Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Presentámonos cos maios
Estamos @s nen@s de 2º B
do Colexio San Narciso
a cantarlle a esta xente
que veu aquí sen compromiso.

Xa chegou o noso maio
pero está avergoñado
porque é novo en Marín
e comeza este ano.

Na alameda de Marín
non nos deixan patinar
porque están atropelando
aos vellos que están andando.

Os nenos do San Narciso
quereríamos cantare
unha copla ben bonita
para asi poder gañare.

Agora só falta que vos acomodedes
que agora imos comezar
esta copla coa que imos criticar.

Facendo barullo
imos criticar
aos políticos corruptos que están a gobernar

As bruxas e os demos
irán asustar
a todos eses mestres
que nos fan estudar.


No Eguren de Marin Os nenos do San Narciso
Aquí estamos a cantar
Dando remate o maio
Faremos un bo xantar.


Os nenos de Marin
Estamos a cantar
Veña a xente de fora
Que se queira apuntar.

Estamos os nenos de 2ªB
Do colexio San Narciso
A cantarlle a esta xente
Que ben sen compromiso.

E nos como todos anos
No lle imos a falar
E imolles cantar unhas coplas
Que todos van a flipar.

Albariño no Ribeiro
O Ribeiro no Salnés
Aquí parece que o mundo
Vaise poñer do revés.

É unha cesta curiosa
De acios tan pequeniños
Que para facer unha cesta
Compren mais de 100 racimos.

Os nenos do San Narciso
Imos hoxe a cantar
A decirlle a xente o
Que pasa no lugar.

Os nenos do San Narciso
Querévovos cantar
Unha copla ben bonita
Para asi poder gañar.




Xa chegou o noso maio
Pero está avergoñado
Porque é novo en Marín
Que comeza este ano.

Vimos todos a falare
Deses homes que gobernan
Porque están sempre falando
Van mandar todo a merda.


Tamen imos a dicirlles
que estedes tranquiliños
porque o prezo destes pisos
baixarán un pouquiño

Todos os amigos
Imos hoxe a cantar
arredor deste maio
que estamos a fabricar.

A neve este ano
chegou a Galicia
Para darnos a todos
Un pouco de Ledicia.

Un novo ano…
Marin faltaria mais!
Os nenos do San Narciso
Non escasamos xamais.

Todos escoitachedes
A noticia do volcán
Que nos deixou en terra
Sen podernos desprazar.

Houbo nenos no aeroporto
cansadiños de esperar
a que as cinzas do ceo
os deixasen marchar.

Tamén hai outra nova
Que ten que ver co Garzón
Un xuíz moi estimado
Queren metelo en prisión

Son moitos os que protestan
persoas sen condicóns
como meter nun cuarto
A un home que ten razón?




Con esta despedímonos
deixámosvos marchar
Que todo aquel que queira
vén aquí a disfrutar.

Que se achegue ao San Narciso
Se quere mellorar
Pero que teña coidado
Non o vaian a matar!


Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-04-2010 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal