Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

UXÍO NOVONEYRA: POETA DO COUREL, POETA DE COMPOSTELA
UXÍO NOVONEYRA: POETA DO COUREL, POETA DE COMPOSTELA, POETA DO MUNDO

Caín as follas
sinto unha cousa
que se apousa en mín
e non me toca.

Chove pra que eu soñe.

Fala baixo a tarde
i o corazón sínteo.



Uxío Novoneyra(1930-1999) é o poeta do Courel, mais tamén de Compostela, é dicir de Galicia. Esta duplicidade faino poeta do rural e da paisaxe, pero tamén poeta social e urbano, cunha tendencia ineludible cara ao universal, pois como o camiño a Compostela, o poeta síntese no camiño do humanidade, poeta social por compromiso coa lingua propia, co home coa liberdade.

COUREL dos tesos cumes que ollan de lonxe!
Eiquí síntese ben o pouco que é un home…
Os Eidos.


1- Un home do COUREL (Biografía).

Uxío Novoneyra(1930-1999) é o poeta do Courel, mais tamén de Compostela, é dicir de Galicia. Esta dicotomía faino poeta do rural e da paisaxe, pero tamén poeta social e urbano, cunha tendencia ineludible cara ao universal, pois como o camiño a Compostela, el como poeta síntese no camiño do humanidade, poeta social por compromiso co home coa liberdade.


Os traballos e os días de Uxío Novoneyra from Coordinadora Galega ENDL on Vimeo.






2- Poeta consagrado: Os EIDOS e a poesía da metapaisaxe.
Que é a poesía da metapaisaxe?
Que cres quere dicir que Uxío é o "cantor dos tesos cumes courelaos":
Procura algún exemplo nos moitos textos da Exposición das Letras Galegas 2010 que visitaches.

Novoneyra, é un poeta que se recrea unha e outra vez no seu primeiro libro: Os Eidos (1955). Un poeta que fala da terra da paisaxe da natureza e do home fornte a ela. É tamén un poeta que nos anos 50 será colocado na nómina dos clásicos, e con 25 anos foi consagrado e coñecido en todo os ámbitos culturais, e impulsado por Galaxia e o Piñeirismo, como modelo de poetas que non viviron a guerra e falan de Galicia, que son a confirmación da renovación tras da guerra civil do 36 e en plena ditadura de Franco.



3- Poeta social: Do COUREL a COMPOSTELA.

Pero Uxío, en palabras de Emilio Insua, era un “espírito independente e singular, torceu a propósito o rumbo polo que eses sectores do Piñeirismo tiñan interese en que navegase sen se desviar…, mais o seu illamento no Caurel do 52-62 e a estadía en Madrid do 62 ao 66 determinaron a evolución persoal, estética e ideolóxica… o cantor dos tesos cumes courelaos, sen abandonar ese motivo recorrente e esencial na súa poesía abriu a partir de 1953 novos campos temáticos e formais… explorar os camiños do soño, a declarar a folga xeral contra da Historia e escribir contra a guerra de Vietnam, contra o poder, contra a Galicia atrelada, triste e calada á forza e, como non, unha identificación absoluta e militante coa causa do idioma”: A Fala é o único sitio onde seguen vivos os antepasados, dicía.

4- Poeta da Fala oriental. O compromiso coa Lingua.

Procura exemplos máis repetidos dos dialectalismo da fala oriental nos seus poemas.

5- Poeta existencial.

Que significa que Uxío é un poeta existencial?
Procura tamén varios poemas que conteñan esta temática.

6- Poesía intimista.
Podemos ver un poema aquí no blog Son de poetas

7- Poeta innovador e outras producións.

Os caligramas e o seu estilo cargado de espírito innovador.

Outras obras narrativas

8- O camiño do soños do poeta.

Dicía Novoneyra:
Grande é a soidade e por iso tamén grande é a tentación de pecharse a soñar. Ou de abrirse a soñar. E máis cando toda a segunda infancia, toda a adolescencia, toda a mocidade, “ as sete mocidades”, quedaron inscritas na Ditadura…

Xa está dito que soñar é crear. Máis cómpre reasumilo. Soñar é descubrir posibilidades certas. Case sempre soñamos posibles necesarios. Case nunca soñamos imposibles, aínda que só sexa por esa discreción que nos impón a Historia.
Posibles necesarios e difíciles. Difíciles só porque están en choque con intereses creados e coa simple inercia…

Un poeta pouco máis precisa se o alenta a plenitude interior. Se está ben asistido pola memoria individual, pola memoria colectiva, pola memoria profunda, polo soño do futuro, pola potencia da mocidade.

Os poetas gozamos e sufrimos dunha incurable mocidade. E máis se, por riba de todo iso, un ten un nó, o problema de pertencer a un pobo sen estado de patria-lingua ameazada. Entonces si que xa se xustifica toda a desmesura no soño e na renuncia por transformar o Mundo e salvar o Seu Común, o Noso Común.

Amais de estar posuído polo soño da plenitude humana e da liberdade, polo soño de cambiar o Mundo, un está secuestrado pola patria. E isto si que o pon en forte punto. E máis por tratarse dun poeta que é o ser máis dependente da propia Lingua.”




9- Novoneyra na literatura galega.

Uxío é o poeta de dicir moito coas menos palabras posibles, versos curtos, polisemánticos e cargados de suxestións. En Novoneyra encontraremos un poeta que soubo ir incorporando un gran número de recursos innovadores nos seus versos. As temáticas serán diversas: poemas da terra e da paisaxe, poesía social, poesía intimista e poesía existencial. Imos logo na súa procura.

ACTIVIDADES:
Procura realizar un esquema coas ideas centrais destes textos.






Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 10-05-2010 06:52
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal