Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MEMORIAS DUN NENO LABREGO, UN CLÁSICO

A lectura que propoñemos para despois de Nadal é un clásico, un dos libros de maior éxito editorial en galego: Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas.

Como imos ler este libro?
Hai que facer un resumo de cada capítulo e incorporar a un vocabulario as palabras que non coñecemos de cadanseu capítulo. Podes consultar aquí parte das palabras e expresións que aparecen en cada capítulo do libro.

A proba de lectura e entrega dos resumos dos 16 capítulos e léxico consultado do libro será o próximo 16 de xaneiro.
Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 19-12-2018 06:37
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA LECTURA PARA ANTES DE QUE REMATE O ANO

Imos facer unha lectura breve dun clásico para antes que remate este trimestre.
TRES OBXECTIVOS:
1-Coñecer ao autor: Castelao
Pretendemos achegármonos á xenialidade de A. D. R.Castelao, a súa vida, pero sobre todo a coñecer cinco das súas facetas creativas caricaturista, escritor, ensaísta, dramaturgo e político, que trataremos de ir explicando á vez que lemos.

2-Ler un texto do autor: Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete
Trátase dunha pequena obra, a primeira obra narrativa que fixo e que xira sobre un tema recorrente do autor, a morte.

3-Madurar na nosa comprensión lectora: Descubrir os narradores. Ao ler esta obra entramos nun tipo de literatura que xoga a confundir ao lector con distintos narradores, que ten certa complexidade e que esixe unha lectura atenta por parte do lector para poder entender a estrutura coa que está creada.
Comentarios (1) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 05-12-2018 05:46
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal