o Subxuntivo de FACER.

5-Coloca o pronome onde corresponda:
• . . . . . . . . . . rompín. . . . . . . . . . sen querer. (a)
• O mestre aínda non . . . . . . . . . . explicou. . . . . . . . . . aos seus alumnos. (llelo)
• . . . . . . . . . . lava. . . . . . . . . . antes de empezar a cociñar. (te)
• Todos . . . . . . . . . . sinalaron. . . . . . . . . . como a responsable do acontecido. (a)
• Cando . . . . . . . . . . soubeches. . . . . . . . . .? (o)
• Eu sempre . . . . . . . . . . fixera. . . . . . . . . . así. (o)
• Se . . . . . . . . . . ves. . . . . . . . . ., saúdaos da miña parte. (os)
• Díxome que . . . . . . . . . . deu . . . . . . . . . . o aviso hai moito tempo. (che)
• . . . . . . . . . . comeu. . . . . . . . . . o bocadillo mentres fuches xogar. (che)
• A cunca do almorzo . . . . . . . . . . escachou. . . . . . . . . . a Lois hoxe pola mañá. (lle)

6-Substitúe por un pronome átono o CD ou CI destacados. Exemplo: Mercou un libro./ Mercouno.
Pepe mercou un piso aos fillos. ________________________/ Entregas o que era meu a min?_________________
Tampouco comprendeu a nota._________________________/ El trouxo un xeado de vainilla.__________________
Leu poemas para Laura e Raquel:____________________ / Iria contou a ti o segredo _____________________


7-INTRODUCE nas seguintes oracións os pronomes das parénteses, escribíndoas de novo correctamente:
Escapou o can? (escolle: te ou che).
Que augurou a meiga? (escolle: te ou che)..
Solicitaban moitos condutores (vos).
Sabes se puxeran un exame aos máis aplicados (lles).
Non leva sempre no bolso (as).
Quero que contes que pasou (escolle: te ou che ).

8- LINGUA E SOCIEDADE: En que consiste a ecoloxía lingüística?
COMPRENSIÓN LECTORA: Séculos de pensamento humano sobre os animais, as plantas, as matemáticas..., desaparecen coa perda dun idioma” declarou Davi Harrison, profesor de lingüística do Swarthomore College (Pensilvania) “A ciencia non puido descubrir o 80% das especies do planeta, pero iso non significa que sexan descoñecidas para o home... En Bolivia, Harrison entrevistouse co pobo kallawaya, herboristas tradicionais desde a época do imperio inca. Eles falan unha lingua en perigo coa que codifican información sobre miles de plantas medicinais, algunhas ata agora descoñecidas para a ciencia e que eles utilizan como remedios. “Outro tanto poderíamos dicir sobre as técnicas de navegación entre os pobos indíxenas ameazados da Micronesia”, declarou Harrison.

Como titularías este texto? Cal é o tema que trata?

9-LITERATURA: PLAN LECTOR: Comprensión e expresión: Memorias dun neno Labrego de....................................
Que tipo de narrador presenta?
Cita cinco personaxes da novela e describe brevemente como son.
Explica a estrutura e os tempos da novela.

10: EXPRESIÓN: Resume o argumento do libro MEMORIAS DUN NENO LABREGO (unhas 15 Liñas)

3ª Avaliación:

1-GRAMÁTICA: Como se coloca o pronome átono en galego? Pon exemplos á hora de explicar tamén as excepcións.

2-- Pronomes persoais átonos:
Sempre ... mercou ... nesta tenda as camisas. (te ou che)
Nunca.... escoitei ... as túas cantigas (te ou che).
Lembra de comer pouco pan (te ou che)
Non traio nada para ti, este ano ... esqueceu... o xefe (te ou che)
Substitúe o CD e O CI por pronomes:
Deches a comida ás tartarugas?
Sinalei as tarefas aos alumnos.
Pon o funil á botella!
Pedín lentellas ao camareiro

3- ESCRIBIMOS BEN Distingue valla/vaia faia/falla/ maio/ mallo Como evoluciona esta palabra en latín OCULUM :


4- VERBOS Que persoa, tempo, modo,voz son: dou, caiba, dea, había, dixer, soñarei, soñase, di.
Conxuga: Pretérito de indicativo e presente de subxuntivo do verbo haber.

5- Tipos de pronomes determinantes. Pon un exemplo de cadanseu tipo.

6- LINGUA E SOCIEDADE: O galego e o portugués son a mesma lingua? Razoa a resposta.


7-LÉXICO: Define e distingue con exemplos palabras: Homónimas, homógrafas e Homófonas.


8-LITERATURA: As cantigas da lírica galaico portuguesa explica a orixe e os tipos cunha breve descrición.


Un tal home sei eu, ai ben tallada,
que por vós ten a sa morte chegada;
vede quen é, e seed’en nembrada:
eu, mia dona.
Un tal home sei eu que preto sente
de ssi morte chegada certamente;
vede quen é, e véñavos en mente:
eu, mia dona.
Un tal home sei eu; aquest’oide:
que por vós morr’e volo en partide,
vede quen é, e non xe vos obride:
eu, mia dona.

DON DINIS DE PORTUGAL



9-Rosalía: que debemos saber sobre esta autora singular?



10-EXPRESIÓN: Redacta un texto en: Estilo directo, outro indirecto. Define correctamente: Un retrato, unha prosopografía e unha etopea.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-06-2016 07:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal