Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

GALICIA PAÍS DOS MORTOS
Despois de saber que na Ría de Arousa podémonos atopar coa Illa dos Mortos, unha especie de Ávalon da nosa prehistoria e como se achega a data de Defuntos, non estaría mal lembrar varias das varzóns polas cales vivimos no país dos mortos.

Dende a máis remota antigüidade Galicia, terra máis occidental de Europa foi considerada como unha Finis Terrae, é dicir, a fin da terra. O topónimo Fisterra e o santuario de Santo André de Teixido non son unha casualidade. Vivimos como galegos, pero que tamén morremos como o que somos, imos darlle unha voltiña a esa relación tan especial que temos os galegos coa morte e os mortos.

Será por que vivimos realmente no cabo do mundo? Se cadra iso vén sendo algo que nos condiciona á hora de entender a Morte coma unha dobre realidade, e falamos da Morte Moura e da da súa irmá a Morte Branca e convivimos con certa normalidade con moitas fórmulas e avisos da morte e mesmo con singulares comitivas de mortos como a Compaña. Máis alá dos magostos e das cabazas, que hai quen as bautizou como de Samaín e que axiña se asocian a fenómenos máis propios da globalización, en Galicia vivimos a morte dun xeito peculiar. É interesante coñecer todo isto como sinal da nosa identidade, da nosa forma de ser, buscando nas fontes das crenzas populares, lendas e acontecidos que se transmitiron dende tempos remotos de boca en boca. Ademais a nosa perspectiva do Alén ten tamén un fondo arraigo que podemos constatar na tradición oral.

Precisamente por iso e apelando ao noso rico patrimonio tradicional podemos lembrar o documental emitido pola Cadea TV da Voz de Galicia:



Por que camiñan os mortos cara ás costas Atlánticas? Ao responder a esta pregunta volvemos a nos atopar coa crenzas célticas das Illas dos Mortos como a que se encamiñou no seu leito de morte o rei Artur ou se queredes da Illa do Alén que buscaron monxes como o Santo Amaro.Lembramos tamén que o Camiño de Santiago remata en Fisterra e que é un camiño a facer en vida para non o facer de morto, porque en Galicia disque está o burato do inferno, un conto asturiano coñecido así nolo recorda:

" Un home foi ao Inferno buscar un procurador e, como non sabía saír dalí, empezou a rezar. De alí a pouco, nun burato moi alto, apareceu a faciana dun home queo chamaba. Era o Apóstolo Santiago que lle botou unha corda e , saíndo coa súa axuda, atopouse en Galicia."
Hai qeun defende que ese burato está no famoso Pico Sacro, pertiño de Compostela.

Desde tempos remotos pobos mediterráneos como os gregos, romanos e atlánticos como os celtas colocan a Galicia como país dos mortos. Vós que pensades?

LECTURA RECOMENDADA:
E namentres pensadespodedes ir lendo unha lectura que vén moi a conto: Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete</i> de Castelao.

Comentarios (0) - Categoría: CULTURA TRADICIONAL - Publicado o 29-10-2015 06:21
# Ligazón permanente a este artigo
Un pobo con futuro, un pobo con pasado
Se partimos da palabra, compañeira da nosa identidade, realizando un exercicio de creación, haberá que saber mirar atrás, ás orixes do noso idioma para emprender un camiño con futuro, saber quen somos precisa desa memoria do noso pasado.

Imos pois comezar ese camiño no pasado máis remoto, unha viaxe aos 1000 anos que nos fixeron galegos.E se o curso pasado falamos de mitoloxía, este curso engadiremos concetos de arqueoloxía e historia a esta fórmula literaria de relato oral dese tempo remoto que é o mito.

A prehistoria nas pedras:

Toda cultura precisa dun espazo, dunha Terra para asentar as súas raíces a través de séculos desa interacción entre o home e a natureza que se fai peculiar, única e diversa grazas á capacidade que os seres humanos temos de seren iguais, pero diferentes. Imos logo presenciar e coñecer algúns dos elementos que deron lugar ao nacemento do pobo galego.

Nesta viaxe e para facela máis creativa faremos uso tanto da mitoloxía como da arquoeloxía, da historia e da literatura, procuraremos datos e detalles moi distintos que a memoria da nosa terra garda, unhas veces máis agochada que outras. Tentaremos saber máis do noso patrimonio e curiosear sobre aspectos do noso pasado ata o de agora descoñecidos para nós.

A idea é que vaiamos construíndo un relato propio do que nos fagamos donos, unha especie de libro cos aportes que cada quen poida ir achegando a partir da proposta inicial que fagamos. Trátase de realizar ese pequeno libro, (pode ser libro dixital) persoal que cada quen irá compoñendo cos datos de partida que aquí colocamos e que cobrará forma e vida particular nas mans de cada un de vós.

A primeira das viaxes ímola realizar á prehistoria da man de arqueólogos e da mitoloxía. Imos logo á Illa dos Mortos.

CUESTIÓNS:

Que é un dolmen? Como se chaman as distintas pedras que o conforman? Que función realizaban?
Comentarios (0) - Categoría: AS RAÍCES DA NOSA IDENTIDADE - Publicado o 16-10-2015 07:28
# Ligazón permanente a este artigo
A PRAIA DOS AFOGADOS
Un filme tirado dunha novela de Domingos Villar que será a primeira lectura do tema primeiro do libro de texto deste curso.

Unha ventá á creación dun produto cultural para Galicia e para o mundo: a praia dos afogados.

PARA REFLEXIONAR

Non é a única creación cinematográfica que se estea a proxectar nestes e que situe en Galicia a acción e que sexa protagonizada por actores galegos. Saberías citar algunha outra? Pero non todas teñen a súa versión en galego. le o seguinte enlace o artigo sobre a produción do filme "A praia dos afogados" e logo responde:cal pode ser o motivo?
Comentarios (0) - Categoría: CREOCOMUNICACIóN - Publicado o 07-10-2015 06:55
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal