FALANDO DA TOPONIMIA DE MARÍN é unha representación da Aula de Teatro San Narciso de 2º da ESO A e B que realizamos con motivo da Homenaxe a Elixio Rivas o 21 de xuño de 2021 dentro do proxecto de recuperación dos 1000 topónimos para Marín.
Trata de explicar a estreita relación que hai entre a Toponimia e a historia de Marín.
ACTÚAN
As Meigas da Lingua e o Meigo: Carla Núñez, Rocío López e Samuel López (que xenerosamente susbtituiu maxistralmente á terceira Meiga: Greta Sampedro algo que lle agredeceremos eternamente)
Daniel Malvar e Noa Pazos (home e muller da prehistoria). Castrexos: Alex Díaz, Abel Martínez e Guillermo Gómez (finalmente non puído actuar Claudia Vázquez).
Romanos: Hugo Chorne e Hugo Torío, David Graña e Daniel Area.
Marinus e Mariña: Pablo Maquieira e Sara Catalán.
Cristiás: Paola Rosales, Alejandra Blanco, Sabela García e Daniela Vilán.
Xermánicos: Alberto Moledo e Alba Capa
Mariñeiros: Óscar Mathieu e Victor Veloso
Nobres: Ángel Bugallo e David Fuentes.
Brais Jul: O Mouro e o Normando.
Diego Arias e Sabela: Breixo Pazos e Mar Madero
Monxes: Alejandro Acuña e Guillermo Ramos (tamén é Hermes)
Muller de Marín: Claudia Cárcer.
San Miguel: Iago Otero
As rapazas de 2º ESO B son tamén mulleres de Cantodarea.
Os rapaces de 2º B son tamén o Gremio dos mareantes danzantes marinenses.
Preguntas sobre a lectura do cap 5 de EN GALEGO, POR QUE NON?
Despois de ler o capítulo titulado: Porque non damos falado ben, responde ao seguinte cuestionario seguindo os criterios que se verteron na lectura:
1- É normal que a unha persoa que aprende o galego de segunda lingua lle resulte difícil? Se a dificultade é natural, cal é o problema de fondo para que realmente a aprendamos ben?
2- Para falar ben unha lingua que hai que é ineludible facer antes?
3- Por que a un polaco lle pode resultar máis doado aprender galego en catro meses que a un asturiano?
4- Seica a franceses, británicos, españois e estadounidenses lles resulta máis complicado aprender outros idiomas? Como se explica?
5- Unha cousa curiosa, por que cres que os galegos cando se lles pregunta se falan ben o galego din que na súa comarca non, que é noutro punto de Galicia onde se fala ben o noso idioma? Cales son as razóns obxectivas que contribúen a este tipo de crenzas?
6- O autor do libro fai referencia a unha gaivota chorona, que quere dicir con isto? Explícao razoadamente.
7- Que quere dicir Núñez Singala cando di que "usa un castelán tinguido de galego"?
8- Seguindo o reto que nos propón o autor imos poñer en castelán correcto o seguinte texto dun home que fala sobre a situación que estamos pasando: Érache boa! Madia leva, namentras non haxa unha vacina eu espétome na casiña, canda a lareira, con sentidiño, e se hai que deixar a poula as terras, e pasar todo o día esperrechado no sofá en cirolas, faise, e se petan na porta, que peten por máis riquiño ou o máis langrán ou galopin que sexa. Vaites, vaites, presta ver como poalla e ti sen te mollar. Non che sei, que vou dicir, coma o colo dunha nai non che hai, só vou saír botar o cosco.
9- E como se fai no capítulo imos tamén conxugar catro verbos en presente de indicativo con alternancia vocálica, a ver que tal o fas (lembra que para falar unha lingua ben, hai que realizar un esforzo, sobre todo se non é a túa lingua habitual, e en principio vas cometer loxicamente erros):
Lembras como conxugar estes verbos no Presente de indicativo?
- Durmir, subir, seguir e divertir.
1-Explica coas túas palabras (nun texto 15 ou 20 liñas) por que o Proceso de Normalización lingüística que vivimos en Galicia non é un proceso de imposición.
2- Cres que este Proceso de Normalización está rematado? Razoa e argumenta debidamente a resposta.
3- Sabías que na actualidade aprender o español na escola é un dereito e un deber, pero aprender galego só é un dereito, non temos o deber de aprendelo? Cres que esta diferenza é axeitada tendo en conta o último parágrafo do capítulo 6 que acabamos de ler? Razoa a resposta.
Imos ao encontro coa autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas:
Vide.
Convídovos ó espectáculo de non ser para ser de todo.
Vide que vos convido
a vos ver.
Ven que te reto
a te ver a ti desde ti en ti.
Hasme oír, hasme oír:
agora busco que coxugues
ben o verbo dos posibles,
e que ti esquezas esa radio de cousas previas
amarrada sempre ós pensamentos,
sempre ós pensamentos.
Incéndiate
á calor da observación.
E repasa logo a ollada
no pouso dos afectos.
Hasme oír, hasme oír: deixa
que te percibas a ti,
que te percibas
tamén ti atropelada das palabras,
á procura de trazos que nos
describan.
que nos describan.
Intempestiva,
serse intempestiva.
E domea-la furia, e domea-la furia, e domea-la furia
á procura
da froita
madura.
Vencerse é cousa
de se tratar.
DA SÚA VIDA E DA SÚA OBRA
DAS SÚAS CREACIÓNS
"FACENDO CORPO": Curiosear sobre tres facetas de Xela: A súa imaxe, un poema e a súa rebeldía.
- A miña foto preferida de Xela Arias.
- Escollo un poema seu
- Procuro unha visión da súa vida de rebeldía.
Podemos establecer distintos criterios para clasificar os topónimos pola entidade (tamaño do territorio ao que se fai referencia) xa falamos de: Macrotopónimos: Galicia, Pontevedra(provincia), Marín Microtopónimos: Chan do Monte, A Mouta…
Pero as tipoloxías máis usuais responden a: A) Tipos de topónimos segundo o seu significado B) Tipos de topónimos segundo á etapa ou época da súa orixe
A) Seguindo a Elixio Rivas e atendendo ao significado, usaremos a seguinte tipoloxía:
Oronimia ou orotopónimos: Referidos a xeografía ou forma do terreo (As Pedreiras, Arealonga, Penizas, Cantodarea, Mogor, Chan do Monte, O Montecelo, Seixo, O Tombo…)
Hidronimia ou hidrotopónimos: relacionados coa auga (Fonfría, A Lagoa, As Regueiras, Sar…)
Fitonimia ou fitotopónimos: relacionados coa vexetación (O Carballal, O Cerqueiro, O Fragueiro, O Loureiro, O Souto, O Toxal, O Xestal…)
Zoonimia ou zootopónimos: relacionados con animais (O Cabalón, O Chirléu, O Formigoso, A Moscosa, Niñada, A Toupeira…)
Antrotopónimos (etnotopónimos): Derivados de nomes de persoas, xentilicios ( Ardán, Novexil, Omil, Pidre, Marín, Mimáns, O Rial…)
Haxiotopónimos: Relacionados coa relixión (San Xián, O Santo, As Cregas, Santomé…)
Situación e aspecto: Descrición do espazo (Asperela, Branco, Cabodavila, A Costa, Redondo…)
Agrícolas e servidume: Patrimonio, oficios e usos agrícolas ou poboacionais (Agrela, Batán, A Calzada, O Campo, A Corredoira, Currás, A Pastoriza, A Pesqueira…)
B) Seguindo a Elixio Rivas e atendendo á orixe ou etapa de nacemento, imos falar dos seguintes tipos de topónimos sen entrar a máis profundidades nesta tipoloxía realmente complexa e aberta a debates:
Topónimos segundo á etapa ou época da súa orixe antes ou despois de Roma:
PRERROMANOS:
a) Preindoeuropeos
b) Prerromanos
c) Proto e Pre céltico
d) Ilirio (ambro-lígur)
POSROMANOS:
a) Latinos
b) Xermánicos (superestrato)
c) Árabes
d) Procedencia moderna
Características que presentan ambos grupos:
PRERROMANOS:
a) Menos abundante.
b) Rara vez conectada coa lingua actual.
c) Opaca no seu significado.
d) Cunha raíz pouco alterada e fácil de
identificar.
e) Adoitan ser orónimos e hidrónimos.
POSROMANOS:
a) Máis abondosos
b) Máis conexión coa lingua actual
c) Un significado máis transparente.
d) Cunha raíz máis alterada e algo máis
difícil de identificar.
e) Son de calquera tipoloxía, máis escasos
orónimos e hidrónimos
En que consiste iso do TEATRO?
1- Cales son os personaxes que interveñen nesta trama?
2-Describe brevemente como son.
3- En que lugar e en que tempo se atopan?
4- Cal é o conflito que xorde entre eles?
5- Ao se tratar dun resumo dunha representación o final queda aberto, cal cres que será o final da historia? Sera comedia ou traxedia?
ACTIVIADE ESTRELA: Imos propoñer unha actividade para que persoalmente comprobes ata que punto o feito de que ti fales galego pode provocar cambios ao teu redor.
1-Fai uso do galego nun contexto onde non o fales habitualmente para ver se hai alguén da túa entorna que acaba cambiando de idioma.
2-Anota asdistintas reaccións que provoca o teu cambio de idioma e detecta se hai algún prexuízo presente nesta experiencia.
Poremos en común os resultados desta actividade lingüística a posteriori. Bo traballo!