Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

INFORMACIÓN DE CARA A SETEMBRO
A información de cara a proba de setembro inclúe varias probas modelo de exame das xa realizadas no curso, orientacións e propostas de traballo para preparar ditas probas. Tamén incluíremos unhas recomendacións de lecturas para o verán.

PROBA MODELO 1ªAVALIACIÓN:1,2,3,4

1-LITERATURA COMPRENSIÓN:Procura na seguinte narración indicar os elementos e a súa estrutura: OS RUÍNS
O ruín non vos é outra cousa que a ánima dun morto condenado ao Inferno e que ao estar amortallado cun hábito bendito, debe desprenderse del para poder deixar este mundo.
Un home que ía regar o seu prado todas as noites sentía un estraño runxir. Aconsellouse co crego da parroquia e esa mesma noite encarándose co lugar de onde viñan os ruídos dixo:
- De parte de Deus, dime o que queres!
Entón apareceu o defunto vestido cun hábito e pediulle que llo rachase. Citáronse para a noite seguinte. O home confesou co cura, comungou e cargouse de “ cousas boas” e levou unha fouce canda el. No lugar da cita fixo un círculo e púxose nel. Cando apareceu o ruín, rachoulle o hábito coa fouce con axilidade. Entón o ruín desapareceu por un burato que se abriu aos seus pés do que saían laparadas. Antes de marchar tivo tempo de dicir:
- Inda rabie quen tanto che aprendeu, que se non, habías vir comigo!
Aos poucos días o pobre home morreu co susto.

2- Como se chaman os tres xéneros literarios. Defíneos tanto na forma como no contido que os caracteriza. Indica dous subxéneros de cadanseu xénero.

3 A LINGUA POR DENTRO: -Pon dous exemplos das distintas clases de palabras:
-substantivos: -pronomes:
- -
- -
- -

4- Explica os seguintes conceptos: Suxeito léxico e gramatical, omisión do suxeito e oracións impersoais (pon exemplos)

5- Identifica nas seguintes oracións: suxeito(estrutura), tipo de predicado e a súa estrutura:
-Ha saír mañá o avión dende o aeroporto de Compostela / -Entón apareceulles o defunto cun hábito.

Esta fin de semana fomos á casa dos avós / O frío do mes de Defuntos non foi moi bo para as árbores.

6-OS NOMES DAS COUSAS: Define e diferenza entre este tipo de narracións: conto, lenda, mito e fábula.
Antónimos de: nerviosismo: absurdo: realista: habitual:
Sinónimos de: meigallo: arela: afouteza: vigor:

7-EXPRESIÓN ESCRITA/ ORTOGRAFÍA e LÉXICO . Redactar un texto de 10 liñas mínimo sobre un destes temas:
- A orixe do nome de Galicia, o avó do galego e o grupo privilexiado do 5%
- A Chuvia en Galicia.

8- Clases de oracións segundo a modalidade do enunciado: Escribe un exemplo de cadansúa das 7 clases.

9- Escribe un exemplo con cada un dos significados usando perífrases verbais:
Obrigación:
Duración:
Unha acción a piques de ocorrer, pero que non se realiza:
Inicio do proceso:

Do texto da pregunta 1, localiza un enunciado en estilo directo e convérteo nun enunciado en estilo indirecto.

10- LINGUA E SOCIEDADE: Escribe un texto de 15 liñas sobre: As linguas maioritarias, minoritarias e as minorizadas no mundo.


PROBA MODELO 2ª AVALIACIÓN: Temas 5,6,7 e 8

1-ESCRIBIR BEN: Ponlle acento ás palabras que corresponda:
Na profesion de xornalista compre non so preparacion, senon tamen vocacion. Pasa dias fora da casa. A sua mision e moi importante. Tanto poñen os pes nos lugares de conflito e sair dunha guerra cos osos sans e salvos, como toman un te loxicamente sen aparentar presa cun politico para por fin a cronica. Ainda que teña un no na gorxa polo do dunha vitima debe aparentar tranquilidade.
2-GRAMÁTICA. Localiza OD e OI e substitúeos por pronomes átonos escribindo de novo as oracións.
Vaime facer un xersei a miña nai. Onte a policía puxo unha multa aos meus veciños.

Ensinei a Pepe o meu coche no parque. Dixo algo estraño para ti onte á tardiña.

3- Localiza Complementos Circunstanciais e Preposicionais nas seguintes oracións.
Iria sempre se esquece de todo. Pensamos nos exames todo o día.

Antón mira polo can a todas horas. No Parlamento e nas rúas falan de política.

4-Analiza as seguintes oracións poñendo atención nos seus complementos:
Confiaba en aquel rapaz dende pequena. Vin a Raquel moi nerviosa esta mañá.

Deixáronlle revolto o cuarto aquelas amigas. Xoán semellaba triste naquel día gris.

5- Verbos: Conxuga os presentes de Indicativo de PEDIR, SEGUIR, SUBIR
Conxuga os presentes de indicativo e subxuntivo de CAER e OÍR

6-Esoutra mirada: RECURSOS LITERARIOS identifica todos os recursos que vexas nos seguintes versos:

Vaite noite,
vai fuxindo.
Vente aurora
vente abrindo
co teu rostro
que sorrindo
a sombra espanta!

Desperta do teu sono
fogar de Breogán.

Sombra que sempre me asombras

Maio longo...Maio longo;
todo cuberto de rosas,
para algúns te-las de morte,
para outros, te-las de vodas.
Maio longo, maio longo,
fuches curto para min,
veu contigo a miña dicha,
volveu contigo a fuxir.


7-LITERATURA: Analiza o poema: tipo, clase de estrofas,
tipo de rima e esquema da rima, número de sílabas
dos versos e tema do poema:

Miráchesme, mirete, nos miramos,
sorríchesme, sorrinche, os dous sorrimos;
nos nosos ollo nosa imaxe vimos:
ti nos meus, eu nos teus nos retratamos.

Desde entonces de amor nos abrasamos;
un mesmo gusto ou pena os dous sentimos,
e anque a paraxes diferentes imos,
decote no camiño tropezamos.

Xa que de corazón libres dispomos,
aos paxaros dos bosques imitemos,
que os niños fan entre ramaxe e gomos.

Nosa doce ventura apresuremos,
que a vida é curta e responsables somos
do tempo tan preciso que perdemos.
FRANCISCO AÑÓN

8-VOCABULARIO: Identifica se están en sentido literal ou figurado e escribe outra oración no sentido que falte:
Aquela vitoria axudouno a escalar moitas posicións na clasificación.
Quedou durmido e chegou tarde á clase.
Os fogos artificiais estalaron no ceo.
Tomou o caldo frío.
O xeado derrétese coa calor.

9-Diferenza entre denotación e connotación. Pon un par de exemplos.

10- LINGUA E SOCIEDADE: Escribe un texto de 10 liñas sobre os prexuízos que temos ante o galego estándar e como o galego enxebre e o galego estándar manteñen unha relación de necesidade.


PROBA MODELO 3ª AVALIACIÓN: 9,19,11 12 e Letras Galegas.

1- LINGUA E SOCIEDADE: Explica os tres bloques dialectais do galego e as súas características.

2- O NOME DAS COUSAS: Explica as raíces da nosa lingua: o galego e as palabras das linguas de SUBSTRATO E SUPERESTRATO.
Podes usar estas palabras: carballo, aceite, Guitiriz, amorodo.

Logo explica que son palabras patrimoniais e cultas (Pon exemplos utilizando palabras do latín como:
Plenum, salutare
Clavem, aquam
Plorare, lunam.

3- GRAMÁTICA: Que son os verbos pronominais que tipo de oracións provocan.

4- Substitúe por un pronome átono o CD ou CI destacado, como no modelo: Mercou un libro./ Mercouno.
Xoán avisou os amigos hoxe. _________________________/ Trouxestes o que vos encarguei?_________________
Nunca escoitei esa canción.__________________________/ El fixo un peixe ao forno.______________________
Trouxo as noces para Antón e Aldara:____________________ Iria contou a ti a verdade _____________________
INTRODUCE nas seguintes oracións os pronomes das parénteses, escribíndoas de novo correctamente:
Quen dixo que o partido era hoxe? (escolle: te ou che).
Deixaron ir ao cine? (escolle: te ou che)..
Pediu moitos favores (lles).
Faltaban os mellores do equipo (nos).
Non leva sempre no peto (as).
Quero que digas a verdade (me).

5- Copia, analiza e clasifica as seguintes oracións:
a) Luísa está de moi bo humor
b) A mensaxe será entregada pola rapaza elegante. c) Chove moito hoxe.
d) A radio emitiu as noticias de inmediato/
e) Alúgase piso en Marín.
f) Hai moita xente na praia.

6- Copia, analiza e clasifica as seguintes oracións:
g) Queixábase do maltrato de xénero
h) Sofía mirábase continuamente no espello
i) Xogaba con nós.
k) Os irmáns amábanse realmente
l) Xoán ía hoxe ao médico
m) Tróuxollas nunha caixa.

7- CONXUGA OS TEMPOS: Presente, Perfecto e Futuro de IND e presente de subxuntivo de SER e SABER.

8- LITERATURA: Cal pertence á poesía culta cal a popular? Égloga, romance, oda, muiñeira, copla, elexía,
DEFINE o xénero do teatro e explica cales son os seus subxéneros:

9- EXPRESIÓN: LETRAS GALEGAS: QUE SABES SOBRE DÍAZ CASTRO? Redacta un texto de 12 liñas sobre o autor.

10- ESCRIBIMOS BEN Completa CC, CT, C , T ou L/ R onde sexa preciso.
a__ión redu__ión fru__ífero c_ avo e_i_encia f_auta
inxe__ar di__ado distri__o b_ and f_onte p_aza
di__ionario condu__a di__adura dob_ar b_usa p_ato
cole__ión infe__ión prospe__o f_ouxo p_ ata p_ano
obstru__ión produ__o fi__icio p_antar nob_e ob_igado
redu__o tradu__or reconstru__ión p_acer f_aco emp_ego

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-06-2014 08:52
# Ligazón permanente a este artigo
REMATEMOS COS PRONOMICIDIOS
Deixamos aquí unha pequena indicación (lembrando o que xa vimos en Primeiro da ESO) a ter en conta para usar correctamente os pronomes átonos e vitando os "pronomicidios":

COLOCACIÓN DOS PRONOMES ÁTONOS
Os pronomes átonos colócanse normalmente despois do verbo e unidos a el: ( dígocho), pero hai ocasións en que se debe colocar o pronome antes do verbo.

CASOS EN QUE O PRONOME ÁTONO VAI ANTES DO VERBO:

1- Cando vai nunha oración negativa ou desiderativa:
( non te quero, oxalá cho dixesen hoxe!)

2- Cando vai nunha subordinada: (dixo que te amaba).

3- Cando vai nunha interrogativa parcial ou tras un exclamativo:
Quen che preguntou iso?
Como me alegro da túa boa nota!

4-Cando a oración comeza por algúns indefinidos e adverbios: ( alguén mo dixo, seica me falara). Cousa que non ocorre con adverbios como os de tempo e lugar: Mañá achégome alí.


OS PRONOMES ÁTONOS en galego teñen unha certa dificultade, especialmente para os que falan máis galego que castelán ou para os neofalantes. Imos logo darlle un repaso a colocación correcta destes pronomes neste curso, xa que o ano pasado xa os vimos.

Despois do repaso cómpre realizar uns cantos exercicios cos pronomes

Por último neste rápido repaso lembremos de novo o uso do "te" e do "che" e o uso de "llo/lla" e "llelo/llela".
Comentarios (0) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 01-06-2014 13:45
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal