Como estamos a celebrar o día do libro nesta fin de semana imos comezar a ler esta obra de Manuel Núñez Singala na aula durante este terceiro trimestre. Faite co teu exemplar.
Imos realizar tamén unha proba de lectura sobre esta obra na que ademais de poder resumir o seu contido e detallar algunhas das claves da trama, repararemos nos recursos máis destacados desta obra dramática como son as ironías constantes ou a utilización de personaxes propios dunha farsa.