Víchelo, miráchelo!



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

FANTASMAS DE LUZ
Este é un dos agasallos que pedimos aos Reis, o segundo libro do Plan lector co que imos comezar traballando a lectura nesta segunda avaliación.

Trátase dunha obra de Agustín Fernández Paz, Fantasmas de luz que resulta ser unha novela moi actualpois retrata unha situación de crise como a que estamos padecendo e na que o cine cobra unha importancia transcendental, escoitemos varios comentarios do seu autor:




Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 07-01-2013 08:50
# Ligazón permanente a este artigo
FÓRONSE AS NOITES DO NADAL
Na cultura tradicional galega hai diversos
ciclos claramente caracterizados que responden ao sincretismo( é dicir a fusión) de manifestacións populares pagás ou/e cristiás, unhas moi antigas, outras máis recentes. Hoxe son costumes ben a piques de perderse, ou ben nun proceso de franca revitalización. Falamos do ciclo de Entroido, os Maios, San Xoán ou do Ciclo de Nadal.

O Nadal é un ciclo que podemos resumir en 13 noites que serían como xa dixemos e que van dende o 24 de decembro ata o 6 de xaneiro:

Unha característica común e moi estendida en toda Galicia é o canto de panxoliñas ou vilancicos sobre o nacemento e primeiros feitos do Neno Xesús e que tamén se chaman aguinaldos (porque estes cantos realizados normalmente de casa en casa pola parroquia remataban pedindo un donativo como doces ou algún tipo de alimento denominado "aguinaldo"). Estes cantos, segundo o día que se realicen poden recibir o nome de Nadais (noite 24, Manueles (noite do 31 de decembro para o 1 de xaneiro) Reis(días anteriores e o día propio do 6 de xaneiro.

24 Nadal: É unha das principais noites do ciclo, Noiteboa como precedente do 25, día de Nadal e onde se aglutinan máis e diversas manifestacións propias destas datas.

Do 24 de decembro:
- Canto de Nadais
- Colares de castañas que os rapaces levanban colgado e do que ían comendo como se fosen caramelos.
- Misa do galo
- Dar as Pascuas
- O Tizón de Nadal
- O Apalpador un curioso personaxe que a algúns lembra a figura de Papá Noel polo dos agasallos.




Do 25 ao 30 de decembro:
- Rondas (habituais para pedir o aguinaldo de cara a acumular doazóns para ao rematar o ciclo facer unha merendola)

- O 28 de decembro:
-Día dos Santos Inocentes (realízanse bromas de todo tipo).
-Celebración dos bispiños

-Noite do 31 de decembro ao 1 de xaneiro: Trátase doutra das noites máis sinaladas do ano, a Noitevella, unha noite data a cantos, ceas e bromas:
- Aninovos ou Manueles
- San Silvestre
- As pedras do sal
- Lumes e fogueiras

Do 3 ao 5 de xaneiro:
- As Xaneiras
- Cantos e danzas de Reis ou profanos, como os do Cebreiro que xa adiantan formas típicas doutro ciclo como é a das máscaras.

6 de xaneiro:
- Reis litúrxicos

Para rematar imos facer dúas reflexións sobre o idioma de moitos destes cantos de Nadal. O idioma da igrexa inicialmente era o latín e logo utilizou na prédica da misa o castelán, por iso moitos destes Nadais que falan de temas relixiosos e que preparaban moitas veces os propios párrocos cos veciños da parroquia estaban e cantábanos en castelán, aínda que por veces usasen o galego para as coplas do aguinaldo. Pola contra en moitas catedrais da Península como Toledo ou Sevilla, ademais das galegas, houbo unha tradición dende o século XVI pola que os vilancicos facíanse con textos parcial ou totalmente porque se vía gran parecido entre o mundo pastoril dos galileos e o dos galegos (fixádevos na curiosa semellanza tamén dos nomes que algo debeu axudar á hora de establecer dita comparación).
Comentarios (0) - Categoría: CULTURA TRADICIONAL - Publicado o 07-01-2013 08:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal