Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Hoxe é o Día Internacional do Teatro



Unha primeira actividade:

-Para un Día Internacional de Teatro.

Lendo un clásico: Os vellos non deben namorarse
Texto en PDF
Comentarios (0) - Categoría: TEATRO - Publicado o 26-03-2019 22:03
# Ligazón permanente a este artigo
2ª Avaliación 2019
UNIDADES: 6-7
Léxico:
- A prensa (páx.132)
Toponimia e antroponimia (páx.133)
A radio (páx. 152)
O campo semántico (páx. 153)
-Léxico e feminismo (na libreta).


Literatura:
- Modalidades do discurso narrativo(páx.138-139)
-Subxéneros narrativos (páx.158-160)
Plan lector:
- Rosalía de Castro. Vida e obra.
- Comentario de poemas de Rosalía: temáticas e recursos destacables (na libreta).


Lingua e sociedade:
- Simplificacións, estereotipos e Prexuízos(I)
- Iniciativas normalizadoras(páx. 134-135).
- Leis e lingua (páx.154-155)

Gramática:
- Pronomes persoais (Repasar en primeiro lugar cadro de tónicos e átonos e das posibles contraccións)
- Colocación de pronomes átonos.

Tradición oral:
- Entroido versus Coresma (na libreta).

Obradoiro de expresión:
- Traballos sobre a música en galego.
- A noticia e a crónica.

Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-03-2019 05:53
# Ligazón permanente a este artigo
LEIS E LINGUA
Tras da lectura das páxinas 154 e 155 do libro imos tentar saber realmente cal é a situación legal (o galego nas administracións e na sociedade a través das leis) do galego respondendo en detalle a estas preguntas:

1-Que é o Estatuto de Autonomía de Galicia? O noso Estatuto é o primeiro que temos?

2-Que é a Lei de Normalización?

3-Para que serve o Plan Xeral de Normalización?

4-Que é a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias? O goberno español asinou esta carta no ano 1992.

5- Cal é a situación legal do galego fóra da Galicia administrativa?

Finalmente imos realizar unha crónica (texto xornalístico a medio camiño entre a notocia, a reportaxe e a opinión) sobre a situación legal do galego no momento presente.

Comentarios (0) - Categoría: SOCIOLINGÜÍSTICA - Publicado o 06-03-2019 20:17
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal